FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

31 mar 2014

O CLUB CICLISTA O ROSAL 2014 PRESENTOUSE O SÁBADO NO AUDITORIO

Foto: Club Ciclista O Rosal O sábado 29 de marzo presentouse no Auditorio Municipal do Rosal a plantilla do Club Ciclista da vila para este ano 2014. Deu a benvida aos asistentes o presidente, Gerardo Álvarez Martínez, quen deu paso a Juan Ramón Villa, quen se encargou de ir presentando un por un a todos os integrantes deste novo proxecto deportivo. O Club Ciclista O Rosal homenaxeou neste acto a Toñi Portela, quen abandonou o club...

EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA DE ALBERTE A. PEREIRA EN O ROSAL

O Salón de Exposicións do Rosal acollerá dende o 5 ao 26 de abril a exposición fotográfica "Unha mirada subxectiva do cotián" da autoría de Alberte A. Pereira.  A inauguración da mostra terá lugar o sábado 5 de abril ás 18:00 horas. Organiza o Colectivo Carballa...

GABRIEL MARCELLI CARBALLIDO FAISE COA VITORIA EN GUADALAJARA

Foto: José María Marcelli O piloto rosaleiro Gabriel Marcelli Carballido vén de conseguir onte, domingo 30 de marzo, a vitoria en Sigüenza (Guadalajara) na categoría cadete e na segunda proba das oito programadas deste Campionato de España de Trial 2014. Máis información, neste enlace.  ¡Dende Noticias O Rosal, unha vez máis, a nosa noraboa Gabriel! ...

MISA POR ADOLFO SUÁREZ NA IGREXA DE SANTA MARIÑA DO ROSAL

Segundo nos veñen de comunicar, este mércores 2 de abril  ás 20:30 horas celebrarase unha misa na igrexa de Santa Mariña do Rosal polo eterno descanso e na honra de Adolfo Suárez González, ex presidente do Goberno (1976-1981), que faleceu en Madrid o pasado 23 de marz...

26 mar 2014

ESTE SÁBADO 29, A PRESENTACIÓN DO CLUB CICLISTA O ROSAL 2014

Homenaxe a Raúl Fernández, campión de España Este sábado 29 de marzo, ás 18:00 horas, terá lugar no Auditorio Municipal a presentación da plantilla do Club Ciclista O Rosal 2014. Este acto é de balde, e segundo lemos na súa web, faise un chamamento aos "socios, simpatizantes e demais afeccionados ao ciclismo para que acudan ao Auditorio a arroupar aos integrantes desta plantilla, entre os que contamos co brillante Campión de España de...

ÓSCAR VICENTE E O SEU EQUIPO, CAMPIÓNS DE ESPAÑA DE DUATLÓN 2014

(Foto: Óscar Vicente / facebook) O rosaleiro Óscar Vicente Rodríguez, vén de proclamarse xunto cos seus compañeiros do M3T BIMONT 3G, campión de España de Duatlón e de Relevos, na categoría élite masculina, dunha forma verdadeiramente incontestable. O equipo vencedor no "Campeonato de España de Duatlón Contrarreloj por equipos y relevos" celebrado en Noia (A Coruña) os días 22 e 23 de marzo, foi o formado por Óscar, Miguel Ángel Fidalgo,...

OBRADOIRO "COÑECE A TÚA FACTURA ELÉCTRICA E APRENDE A REDUCILA"

O Centro Social Polivalente do Rosal acolle este xoves 27 de marzo ás 19:00 horas, o obradoiro "Coñece a túa factura eléctrica e aprende a reducila". Organizados por ADICAE e coa colaboración do Instituto Galego de Consumo, este tipo de obradoiros son totalmente gratuítos, para ofrecer "formación, divulgación e sensibilización en materia de consumo de subministro eléctrico para informar aos consumidores e usuarios da importancia e dos beneficios...

A UNIDADE MÓBIL DE DOAZÓN DE SANGUE, ESTE XOVES 27, EN O ROSAL

O xoves 27 de marzo haberá unha unidade móbil de doazón de sangue na Praza do Calvario, de 10 a 14 horas e de 16 ás 21:00 horas. Se é a túa primeira doazón, achégate co DNI. Máis información no teléfono gratuíto: 900 100 82...

"UNPLUGGED IN A GÁNDARA". CON GUILLE VERDE E CRISTÓBAL COÍMBRA

Este xoves 27 de marzo, ás 19:00 horas, terá lugar no Bodegón-Tapería Os Seixiños, do rosaleiro Sergio Rodríguez Rodríguez "Trinta", o concerto denominado "Unplugged in A Gándara", coa actuación de Guille Verde (piano, guitarra e voz) & Cristóbal Coímbra (guitarra e voz). A entrada, por suposto, é gratuíta. ¡Dende Noticias O Rosal, a nosa noraboa a Sergio "Trinta" por seguir celebrando este tipo de iniciativas culturais e de lecer...

21 mar 2014

OFERTA DE EMPREGO DE INFORMÁTICA SAN BENITO (A GUARDA)

Informa: Joaquín González Franco / Informática San Benito Informática San Benito busca un docente para impartir el curso de Docencia de la Formación Profesional para el Empleo. (FORMADOR DE FORMADORES). Lugar de Impartición: INFORMÁTICA SAN BENITO. (A GUARDA) Meses: Abril, Mayo y Junio Horario: de mañana. Requisitos del docente: Acreditaciones Licenciado en Psicología Licenciado en Pedagogía Licenciado...

20 mar 2014

"OS BRODERS", VENRES 21 EN DIRECTO, NO BAR-TAPERÍA A COMPETENCIA

O venres 21 de marzo o Bar-Tapería A Competencia (Praza do Calvario, O Rosal), que rexenta José Enrique Rodríguez Vicente, acollerá a partir das 20:30 horas a actuación de "Os Broders. Antigo grupo de Carlos Prada", que chegan á nosa vila dende o Barco de Valdeorras (Ourense). A entrada é libr...

19 mar 2014

PEPE BERDEAL SEGUE COMO PRESIDENTE DA ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES

Informa: OMIX / José Martínez González (Pepe Berdeal) A Asociación de Comerciantes do Rosal (ACOR) celebrou o pasado domingo 16 de marzo a asemblea de asociados coa seguinte orde do día: estado de contas e a renovación da Xunta Directiva. Presidente: José Martínez González (Pepe Berdeal). Vicepresidenta: Pilar Álvarez Del Caño. Secretario: Manuel Santos González. Tesourero: Joaquín Vicente González. Vogal: Enrique Martínes.  Novo...

MÁIS DE 100 INSCRITOS NA XORNADA SOBRE FROITOS DO BOSQUE

Informa: AEDL Concello do Rosal EXPERTOS ASTURIANOS FALARÁN SOBRE NOVAS EXPECTATIVAS AGROFORESTAIS PARA  A BISBARRA DE VIGO-BAIXO MIÑO Este xoves 20 de marzo, ás 19:00 horas, terá lugar na sala de exposicións do concello de O Rosal unha xornada informativa subvencionada polo programa Leader Galicia, sobre “Novas expectativas agroforestais: a experiencia dos froitos do bosque noutros territorios”. Ademais da presenza do alcalde...

A U.D. RIBERA DE FÚTBOL ENFRÓNTASE AO PONTELLAS NA COPA DEPUTACIÓN

Este mércores 19 de marzo ás 20:00 horas, disputarase no Estadio Municipal da Mata o partido entre a U.D. Ribera (Segunda Rexional) e o C.D. Pontellas (Preferente Autonómica), correspondente á Copa Deputación de Pontevedra. Entrada gratuít...

18 mar 2014

COMUNICADO DOS TRABALLADORES/AS DO CENTRO SAN XEROME EMILIANI

Informa: Traballadores San Xerome Publicamos íntegra, pois, a nota de prensa-comunicado remitida á nosa Redacción por un numeroso grupo de traballadores e traballadoras do Centro San Xerome Emiliani da Guarda, que manifestan libremente o seguinte: "1. A nosa desconformidade coas accións e declaracións da CIG e os seus/súas representantes sindicais no Centro San Xerome ao respecto do “conflito” polo que atravesa a Asociación. Declaramos...

12 mar 2014

A 13ª ANDAINA POLA VILA DO ROSAL CELÉBRASE ESTE SÁBADO 15 DE MARZO

Punto de partida da andaina. Rotonda e comezo do vial na Gándara, nas inmediacións da Fonte Bieita.  O sábado 15 de marzo, terá lugar a XIII edición das Andainas "O Rosal. Coñece o teu concello", que se celebran na nosa vila dende xaneiro do ano 2011. Desta vez, o punto de encontro e saída -15:30 horas- será dende Fonte Bieita (A Gándara-A Guarda) para xa coller o tramo do Vial, que levará aos participantes por Lagos, Carrascal, Pías...

ESTE DOMINGO 16 DE MARZO, CONCERTO DA BANDA DE MÚSICA DO ROSAL

Este domingo 16 de marzo ás 17:30 horas, o Auditorio Municipal acollerá un concerto da Banda de Música da Agrupación Musical do Rosal, que dirixe Marcel van Bre...

11 mar 2014

CURSO DE AUTOMAQUILLAXE EN O ROSAL IMPARTIDO POR IMAGEN

O Centro Social Polivalente acollerá a partir da vindeira semana un Curso de Automaquillaxe, cunha duración de 8 horas (de 20 a 22 h.) impartido pola rosaleira Ángeles Martínez Núñez, xerente da Peluquería Imagen. Participantes no Curso de Automaquillaxe de hai uns anos no Rosal En principio realizarase os luns e os mércores (se non, martes e xoves, en función dos participantes). O prezo do curso é de 27 euros. Se estás interesada,...

7 mar 2014

XAMARAINA ACTÚA NO ROSAL NO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2014

O grupo Xamaraina, nunha actuación de 2011  Este sábado 8 de marzo, ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal do Rosal, celebrarase o Día Internacional da Muller Traballadora, no que se poderá disfrutar do espectáculo de baile moderno do Grupo XAMARAINA.&nbs...

A ROSALEIRA SARA BLANCO, NÚMERO 1 DO MIR DE FARMACIA EN ESPAÑA

A rosaleira Sara Blanco Dorado, segundo se pode ler nunha entrevista concedida a Faro de Vigo, vén de sacar a mellor nota de España nas probas para realizar a especialidade de Farmacia nun centro hospitalario durante catro anos (de entre 1500 licenciados presentados). Velaquí vos deixamos a entrevista de Selina Otero á nosa veciña: Sara Blanco: ´Me encantaría quedarme a trabajar en el hospital y combinarlo con la investigación´ "Es un...

CRUZ ROJA BAIXO MIÑO CELEBRA O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Informa: Neli Rodríguez / Cruz Roja Baixo Miño 8 de marzo, Día Internacional de la Mujer     n El próximo 8 de Marzo la Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño conmemorará el Día Internacional de la Mujer trabajadora. El próximo 8 de marzo, conmemoración del Día de las Naciones Unidas para los Derechos de la Mujer y la Paz Internacional, desde el Programa de Perspectiva de Género y...

PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR DESTE 2014

Segundo comunica o Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal, este luns 10 de marzo comeza o prazo de inscrición para as probas de acceso a ciclos de grao superior. Pódese consultar o borrador da Orde do 5 de marzo de 2014 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2014 nesta ligazó...

XORNADA SOBRE A POSTA EN VALOR DOS ESPAZOS AGRARIOS E FORESTAIS

Informa: AEDL Concello do Rosal O vindeiro xoves 20 de marzo (19:00 horas) o Salón de Exposicións do Concello do Rosal acolle unha xornada sobre "Novas expectativas agroforestais: A experiencia dos froitos do bosque noutros territorios". A organización corre a cargo do Grupo de Desenvolvemento Rural Maiv-Baixo Miño, en colaboración co Concello do Rosal. Aínda que a presenza á charla é libre e de balde, prégase confirmación de asistencia...

6 mar 2014

ANDAINAS O ROSAL COÑECE O TEU CONCELLO 2014, PARA MARZO E ABRIL

Segundo se pode ler no boletín de marzo-abril do Concello do Rosal, vólvese a poñer en marcha neste 2014 o programa de andainas O Rosal. Coñece o teu concello, "unha serie de rutas a pé que permiten aos participantes non só realizar actividade física, senón tamén descubrir os enclaves culturais e naturais da vila". A XIII Andaina celebrarase o vindeiro sábado 15 de marzo, con saída ás 15:30 horas para coñecer o tramo do vial que discorre...

O ROSAL HOMENAXEA AOS SEUS DEPORTISTAS O VINDEIRO 12 DE ABRIL

Segundo se informa dende o Concello, o vindeiro sábado 12 de abril ás 20:00 horas, celebrarase no Auditorio Municipal o II Recoñecemento ao Mérito Deportivo, co que O Rosal homenaxeará aos seus deportistas máis destacados. Hai que lembrar que a I edición deste acto tivo lugar o 20 de febreiro do pasado 2011. O estudo e presentación correu a cargo de Juan Ramón Martínez Barbosa, daquela membro do Departamento de Cultura, "quen realizou...

5 mar 2014

PROGRAMA DA FEIRA DE SAN GREGORIO (8 E 9 DE MARZO) EN PÍAS - O ROSAL

A Feira de San Gregorio 2014 (Pías-San Miguel de Tabagón) celébrase esta fin de semana (sábado 8 e domingo 9 de marzo) co seguinte programa de festas. ACTOS RELIXIOSOS NA CAPELA DE SAN GREGORIO Sábado 8 de marzo, ás 20:15 horas, Misa rezada. Domingo 9 de marzo, ás 10:00 horas, Misa rezada. Domingo 9 de marzo, ás 12:00 horas, Misa Solemne con Sermón e Procesión acompañada polo grupo de gaitas A BOALLEIRA, que percorrerá...

TODOS OS VÍDEOS DA SUBIDA DO MAIO NOS ENTROIDOS DE NOVÁS 2014

Velaquí vos deixamos os enlaces aos catro vídeos da Subida do Maio en Novás, que se celebrou o domingo 2 de marzo, despois de case 50 anos. As gravacións son da autoría e xentileza de Anselmo Martínez Pena, con publicación en Youtube. ¿Que é o Maio de Novás? Levantada1https://www.youtube.com/watch?v=RBy4UeT-6N0  Levantada2https://www.youtube.com/watch?v=jDnrY_WMBfI Levantada3https://www.youtube.com/watch?v=DaBeOHvd...

ACTUACIÓN DO GRUPO ADREDDE NA FESTA DE ENTROIDO DE FORNELOS 2014

O sábado 1 de marzo achegámonos un ratiño ata a Praza de Fornelos para ver en directo a animada actuación do grupo musical ADREDDE e realizar algunhas fotografías do fantástico ambiente de entroido que se respirou pola noite durante esta fin de semana na nosa vila rosaleira. Lembrade que este domingo 9 de marzo, e se o tempo o permite, celebrarase na Praza do Calvario o tradicional Concurso-Desfile....

1 mar 2014

O DESFILE DE ENTROIDO DO ROSAL APRÁZASE AO DOMINGO 9 DE MARZO

Segundo se informa dende o Concello do Rosal, "o desfile previsto para o domingo 2 de marzo suspenderase polo mal tempo", quedando aprazado para o "vindeiro 9 de marzo á mesma hora (11:30 h.)...