FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

29 nov 2012

PRESENTACIÓN NA PRAZA DO CALVARIO DA CAMPAÑA "MERCA NA RÚA" NO ROSAL

Segundo se pode ler na web do Concello "O pasado luns comezou a campaña “Merca na rúa” no Rosal. A súa finalidade é dinamizar o comercio local, incentivando o consumo no pequeno comercio no Rosal e durará desde o 26 de novembro ao 7 de decembro. É promovida e organizada pola Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra a través da Oficina Provincial de Comercio  REDIC. A campaña foi presentada...

BINGO SOCIAL E BAILE A BENEFICIO DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL

Informa: Iván Diego Martínez / A. Musical do Rosal Este sábado, no salón do Restaurante Juan, BINGO-BAILE SOCIAL para recaudar fondos para a Agrupación Musical do Rosal, despois de que a Xunta de Galicia lle quitara a subvención de máis de 20.000€ que viña recibindo nos últimos anos. Tralo bingo, unha gran festa con prezos máis que populares, a partir das 22:00h e cunha gran pantalla xigante para non perderse tampouco ese interesante...

EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA DE LORENA GONZÁLEZ SOBRE O MOSTEIRO DE OIA

Durante todo o mes de decembro Lorena González expón as súas fotografías na Sala de Exposicións do Concello de O Rosal (Praza do Calvario) sobre o Mosteiro de Oia. Estará aberta ao público dende o 1 de decembro ata o día 31 de decembro de 2012 en horario de 10h a 13h de luns a sábado. Lorena González, natural do concello oiense preséntanos novas pespectivas e enfoques dun ben tan cercano a nós e tan descoñecido. Unha visión que a artista...

28 nov 2012

O NOVÁS XOGA HOXE UN AMIGABLE NA CAÑIZA. HORARIOS DA FIN DE SEMANA

Segundo se pode ler no perfil oficial do facebook e no twitter do Mecalia Atlético Novás, o equipo senior desprazarase hoxe ata A Cañiza para disputar un amigable contra a escuadra que dirixe José Ramón Baldo. Igualmente estes son os horarios definitivos para esta fin de semana do 1 e 2 de decembro: - Primera Nacional: MECALIA AT. NOVÁS - OAR A CORUÑA 1/12/12 19:00 h. Pabellón Municipal de O Rosal. - Primera Autonómica: VIÑA COSTEIRA -...

27 nov 2012

XAVI DÍAZ VOLVE A GALICIA CO SEU NOVO EQUIPO, O BM VILLA DE ARANDA (BURGOS)

Xavi Díaz coa súa nova equipación (Foto: Club BM Villa de Aranda) O rosaleiro Xavi Díaz, volve a Galicia o próximo sábado 8 de decembro para disputar un novo partido da ASOBAL (máxima categoría do balonmán nacional e considerada por moitos como a mellor liga do mundo) co seu flamante equipo, o Club BM Villa de Aranda (Aranda de Duero-Burgos). O porteiro de Fornelos enfrontarase para a semana aos seus antigos compañeiros do Academia Octavio...

NOVOS ARTISTAS DO BAIXO MIÑO, NA EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA DA CAFETERÍA DO CENTRO SOCIAL DE ESTÁS (TOMIÑO)

O Calvario baixo o Arco da Vella. (Foto: Juan Ramón Martínez) A Cafetería do Centro Social de Estás (Tomiño) acollerá dende este mércores 28 de novembro ata o domingo 23 de decembro, unha exposición fotográfica de curiosas paisaxes do Baixo Miño e Galicia en época outonal e aínda preciosas imaxes cuxa procedencia traspasa fronteiras (Portugal, Irlanda e mesmo Rumanía). Chalés adosados. (Foto: Chus López) Sara Gándara, Chus López,...

26 nov 2012

O CANTANTE ROSALEIRO JOSÉ PÉREZ ACTUOU NA VILA DA GUARDA E SEGUE COLLEITANDO ELOXIOS POLA SÚA VOZ

(Foto: Pablo González/TVG) O cantante rosaleiro José Pérez, representante da zona do Miño (Baixo Miño, Condado e Paradanta) no concurso "Recantos" do Luar-TVG, ven de actuar, tamén en solitario, nas Festas de San Cayetano, na Guarda. En concreto, foi o sábado 24 de novembro, como colofón e con motivo da celebración da Romaría de Santa Catalina, na Cruzada, despois das actuacións dos grupos Coiro Vello, Carainas, Paliqueiras e Xamaraina. Coa...

O AUDITORIO MUNICIPAL DO ROSAL ACOLLE "O SEÑOR DAS DUNAS", UN ESPECTÁCULO DE ANIMACIÓN CON AREA

Segundo se pode ler na web do Concello do Rosal, o domingo 2 de decembro a partir das 18:00 horas celebrarase no Auditorio Municipal un espectáculo de animación con area, denominado "O señor das dunas". ...

22 nov 2012

HORARIO DAS CATEGORÍAS DA U.D. RIBERA DE FÚTBOL PARA ESTA FIN DE SEMANA (24 E 25 DE NOVEMBRO)

Velaquí vos deixamos o horario das diferentes categorías da U.D. Ribera.  Destacar que o equipo senior e o xuvenil xogarán na casa (Estadio Municipal da Mata). O primeiro, disputará o seu encontro o domingo 25 de novembro ás 16:15 horas e o segundo, o sábado 24 ás 16:00 horas. O feminino desprázase ata Arcade, os cadetes xogan contra o Racing Castrelos B, o infantil contra o Oiense C.F., o alevín fronte ao A.C. Tomiño B e o benxamín...

A CAMPAÑA DE DINAMIZACIÓN COMERCIAL "MERCA NA RÚA" CHEGA A O ROSAL

Informa:  Alma María Pérez Aguiño Coordinadora Oficina Provincial de Comercio REDIC A Campaña de Dinamización Comercial "Merca na rúa" chega a O Rosal o luns 26 de novembro. Estará tamén en cinco concellos da nosa provincia. Este é o cuarto ano que a Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia se unen para poñer en marcha “Merca na Rúa”, unha campaña de dinamización comercial que desde o ano 2009 leva xa percorridas 20 vilas...

21 nov 2012

COCIÑA-REPOSTERÍA DE NADAL NO ROSAL

1º.- COCIÑA DE NADAL NO ROSAL En cada sesión de 2.5 horas realizarase un menú económico consistente en: · Entrante · Plato principal · Postre Así como a súa presentación na mesa. Aproveitaremos tamén para facer coas sobras ricos e orixinais pratos para aforrar. Podemos facer en cada sesión: · Cea de Noiteboa, · Cea de Fin de Ano · Cea de Noite de Reis O prezo de cada sesión é de 11,50€ Realizarase...

ESTE DOMINGO, PRESENTACIÓN DA OBRA DE TEATRO "LADRÓN E FAMILIA"

Segundo se pode ler na web do Concello do Rosal, o "Teatro do Astracán" presenta na vila a obra "Ladrón e Familia", dirixida por Evaristo Calvo. A función terá lugar este domingo 25 de novembro a partir das 19:00 horas no Auditorio Municipal. Entre os actores poderemos ver a vellos coñecidos como Pedro Brandariz e Fran Campos, Saleta Fernández, Rogelia dos Outeiros, Abrahán Sande ou Alberte Torre...

A ACTRIZ RAQUEL QUEIZÁS OFRECERÁ UN CONTACONTOS ESTE SÁBADO NO ROSAL

Este sábado 24 de novembro a partir das 12 da mañá, na Biblioteca Municipal do Rosal, terá lugar o contacontos "A maleta da avoa", a cargo da actriz Raquel Queizás. Esta actividade está organizada pola concellaría de Cultura que dirixe Charo Tabales Peroz...

20 nov 2012

HORARIOS DEFINITIVOS DOS EQUIPOS DO ATLÉTICO NOVÁS (24-25 NOVEMBRO)

Segundo podemos ler no perfil oficial de facebook do Mecalia Atlético Novás, estes son os "Horarios definitivos del fin de semana del 24 al 25 de noviembre". "- Primera Nacional: CISNE BM - MECALIA AT. NOVÁS 24/11/12 17:30. C.G.T.D Xunta de Galicia. - Primera Autonómica: 4MIÑO AT. NOVÁS - BM RASOEIRO 25/11/12 11:30 Pabellón Municipal de O Rosal. - 2ª División Gallega Cadete: AT. NOVÁS - BM CHAPELA 24/11/12 12:00 Pabellón Municipal de...

RESULTADOS DE TODOS OS EQUIPOS DA U.D. RIBERA (17-18 DE NOVEMBRO)

Segundo podemos ver na web do club de fútbol Unión Deportiva Ribera de O Rosal, estes foron os resultados desta fin de semana (17 e 18 de novembro) en todas as súas categorías. Destacar o empate do equipo senior en calidade de visitante fronte ao C.D. Ribadelouro, a vitoria do xuvenil contra o S.R. Casablanca ou mesmo as goleadas do equipo alevín por 8-0 ao Racing Vilariño e a do benxamín fronte ao San Cayetano por 4-1. ...

VÍDEO ÍNTEGRO DA ACTUACIÓN DE JOSÉ PÉREZ EN RECANTOS (LUAR-TVG)

Velaquí vos deixamos o vídeo íntegro da actuación do rosaleiro José Pérez no concurso Recantos do programa Luar da Televisión de Galicia que se emitiu o 16 de novembro deste 2012. José Pérez, que representa á zona do Miño (Baixo Miño, Condado e Paradanta) clasificouse para a seguinte fase coa canción "Xúrame" de Juan Camacho. Segundo se ven de anunciar e a falta de confirmación da TVG, a súa próxima actuación en Luar será o venres 4...

14 nov 2012

O AUDITORIO MUNICIPAL ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA A MOSTRA DO FESTIVAL PRIMAVERA DO CINE (17-18 DE NOVEMBRO)

O sábado 17 e o domingo 18 de novembro a partir das 18:00 horas celébrase no Auditorio Municipal a Mostra do Festival Primavera do Cine O Rosal 2012. Proxectaranse o sábado as curtametraxes "O prezo da dote", "33", "Birdboy", "Un paseo polo Tea", "La increíble historia de Macareno y la p milagrosa". Ás 20:00 horas, a longametraxe "Silenciadas" e ás 22:00 horas, "Relatos". O domingo, poderanse ver as curtametraxes "Dúas letras", "Robin&Robin",...

13 nov 2012

CELÉBRASE ATA O 17 DE NOVEMBRO A XXVI SEMANA CULTURAL DE PEDORNES

Informa: Manuel Ángel Pombal Diego Estase celebrando dende onte, luns 12 de novembro, en Pedornes (Oia) a XXVI Semana Cultural 2012, organizada pola Asociación Cultural San Mamed.  Obradoiros, campionatos, proxeccións de films, xogos populares ou actuacións musicais, xunto coa XXIX Festa do Magosto (con castañas asadas, viño tinto, refrescos, etc de balde) fan desta Semana de Pedornes unha cita ineludible no panorama cultural do Baixo...

CONCURSO DE BELÉNS 2012 NO ROSAL

BASES CONCURSO BELÉNS 2012 1º.- Poderán participar tódalas persoas que o desexen. O tamaño, materiais e técnicas empregadas será libre.  2º.- Os Beléns deberán ser colocados polos seus autores/as ou persoas que os representen no lugar que se lles indique os días 13 e 14 de decembro das 9:00 ás 12:00 horas no Centro Social Polivalente. 3º.- Os traballos presentados estarán expostos a partir do 17 de decembro, data na...

12 nov 2012

A PARELLA ROSALEIRA DE BAILARÍNS, "JOSE & ROSY", ACTUARÁ EN MÁLAGA

A parella rosaleira de bailaríns, "Jose & Rosy" actuará o vindeiro sábado 17 de novembro no club BarrioSalsero de Málaga. Segundo se pode ler no cartel, celebrarase o aniversario de José Valle, haberá animacións, obradoiros, sorteos, etc., a cargo de David Ariza, Jesús el Chino & Irena e a mellor música latina do momento por Dj Toro Salvaj...

10 nov 2012

O MECALIA ATLÉTICO NOVÁS ENFRÓNTASE HOXE NO ROSAL AO CONSTRUCCIONES SOLLA & CÍA DE CHAPELA (19:30 HORAS)

Hoxe, sábado 10 de novembro, ás 19:30 horas, terá lugar no Pavillón Municipal do Rosal o partido que enfronta ao local Mecalia Atlético Novás e ao Construcciones Solla & Cía de Chapela -un clásico- correspondente á oitava xornada da Primeira Nacional de balonmán. O Novás, que leva seis vitorias consecutivas e é colider, intentará dar una nova alegría á súa incondicional afección. Para elo, o seu adestrador, Modesto Augusto, convocou...