FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

31 oct 2010

XIII Trofeo Comunidade de Montes de Eiras

 Foto de grupo do Club Ciclista O Rosal  Tal e como se pode ler na web do club ciclista rosaleiro: "O vindeiro domingo 7 de novembro e fiel coa tradición, o Club Ciclista O Rosal-Hermanos Ozores organiza o XIII Trofeo Comunidade de Montes de Eiras no coñecido circuito da Praia de Eiras. A carreira dará comenzo ás 10:30 da mañá coas categorías de Cadetes e Féminas, a que seguirá a proba de Junior, Master e Veteranos, para finalizar coas...

30 oct 2010

ERIC BARCELÓ, CAMPIÓN DE ESPAÑA DE JUDO

Eric, de azul, no máis alto do podium O rosaleiro Eric Barceló Rodríguez, pertencente ao club Do-Majo da Guarda, vén de conseguir a medalla de ouro no XV Gran Premio Internacional de Judo - 1ª Copa de España Cadete de Judo que se celebrou o pasado 9 de outubro en Vigo. O evento contou coa participación de cinco países e doce comunidades autónomas baixo a organización da Federación Galega de Judo, o patrocinio do Concello de Vigo e a Secretaría Xeral...

25 oct 2010

Obradoiro "Familias Conectadas", ¡Participa!

A concellaría de Servizos Sociais e Muller do concello do Rosal está moi interesada en fomentar o contacto entre familias para o intercambio de experiencias, formación, etc. Por iso quérese organizar o obradoiro FAMILIAS CONECTADAS que serán reunións periódicas de nais, avoas, pais que teñan ao seu cargo menores de 3 anos e queiran compartir o seu tempo con outras familias. O obradoiro vai a ser impartido por unha técnica de educación infantil...

Emilio Flores. In memoriam. Capítulo III

Emilio, gaiteiro, por X.M.T. Despois do introdutorio capítulo I e do segundo, "Emilio, cabo provisional", seguimos coa nosa homenaxe a este mestre de Novás.  Fillo de pai músico na Banda "La Peña", de Alfonso Ulloa e logo da Agrupación "Charanga", de Generoso da Carlota (Canastreiro), o xove Emilio comeza os estudos de solfeo en Belesar. Alí cursará o Primeiro Método de Eslava, clave de sol, baixo a dirección do seu disciplinado parente,...

22 oct 2010

Final do I Campionato de Play Station - FIFA 11

Mañá, sábado 23 de outubro, ás 19:00 horas na Praza do Calvario, e en concreto no Salón de Exposicións municipal, terán lugar as últimas partidas do xogo de fútbol Fifa 11, correspondentes ao I Campionato de Play Station que se instaurou con motivo da XXIII Festa do Cabaqueiro. Pablo Martínez Alonso agarda xa ao seu contrincante na Final que sairá do cruce de “semis” entre Carlos Daniel Díaz Pereira e Diego Martínez Alonso. Os partidos veranse...

21 oct 2010

Inauguración das Exposicións Culturais

O pasado 9 de outubro tivo lugar a inauguración das Exposicións Culturais con motivo da XXIII Festa do Cabaqueiro. O acto, que contou coa presenza do alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, foi presentado pola concelleira de Cultura, Charo Tabales Perozo, quen fixo unha introdución do significado e importancia desta exposición, realizando así mesmo unha semblanza biográfica dos artistas participantes na mostra. Lembrou a edil que –como cada ano-...

Os 7 Magníficos + 1, de novo na vila do Rosal

Este domingo 24 de outubro ás 20:00 horas no Auditorio Municipal do Rosal terá lugar a representación de “O Gordo e o Calvo van ao Médico”, unha produción clown de Os 7 Magníficos + 1, dirixida por Iván Prado. Este espectáculo está promovido por "festiclown" e conta con Francisco Rei e Pedro Brandariz como protagonistas. Despois do éxito acadado con O Gordo e o Calvo, con máis de 50 representacións, tanto en Galicia como no resto...

20 oct 2010

2ª Marcha BTT. Serra da Groba, Zona Sur

O domingo 31 de outubro a partir das 9:30 horas terá lugar a 2ª Marcha BTT. Serra da Groba, Zona Sur. A Guarda- O Rosal. Este evento está organizado polos Concellos da Guarda e do Rosal coa colaboración do Club Ciclista Guardés, o Club Ciclista O Rosal, Larsa, Fruitas Vilar e as OMIX dos municipios citados. O percorrido é o seguinte: Alameda da Guarda – Torroso – Pico da Bandeira – Alto da Portela – A Valga – Capela de San Martiño – Muíños do...

Obradoiros para nenos/as no Cabaqueiro

O sábado 9 e o luns 11 de outubro celebráronse na Praza do Calvario distintos obradoiros con motivo da XXIII Festa do Cabaqueiro. Unha vez máis algúns dos mestres telleiros como Trintiña, Piedra, Telis ou Juanciño ensinaron a súa arte de facer tellas e ladrillos a man aos máis pequenos. Luisa e Sonia de "Azul y Lila" tamén ofreceron na xornada do luns unhas clases de reciclaxe, goma eva e pintado de tell...

19 oct 2010

Cursos de cociña, arte floral e maquillaxe

Participantes nun dos pasados cursos de automaquillaxe Hoxe, martes 19 de outubro, o Concello do Rosal iniciará un curso de cociña que será impartido por Lidia Pérez. A súa duración, dúas horas á semana durante dous meses. Por outra parte aínda quedan prazas para o curso de automaquillaxe e de arte floral, que tamén constará de oito clases, dedicándose as tres últimas a realizar “centros de Nadal”. Para máis información, poden achegarse ata...

18 oct 2010

O Baixo Miño lembra a "Os Cabaqueiros"

O pasado venres 8 de outubro tivo lugar no Centro Social Polivalente a Presentación do II Campionato de Futbolín "Os Cabaqueiros 2010", organizado polo Concello coa colaboración da nosa web, a Fundación O Rosal e Caixanova. Deu a benvida aos asistentes o alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, que estivo acompañado neste acto -entre outros- pola concelleira de Cultura, Charo Tabales Perozo, o de Xuventude, Pablo Flores Díaz, así como por Juan González Domínguez e...

14 oct 2010

David Gómez: "Todos intentan retirarme"

O decatleta rosaleiro David Gómez Martínez foi entrevistado polo xornalista Armando Álvarez, do Faro de Vigo. Velaquí vos deixamos o enlace ás xugosas declaracións do noso olímpico. Foto: Jesús de Arc...

Encontro de Corais no Auditorio Municipal

Con motivo do VI aniversario da Coral da Agrupación Musical do Rosal, o sábado 23 de outubro, a partir das 20:00 h, terá lugar no Auditorio Municipal unha Mostra Coral. Actuará a anfitriona Coral da Agrupación Musical do Rosal xunto coas invitadas para a ocasión, a Coral Polifónica Eixil (Cedeira-A Coruña) e o Orfeón Lucense (Lugo). O concerto está patrocinado por FE.CO.GA (Federación Coral Galega) e pola Xunta de Galic...

O Festival Rosal Rock, este venres día 15

O Festival Rosal Rock '10 -que se tivo que suspender a semana pasada polo mal tempo- celebrarase este venres 15 de outubro na Praza do Calvario ás 22:00 horas co seguinte cartel: CopenhagueThe Winning Numbers The Inspectors QuédeQué! A retransmisión do evento poderase ver en directo grazas aos nosos compañeiros de Infomiño (http://www.infominho.com/)...

13 oct 2010

Comeza no Rosal o servizo de transporte

Segundo se pode comprobar na páxina web do Concello do Rosal -tras realizar un bando o alcalde, Jesús Mª Fernández Portela- comezou, dende este luns 11 de outubro de 2010, o servizo municipal de transporte gratuíto "para todas aquelas persoas que desexen ou necesiten acercarse ata o casco urbano sen necesidade de utilizar vehículo propio". Podedes ver días, horarios e percorridos facendo clic aq...

Santiago Lima Ameal, gañador do sorteo

Hai uns minutos, Santiago Lima Ameal, da Guarda, foi o primeiro en confirmar (mediante o Facebook), que era el o posuidor dunha das rifas premiadas, en concreto a que levaba impreso o número 206. Polo tanto é o gañador do lote completo de produtos, libros e camisetas (incluído o maillot dedicado do ciclista profesional rosaleiro Serafín Martínez) que "A Peña do Futbolín" sorteou durante esta XXIII Festa do Cabaqueiro. ¡A nosa noraboa! ¡Última hora! Mércores 13 de outubro, 23:30 h. ¡Apareceu tamén o nº 0129! Dende a Organización veñen...

Números premiados no sorteo dos Cabaqueiros

Os números premiados nas rifas de colaboración para o II Campionato de Futbolín Os Cabaqueiros son os seguintes: Nº: 0129Nº: 0206Nº: 0294 Se en tres días despois desta publicación non aparece o agraciado/a volverase a realizar un novo sorteo. O gañador será o primeiro que acredite posuír algún deses tres números e se levará:-O maillot de líder da Montaña da Vuelta a España asinado polo ciclista profesional Serafín Martínez Acevedo.-1 camiseta conmemorativa...

8 oct 2010

"Ir e Vir" e "Río do Folón" actuarán o día 12

Os grupos de pandereteiras rosaleiros "Ir e Vir" (na imaxe) e "Río do Folón", así como a súa directora, Berta Castro González, piden desculpas ao Concello do Rosal e aos seus veciños, xa que por motivos totalmente alleos á Comisión Organizadora da Festa do Cabaqueiro e á concellaría de Cultura, non asistirán ao Festival de Pandereteiras que se celebrará este sábado na Praza do Calvario. Lamentan as molestias que isto poida ocasionar, agradecendo...

7 oct 2010

Yeya e Luis buscarán revalidar o seu título

Yeya e Luis (Sergio Casal e Luis Martínez), que tamén veñen de gañar o I Torneo de Futbolín "Bar Troya" -na imaxe, con Lelo, o seu propietario, despois do "baño do triunfo"- intentarán revalidar esta fin de semana o seu título de campións dos "Cabaqueiros". Precisamente hoxe venres, ás 21:00 horas, no Centro Social Polivalente, terá lugar a Presentación deste II Campionato de Futbolín na honra dos vellos mestres telleiros do Rosal e do Baixo M...

Pilotos rosaleiros no Rali do Alvarinho

Reportaxe (texto e fotografías) realizada por Roberto Valladares. O pasado domingo 26 de setembro celebrouse o Rali do Alvarinho en Monçao, proba puntuable para o Campionato Rexional Norte de Portugal e que estivo organizada polo Clube Aventura do Minho. Esta competición contou coa presencia de varios participantes rosaleiros: José Rodríguez e Óscar Rodríguez co seu Opel Corsa realizaron unha gran proba terminando undécimos na...

6 oct 2010

Innovador proxecto de José Benito Guerreiro

José Benito Guerreiro, pescador do Río Miño desde o ano 1.992, porá en marcha durante a próxima temporada de pesca, o primeiro sistema de trazabilidade para a pesca do Río Miño. En palabras de Guerreiro “este novo proxecto empresarial nace coa idea de potenciar os recursos pesqueiros do Río Miño e consistirá nun sistema que ofrecerá aos seus clientes a garantía de que o que está comprando ou consumindo nun restaurante, procede realmente do Río Miño...

Os peregrinos regresan sans e salvos a casa

Un pequeno grupo de peregrinos do Rosal e A Guarda saíron ben cedo o pasado luns 27 de setembro dende a Praza do Calvario para realizar o Camiño Portugués dende Tui ata Santiago de Compostela. Nesta actividade, que estivo organizada polo concello rosaleiro, os camiñantes pernoctaron nos diferentes albergues existentes na ruta, para chegar o venres 1 de outubro á cidade do Apóstolo. En breve ofrecerémosvos as imaxes da súa aventu...

Os coches antigos percorren O Rosal

O sábado 25 de setembro tivo lugar na Praza do Calvario unha concentración de coches antigos.  Os propios integrantes do "Club Gallego de Automóviles antiguos" organizador do evento, percorreron as adegas rosaleiras e visitaron un dos puntos claves no turismo da vila, como son os muíños do Folón e do Picón. O evento foi patrocinado pola Asociación de Comerciantes (ACOR) coa colaboración do Concello do Ros...

Conferencia de Carlos Méixome en Sanxián

O pasado venres 24 de setembro inaugurouse na Escoliña de Sanxián unha exposición composta por sete paneis explicativos sobre o proceso de investigación histórica, escavación arqueolóxica e identificación das dúas fosas de Sanxián. O acto, organizado pola Comisión de Festas de San Xián e a concellería de Cultura do Rosal, completouse coa interesante conferencia sobre "As fosas de San Xián" impartida por Carlos Méixome Quinteiro, director...

5 oct 2010

Diego, Serafín e Óscar, homenaxeados no Rosal

Na imaxe, Diego, Serafín e Óscar diante da fachada do consistorio O pasado sábado 2 de outubro tivo lugar na casa do Concello a recepción oficial a tres deportistas da Vila que recentemente colleitaron éxitos a nivel estatal e aínda internacional: Diego Fernández González, nadador, Serafín Martínez Acevedo, ciclista e Óscar Vicente Rodríguez, triatleta. Abriu o acto o alcalde Jesús Mª Fernández Portela, quen arroupado pola Corporación Municipal...

A Agrupación organiza o III Festival Folk O Rosal

Velaquí vos deixamos o cartel do III FESTIVAL FOLK que se celebrará os días 9 e 10 de outubro na Praza do Calvario, xustiño despois de finalizar as partidas do Campionato de Futbolín "Os Cabaqueiros". Organiza este evento a AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL coa colaboración de diferentes entidad...

VI Mercadillo de Oportunidades de ACOR

O pasado 12 de setembro celebrouse na Praza do Calvario o VI Mercadillo de Oportunidades organizado pola Asociación de Comerciantes do Rosal, que preside José Martínez González (Pepe Berdeal), en colaboración co Concello. Os establecementos estiveron durante todo o día amosando os seus produtos con importantes descontos. Xa de tarde, como é tradicional, tivo lugar o concurso-obradoiro de debuxo e de globoflexia, a cargo de Patricia Dorado Pregal. A...

3 oct 2010

Estrea de "El Cementerio de Automóviles"

Os alumnos da aula de Tomiño estrean este luns 11 de outubro ás 21:00 horas no Auditorio Municipal a obra "El Cementerio de Automóviles", de Fernando Arrabal, que non se puido celebrar o pasado domingo debido ao temporal. Con esta presentación "se dará por comenzado el curso 2010-2011 y esta obra será llevada posteriormente a otros ayuntamientos que lo soliciten". Con estas accións a Escola Comarcal cumpre un dobre obxectivo: "primero, el de formar...

1 oct 2010

OS CAMPELOS E CÍA ACTÚAN O VENRES NO LUAR (TVG)

Agardemos que desta vez non ocorra nada e o dúo humorístico rosaleiro "Os Campelos" (Francisco Rodríguez Fernández e Roberto Fernández Rodríguez) poida actuar sen problema, hoxe á noite, no programa Luar, da Televisión de Galicia. Lembramos que estaba planeada a súa presenza xa a semana pasada pero o repentino falecemento da cantante Ana Kiro impediu dita actuación. Mañá sábado 2 de outubro ás 21 horas tamén está confirmado...