FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

A VILA DO ROSAL DESPIDE CON EMOCIÓN A JOSÉ MARTÍNEZ GONZÁLEZ "PEPIÑO BERDEAL"

O ex-funcionario do Concello do Rosal e presidente da Asociación de Comerciantes da vila, era un dos veciños máis apreciados dos últimos tempos

VITORIA DE GABRIEL MARCELLI EN LLEIDA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro vence na categoría júnior na proba valedeira para o “Spa RFME Campeonato de España de Trial Individual 2015”

ACTO DE CLAUSURA DO CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL BASE CELEBRADO EN O ROSAL

A Casa Consistorial acolleu a entrega de diplomas e clausura do Curso coa presenza dos coordinadores José Luis Mosquera e Manuel Mosquera.

MÁXIMA EXPECTACIÓN ANTE A CHEGADA DA SEXTA EDICIÓN DA CARPA CARNAVAL DE FORNELOS

Entre outros, actuarán dende o venres 13 ata o martes 17 de febreiro, nestas Festas de Entroido: Traffic House, Dj Carlie, Diego Mei, Vallejo, Micy Dj, etc

A PRAZA DO CALVARIO ACOLLEU A VISITA E RECEPCIÓN DOS REIS MAGOS DE ORIENTE

As Súas Maxestades estiveron durante horas na vila do Rosal repartindo multitude de agasallos a pequenos e maiores, entre eles, libros e lambetadas

A ROMARÍA DE SAN MARTIÑO 2014 EN O ROSAL CELEBROUSE O DOMINGO 30 DE NOVEMBRO

A saída do Santo en procesión dende a igrexa parroquial de Santa Mariña, na Praza do Calvario, ata a súa ermida, foi ás 10:30 horas.

O PILOTO ROSALEIRO GABRIEL MARCELLI PROCLÁMASE TRICAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRIAL

Gabriel Marcelli Carballido adxudícase o título tras vencer en Cabanillas de la Sierra (Madrid). Tamén consegue ser Campión Galego por quinta vez.

PRESENTACIÓN DA SEGUNDA EDICIÓN DO EVENTO DEPORTIVO “15K DEL ATLÁNTICO”

A carreira e a andaina 15k del Atlántico celébranse este domingo 5 de outubro percorrendo os concellos de Oia, O Rosal e A Guarda

O ESPECIALISTA DEFENSIVO ARKAITZ VARGAS FICHA POLO ACANOR ATLÉTICO NOVÁS

Na imaxe da presentación, Manolo “Campelo”, Moncho Vicente, Andrés Senra, Daniel Martínez, Arkaitz Vargas, Roberto Fernández e Modesto Augusto

ÉXITO TOTAL DA I EDICIÓN DA ANDAINA E CARREIRA “10K O ROSAL. FEIRA DO VIÑO”

Na imaxe, os gañadores absolutos da carreira 10k O Rosal Feira do Viño. No máis alto do pódium, Nuno Costa e Paula Mayobre. Más info neste enlace.

OS COORDINADORES DO 10K O ROSAL, ENTREVISTADOS NA RADIO MUNICIPAL DE TUI

Os rosaleiros Juan Ramón Martínez Barbosa, Óscar Vicente Rodríguez e Serafín Martínez Acevedo falaron da andaina e da carreira nos estudos da RMT

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIV ANDAINA “VAL DO ROSAL. O PARAÍSO DENDE AS ALTURAS”

Na imaxe, os participantes desta andaina, que visitaron o punto máis alto da vila, nos montes do Campo do Couto e os petroglifos próximos á Fonte do Home.

NOVA VITORIA DE GABRIEL MARCELLI CARBALLIDO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro, imparable, é o favorito para facerse -por terceira vez- co Campionato de España de Trial. As próximas citas, Vila de Cruces e Andorra.

O ROSAL E O ATLÉTICO NOVÁS QUEREN FACER HISTORIA, por Juan Ramón Martínez Barbosa

Artigo do director de Noticias O Rosal, onde fala da Fase de Ascenso á División de Honor Prata do balonmán nacional que se celebra os días 2, 3 e 4 de maio

DEPORTISTAS E CLUBS, HOMENAXEADOS NO II RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO

O pasado sábado 12 de abril o Auditorio Municipal acolleu os premios aos mellores deportistas e clubs da vila. Na imaxe, autoridades e homenaxeados.

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIII ANDAINA O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLO

A vindeira andaina deportivo-cultural pola vila do Rosal celebrarase o vindeiro sábado 10 de maio, con saída dende o Alto da Portela (Marzán)

O 12 DE ABRIL CELÉBRASE O II ACTO DE RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO DO ROSAL

Na imaxe de 2011, na I edición, Gerardo Álvarez (ciclismo), Manolo Armán (balonmán) e Félix Piñel (atletismo) reciben os premios “Mención de Honra”.

ACTUACIÓN DO GRUPO ADREDDE NA FESTA DE ENTROIDO 2014 DE FORNELOS (O ROSAL)

O sábado 1 de marzo achegámonos ata Fornelos para ver en directo a animada actuación do Grupo Adredde e comprobar o ambientazo de Entroido

O LIBRO “MOLINOS” PRESÉNTASE EN PONTEVEDRA CON MENCIÓN ESPECIAL PARA O ROSAL

A nosa vila estivo representada polo alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, así como por Tamuxe e Juan Ramón, autores do libro da historia dos Muíños do Folón-Picón

O ENTROIDO DE FORNELOS 2014, SERÁ, SEN DÚBIDA, DOS MÁIS ESPECTACULARES DA HISTORIA

Impresionante programa de Festas, con orquestras e grupos musicais, actuacións para nenos, Corrida do Galo, Frixidelas e como non, a 5ª edición da CARPA.

O ROSAL HOMENAXEA AO CICLISTA RAÚL FERNÁNDEZ, CAMPIÓN DE GALICIA E DE ESPAÑA

Na imaxe, Raúl Fernández na compaña dos seus compañeiros e directivos do Club Ciclista O Rosal, na recepción ofrecida no Concello.

RAÚL FERNÁNDEZ PROCLÁMASE EN CASTELLÓN CAMPIÓN DE ESPAÑA DE CICLOCROSS

Na imaxe, Raúl, flanqueado á esquerda polo exciclista profesional Serafín Martínez Acevedo e á dereita polo triatleta internacional, Óscar Vicente Rodríguez.

PROXIMAMENTE ANUNCIARASE A DATA DA II RUTA GUIADA ORGANIZADA POR NOTICIAS O ROSAL

A I Ruta Guiada Noticias O Rosal levou aos participantes a coñecer todos os segredos da ruta e historia dos emblemáticos Muíños do Folón e do Picón.

OS REIS MAGOS REPARTEN AGASALLOS A CENTOS DE NENOS/AS EN O ROSAL

Reportaxe fotográfica (máis de 300 imaxes) da visita e recepción na vila do Rosal de Melchor, Gaspar e Baltasar.

NOVO CONXUNTO DE GRAVADOS CRUCIFORMES NO LUGAR DAS CORTES

O historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe fala no seu blog deste achádego, recreación da cruz cristiá (séculos IV-V d. C.)

SERGIO RODRÍGUEZ, NETO DO CABAQUEIRO MANUEL "TRINTIÑA", INAUGURA “O BAR DO TRINTA"

Na imaxe, Serafín Martínez Acevedo (exciclista profesional e emprendedor deportivo), con Sergio (xerente do Bodegón-Tapería Os Seixiños. O Bar do Trinta).

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

13 ene 2010

O Camiño Portugués da Costa, en breve

En próximas datas publicaremos a nosa reportaxe completa da peregrinación simbólica que se realizou en cinco etapas polo Camiño Portugués da Costa, do que forma parte O Rosal.

11 ene 2010

Festas na honra da Virxe da Saúde e San Brais

As festas na honra da Virxe da Saúde e San Brais terán lugar os días 2-3 e 6-7 de febreiro en San Xoán de Tabagón. O venres 5, sobre as 13:00 horas, gran tirada de "fuego graneado" para xa ás 18 h, asistir á Subida do Artístico Arco nun animado ambiente tradicional. Ao día seguinte, sábado 6, e ás 11 da mañá, fará entrada o grupo de baile Do Lusco ó Fusco. Pola noite, actuarán as osquestras Suavecito e Samba. O domingo ao mencer, tirada de bombas de palenque. Ás 11 da mañá fará a súa entrada a banda de música da Agrupación Musical do Rosal. Pola tarde, hinchables para os nenos e chocolate gratis para todos, amenizando a festa xa de noite, un grupo musical, poñendo o broche final a esta celebración unha gran tirada de bombas. Así mesmo tamén vos deixamos aquí os actos relixiosos que se levarán a cabo na honra da Virxe da Saúde e San Brais.

Marzán. Festas na honra de San Vicente, 2010

Os días 17, 22, 23 e 24 de xaneiro celebraranse as festas na honra de San Vicente. O domingo 17, a partir das 9 horas da mañá, un grupo de gaitas percorrerá a xuradía de Marzán. O venres 22, ás 11:30 h, Misa na honra de San Vicente. A partir das 6 da tarde, Gran zorzada e chouriza-
da, acompañada polo son musical Electrosil. Ao día seguinte, sábado e sobre as 5 da tarde, Gran "Callada casei-
ra". A partir das 8, verbena a cargo do grupo A Lareira, da Guarda e Deixandar, do Rosal. O último día, o domingo 24 de xaneiro, sobre as 8 da mañá, unha salva de bombas anunciará o comezo do día grande. Ás 11:30 h, Santa Misa na honra de San Vicente, con Sermón e Procesión, cantada pola Coral da Agrupación Musical do Rosal, para xa de seguido, comezar a subhasta de produtos típicos. Dende a comisión de festas anuncian que o recinto estará cuberto.

10 ene 2010

Os Reis Magos de Oriente tamén estiveron no Rosal

O martes 5 de xaneiro os Reis Magos de Oriente foron recibidos na Praza do Calvario polo alcalde Jesús Mª Fernández Portela, a concelleira de Cultura, Charo Tabales Perozo, así como polo seu “contacto eterno” José Martínez González (Pepe Berdeal) un dos grandes impulsores da Cabalgata e amigo persoal dos Reis. Jorge, o condutor do minibus do Concello, foi o encargado de transportar xa de mañá ás Súas Maxestades por todo O Rosal, facendo na gardería de Pías ou no Convento das HH. Carmelitas da Bouzada unhas simpáticas e emotivas paradas. Máis de 50 quilómetros para percorrer todas as parroquias rosaleiras transmitindo unha mensaxe de paz, ledicia e ilusión a pequenos e maiores. Mentres, no Calvario, a compañía teatral “Os Sete Magníficos +1” presentaban o espectáculo “Dous paiasos en apuros”, que fixeron as delicias do público, ata que ás 17:30 horas chegaban de novo á Praza os Reis Magos. Libros adecuados para as idades dos nenos e nenas así como bolsas de lambetadas foron os obsequios elixidos polas SS. MM para recibir e agasallar aos máis pequenos, que un tras un ían facendo as súas peticións e por suposto comentando que se portaran moi, pero que moi ben durante todo o ano. O Concello do Rosal para agradecer a presenza dos Reis Magos e do público en xeral nesta data festiva, obsequiou a todo o mundo cunha gran chocolatada final.

5 ene 2010

O arco de Tabagón estará dedicado ao Xacobeo

Velaquí vos deixamos o plano deste ano 2010 do Artístico Arco de Tabagón, tamén chamado "maio", quizais en lembranza da diosa "Maya" coincidindo coa chegada da primavera. Na actualidade e dende principios do século XIX levántase para conmemorar as festas relixiosas na honra da Nosa Señora da Saúde e San Brais. Nas últimas décadas vén sendo autor do seu deseño o colaborador e debuxante tabagonés Ángel Pérez, que cada ano é o encargado de que o artístico arco sexa diferente e novidoso. Moitos destes "maios" aluden a un acontecemento ou conmemoración de carácter universal. Precisamente este ano está dedicado como "homenaxe ao Xacobeo 2010, ao Camiño Portugués da Costa e aos dous integrantes rosaleiros do equipo ciclista do Xacobeo Galicia (o corredor Serafín Martínez Acevedo e o masaxista Roberto Portela Vieira)". Este tipo de arco-maio é algo único non só no Baixo Miño senón aínda en toda a provincia de Pontevedra.

3 ene 2010

Os Reis Magos visitan o CPI Manuel Suárez Marquier


Os Reis Magos de Oriente (Gaspar, Melchor e Baltasar) -previo contacto con representantes do Concello do Rosal- visitaron aos rapaces e rapazas do CPI Manuel Suárez Marquier antes da celebración da Epifanía, o mércores 6 de xaneiro. As Súas Maxestades foron guiadas amablemente a cada aula pola directora do centro, Julia Gaspar Pazos, quen estivo acompañada da concelleira de Cultura, Charo Tabales Perozo. Os Reis foron preguntándolle ao alumnado rosaleiro que tal fora o seu comportamento ao longo do ano, lembrando que para recibir os correspondentes agasallos tiñan que portarse ben. Esta visita, que foi sen previo aviso, colleu por sorpresa a mestres e rapaces, que ollaban como Gaspar, Melchor e Baltasar “invadían” as súas clases para transmitir unha mensaxe de paz, humanidade e ilusión á vez que obsequiaban aos presentes cunhas lambetadas.
Outro tanto do mesmo ocorreu máis tarde cando os Reis Magos decidiron achegarse ata a Casa do Concello, onde foron recibidos con asombro por funcionarios, concelleiros, público en xeral e mesmo o alcalde, Jesús Mª Fernández Portela. Velaquí vos deixamos a nosa reportaxe fotográfica completa desta xornada. Mañá, martes día 5, as Súas Maxestades volverán a estar no Rosal, na Cabalgata Real deste ano 2010, con saída ás 10:00 horas dende a Praza do Calvario para realizar o seguinte percorrido: Calvario, Caselas, Convento, Fornelos, Picón, Fecha, Cachada, Pías, San Miguel, Tabagón, A Portela, Eiras, Calvario (San Miguel), Morán, Valdemiñotos, Cumieira de Abaixo, Lomba, Urgal, Cumieira de Arriba, Sanxián e Portecelo. Xa de tarde, e a partir das 17:00 horas, recibirase aos Reis Magos co espectáculo “Dous Paiasos en Apuros”, sendo despedidos cunha gran chocolatada na súa honra, que en caso de choiva, se celebrará no Pavillón Municipal de Deportes.

29 dic 2009

Clausura do Obradoiro de Emprego "Ponte do Tamuxe"


Estamos traballando para ofrecervos a reportaxe do acto de clausura e entrega de diplomas do Obradoiro de Emprego "Ponte do Tamuxe" que tivo lugar onte, martes 29 de decembro, no Auditorio Municipal.

28 dic 2009

Nace o primeiro blog sobre A Cabaqueira

Vén de crearse recentemente un novidoso e interesante blog sobre A Cabaqueira, os cabaqueiros e a súa xerga: "Esjaravellando Cabaqueiro" (escribindo cabaqueiro). O seu coordinador é Antonio Cividanes Rodríguez, da Gándara -nas súas propias palabras- "un namorado do verbo do cabaqueiro". Preguntándolle o por que da creación deste blog respóndenos que "a idea xorde do meu interese por aprender o verbo xa fai uns anos. Empecei a comprar os libros que se editaron sobre o cabaqueiro, a lelos e tratar de aprender ou recordar moitas palabras que a través dos anos fun escoitando... porque na casa de meus pais, no falar cotidiano, saltaba o verbo cada dous por tres". Lamentáse Antonio da falta de información en Internet e xustifica desta maneira a creación do blog "sorpréndeme que non haxa nada sobre o cabaqueiro... hasta a wikipedia está baleira, só sae en Internet o da Festa (12 de outubro), e aquí nace a ocorrencia do blog, escribir en cabaqueiro e traducilo para que haxa unha informacion no mundo de que existiu e aínda existe este idioma ou xerga dos nosos vellos e antepasados... e que a todo o que lle interese o tema poida recordar ou aprender coma min un pouco o cabaqueiro." En definitiva, o que pretende o coordinador deste blog da cabaqueira é "deixar na rede unha información o máis veraz posible". (Fotos: A.C.R.). Dende Noticias O Rosal desexámoslle a "Esjaravellando Cabaqueiro" (http://www.cabaqueira.blogspot.com/) unha longa vida á vez que lle transmitimos a Antonio a nosa sincera noraboa por esta loable iniciativa.

Celebrouse o Concerto de Nadal con motivo da presentación do Coro Ecos do Folón de Fornelos

O sábado 26 de decembro se celebrou na igrexa parroquial de Santa Mariña do Rosal un Concerto de Nadal con motivo da presentación oficial do Coro Ecos do Folón, de Fornelos, que estivo apadriñado pola Coral Polifónica de Atios e a Coral Polifónica de A Cañiza.

Lembramos que "Ecos do Folón" naceu o 7 de xaneiro de 2008 como unha actividade máis da Asociación de Veciños e Socio-Cultural "Río Folón" de Fornelos. Comezou con 17 compoñentes, sendo na actualidade 31 voces mixtas. Jorge Fernández González, natural de Tomiño e afincado na Guarda, é o seu director e fundador.

A Coral Polifónica de Atios actuou por vez primeira no ano 1998. Ten participado en multitude de festivais de corais, conseguindo o terceiro premio no Festival de Habaneras do Baixo Miño e o segundo lugar no de Caixanova. Pertence á asociación cultural "Os Penediños" e é membro de FECOGA. Na actualidade conta con 30 membros dirixidos por Xosé Luís Reza Cabano.

A Coral Polifónica de A Cañiza fundouse en 1994, integrándoa hoxe en día tamén 30 voces mixtas. Interviu entre outros programas en "Desde Galicia para el Mundo" de TVE ou en "Galicia Enteira", da TVG. Participa activamente en encontros de corais e acontecementos festivos e relixiosos. Esta coral está dirixida igualmente por Jorge Fernández González, compaxinándoa coa batuta da recente Ecos do Folón.

27 dic 2009

Robert Pattinson e Kristen Stewart, no Rosal

Onte, domingo 27 de decembro, recibimos ben cedo unha chamada á nosa redacción informándonos que a famosa parella de moda formada por Robert Pattinson e Kristen Stewart (actores da exitosa saga "Crepúsculo") se atopaba paseando relaxadamente e de incógnito por Galicia e máis concretamente polo Baixo Miño despois do estrés causado pola estrea da súa película "Luna Nueva". A nosa sorpresa foi que preguntando a veracidade desta noticia enterámonos que Robert ten familia lonxana en Visodoseidos. Poñéndonos en contacto inmediatamente con estes veciños rosaleiros conseguimos o número do móbil dun dos seus representantes, e asegurándolle que se fora posible tan só queríamos realizarlles un par de fotografías concertamos unha pequena cita con eles ao seu paso polo Rosal. Robertiño (como lle chaman os seus familiares) e Kristen atendéronnos amablemen-
te e contáronnos que están preparando a terceira parte de Crepúsculo que levará o título de «Eclipse», que estará dirixida por David Slade («30 días de oscuridad», «Hard Candy») e que xa está na sala de montaxe ultimando as labores de postprodución. Velaquí vos deixamos a nosa pequena entrevista con estes dous famosos de Hollywood.

Toni Portela, Subcampión Galego de Ciclocross

Tal e como se reflicte na páxina web do Club Ciclista O Rosal, un dos seus integrantes, Toni Portela, en categoría cadete, vén de conseguir a segunda praza no Campionato de Galicia de Ciclocross 2009 que se celebrou o domingo 27 de decembro en Guláns (Ponteareas). Velaquí vos deixamos o enlace ás fotografías realizadas polo club rosaleiro con motivo deste evento.

Uns rosaleiros de Pías, na curiosa fotografía de portada do xornal dominicano Diario Libre

Segundo nos informa M.C.R., lectora de Noticias O Rosal, o xoves 24 de decembro, día de Noiteboa, saíu na portada de Diario Libre, xornal de distribución gratuíta da República Dominicana, a fotografía dunha familia do Rosal, en concreto de Pías. Así, podemos ver a Jacinto Domínguez felicitando estas datas festivas na compaña da súa muller Sara Carrera e da filla de ambos, Belén, portando sendos exemplares do citado Diario Libre e do Faro de Vigo. Ao parecer, tal e como nos contan, a imaxe ía ser enviada simplemente a uns familiares dominicanos para felicitar o Nadal, pero grazas a un contacto nese xornal velaquí os ollamos en primeira páxina.

23 dic 2009

¡¡Felices Festas e Bo Nadal para todos/as!!

A Noiteboa é a celebración cristiá do nacemento de Xesús. Celébrase a noite do día 24 de decembro, a véspera do día de Nadal (o día 25 de decembro). Os costumes varían duns países a outros, pero é bastante común reunirse para cear toda a familia, e facer agasallos sobre todo, nos países protestantes. O costume en España é cantar panxoliñas acompañados dunha pandeireta e a zambomba así coma comer doces. (Galipedia). Velaquí vos deixamos este debuxo dedicado polo recoñecido debuxante Santy Gutiérrez, que por certo, vén de estrear a súa nova web. Despois destes días festivos volveremos coas reportaxes pendentes e con moita máis actualidade. O dito: ¡Dende Noticias O Rosal, Felices Festas e Bo Nadal!

Benvidos/as a Noticias O Rosal


EN GALEGO

Nace esta páxina web en maio de 2008 co obxectivo e a única razón de dar a coñecer un pouquiño máis o noso pobo de O Rosal, os seus costumes, as súas xentes. Para que precisamente non se esquezan certas tradicións, para que se recoñezan aos seus paisanos singulares e destacados... en definitiva, para que quede constancia para a Historia.

Procuraremos reflectir aquí as novas máis interesantes que sucedan durante o ano, agardando aportar o noso gran de area á cultura e á información, tanto para os propios rosaleiros (rosaleses) como para quen desexe saber polo miúdo que é o que ocorre nestas fértiles terras, neste "Xardín do Baixo Miño".

EN CASTELLANO

Nace esta página web en mayo de 2008 con el objetivo y la única razón de dar a conocer un poquito más nuestro pueblo de O Rosal, sus costumbres y sus gentes. Para que precisamente no se olviden ciertas tradiciones, para que se reconozcan a sus paisanos singulares y destacados... en definitiva, para que quede constancia para la Historia. 

Procuraremos reflejar aquí las noticias más interesantes que sucedan durante el año, esperando aportar nuestro grano de arena a la cultura y a la información, tanto para los propios rosalinos como para quien desee saber qué es lo que ocurre en estas fértiles tierras, en este "Jardín del Baixo Miño".



Director de Noticias O Rosal

Unha rosaleira e unha guardesa, gañadoras das cestas de Nadal da Asociación de Comerciantes

O venres 18 de decembro celebrouse na sede de A.C.O.R. (Asociación de Comerciantes do Rosal) o sorteo das dúas cestas de Nadal dentro da Campaña de Promoción do Comercio da Provincia de Pontevedra “Unha ilusión de Nadal 2009”. José Martínez González (Pepe Berdeal), presidente de A.C.O.R. foi o encargado de comunicarlle persoalmente a boa nova ás agraciadas con estas cestas repletas de comida, doces e bebidas propias destas datas. A primeira papeleta gañadora que sacou a “man inocente” Eva baixo a atenta mirada de Pepe e Sara Carrera, foi a de Puri Fernández Lomba de A Guarda, grazas a un corte de cabelo que realizou na Peluquería Addict. A segunda, a de Begoña Domínguez Cerqueira, do Rosal, grazas a unha consumición efectuada na Cafetería Juan. O presidente da Asociación de Comerciantes do Rosal mostrouse satisfeito coa participación neste sorteo lembrando que na caixa-urna había preto das 5000 papeletas que repartiron os seus establecementos adheridos.

22 dic 2009

O Rosal acollerá a partir do día 28 un Encontro de músicos galegos de metal e percusión

Segundo informa a Agrupación Musical do Rosal os días 28, 29 e 30 de decembro celebrarase no Auditorio Municipal un Encontro de músicos galegos de metal e percusión. Ademais o mércores 30, ás 20:30 horas ofrecerán un concerto baixo a batuta de José Manuel González Diego, Trompa da Orquestra de Castela e León.