FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

30 sept 2013

INAUGURACIÓN NO ROSAL DO CENTRO ETNOGRÁFICO "CASA DOS OFICIOS"

Segundo se recolle no programa da XXVI Romancha do Cabaqueiro e Festas da Pilarica do Rosal, 2013, o vindeiro día 12 de outubro ás 17:00 horas, terá lugar a inauguración do Centro Etnográfico "Casa dos Oficios do Rosal", no edificio da antiga Cámara Agraria, en plena Praza do Calvari...

OS ROSALEIROS JOSE&ROSY, ARTISTAS INTERNACIONAIS, DE XIRA POR ANDALUCÍA

Tal e como anunciamos hai unhas horas, aparte da actuación este vindeiro venres 4 de outubro en Atrévete (Málaga), a parella rosaleira de bailaríns "Jose&Rosy" estará tamén o sábado 5 na famosa sala Barrio Latino, de Granada. Dende Noticias O Rosal, a nosa noraboa para "Jose&Rosy" pola impartición destas clases e talleres por toda España, así como pola fama e caché que están conseguindo grazas a súa participación e bo papel realizado...

O SÁBADO 5 DE OUTUBRO CELÉBRASE NO ROSAL O V CAMPIONATO DE FUTBOLÍN NA HONRA DOS CABAQUEIROS DO BAIXO MIÑO

Este sábado 5 de outubro a partir das 16:00 horas, celébrase na Praza do Calvario (se fai mal tempo, no Salón de Exposicións do Concello) a 5ª edición do Campionato de Futbolín na honra dos Cabaqueiros, a coñecida como "Champions de Futbolín do Baixo Miño". A inscrición: 10 € participante (20 € o equipo). A data límite para apuntarse será o xoves 3 de outubro ás 0:00 horas (pódese pagar o mesmo sábado 5, antes do comezo). Os premios outorgaranse...

XXVI ROMANCHA DO CABAQUEIRO. FESTAS DA PILARICA (5, 11, 12 E 13 DE OUTUBRO)

Este é o PROGRAMA da XXVI Festa do Cabaqueiro e das Festas da Pilarica (5, 11, 12 e 13 de outubro). DÍA 5: V CAMPIONATO DE FUTBOLÍN “OS CABAQUEIROS”. Máis información e inscricións no teléfono: 637 311 007 e no correo electrónico juanorosal@hotmail.com (Juan Ramón). DÍA 11: VERBENA a partir das 10 da noite coas orquestras TAMBO e IRIS. DÍA 12: Ás 12:00 h MISA SOLEMNE, cantada pola CORAL DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL Ás 4:30...

29 sept 2013

ÉRGUETE ORGANIZA UNHAS XORNADAS DE EMPRENDEMENTO XUVENIL

Asociación Érguete Baixo Miño Queremos presentar as Xornadas "Emprégate: quítalle partido as túas ideas" que se celebrarán os días 8, 9, 11, 14, 15 e 18 de outubro de 2.013.  Trátase dun proxecto encamiñado a favorecer o acceso ao emprego dos mozos e mozas desempregados/as creando un espazo de coñecemento para desenrolar as súas ideas emprendedoras e innovadoras, coa finalidade de materializalas exitosamente. As partes das...

III FESTA DA VENDIMA EN SAN MIGUEL DE TABAGÓN (5 E 6 DE OUTUBRO DE 2013)

Jorge Cardoso Mariño // San Miguel de Tabagón A Sociedade Recreativa e Cultural de San Miguel (O Rosal) presentou a Festa da Vendima 2013 no seu local social, coa presenza do alcalde do Rosal, Jesús María Fernández Portela, quen destacou a labor desta asociación cultural por recuperar dita festa que se facía na Praza do Calvario. Hai 11 anos e xa por terceiro ano o vai a levar a cabo a entidade da parroquia de San Miguel de Tabagón (O...

SHOW DE SALSA DE JOSE & ROSY NA COÑECIDA SALA ATRÉVETE (MÁLAGA)

A parella rosaleira de bailaríns, "Jose y Rosy" ofrecerá o vindeiro venres 4 de outubro, a partir das 23:00 horas, un show de salsa na coñecida discoteca Atrévete, de Málaga, "el mejor ambiente de la Costa del Sol...

GRAN ÉXITO DO III CAMPUS ATLÉTICO NOVÁS DE BALONMÁN, O ROSAL 2013

Aurora Lomba Álvarez // Atlético Novás O sábado 28 de setembro tivo lugar no pavillón municipal do Rosal o III Campus Atlético Novás de balonmán organizado pola base do club. O número premiado do sorteo do cheque é o 880. Dende aquí, graciñas a todos/as por participar. ...

CHARO TRIGO E PILAR ÁLVAREZ EXPOÑEN EN VILA NOVA DE CERVEIRA (PORTUGAL)

Obra de Pili Álvarez A Casa do Turismo de Vila Nova de Cerveira (Portugal) acolle dende o 22 de setembro e ata o vindeiro 19 de outubro a exposición de pintura "Dúas Olladas", de Charo Trigo e Pilar Álvarez. Pintura de Charo Trigo O horario (español): de mañá, de 11 a 14 horas; e de tarde, de 15 a 19 horas. ...

24 sept 2013

O ROSALEIRO PIÑO GÓMEZ, DE EIRAS, TRIUNFA CO SEU BLOG "LOSGUSTOSMÍOS"

Cabeceira do blog Losgustosmíos, de Piño Gómez Hoxe presentámosvos o blog gastronómico "Losgustosmíos", do rosaleiro de San Bartolomeu das Eiras, José Antonio Gómez Rodríguez (Piño), residente na actualidade na vila veciña de A Guarda. Piño (Bodega González Byass), entre outras distincións, vén de ser recoñecido hai uns meses no Casino La Toja (O Grove) -na III edición da gala benéfica Degusta Solidaridad- co premio "Zoco de Ouro"...

ROMARÍA POPULAR DE SAN MIGUEL DE TABAGÓN "O ANXO DAS UVAS", 2013

Jesús González Álvarez // San Miguel de Tabagón Este domingo 29 de setembro celébrase a Romaría Popular de San Miguel de Tabagón "O Anxo das Uvas". Haberá Misa ás 12 horas. E unha vez finalizada a cerimonia relixiosa e a procesión, terá lugar a tradicional xuntanza para comer na Carballeira da Igrex...

ESTE SÁBADO 28, TEATRO NO ROSAL CO GRUPO "VÁMOLANDANDO", DA GUARDA

Anselmo Martínez Pena // A Guarda O auditorio municipal do Rosal acolle este sábado 28 de setembro, a partir das 20:30 horas, a estrea da obra de teatro "Aquí non paga ninguén" do Grupo "Vámolandando" da Guarda e dirixida por Álex Sobrino. A entrada é de bald...

16 sept 2013

VITORIA PARA MARÍA CORREA E PRIMEIRO PODIO PARA O BENXAMÍN IKER RODRÍGUEZ

María Correa, primeira clasificada. (Foto: C.C. O Rosal) Segundo se pode ler na web do Club Ciclista O Rosal, este sábado 14 de setembro celebrouse o XXXVI Trofeo Festas do Cristo de Porriño, onde "Iker Rodríguez recibía o seu mellor regalo de cumpreanos, pois con sete anos e unha semana acadaba o seu primeiro podio ao rematar 2º na categoría de Benxamíns, acompañado doutro sorprendente compañeiro, como é David Carnero, que se facía co 3º posto". Iker...

MECALIA ATLÉTICO NOVÁS. SENTIMENTO VERMELLO. ¡ABÓNATE AO ESPECTÁCULO!

O club Balonmán Atlético Novás comezou a súa campaña de captación de abonados para a tempada 2013/2014 (adulto: 50 € e xuvenil: 15 €). Baixo o lema "Sentimento Vermello" o Mecalia Atlético Novás anima á afección a facerse socia e así contribuír a que sexa máis grande esta institución deportiva. O debut ligueiro dos rosaleiros será na casa, o vindeiro sábado 21 de setembro ás 19:00 horas, diante do Calvo Xiri...

II CHURRASCOPEN DE FUTBOLÍN. BAR TROYA. O ROSAL, 21 DE SETEMBRO, 2013

Segundo vén de comunicar a web Homeclaro, o vindeiro 21 de setembro terá lugar no Bar Troya a II edición do Churrascopen O Rosal 2013. Tras o éxito do pasado ano "volverase a celebrar esta xornada de amizade, gastronomía e actividades lúdicas, onde os participantes poderán disfrutar do tradicional churrasco e de atractivos torneos, como un campionato de futbolín e de tute". A inscrición será individual (5 € todo incluído), co mesmo...

13 sept 2013

A XII VOLTA CICLISTA A GALICIA PASA POR O ROSAL COA PRESENZA DE ÁLEX E ASER

Segundo nos comunica Antonio Portela, a XII Volta Ciclista a Galicia celébrase dende hoxe, venres 13, ata o domingo 15 de setembro. Constará de tres etapas, con saída dende Vigo e final en A Coruña. Esta edición conta -entre outros- coa participación dos nosos veciños, Alejandro Lomba Rodríguez (na imaxe) e Aser Estévez Cividanes. Segundo o horario previsto o pelotón pasará por O Rosal, en concreto por Portecelo sobre as 15:00...

12 sept 2013

SEVI E TRINTA, FORON OS GAÑADORES DA III OLIMPIADA DE FUTBOLÍN E FIFA 2013 QUE SE CELEBROU NO BAR TROYA (O ROSAL)

Lelo, propietario do Bar Troya, faille entrega dos trofeos aos Campións do Futbolín Velaquí vos deixamos a reportaxe fotográfica da III Olimpiada de Futbolín, Karaoke e Fifa. O Rosal 2013 que se celebrou no Bar Troya (Marzán) o pasado 27 de xullo. José Enrique, propietario do Bar-Tapería A Competencia, cos gañadores Os gañadores finais do Campionato de Futbolín foron Carlos Álvarez Antúnez (Sevi) e Sergio Rodríguez Rodríguez (Trinta),...