TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

3 dic 2009

Celebrouse no Auditorio "Encontros O Rosal"

O pasado sábado 28 de novembro tivo lugar no Auditorio Municipal un Festival de música e baile populares denominado Encontros O Rosal e no que participaron grupos de cada un dos concellos do Baixo Miño. Este evento estivo organizado polo Concello coa colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra. O acto estivo presentado pola concelleira de Cultura, Charo Tabales Perozo e pola de Turismo, Ángeles Vicente Manzano, que fixeron un percorrido histórico-social por cada un dos municipios baixomiñotos. Mentres -e simultaneamente- nunha pantalla xigante instalada para a ocasión, proxectábanse fermosas imaxes representativas de cada concello. Estes foron os conxuntos que participaron neste concorrido festival: Grupo folklórico TRA-LO MOSTEIRO de Oia, que abriu o espectáculo; Grupo de pandereteiras XAMARAINA de A Guarda; Grupo folk DEIXANDAR de O Rosal; Grupo de gaitas AIRES NOVOS de Pinzás (Tomiño) e o Grupo folklórico INQUEDANZAS de Tui, que pechou as intervencións. Despediu o acto o alcalde do Rosal, Jesús Mª Fernández Portela -previa entrega duns ramos de flores aos representantes destes grupos- agradecendo a presenza do numeroso público que se achegou ata o Auditorio da vila para contemplar en directo estas interesantes actuacións de música e danza tradicionais. Velaquí vos deixamos esta reportaxe fotográfica da nosa xornalista Ruth Martínez.

0 comentarios:

Publicar un comentario