TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

23 ene. 2012

BORJA CADILLA E LUIS SÁNDEZ, NA XIV “MEIA MARATHONA MANUELA MACHADO” DE VIANA DO CASTELO



Carlos González Blanco / San Xerome

 
Nun día espléndido e cun ambiente deportivo extraordina-
rio, disputouse onte, domingo 22 de xaneiro, a edición número 14 da Meia Maratona Manuela Machado, perfectamente organizada pola entidade deportiva Ciclones Sanitop co apoio da Cámara Municipal de Viana.

Borja Cadilla mellorou a súa mellor marca persoal nesta especialidade (1h. 35 m.) adaptándose ao plan previsto inicialmente polos adestradores.


Luis Sández, tivo pequenos problemas físicos que lle impediron render ao seu nivel.
 
O resto da expedición do Club Deportivo San Xerome, un total de 15 deportistas e voluntarios participaron simultaneamente na Caminhada “Todos a andar” polas rúas da cidade de Viana.

Rematamos esta boa xornada deportiva e de ocio, cunha comida conxunta no “Estaçao Viana”.

0 comentarios:

Publicar un comentario