FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

29 oct 2013

O MES MÁXICO DE RAÚL FERNÁNDEZ

O ciclista rosaleiro Raúl Fernández Lorenzo comeza con forza este mes de outubro e a tempada de Ciclocrós a nivel nacional, xa que o pasado día 6 en Oviedo conseguía o terceiro posto na MMR CXperience, puntuable para a Copa Federación (antiga Copa de España). Xa o fin de semana do 19 e 20 de outubro, Raúl colleitaba outro gran terceiro posto no X Ciclocróss Ciudad Medina de Pomar (Burgos) e tras quedar 4º en Villarcayo, facíase co terceiro...

A MESTRA ROSALEIRA BERTA CASTRO IMPARTIRÁ VARIOS CURSOS DE PANDEIRETA E CANTO TRADICIONAL

A Agrupación Cultural Guardesa organiza sendos Cursos de iniciación e perfeccionamento de Pandeireta e Canto Tradicional, que estarán impartidos pola mestra rosaleira Berta Castro González. Os días e horarios serán a convir cos alumnos. Estes cursos van dirixidos a adultos, tanto homes coma mulleres e a nenos/as a partir dos catro anos. Máis información: bcgranxola@hotmail.com e no teléfono 620 125 47...

25 oct 2013

O ROSAL OFRECE UNHA OFICINA PARA OS VECIÑOS AFECTADOS POLO INCENDIO

O Val do Rosal dende os Muíños do Picón Segundo se informa dende o Concello do Rosal, co obxectivo de evitar que os veciños afectados polo incendio do pasado mes de agosto se teñan que desprazar a Tomiño e Porriño para tramitar as autorizacións de corta de madeira queimada, a partir do martes 29 de outubro se instalará unha oficina no Concello do Rosal para solicitar estes permisos. Os veciños serán atendidos por técnicos da Consellería de Medio...

CALENDARIO DE PARTIDOS DA U.D. RIBERA PARA ESTA FIN DE SEMANA (26-27 OUT)

Velaquí vos deixamos o calendario cos partidos* para esta fin de semana (26 e 27 de outubro) das diferentes categorías do club rosaleiro U.D. Ribera de fútbol. Destacar que o equipo senior xogará este domingo 27 ás 16:30 horas fronte ao Louro Tameiga no Cotorrón. Pola súa banda, o equipo feminino disputará tamén o domingo (10:45 h.) o encontro fronte ao Gondomar F.B. no campo de As Cercas. *Segundo informa Sergio Rodríguez Teixeira,...

24 oct 2013

O CENTRO ETNOGRÁFICO "CASA DOS OFICIOS DO ROSAL" ESTARÁ ABERTO TODOS OS DOMINGOS DE 11 A 13 HORAS

Segundo se pode ler no folleto-boletín informativo do Concello do Rosal correspondente aos meses de novembro-decembro, o Centro Etnográfico "Casa dos Oficios do Rosal", situado na planta baixa do edificio da antiga Cámara Agraria, abrirá os domingos en horario de mañá, de 11 a 13 horas.  A primeira sala deste Centro Etnográfico, adicada á lembranza e homenaxe dos mestres telleiros da vila e o seu oficio, foi inaugurada o pasado 12...

PROGRAMACIÓN CULTURAL DO ROSAL (NOVEMBRO-DECEMBRO, 2013)

PROGRAMACIÓN CULTURAL  CONCELLO DO ROSAL NOVEMBRO DÍA 2: Paula Cobián Escola de Danza presenta o espectáculo "Había unha vez". Auditorio Municipal ás 20:00 horas. DÍA 3: Concerto da Banda de Música da Agrupación Musical do Rosal. Auditorio Municipal ás 18:00 horas. DÍA 23: Festival de Acordeóns na honra de Santa Cecilia, organizado polo Grupo Mascarenhas da Guarda. Auditorio Municipal ás 19:00 horas. DÍA 24: A compañía...

CONCERTO NO ROSAL DO CUARTETO DE SAXOFÓNS "XINZO SAX QUARTET"

Segundo nos comunican dende a Agrupación Musical do Rosal, esta fin de semana se celebrará un novo acto, que esperan sexa do agrado de todos/as.  Trátase dun concerto do cuarteto de saxofóns Xinzo Sax Quartet, de Xinzo (Ponteareas), que está formado por Blanca Represas, Juan Manuel Cao, Pablo Castro e Alejandro Otero.   Será este domingo 27 de outubro, ás 19,00 h. no Auditorio do Rosal e "ofreceranos un concerto...

XORNADAS NO ROSAL PARA APRENDER A TÉCNICA E COIDADO DOS BONSAIS

A Casa de Oficios da Mata acollerá os días 30 de novembro, 14 e 21 de xaneiro unhas xornadas sobre bonsais, en horario de 16 a 20 horas. Tal e como reza o cartel, estas xornadas, nas que se aprenderá a técnica de creación e o coidado dos bonsais, serán gratuítas, agás "o material empregado para o correto desenvolvemento do curso" que correrá a cargo do alumno. Para máis información e inscricións podedes contactar co Servizo de Información...

23 oct 2013

O MUÍÑO DAS ACEÑAS (O ROSAL) ACOLLE UNHA XORNADA SOBRE COGOMELOS

Segundo comunica o Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal, o vindeiro sábado 23 de novembro de 9 a 14 horas terá lugar no Muíño das Aceñas (San Miguel de Tabagón-O Rosal) unha xornada sobre cogomelos. Haberá unha charla formativa, con saída de campo e clasificación dos mesmos incluída.  As prazas son limitadas (20) e o prezo para participar, 10 euros. Más información e inscricións: 986...

21 oct 2013

CURSO DE ANIMACIÓN Y ESTIMULACIÓN GERONTOLÓGICA DE CRUZ ROJA

Informa: Neli Rodríguez // Cruz Roja Baixo Miño Cruz Roja Española desde su Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño, convoca dentro de sus acciones formativas un monográfico de Animación y estimulación gerontológica dirigido a mayores de 16 años, que desean realizar actividad voluntaria en el ámbito de la animación en el Programa de Personas Mayores de Cruz Roja en Baixo Miño. La acción formativa se desarrollará los días 19, 19, 21 y 22...

18 oct 2013

A CANTANTE ROSALEIRA MILUCHI PÉREZ DEBUTOU EN RECANTOS (LUAR-TVG)

A cantante rosaleira Miluchi Pérez, ante un novo e interesantísimo desafío na súa carreira artística, xa que o venres 18 de outubro, debutou no concurso Recantos, do programa Luar (TVG), representando á zona de Lemosterra. Miluchi é irmá de José Pérez, tamén recanteiro (O Miño) na súa última edición e fundadora do Grupo Ilusión. Podedes ver a súa primeira actuación neste enlace:  http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/homenaxe-ao-traxe-galego-actuacions-de-ramoncin-los-secretos-e-moncho-borrajo ¡¡O...

17 oct 2013

A AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL ORGANIZA UN SERÁN NO CALVARIO E UN CONCERTO DE CORAIS NO AUDITORIO

Informa: Agrupación Musical do Rosal Dende a Agrupación Musical do Rosal queremos convidarvos aos actos que temos organizados para esta fin de semana. SERÁN: O sábado día 19, a partires das 22,00 h. na Praza do Calvario do Rosal, moita música tradicional e chourizos e viño de valde: Para rematar a noite tamén chocolate (teremos carpa por se o tempo non acompaña). CONCERTO DE CORAIS: Con motivo do...

11 oct 2013

OS MELLORES XOGADORES DE FUTBOLÍN DO BAIXO MIÑO SERÁN PREMIADOS ESTE SÁBADO 12 NA FESTA DO CABAQUEIRO

O pasado sábado 5 de outubro celebrouse no Salón de Exposicións do Rosal (Praza do Calvario), a 5ª edición do Campionato de Futbolín na honra dos Cabaqueiros, sen dúbida unha das máis competidas e de máis nivel dos últimos tempos. Diego e Yeya, Campións do V Cabaqueiros 2013 20 dos mellores xogadores da Comarca deste xogo tradicional (modalidade “parado”) disputaron a coñecida como “Champions de Futbolín do Baixo Miño”, resultando...

6 oct 2013

CARMEN DÍAZ DEL RÍO NÚÑEZ-TORRÓN, GAÑADORA DO 7º CERTAME "VIAXANDO"

Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural // Concello do Rosal O día 3 de outubro, ás 9.45 no Concello do Rosal, reuniuse o tribunal cualificador para seleccionar a fotografía gañadora do 7º Certame de Fotografía “Viaxando” que organizan cada ano as diferentes OMIX do Baixo Miño: O Rosal, A Guarda, Tomiño, Salceda de Caselas, Porriño, Gondomar, Baiona e Casa da Xuventude de Tui. O xurado formado polos fotógrafos Florencio...