TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

8 oct. 2014

Curso en O Rosal para obter o diploma de "Monitor de Fútbol de Base"



Fonte: Información Xuvenil e ASC do Rosal
MONITOR DE FÚTBOL DE BASE
Convoca. Concello do Rosal xunto coa Federación Galega de Fútbol e a colaboración da U.D.Ribera.
Contido: Este curso conduce á obtención do diploma federativo de “Monitor de Fútbol de Base” avalado pola Escola Nacional de Entrenadores da RFEF. Recordamos que a partir da temporada 2015-2016 será requisito obrigatorio ter este título para entrenar a calquera equipo de base.
O curso ten un custe de 150€ e realizarase en dous ou tres días á semana ó final da tarde. O horario exacto será susceptible de cambios en función dos horarios de traballo dos participantes. As clases teóricas e prácticas realizaranse no Campo Municipal da Mata.
O curso terá unha duración aproximada de dous meses e iniciarase no mes de decembro.
Beneficiarios: Poden participar todas aquelas persoas interesadas sexan do concello que sexan. As prazas concederanse segundo a presentación por rexistro de entrada no concello da fotocopia do Dni e o xustificante de pago.
PrazoO prazo de inscrición rematará o día antes do inicio do curso ou cando se esgoten as prazas.
Inscricións e información no Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal (986 625000)
U.D.Ribera os luns e xoves de 18.00 a 20.00 h.

0 comentarios:

Publicar un comentario