TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

28 dic. 2009

Nace o primeiro blog sobre A Cabaqueira

Vén de crearse recentemente un novidoso e interesante blog sobre A Cabaqueira, os cabaqueiros e a súa xerga: "Esjaravellando Cabaqueiro" (escribindo cabaqueiro). O seu coordinador é Antonio Cividanes Rodríguez, da Gándara -nas súas propias palabras- "un namorado do verbo do cabaqueiro". Preguntándolle o por que da creación deste blog respóndenos que "a idea xorde do meu interese por aprender o verbo xa fai uns anos. Empecei a comprar os libros que se editaron sobre o cabaqueiro, a lelos e tratar de aprender ou recordar moitas palabras que a través dos anos fun escoitando... porque na casa de meus pais, no falar cotidiano, saltaba o verbo cada dous por tres". Lamentáse Antonio da falta de información en Internet e xustifica desta maneira a creación do blog "sorpréndeme que non haxa nada sobre o cabaqueiro... hasta a wikipedia está baleira, só sae en Internet o da Festa (12 de outubro), e aquí nace a ocorrencia do blog, escribir en cabaqueiro e traducilo para que haxa unha informacion no mundo de que existiu e aínda existe este idioma ou xerga dos nosos vellos e antepasados... e que a todo o que lle interese o tema poida recordar ou aprender coma min un pouco o cabaqueiro." En definitiva, o que pretende o coordinador deste blog da cabaqueira é "deixar na rede unha información o máis veraz posible". (Fotos: A.C.R.). Dende Noticias O Rosal desexámoslle a "Esjaravellando Cabaqueiro" (http://www.cabaqueira.blogspot.com/) unha longa vida á vez que lle transmitimos a Antonio a nosa sincera noraboa por esta loable iniciativa.

1 comentario:

  1. "Antonio Cividanes Rodríguez",te agradecemos en el alma todos los CABAQUEIROS,de toda la zona qué un jóven se preocupe por la "Cultura" llamemósla de una profesión centenaria qué tantas satisfaciones y disgustos nos proporcionó en nuestra juventud. Soy Telleireiro de Salcidos con 75 años cumplidos,gracias y que Dios te lo compense.
    (A.P.A Minguillo)

    ResponderEliminar