28 dic 2011
NOTICIAS O ROSAL ENTREVISTA A JESÚS GONZÁLEZ ÁLVAREZ, PRESIDENTE DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL
Como ben é coñecido por todos e todas, este 2011 a Agrupación Musical do Rosal cumpriu 25 anos de existencia, dende que aquel 4 de maio de 1986 se presentara ante o público na Praza do Calvario.
Charlamos pois nun céntrico local da vila co presidente actual da Agrupación, Jesús González Álvarez (Suso), para saber un pouquiño máis sobre esta asociación musical rosaleira e a súa banda, que vén de gañar hai un mes, o 1º Premio da Primeira Sección...
26 dic 2011
O CLUB CICLISTA O ROSAL, NUN DOS MELLORES MOMENTOS DA SÚA HISTORIA
O Club Ciclista O Rosal e os seus integrantes seguen colleitando nos últimos tempos éxitos e triunfos alá por onde van.
Estes días de Nadal tivo lugar en Santiago de Compostela un novo Campionato de Galicia de Ciclocross, onde Raúl Fernández en categoría cadete e Manuel González en junior, proclamábanse vencedores.
Destacar así mesmo o 10º posto de Cristóbal Coímbra en cadetes, o meritorio 6º posto de Álex Lomba ou un novo subcampionato...
Noticias O Rosal presente a partir de hoxe, 26 de decembro, en Twitter
26.12.11
Comentar

Noticias O Rosal comeza hoxe, luns 26 de decembro de 2011, a súa andaina na rede social Twitter:
(http://twitter.com/NoticiasORosal).
Twitter permite enviar mensaxes de texto de baixo tamaño, cun máximo de 140 caracteres, chamados tweets, que se mostran na páxina principal do usuario.
Agardamos que Twitter sexa, ao igual que Facebook (http://www.facebook.com/noticiasorosal) unha opción máis de contacto e información para...
22 dic 2011
I TORNEO DE BALONMÁN BENXAMÍN, ALEVÍN E INFANTIL ATLÉTICO NOVÁS
Aurora Lomba / Atlético Novás
O vindeiro venres 30 de decembro, a partir das 16:00 horas, no Pavillón Municipal do Rosal, estaremos xogando ao balonmán con varios equipos dos arredores: Oia, A Guarda, Baiona...
Ao finalizar dito torneo celebraremos o sorteo de tres cestas de Nadal, un xamón e tres lotes.
¡¡Agardámosvos!...
17 dic 2011
"PAPANOELADA MOTERA" ORGANIZADA POLO MOTO CLUB QUEIMA RODA

O Moto Club Queima Roda de O Rosal organiza o sábado 24 de decembro unha "Papanoelada Motera" que sairá ás 16:15 horas da súa sede-bar, no Calvario, animando á xente a participar con traxe e calquera tipo de moto.
Percorrido:
Dende o Queima os participantes dirixiranse rumbo á vila da Guarda, percorrendo a rúa Concepción Arenal, con baixada ao Porto, pasando por Brasilino Álvarez e Vicente Sobrino, con parada na Transversal Troncoso.
De...
16 dic 2011
LOS ASMÁTICOS PRESENTAN O SEU NOVO DISCO VENTOLÍN 2.O ESTE VENRES 23 NA INAUGURACIÓN DA SALA LA HACIENDA

Jorge Alonso / Infomiño Noticias
El grupo de música “Los Asmáticos” de A Guarda presentará el próximo día 23 de diciembre su primer EP titulado “Ventolín 2.0” que recoge los últimos temas de esta Banda Punk/Rock grabados en Baixo Miño Estudios de O Rosal.
"Ventolín 2.0" se compone de un total de 6 canciones clasificadas por el propio grupo como el "mítico punk rock guardés".
El grupo Los Asmáticos está compuesto por Isma en la Percusión, Tate...
15 dic 2011
OS CAMPELOS VOLVEN EN NADAL. POR CUARTO ANO CONSECUTIVO ACTUARÁN NO AUDITORIO MUNICIPAL DO ROSAL

Por cuarto ano consecutivo, o popular dúo humorístico rosaleiro “Os Campelos” (Francisco Rodríguez Fernández e Roberto Fernández Rodríguez), actuarán nestas datas de Nadal no Auditorio Municipal.
O evento celebrarase o domingo 18 de decembro, ás 18:00 horas. No caso de completar o aforo -que é de 342 persoas- e que será o máis probable, habería unha segunda función ás 20:00 horas.
Na imaxe, Paco e Roberto durante un sketch, na súa actuación...
Os integrantes do Club Ciclista O Rosal seguen a colleitar éxitos en Galicia, España e Portugal

Raúl, Manuel e Toni. (Foto: C.C.O Rosal)
Tal e como se pode ler na web do Club Ciclista O Rosal, os seus integrantes continúan a dominar na modalidade de Ciclocross Junior e Cadete, tanto en Galicia, en Portugal e mesmo en España, tal e como se demostrou no III Gran Premio de Ciclocross de El Escorial valedeiro para a Copa da Comunidade de Madrid.
Ciclistas como Raúl Fernández, Manuel González, Álex Lomba, Cristóbal Coímbra ou...
14 dic 2011
TIVO LUGAR A FASE FINAL DO CONCURSO DE COMPOSICIÓN DE PASODOBRES NO XXV ANIVERSARIO DA AGRUPACIÓN
Montserrat Domínguez Otero / Agrupación Musical
El pasado 10 de diciembre de 2011 a las 20,00 h. se celebró en el auditorio de O Rosal la fase final de concurso de composición de pasodobles convocado con motivo de la celebración del 25 aniversario de la banda de música Agrupación Musical do Rosal.
La Agrupación Musical do Rosal interpretó los cinco pasodobles finalistas, que previamente habían sido seleccionados por el jurado de entre los 21...
Clara e Jenni disfrutaron do seu premio no Restaurante Juan
O Restaurante Juan (O Rosal) premiou cunha fantástica cea ao equipo XA ESTAMOS AQUÍ, que participou no II Campionato Feminino de Futbolín Noticias O Rosal 2011.
Jennifer López Álvarez e Clara Lomba Rodríguez foron convidadas o pasado 3 de decembro por este coñecido restaurante da vila. Na imaxe, pousan co seu encargado, José Antonio Mariño Domínguez.
¡¡Dende Noticias O Rosal o noso sincero agradecement...
12 dic 2011
RUTH MARTÍNEZ E MARY DOMÍNGUEZ CONSEGUEN O 5º POSTO NO “XV CAMPEONATO NACIONAL DE FUTBOLÍN”

Finalmente foron once os equipos representantes da Asociación Os Cabaqueiros e do Baixo Miño no "XV Campeonato Nacional de Futbolín" que se celebrou dende o xoves 8 e ata o sábado 10 de decembro en Padrón (A Coruña).
Lembramos que participaron invitadas neste novo Campionato de España, as tres primeiras parellas clasificadas no II Campionato Feminino de Futbolín Noticias O Rosal 2011: HAI CHAPA (Mary Domínguez e Ruth Martínez, 5º posto), AS DIVINAS...
9 dic 2011
A Agrupación Musical do Rosal honra o sábado 10 de decembro á súa patroa, Santa Icía

Montserrat Domínguez Otero / A. Musical do Rosal
Estes serán os actos que terán lugar o vindeiro sábado 10 de decembro, con motivo da celebración de Sta. Icía (Patroa dos músicos). Neste ocasión, ademais da incorporación dos cinco novos músicos realizaremos a fase final do Concurso de Composición de Pasodobres que se convocou con motivo do noso 25º aniversario.
Así, deste modo, a nosa agrupación pechará un intenso ano cheo de actividades,...
7 dic 2011
Charla informativa sobre educación e terapia con animais no Polivalente

Concello do Rosal
O pasado 30 de novembro celebrouse no Centro Social Polivalente do Rosal a charla informativa sobre Educación e terapia con animais que reuniu a preto de 60 persoas: nais, pais, nenos e nenas, profesores/as e outros profesionais da educación.
Esta charla foi organizada polo Gabinete de Psicopedagoxía e Logopedia ANA do Rosal e ofertada polo Gabinete de Psicopedagoxía Con.Tacto, Terapia, educación e ocio con animais, de Vigo, composto...
6 dic 2011
O ROSALEIRO DANIEL RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ TRIUNFA NA “LIGA PORTUGUESA DE CAVALOS DE CORRIDAS”

Daniel Rodríguez e Otto de Touchyvon
Reportaxe (texto e fotografías) realizada por Silvia Rodríguez Martínez
Existe en Portugal unha Liga Portuguesa de Criadores e Proprietários de Cavalos de Corrida que organiza carreiras de trote e de galope dende o mes de marzo a novembro de cada ano.
A competición, que é a nivel nacional, conta coa participación da Cuadra Rodríguez, fundada hai uns cinco anos. O seu propietario, adestrador e jockey é...
1 dic 2011
AXENDA CULTURAL DESTE MES DE DECEMBRO. Non te podes perder...
1.12.11
Comentar
DECEMBRO
DÍA 8: CAMPIONATO DE ESPAÑA DE FUTBOLÍN
As tres parellas gañadoras do II Campionato Feminino de Futbolín Noticias O Rosal participarán no "XV Campeonato Nacional". Hotel Scala (Padrón-A Coruña), ás 16 horas.
DÍA 10: MISA DE SANTA ICÍA NA IGREXA PARROQUIAL
Misa ás 17:30 horas na honra de Santa Icía, na igrexa parroquial de Santa Mariña do Rosal, acompañada da Coral da Agrupación Musical do Rosal
DÍA 10: CONCERTO EN HONOR A SANTA ICÍA
Concerto da Agrupación Musical do Rosal. Auditorio Municipal ás 8 da tarde
DÍA...
Concurso de Beléns. O Rosal 2011
1.12.11
Comentar
A Concellaría de Cultura, xunto coa Oficina de Información Xuvenil, organizan unha nova edición do Concurso de Beléns.
1.- Poderán participar tódalas persoas que o desexen. O tamaño, materiais e técnicas empregadas será libre.
2.- Os Beléns deberán ser colocados polos seus autores/as ou persoas que os representen no lugar que se lles indique os días 15 e 16 de decembro das 9:00 ás 12:00 e das 16:00 ás 19:00 horas no Centro Social Polivalente.
3.-...
As Divinas, Hai Chapa e Bar Floro xa formalizaron a súa inscrición e xogarán o Campionato Nacional
Asociación Sociocultural Os Cabaqueiros do Futbolín
As tres parellas gañadoras do II Campionato Feminino de Futbolín Noticias O Rosal 2011 disfrutarán o 8 de decembro dun dos seus premios, que non foi outro que ser invitadas coa inscrición gratuíta, a participar no "XV Campeonato Nacional de Futbolín", onde se enfrontarán ás mellores de España.
O equipo campión, Hai Chapa, estará formado pola capitana Mary Domínguez Rodríguez e a xogadora Ruth...
A Asociación Os Cabaqueiros tramitará as inscricións do "XV Campeonato Nacional de Futbolín"

Asociación Sociocultural Os Cabaqueiros do Futbolín
Se queres participar no "XV Campeonato Nacional de Futbolín" que se celebrará no Hotel Scala, de Padrón (A Coruña) os días 8, 9 e 10 de decembro, envíanos estes datos cubertos antes do domingo 4 de decembro a asociacioncabaqueiros@hotmail.com e encargarémonos de facerte chegar a inscrición á Organización do evento.
CAPITÁN (XOGADOR 1)
XOGADOR 2
DNI
TELÉFONO
DIRECCIÓN
POBLACIÓN
PROVINCIA
EMAIL
A...