FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

29 jun 2009

Novo éxito da Festa da Bicicleta 2009 no Rosal

Un ano máis celebrouse a Festa da Bicicleta na nosa vila coa colaboración da Deputación de Pontevedra, o Concello e o Club Ciclista O Rosal. Preto de 400 persoas achegáronse ata a Praza do Calvario para realizar un percorrido que os levaría por Fornelos, Novás, Marzán, Pancenteo, Lagos, Carrascal, Pías, Barrionovo, Urgal, etc... ata chegar de novo ao punto de partida. Como é tradicional, ademais de obsequiar a todos os participantes cunha camiseta,...

28 jun 2009

XEROCK protagonista no Auditorio Municipal

O domingo 5 de xullo ás 20 horas proxectarase no Auditorio Municipal o documental "Cantos Rodados", contando así mesmo coa actuación do grupo musical XEROCK. Velaquí vos deixamos o trailer deste film dirixido polo ourensán Xoel Méndez e que se estreou o 12 de novembro do pasado ano no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela. (Foto: Ficción Produccione...

Concerto-homenaxe a José Luis L. Rodríguez

O sábado 4 de xullo ás 20:00 horas celebrarase no Auditorio Municipal un concerto-homenaxe a José Luis Lorenzo Rodríguez. Actuarán o Grupo Antorcha, que dirixe María José Baz, o Coro Arpegios Cantabile, dirixido por Lucía Alonso e o Grupo de Acordeóns Mascarenhas. Este acto conta coa colaboración dos concellos de O Rosal e A Guar...

Almorzos saudables para os alumnos e alumnas do CPI Manuel Suárez Marquier de O Rosal

Segundo informa Sandra Alonso, educadora familiar, as concellarías de Servizos Sociais, Educación e Sanidade do Concello do Rosal coordinadas entre elas, levaron a cabo recentemente a actividade ALMORZOS SAUDABLES con enorme éxito entre o alumnado. É o segundo ano consecutivo que se realiza a actividade que conta coa colaboración dunha profesional da cociña que aporta os seus coñecementos sobre alimentación. Con esta actividade o Concello quere poñer...

25 jun 2009

O venres 26 comezan as Festas de Martín 2009

Este venres 26 de xuño darán comezo as festas na honra de San Xoán no lugar de Martín. A partir das 12 horas da noite haberá unha MACROFESTA no local de Sempre o Corte. O sábado 27 e das 20:30 horas en diante, GRAN SARDI-ÑADA con pan de broa, pementos e bo viño. Estará amenizada por un dúo... Ás 12 da noite celebrarase a tradicional QUEIMA DA FOGUEIRA DE SAN XOÁN. Para rematar, o domingo 28, e ás 11'30 horas, MISA na honra de San Xo...

24 jun 2009

Gran éxito do Festival de Fin de Curso da Escola Comarcal de Teatro Baixomiñota

O pasado domingo 21 de xuño e coa colaboración do Concello do Rosal, a Escola Comarcal de Teatro Baixomiñota celebrou o segundo Festival de Fin de Curso no Auditorio Municipal. Lembramos que o primeiro foi en Goián e durante ambos festivais pasaron aproximadamente 1000 espectadores que disfrutaron das seis obras representadas por alumnos de entre 6 e 65 años. Enrique Álvarez, presidente da asociación promotora da Escola considera un rotundo éxito...

23 jun 2009

O día 24, Unidade Móbil na Praza do Calvario

O mércores 24 de xuño estará na Praza do Calvario unha Unidade Móbil do Centro de Transfusión de Galicia. O seu horario, de 10 a 14 horas e de 16'30 ás 21 horas. Colabora a Irmandade de Doadores de Sangue de Vigo. Lembra o CTG que os hospitais galegos precisarán este verán 44.000 doazóns de sangue polos doentes ingresados e o aumento dos accidentes de tráfico. Só piden 15 minutos do noso tempo para resolver moitos problemas de saúde ou mesmo salvar...

22 jun 2009

Máis dun centenar de persoas, de ruta guiada

O sábado 20 de xuño unha excursión de máis dun centenar de persoas viaxaron ata O Rosal repartidos en dous autobuses e preto da vintena de automóbiles. Organizado pola xunta directiva e a asociación de nais e pais do CEIP Barcelos de Pontevedra profesores, familiares e os propios alumnos visitaron en primeiro lugar o muíño de "As Laxes" (oficina de información turística) onde o guía municipal ofreceu as correspondentes explicacións sobre o funcionamento...

20 jun 2009

Actividades de verán coa mocidade

O Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural, organiza diferentes actividades para este verán dirixidas á mocidade. Estas realizaranse sempre e cando se acade un número mínimo para levalas á cabo. O prazo de inscrición estará aberto ata o 17 de xullo. · Hip hop ou break · Escalada na Guarda · Masaxes · Fotografía dixital no entorno · Percusión · Pintura e estampado de camisetas · Automaquillaxe As persoas interesadas poden anotarse no Centro Social Polivalente do Rosal ou no teléfono 986 609450. A orde será por rexistro de entra...

Festival de Fin de Curso da Escola Comarcal de Teatro Baixomiñota no Auditorio do Rosal

Despóis do éxito do I FESTIVAL DE FIN DE CURSO DA ESCOLA COMARCAL DE TEATRO BAIXOMIÑOTA en Goián, o vindeiro domingo 21 de xuño ás 17:00 horas no Auditorio de O Rosal terá lugar a repetición do devandito festival no que actuarán en primeiro lugar os grupos infantís dos distintos Concellos, e a partir das 19:00 horas actuarán os grupos xuvenís e adultos. Organiza este evento a Escola Comarcal de Teatro e o Concello de O Rosal. Este será o programa do mesmo: -“Ubú Rei”, polo grupo infantil de Tomiño. Sinopse: Unha representación do grotesco e humanamente...

19 jun 2009

Xube participará no VI Autocross de O Castro

Organizado pola escudería Rallyactividad Competición, o sábado 20 de xuño celebrara-se o VI Autocross de O Castro (Taragoña-Rianxo) puntuable para o Campionato Galego, onde o piloto rosaleiro Óscar Braga Martínez (Xube) participará de novo na categoría de car cross onde intentará realizar un bo pap...

18 jun 2009

Alumnos e alumnas do C.P.I. Celso Emilio Ferreiro visitan os muíños do Folón e Picón

O xoves 18 de xuño e previo contacto coa concellaría de Turismo, visitaron os muíños do Folón e Picón 32 alumnos e alumnas de 3º e 4º de Primaria do C.P.I. Celso Emilio Ferreiro de Vigo. Acompañaron ao guía municipal nesta ruta os profesores dese centro Lorena, Chus e Mano...

Contacontos de Marta Moure Vicente

O mércores 17 de xuño, e organizado pola concellaría de Cultura, tivo lugar nos xardíns do Concello un novo "Conta-contos" esta vez a cargo de Marta Moure Vicente, de Figueiró. Aínda que sempre se anuncia que este tipo de acto se celebrará na Biblioteca Municipal o bo tempo que está acompañando nas últimas datas (e a calor) fan moi recomendable o saír e escoitar aos "con-tacontos" coas súas narracións e ocorrencias baixo unha apracible somb...

17 jun 2009

Entrevistamos ás gañadoras do cartel anunciador da XVII Feira do Viño do Rosal

Cando falta menos dun mes para o comezo da Feira do Viño do Rosal, un dos escaparates turísticos por excelencia do noso municipio, decidímonos entrevistar a Nuria Villa Vicente e a Vannia Palacio Suárez, gañadoras do cartel anunciador desta XVII edición da Feira. Por motivos de idioma e sobre todo por respecto a Vannia realizamos esta breve reseña biográfica e a dita entrevista en castelán. Nuria Villa Vicente nació en O Rosal en 1980. Estudió en...

Gran tempada dos xuvenís da U.D. Ribera, campións de Liga e subcampións de Copa

Despois de proclamarse campións de Liga e conseguir o ascenso á Primeira Autonómica, o pasado 10 de xuño os xuvenís da U.D. Ribera que adestra Victor Valderrama disputaron a final de Copa contra o Nigrán C.F. A cita foi no Campo Federativo de Coia (Vigo), mais... unha mágoa, non puido ser, aínda que se adiantaron no marcador terminarían sucumbindo ante o empuxe nigranés por 2 goles a 1. Pese a esta derrota é de xustiza recoñecer a fantástica tempada...

Alfombras florais na parroquia de Santa Mariña

Un ano máis as colaboradoras e catequistas da parroquia de Santa Mariña do Rosal foron as artífices da confección de varias alfombras de flores na honra do Corpus Christi (Santísimo Sacramento). O deseño das mesmas volveu a correr a cargo de Alberto Guisantes Batán, na actualidade conserxe do Auditorio Municipal. Aquí vos deixamos a seguinte reportaxe fotográfica realizada por Sonia Pérez Martínez para Noticias O Rosal: http://picasaweb.google.c...

16 jun 2009

O Teatro da Mata do C.P.I. Manuel Suárez Marquier presentou a obra "Un soño de verán"

Coordinado por Elena Gómez Rodríguez del Valle e Ana Fernández Ordóñez, o Teatro da Mata do colexio Manuel Suárez Marquier representou como xa tiñamos anunciado o venres 12 de xuño a obra de Shakespeare Un soño de verán, versión do Centro Dramático Galego. Esta actuación do Marquier tivo unha dedicatoria especial: "En memoria da nosa mestra e compañeira Conchi". Aquí vos deixamos a nosa reportaxe fotográfica: http://picasaweb.google.com/Imaxesor...

14 jun 2009

Convivencia nos arredores da igrexa parroquial

O venres 12 de xuño celebrouse no adro da igrexa parroquial unha pequena merenda dos nenos e nenas que farían a Primeira Comunión o domingo. Ao final da mesma o abade D. Julio recibiu un agasallo dos rapaces que consistiu nunha cesta con multitude de froita como agradecemento pola súa labor ao fronte de parroquia de Santa Mariña. Aquí vos deixamos algunhas imaxes desta xornada de convivencia:http://picasaweb.google.com/Imaxesorosal/MerendaDosNe...

Outro grupo de escolares do CEP Altamira de Salceda de Caselas visitou os nosos muíños

O venres 12 de xuño tivo lugar unha ruta turística polos muíños do Folón e Picón para 66 rapaces de 3º de Primaria do CEP Altamira de Salceda de Caselas. Este é o segundo grupo do Altamira, pois o 29 de maio estiveron 78 alumnos e alumnas de 4º curso. Como é costume encargouse das oportunas explicacións o guía municipal quen estivo acompañado así mesmo por Eva Ara Giráldez, Eduardo López González, Patricia Del Río Iglesias, Natalia González Varela...

11 jun 2009

Fotosvideosderali, a nova páxina dun rosaleiro

Recentemente creado, Fotosvideosderali é un blog do motor, que como o seu propio nome indica, contén imaxes e gravacións dos últimos rallyes galego-portugueses celebrados (Rally Rías Baixas, Rally de Portugal, de Barcelos, Porto, etc). Fotosvideosderali está coordinado polo rosaleiro Roberto Valladares, veciño de San Xoán de Tabagón e polos lusos Marco Dourado, Francisco Leite e Armindo Pereira. Sen dúbida unha moi recomendable páxina para os amantes...

"Sara", nova proxección de cine no Auditorio

O sábado 13 de xuño, dentro do ciclo Cinema dixital proxectarase a película "Sara". Será no Auditorio Municipal ás 20:30 horas. A trama principal do filme transcorre entre unha parella de alto nivel social e económico na que a muller sofre malos tratos psíquicos e físicos. Sara (Laura Conejero, na imaxe) está casada con Daniel (Manel Barceló) un profesor da Universidade que ao atoparse coa presión de obter a súa cátedra en estudos medievais comeza...

"Un soño de verán" cos alumnos do Marquier

O venres 12 de xuño ás 21:00 horas, terá lugar no Auditorio Municipal do Rosal a presentación da obra de teatro "Un soño de verán" de William Shakespeare a cargo dos alumnos do Colexio Manuel Suárez Marquier. A adaptación teatral é da autoría de Eduardo Alonso (escrita en colaboración con Manuel Guede, estrenada polo Centro Dramático Galego en 1992 e publicada no mesmo ano por este Centro)....

10 jun 2009

En breve, máis noticias e reportaxes

Estamos traballando para ofrecervos as últimas noticias que se produciron na vila así como varias reportaxes que temos realizado ultimamente. Por suposto, se queredes colaborar con Noticias O Rosal remitindo información (menos de tinte político) ou fotografías que desexedes publicar nesta web envíadenos un correo a:noticiasorosal@hotmail.com...

8 jun 2009

Serafín Martínez Acevedo no Giro de Italia 2009

Sera asinando baixo a atenta mirada dunha azafata do Giro Velaquí vos deixamos unha selección de fotografías dunha reportaxe realizada pola Fundación Ciclismo Galego con motivo da celebración do Giro de Italia 2009, na que por suposto aparece o noso veciño Serafín Martínez Acevedo, do equipo Xacobeo Galicia que dirixe Álvaro Pino:http://picasaweb.google.com/Imaxesorosal/SerafinMartinezAcevedoNoGiroDeItalia20...

Aplaudida actuación do mago Cayetano Lledó

O domingo 7 de xuño -e organizada pola concellaría de Cultura que dirixe Charo Tabales Perozo- tivo lugar no Auditorio Municipal do Rosal a actuación do mago galego Cayetano Lledó, presentando o seu espectáculo “Máxico Circus Cabaret”. Unha mistura de comedia, clown, maxia ou mesmo hipnose que fixo as delicias do público asistente. Cayetano Lledó (http://www.cayetanolledo.com/#) foise transformando en poucos segundos en multitude de personaxes. En...

José Calvar quedou 10º no I Slalom de Tomiño

O pasado domingo 24 de maio celebrouse o I Slalom de Tomiño no que participou José Calvar co seu peugeot 205 GTI. Durante toda a mañá estivo andando moi ben pero xa pola tarde o coche comezou a fallar e perdeu moito tempo. Pese a estes problemas Calvar conseguiu finalizar 10º na xeral levando un pequeno trofeo para as súas vitrin...

4 jun 2009

O equipo rosaleiro SEMPRE O CORTE disputou en Cambados o XVIII Rally do Albariño 2009

A cuarta cita do Campionato Galego de Rallyes tivo lugar o pasado 16 de maio en Cambados. Para o equipo rosaleiro SEMPRE O CORTE, que vén de ser presentado recentemente, esta foi a súa primeira participación do ano. Lembramos que por un lado están ao volante dun Peugeot 205 Rally o piloto Jorge Díaz Ferreira (Chiño) e o seu copiloto Miguel Gómez Peláez (Fusco), que participan no grupo X da clase 11. Por outro, cun Peugeot 205 GTI, o piloto José...

3 jun 2009

O mago Cayetano Lledó actuará en O Rosal

O domingo 7 de xuño ás 20:30 horas terá lugar no Auditorio Municipal un espectáculo de maxia a cargo de Cayetano Lledó, que presenta: “MÁXICO CIRCUS CABARET...

2 jun 2009

Cine gratuito no Auditorio Municipal do Rosal

A concellaría de Cultura do Rosal que dirixe Charo Tabales Perozo ofrece para este mes de xuño dúas películas dentro do ciclo Cinemas Dixitais, dedicado ao cine en galego. Lembramos que se trata dun proxecto que pon en marcha a Consellería de Cultura e Deporte, a través da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural xunto coa Axencia Audiovisual Galega. A primeira proxección, A Atlán-tida, terá lugar o sábado 6 de xuño ás 20:30 horas no Auditorio...

1 jun 2009

Álvaro Pino eloxia ao rosaleiro Serafín Martínez Acevedo tras participar no Giro de Italia 2009

O ciclista profesional rosaleiro Serafín Martínez Acevedo, pertencente ao Xacobeo Galicia, vén de rematar a súa participación no Giro de Italia no posto 142 e a 04:01:28 h do gañador absoluto, o ruso Dennis Menchov do equipo Rabobank. En palabras do mánager-director galego a Sera "lle tocou sufrir neste Giro porque chegou a última hora en sustitución de Ezequiel (Mosquera), sen a preparación nin a mentalización adecuada para unha carreira de tres...