TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

15 dic. 2009

O Rosal. 130 anos da "Concesión do Título de Vila"

Tal e como nos lembra Manuel José Fernández Gómez (Machote) nun escrito remitido á nosa redacción, o 16 de decembro de 2009, cumpríronse 130 anos da concesión do título de Vila para O Rosal. Seguindo documen-
tación do "Libro de Actas del Ayunta-miento del año de 1879", Manolo enviounos dous interesantes escri-tos, un o da solicitude e outro o da concesión do citado título, que damos aquí a coñecer. Lembramos dende Noticias O Rosal que xa o Concello conmemorou solemnemente no ano 1979 o I Centenario da concesión do Título de Vila con exposicións fotográficas e bibliográficas. Aquel 16 de decembro, de mañá, houbo Misa na honra dos patronos do municipio, a Virxe do Pilar e Santiago Apóstolo; celebrouse o I Concurso de Cata de Viños con loubanzas a cargo do escritor baixomiñoto Eliseo Alonso e do Dr. Barreras Lago, como coordinadores do xurado. De tarde, presentación da efeméride histórica e conferencia a cargo de Alfredo García Alén, daquela secretario do Museo de Pontevedra; baile galego a cargo dun grupo de rosaleiras; colocación do brasón municipal, obra do escultor Pepe Antúnez Pousa e descubrimento da praca conmemorativa dese I Centenario. Interviu o alcalde do momento, José Luís Rodríguez Martínez e interpretáronse os himnos do Rosal e o galego. Finalizaron os actos cun "viño español" na Liga de Amigos e cun baile popular na Praza do Calvario a cargo do lembrado conxunto musical Los Bambinos.

0 comentarios:

Publicar un comentario