FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

26 nov 2009

Encontros O Rosal, novo festival do Baixo Miño

O grupo Deixandar (foto amabilidade da Agrupación Musical do Rosal) Este sábado 28 de novembro o Concello do Rosal celebra Encontros, un Festival de Música e Baile populares do Baixo Miño, coa colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra. A cita será no Auditorio Municipal ás 19 horas e haberá as seguintes actuacións: Grupo folklórico TRA-LO MOSTEIRO de Oia; Grupo de pandereteiras XAMARAINA de A Guarda; Grupo folk DEIXANDAR de O Rosal; Grupo...

25 nov 2009

Presentación do Coro "Ecos do Folón" de Fornelos

Tal e como se informa na súa web de recente creación, o Coro "Ecos do Folón" de Fornelos fará a súa presentación oficial o vindeiro día 26 de decembro ás 20:00 horas na igrexa parroquial de Santa Mariña. Estarán apadriñados nesta data tan especial pola Coral Polifónica de Atios, así como pola Coral Polifónica de A Cañiza. Seguindo a información contida na páxina, "Ecos do Folón" naceu o 7 de xaneiro de 2008 como unha actividade máis da Asociación...

24 nov 2009

O Rosal acolleu unha charla para a Historia

O venres 20 de novembro tivo lugar no Auditorio Municipal –e organizada polo Concello do Rosal- unha interesante charla-coloquio sobre o ciclismo e o deporte galegos á que asistiron os ciclistas profesionais Ezequiel Mosquera, Serafín Martínez e Iván Raña na compaña do psicólogo deportivo Juancho Armental. Presentou este acto o xornalista da Televisión de Galicia, Terio Carrera. Previa á charla proxectouse o documental “Anacos…” da autoría de Benito...

Día Mundial dos dereitos da Infancia

As actividades se desenrolarán no CEIP de Refoxos en Oia os días 25 e 26 de novembro. Velaquí vos deixamos íntegra a nota de prensa remitida pola nosa colaboradora Neli Rodríguez: "El próximo 25 de noviembre iniciaremos esta campaña que se prolongará durante dos días con niños y niñas de 6 a 12 años, trabajaremos con l@s menores una serie de conceptos y contenidos relacionados con los derechos de la Infancia, así como del grado de cumplimiento de...

21 nov 2009

Benvido/a. Escribe aquí a túa mensaxe

GalegoO 21 de novembro de 2009 abrimos esta pequena sección a modo de "Libro de Visitas" onde podes deixar a túa mensaxe, pregunta, opinión, idea ou suxestión.CastelánEl 21 de noviembre de 2009 abrimos esta pequeña sección a modo de "Libro de Visitas" donde puedes dejar tu mensaje, pregunta, opinión, idea o sugerenc...

20 nov 2009

Importantes partidos do club U.D. Ribera

Esta fin de semana o club U.D. Ribera vivirá unha das xornadas máis emocionantes. O domingo 22 de novembro ás 12 da mañá o Ribera B –decimosegundo clasificado- xogará como local no Campo da Mata contra o Goián, que nestes momentos é o líder do grupo da 3ª Rexional. Pola outra banda, o Ribera A que milita na 2ª Rexional, disputará o seu encontro ás 16:15 horas no Campo da Sangriña contra o Sporting Guardés. Dende Noticias O Rosal animamos a todos...

Festival de Danza da Escola de Paula Cobián

Mañá, sábado 21 de novembro ás 19:30 horas, terá lugar no Auditorio Municipal do Rosal o Festival de Danza da Escola de Paula Cobián. Contarase coa presenza de dous grupos convidados: Al Compás (baile de salón) e Fusion Flow (breakdance). En total, uns 75 participantes actuarán para o público rosaleiro co seguinte programa, que detallamos a continuación: Foto: Paula Cobián 11M. Coreografía: As propias alumnas e Paula Cobián. Música: La Oreja de...

Cruz Roja segue con "Moviéndonos por el Río"

Velaquí vos deixamos unha interesante noticia que nos envía Neli Rodríguez con motivo da continuación das actividades de Cruz Roja programadas no proxecto "Moviéndonos por el Río" na que o próximo martes día 24 de novembro se procederá a arrincar prantas invasivas e transplantar outras autóctonas: "Cruz Roja continúa con las actividades del Proyecto “Moviéndonos por el Río”, cuyo objetivo principal es contribuir a la conservación y recuperación...

19 nov 2009

Conferencia a cargo de Moncho Fernández Leal

O xoves 19 de novembro tivo lugar no Centro Social Polivalente unha conferencia sobre a II República no Rosal a cargo do mestre Moncho Fernández Leal. Proxectáronse diferentes actas municipais, recortes de prensa do Nuevo Heraldo facilitados por Antonio Martínez Vicente así como fotografías extraí-das do libro Fuxidos de Juan Noya Gil. Incidiu Fernández Leal por exemplo na cantidade de obras realizadas nesta época no Rosal tanto en escolas como en...

18 nov 2009

Curso de ioga para as nais e os seus bebés

O martes 17 de novembro co-mezou o “Curso de Ioga para nais e bebés” no Concello do Rosal. O prazo de inscrición aínda está aberto para todas aquelas nais que desexen participar. Estas clases de ioga son impartidas por Sabine Pfister e celebraranse unha vez por semana, concretamente os martes de 17:00 a 18:00 horas. Para máis información podedes chamar ao teléfono 986 60 94 50 ou achegarvos ata o Centro Social Polivalen...

17 nov 2009

Actuación do grupo de teatro Agarimo e lectura dun manifesto contra a violencia de xénero

O domingo 15 de novembro tivo lugar no Auditorio Municipal a actuación do grupo de teatro Agarimo de Vigo, baixo a dirección de Alejandra Abreu, que presentou “O enfermo imaxinario” de Molière. Antes desta representación teatral a concelleira de Servizos Sociais e Muller, Mª Carmen Alonso Alonso leu un manifesto aproveitando a proximidade do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que transcribimos literalmente: ¡Boas tardes e grazas a todas...

Estivemos con Serafín Martínez e Gustavo César Veloso en Vigo nun acto de Fibanc-Mediolanum

O pasado xoves 12 de novembro tivo lugar no restaurante Siete Torres da cidade olívica un evento organizado polo banco Fibanc-Mediolanum ao que asistiron os ciclistas profesionais do Xacobeo Galicia, Serafín Martínez Acevedo e Gustavo César Veloso. O acto central desta velada foi a entrega do maillot da combinada que obtivo o rosaleiro Serafín Martínez na “Vuelta a España” á súa consultora financeira persoal, Ángeles Franco. Lembramos que Serafín...

15 nov 2009

Os coñecidos ciclistas Ezequiel Mosquera, Iván Raña e Serafín Martínez, o venres no Auditorio

O venres 20 de novembro terá lugar no Auditorio Municipal do Rosal unha interesante charla-coloquio sobre o ciclismo e o deporte galegos. Ás 19:00 horas proxectarase un documental que leva por título “Anacos…” da autoría do contacontos rosaleiro Benito Guerreiro. Unha vez rematada a proxección dará co-mezo a charla á que asistirán os coñeci-dos ciclistas Ezequiel Mosquera, Iván Raña e Serafín Martínez acompañados do psicólogo deportivo Juancho Armental....

1 nov 2009

Volvemos de novo e para empezar, habilitamos na páxina a sección de comentarios

Despois de exactamente dúas semanas -e aínda que non realizamos case ningunha das reformas que temos proxectado- retomamos a actividade de Noticias O Rosal debido ás vosas múltiples peticións e co sinxelo motivo de ofrecervos información dos vindeiros actos que se levarán a cabo proximamente na vila. Agradecemos de corazón as innumerables mostras de apoio que nos tedes transmitido e seguindo algunhas das vosas suxestións imos a habilitar na páxina...