CELEBROUSE A TRADICIONAL FESTA NA HONRA DE SAN VICENTE (MARZÁN)


O domingo 22 de xaneiro tivo lugar na xuradía de Marzán a Festa-Romaría na honra do mártir San Vicente.

Oficiou a Santa Misa o "somasco" Pai Vidal, actuando na Eucaristía a Coral da Agrupación Musical do Rosal que dirixe Toñi Santos Vaquero.


Como é tradicional, tamén houbo procesión e subhasta de produtos típicos a cargo de José "O Brasileiro".

Velaquí vos deixamos a reportaxe fotográfica completa.