30 jun 2011
O Rosal, sede do Campus de Verano 2011 da Fundación Celta de Vigo
O Estadio Municipal de A Mata (O Rosal) converterase na semana do 18 ao 23 de xullo nunha das sedes do “Campus de Verano 2011. Fundación Celta de Vigo”, xunto coa propia cidade olívica, Narón, Santa Cruz, Ponteareas, Marín, Xinzo, A Estrada, Moraña, O Barco, Melgaço, Allariz, Oroso, Ares, Carballiño e Cee.
Recentemente tivo lugar no Salón de Plenos do Concello do Rosal a presentación oficial do Campus de Verano 2011, que estivo a cargo da responsable...
23 jun 2011
Festa de Fin de Curso organizada pola ANPA do Manuel Suárez Marquier
Informa: Inma Alonso Vicente / ANPA do CPI Manuel Suárez Marquier
A Asociación de Nais e Pais do Colexio Manuel Suárez Marquier organiza este sábado 25 de xuño nas súas instalacións -e a partir das 16:00 horas- unha Festa de Fin de Curso, con moitas e diversas actividades. (Fai clic nas imaxes para amplialas ou descargalas...
21 jun 2011
Merecida homenaxe aos coñecidos irmáns Pepe e Emilio Flores Costas
O sábado 2 de xullo terá lugar no Rosal unha merecida homenaxe aos irmáns Pepe e Emilio Flores Costas, populares músicos e augardenteiros.
Ás 11:00 horas, no Xardín dos Amores de Novás.
Ás 12:00 horas, na Praza de Fornelos.
O acto está organizado pola Asociación de Veciños Río Folón e a Comisión de Festas San José de Novás, coa colaboración especial da Asociación Folclórica "Gaiteiros da Xistra" e do Concello do Rosal.
Neste evento participarán...
Teatro do Falabarato (IES A Sangriña), este domingo no Auditorio Municipal
O Teatro do Falabarato (IES A Sangriña) interpretará este domingo 26 de xuño ás 20:30 horas no Auditorio Municipal do Rosal a obra "A Raíña Catarina e as súas fillas”, dirixida ao público familiar. Sinopse. Trátase dunha adaptación libre da obra "O Rei Lear" de W. Shakespeare. Como saber que palabras veñen do corazón e cales non? Unha vella lenda celta cóntanos unha historia de amor verdadeiro e tamén de traizóns e falsedades.
O elenco de...
17 jun 2011
Calendario desta fin de semana dos XIII Xogos Populares do Rosal
Velaquí vos deixamos o calendario e os horarios dos partidos que se celebrarán esta fin de semana no Pavillón Municipal con motivo dos XIII Xogos Populares do Rosal....
Canto de berce para Cibrán, arrolo da autoría de Berta Castro González
Arrolos ou Cantos de Berce, por Berta Castro González.
Todos/as sabemos que a música é unha linguaxe universal pola cal a través dela podemos expresar sensacións coma a ledicia, tristura, angustia, morriña, liberdade, desafogo… Cando cantamos expresámonos e comunicamos ó oínte aquilo que lle pretendemos transmitir.
Os cantos de berce ou arrolos son unha maneira de expresarlle ós nosos fillos/as amor á través do canto. O seu ritmo suave e melodía...
15 jun 2011
Próxima estación: Bruxelas. Percorrendo as institucións democráticas
Os participantes do San Xerome, na recente visita ao Congreso dos Diputados, en Madrid
Informa Carlos González Blanco / San Xerome
Un grupo de dezaseis mozos (oito deles do Centro San Xerome), de Galicia e Portugal iniciaron no mes de xaneiro un percorrido polas distintas institucións democráticas que os levaron dende o seu municipio, pasando polas institucións autonómicas, nacionais e cun destino final: Bruxelas.
O vindeiro luns día 20 de xuño...
Os deportistas do Club San Xerome destacan no Campionato de España
Informa Carlos González Blanco / San Xerome
Destacada actuación da Selección Galega. Ouro en Atletismo e prata en Baloncesto, con presenza de deportistas do San Xerome.
Esta fin de semana tivo lugar en Murcia o Campionato de España de seleccións autonómicas. A expedición galega estivo composta por corenta deportistas e quince técnicos da Federación, nas especialidades de atletismo masculino e feminino, fútbol sala masculino, baloncesto masculino...
Concerto da Unión Musical de Valladares no Auditorio Municipal do Rosal
15.6.11
Comentar

A recoñecida banda "UNIÓN MUSICAL DE VALLADARES" -que dirixe José Iglesias Ramilo- ofrecerá o domingo 19 de xuño un concerto no Auditorio Municipal, dentro dos actos conmemorativos do 25 ANIVERSARIO da AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL. Será ás 20:30 horas co seguinte repertorio:
- PACO CAMPILLO de José Salvador González Moreno
- CAPRICHO ITALIANO de Tschaikowsky
- CANTAR, REIR, Y BAILAR, Cantos Populares de Mariano San Miguel
- LA...
9 jun 2011
Hoxe, venres 10 de xuño, comezan os XIII Xogos Populares do Rosal 2011

Este venres 10 de xuño, ás 21:00 horas, terá lugar no Pavillón Municipal a inauguración dos XIII Xogos Populares do Rosal. Velaquí vos deixamos o calendario dos vindeiros partidos de futbito e balonmán.
Na imaxe, o equipo de Novás de fútbol sala que se proclamou Campión na edición de 2010 tras derrotar na final ao conxunto de Marzán por 5 goles a 1. Marcaran nesa ocasión por Novás, Óscar (2), Dani, Fran e Paulo. O gol da honra de Marzán...
7 jun 2011
Gradiant visita o Centro de Educación Especial San Xerome Emiliani

Texto e fotografías: Gradiant / San Xerome
"La visita se enmarca dentro del proyecto Tecnologías Especiales para Personas Especiales, cofinanciado por la FECYT (Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología).
Al final del proyecto, GRADIANT habrá visitado centros de educación especial en todas las provincias gallegas.
La semana pasada treinta alumnos del centro de educación especial San Xerome Emiliani y sus profesores y cuidadores...
Monográfico de "Técnicas de animación y tiempo de ocio" de Cruz Roja
Informa Neli Rodríguez. "Desde la Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño desarrollaremos los próximos días 23 y 24 de junio en horario de 09:00 a 14:00 un monográfico sobre “Técnicas de animación y tiempo de ocio” con una duración de 10 horas teóricas y 10 horas prácticas a desarrollar en los talleres de verano de las aulas de Cruz Roja.
El juego es considerado el principal medio de aprendizaje para los niños; algunos lo consideran como...
Aberto o prazo de inscrición para as actividades de verán de Cruz Roja

Informa Neli Rodríguez.
"Iniciaremos diversas actividades en los ayuntamientos de A Guarda, Oia y Tomiño. Se prevé la participación de más de 75 niñ@s y 10 voluntari@s.
Cruz Roja Española informa que desde su Asamblea Comarcal Baixo Miño pondrá en marcha el próximo 4 de julio sus actividades de verano.
Las ludovermellas se desarrollarán en el CEIP Mestre Manuel García de Oia, en las dependencias de la Omix de Tomiño y en el parque de O Montiño...
3 jun 2011
O Concello invita a celebrar entre todos o Día Mundial do Medio Ambiente

Imaxe da autoría de Danilo Prudencio Silva
Baixo o lema "Coidemos a Terra" o Concello do Rosal convida a celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente, que será este domingo 5 de xuño.
Igualmente con motivo desta efeméride se recomenda aportar o que poidamos:
·Se é posible, fagamos os percorridos a pé·Utilicemos a ducha en lugar do baño
·Non deixemos as billas abertas, nin goteando
·Utilicemos bolsas de tea para mercar, en lugar das bolsas de...
2 jun 2011
Cursos gratuítos do Plan AFD en Informática Jaime, na Guarda e Tomiño

Segundo informa Rafael Vicente, de Informática Jaime, a Xunta de Galicia vén de conceder dous cursos gratuítos para desenrolar na Guarda e en Tomiño.
Un, de "Programador de Aplicacións Informáticas" (do 15 de xuño ao 3 de decembro) e outro de "Técnico en Sistemas Microinformáticos" (do 1 de xullo ao 30 de novembr...
Curso de ebanista no Concello do Rosal dende xullo a decembro deste ano

O Concello do Rosal realizará un curso de ebanista subvencionado pola Consellería de Traballo e Benestar e dirixido principalmente a persoas desempregadas. O curso consta de 818 horas que se impartirán entre os meses de xullo a decembro. As persoas interesadas en participar deben ser demandantes de emprego e solicitar o curso na oficina do Inem de Tui.
Máis información:
Axencia de emprego e desenvolvemento local
Concello do Rosal - Centro Social...