FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

31 dic 2010

Celebrouse o sorteo de Nadal de A.C.O.R.

A Asociación de Comerciantes do Rosal (A.C.O.R.) que preside José Martínez González (Pepe Berdeal) entregou na súa sede, os premios que ofertaba con motivo do Sorteo de Nadal deste ano 2010. Na imaxe, Montse Silva Salceda, o seu marido Arturo Gómez Martínez e a súa filla, Ainoha, agasallados cunha cesta, na compaña do presidente de ACOR. Relación de agasallos, premiados e comercios onde se entregaron os vales: Vale de 300 €: Laurentina Martínez...

30 dic 2010

Sevi e Dani, Campións de España de Futbolín

Os días 5, 6 e 7 de decembro celebrouse en Padrón (A Coruña) o “XIV Campeonato Nacional de Futbolín”. Ata alí se desprazaron as mellores parellas de toda España para disputar este torneo en diferentes modalidades (combinada, parado, feminino e movemento). O rosaleiro Carlos Álvarez Antúnez (Sevi) e o goianés Daniel Rodríguez Martínez –membros da futura asociación sociocultural baixomiñota “Os Cabaqueiros do Futbolín”- proclamáronse Campións de España...

29 dic 2010

César e Carmen, elixidos mellores praceiros 2010

César Santomé Lemos e Carmen Rodríguez Martínez foron elixidos “Mellores praceiros 2010” polos clientes da Praza de Abastos do Rosal dentro do programa “Este inverno presume de praceiro”, promovido pola Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia. O concelleiro de Xuventude e Emprego do Rosal, Pablo Díaz Flores, xunto con Araceli del Pozo Galiñanes, Axente de Emprego e Desenvolvemento Local, foron os encargados de facerlle entrega aos praceiros...

27 dic 2010

Premiados no I Torneo de Futbolín Bar Floro

Recentemente tivo lugar no Bar Floro (O Rosal) o acto de entrega de premios do I Torneo de Futbolín que leva o nome deste coñecido local da vila. Esta competición, que tivo a colaboración de “Os Cabaqueiros do Futbolín”, foi disputada por 17 parellas (34 participantes), sendo gañada por Carlos Alberto Álvarez da Concepción e Marcos Casal Fernández que venceron a Rubén Santos Paz (Delio) e Carlos Álvarez Antúnez (Sevi) nunha apaixonante e reñida...

26 dic 2010

Encontro de corais no Auditorio Municipal

O coro "Ecos do Folón", na súa presentación, hai xusto un ano (26 de decembro de 2009) Hoxe, domingo 26 de decembro ás 19:00 horas terá lugar no Auditorio Municipal do Rosal o encontro de corais “Ecos de Nadal”, organizado polo Coro “Ecos do Folón” de Fornelos, coa colaboración do Concello, a Deputación Provincial e a Comunidade de Montes de Santa Mariña do Rosal. Neste acto actuarán as seguintes corais: CORAL DO CLUB DA TERCEIRA IDADE (A Guarda)Director:...

22 dic 2010

Manuel Martín Goyás gaña a Cesta de "O.C.D.F"

Manuel Martín Goyás, veciño da vila da Guarda, resultou ser o posuidor da rifa gañadora da Cesta, obsequio de “Os Cabaqueiros do Futbolín”, ao coincidir o seu número (250) coas tres últimas cifras do Primeiro Premio da Lotería de Nadal, que se celebrou onte mércores 22 de decembro. ¡Noraboa! Os Cabaqueiros do Futbolín agradecen a todas aquelas persoas e entidades a súa colaboración nesta iniciativa e deséxanlles unhas ¡¡Felices Festas e un Bo...

17 dic 2010

A Agrupación Musical recibe unha subvención

O venres 17 de decembro tivo lugar na Casa do Concello a entrega dunha subvención da Deputación de Pontevedra á Agrupación Musical do Rosal. O alcalde da vila e á vez deputado provincial, Jesús Mª Fernández Portela, fixo entrega do cheque por valor de 4000 euros para renovación de vestiario á Agrupación Musical do Rosal, representada polo seu presidente, Jesús González Álvar...

Contacontos na Biblio e visita de Papá Noel

O sábado 18 de decembro ás 12 da mañá terá lugar un novo contacontos na Biblioteca Municipal do Rosal, dentro do programa anual de fomento da lectura promovido pola concellaría de Cultura que dirixe Charo Tabales Perozo. Así mesmo -aínda que se atopa moi ocupado nestas datas-  está confirmada a presenza de Papá Noel neste acto, onde pasará un rato agradable cos máis pequen...

A Coral da A.M. do Rosal, nunha nova final

A CORAL DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL vén de clasificarse para a final da XLV edición de Vilancicos da Nova Caixa Galicia. Esta coral, que conta con apenas 6 anos de andadura, está formada por 45 compoñentes e participará na final que se celebrará mañá, sábado 18 de decembro, en Vigo no Centro Cultural Caixanova, e o domingo 19 na Coruña, no Teatro Rosalía de Castro, xunto con outras 10 corais finalistas. Interpretarán tres panxoliñas: Velo qué...

14 dic 2010

SORTEO DA ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES (A.C.O.R.)

A Asociación de Comerciantes que preside José Martínez González (Pepe Berdeal) sortea multitude de premios con motivo das Festas de Nadal deste Ano Santo 2010: 1 vale de 300 €1 vale de 250 €1 vale de 200 €1 vale de 150 €1 vale de 75 €3 vales de 50 €10 vales de 20 €10 vales de 10 €2 cestas de produtos navideños1 xamón Dende A.C.O.R. desexan moita sorte a todos os consumidores e lembran que o sorteo celebrarase o mércores día 22 de decembro no seu...

Toni remata subcampión da Copa de España

"Non puido ser e Antonio Portela tivo que conformarse co 2º posto na Clasificación Xeral Final da Copa de España de Ciclocross categoría Cadete". Así comeza a web do Club Ciclista O Rosal a crónica do sucedido a pasada fin de semana na proba celebrada en Alcobendas (Madrid). De todas formas, dende Noticias O Rosal dámoslles a nosa noraboa polo seu gran papel, tanto a Toni como ao club ciclista da vila que dirixe o...

13 dic 2010

O Rosal, no VIII Congreso Internc. de Molinología

A concelleira de Turismo, Ángeles Vicente Manzano e a responsable de Cultura, Charo Tabales Perozo, representaron a O Rosal na reunión que se celebrou o sábado 11 de decembro no Edificio Área Panorámica de Tui, con motivo da organización do VIII Congreso Internacional de Molinología. Unha vez aprobada a candidatura correspondente na Asemblea Xeral da “Asociación para la Conservación y Estudio de los Molinos” (ACEM) o día 21 de marzo, comezaron as...

Deixar de fumar en Érguete Baixo Miño

Despois desta recente subida no prezo do tabaco, sobre 40 céntimos por paquete de cigarros equiparándose ao prezo en Portugal pero aínda moi lonxe de países como Reino Unido, Francia ou Alemaña, e tendo en conta a nova Lei que entrará en vigor a primeiros de ano onde se prohibe fumar en todos os espazos públicos pechados, a Asociación Érguete Baixo Miño de Prevención das Drogodependencias, Educación e Promoción da Saúde oferta un “CURSO DE DESHABITUACIÓN...

A I Cea-Megafesta do Futbolín, un éxito

O venres 26 de novembro celebrouse no Restaurante Juan (O Rosal) a I Gran Cea-Baile. Megafesta do Futbolín 2010. O evento, organizado polo grupo -e futura asociación- “Os Cabaqueiros do Futbolín” (que pronto estará na Rede), reuniu a mozos e mozas amantes deste xogo tradicional, que grazas ao Concello do Rosal está poñéndose de novo de moda non só na propia vila, senón na mesma Comarca do Baixo Miño. Todo comezou en outubro do pasado ano 2009...

10 dic 2010

Día 12. Os Campelos: "Non hai dous sen tres"

Por terceiro ano consecutivo, o popular dúo humorístico rosaleiro “Os Campelos” (Francisco Rodríguez Fernández e Roberto Fernández Rodríguez), actuarán nestas datas de Nadal no Auditorio Municipal. O evento, que está organizado polo Concello do Rosal, celebrarase o domingo 12 de decembro, ás 18:00 horas, precisamente baixo o título: “Non hai dous sen tres…” No caso de completar o aforo -que é de 342 persoas- habería unha segunda función ás 20:00...

A Praza de Abastos acolle un novo sorteo

O pasado martes 7 de decembro a Praza de Abastos do Rosal acolleu o segundo sorteo dos tres cheques de compra por valor de 75, 50 e 25 euros, dentro do programa “Este inverno, presume de praceiro” que promove a Xunta de Galicia. Novamente, procedeuse á extracción dos números premiados ante a presenza –entre outros- dos propios praceiros, membros da Dirección Xeral de Comercio e os concelleiros Pablo Flores Díaz (Xuventude e Emprego), Ángel Martínez...

7 dic 2010

O mago Javier Muro actuou no Polivalente

O sábado 4 de decembro tivo lugar no Centro Social Polivalente un espectáculo de maxia a cargo de Javier Muro, mago profesional. Esta actividade estivo organizada pola A.N.P.A. das escolas rurais do Rosal, CRA. Mª Zambrano. (Fotos: A.N.P.A.)&nb...

5 dic 2010

Partido amistoso entre o Ribera e o R.C. Celta

O mércores 8 de decembro ás 11 horas terá lugar no Estadio Municipal de A Mata un gran partido de fútbol “amistoso” entre o Ribera (xuvenil) e o Real Club Celta de Vigo (cadetes División de Honor). Os pupilos de Juanma Berrecoso van primeiros no grupo 9º da Segunda Autonómica, mentres que o Celta tamén é líder na súa categoría por diante do Deportivo da Coruña, con once partidos disputados, nove deles gañados, un empate e unha derrota, con 31...

1 dic 2010

O Rosal estará no I Torneo de Carregal

Esta mesma fin de semana, en concreto o SÁBADO 4 DE DECEMBRO, a partir das 16:00 horas, celebrarase o "I CAMPEONATO DE FUTBOLÍN EN CARREGAL" (Tomiño). A inscrición, tamén 10 € por persoa. Xa está confirmada a asistencia de polo menos unha parella representante do Rosal. Para anotarse, en "Novo Bar Carregal" ou chamando ao teléfono 649156972 (a partir das 19 horas). Os premios son os seguintes: 1º PREMIO: CEA EN WOODY POOL + 200 EUROS2º PREMIO:...

Venres 3, o I Torneo de Futbolín Bar Floro

Este VENRES 3 DE DECEMBRO, I TORNEO DE FUTBOLÍN BAR FLORO (O ROSAL). Mañá, XOVES ás 21:00 horas, nese local terá lugar a REUNIÓN-PRESENTACIÓN-SORTEO do campionato (ten que asistir polo menos o capitán de cada equipo). A inscrición (10 € persoa) poderá facerse nese mesmo acto. Haberá ¡¡GRANDES PREMIO...

Comunicado de Érguete Baixo Miño. Día da SIDA

NON AO PECHE DAS CASAS DE ACOLLIDA PARA AFECTADOS/AS DE VIH/SIDA DE GALICIA No Día Mundial do VIH/Sida, o 1 de decembro, a Asociación ÉRGUETE BAIXO MIÑO anima á participación cidadá amosando apoio á situación que viven algunhas das persoas afectadas por esta enfermidade na nosa comunidade. Son 15 as persoas que directamente quedan na rúa no mes de decembro (enfermos sen familia e sen ningún tipo de axuda). Lembra tamén, que dende esta entidade,...