FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

30 oct 2008

I Certame de Poesía e Relato Curto no Rosal

O 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, é unha data para a denuncia, para a concienciación social, e para avaliar os avances que se teñan dado e anticipar novas liñas de actuación. A Concellaría de Servizos Sociais e Muller do Concello do Rosal convoca a I edición do Certame de Poesía e Relato Curto contra a Violencia de Xénero. É así polo que se plantexa como actividade específica a celebración dun certame de Poesía e Relato...

29 oct 2008

D. Julio cumpre dous anos como abade-párroco de Santa Mariña do Rosal

D. Julio, D. Victorino e D. Isaac na procesión da Pilarica días antes da súa toma de posesión (2006) O sábado día 1 de novembro, D. Julio Ramos Rodríguez cumpre o seu segundo aniversario como abade-párroco da Vila do Rosal. Lembramos que é natural da parroquia de Santa Cruz de Sendelle (Crecente) e se ordenou sacerdote o 14 de setembro de 1975. D. Julio sucedeu no cargo ao M.I.Cóengo D. Victorino Poutás Rodríguez. Máis datos biográficos do noso...

Nova publicación de José Martínez de Sousa

O escritor rosaleiro José Martínez de Sousa (http://www.martinezdesousa.net/), afincado en Barcelona, vén de publicar un novo libro Diccionario de usos y dudas del español actual DUDEA, que é xa a 4ª edición, corre-xida e aumentada. Experto ortógrafo, lexicógrafo e biblió-logo, Martínez de Sousa ofrécenos neste libro a posibi-lidade de superar errores e vacilacións tales como "los femeninos dudosos; los plurales cultos y populares; la conjugación...

26 oct 2008

A nosa Vila, na revista Pórtico Cerveirense

Aínda que sexa practicamente final de mes, querémonos facer eco da publicación dun novo número de Pórtico Cerveirense (Revis-ta de Informaçâo e Cultura para Vila Nova de Cerveira, Vale do Minho, Galiza), dirixida polo escritor luso Castro Guerreiro. Neste nº 14, correspondente ao mes de outubro dedícanlle unha reportaxe especial á nosa vila, rezando a portada: "En tempo de vindima visitamos vinhedos do Rosal". En páxinas interiores, na sección Informaçao...

Os Muíños non entenden de estacións

Os Muíños do Folón e do Picón están considerados e consolidados xa como o referente turístico do Rosal e aínda da comarca do Baixo Miño co Monte de Santa Trega ou a Catedral de Tui. Se ben en moitos lugares visitables do contorno a afluencia de persoas está ligada ás condicións climáticas e á estacionalidade -máxime ao verán- os nosos Muíños captan a atención e o interese cidadá durante todo o ano. Deixámosvos como exemplo un pequeno vídeo gravado neste mes de outubro no aparcadoiro de Folón, preto dun Muíño das Laxes (Oficina de Turismo) polo...

25 oct 2008

La Voz de Galicia entrevista a David Gómez

Saíu hai uns días unha entrevista no xornal La Voz de Galicia realizada ao noso atleta David Gómez Martínez. Leva por título "Nada de morriña en la Residencia Blume", co rosaleiro moi contento da súa nova experiencia por terras madrileñas. O texto corre a cargo de X.R. Castro, sendo as fotografías de Juan Lázaro. Velaquí vos deixamos o enlace para que lle botedes unha ollada na súa versión dixital:http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2008/10/21/000...

23 oct 2008

Memoria da XX Festa do Cabaqueiro

Xa se pode adquirir nas dependencias municipais a Memoria da XX Festa do Cabaqueiro, editada en outubro deste ano pola Delegación de Cultura e o Servizo de Publicacións do Concello. Este libro-memoria, da autoría de Xoán Martínez Tamuxe (http://www.xoanmartineztamuxe.blogspot.com/) é unha lembranza da Festa anual que se celebra na Praza do Calvario, con crónicas e fotografías do Obradoiro de nenos/as, da demostración dos telleiros e dúas semblanzas...

21 oct 2008

A rosaleira Mª Esther Álvarez Martínez, gañadora do certame fotográfico "Viaxando"

O pasado venres día 17 ás 20:00 horas, procedeuse á inauguración oficial da exposición fotográ-fica "Viaxando 08" no Auditorio Municipal de Salceda de Caselas, coa entrega do premio á gañadora deste ano. A exposición provén do certame "Viaxando", organizado por segundo ano consecutivo polas Oficinas Municipais de Información Xuvenil (OMIX) dos concellos da Guarda, O Rosal, Tomiño, O Porriño, Baiona, Salceda de Caselas e a Casa da Xuventude de Tui,...

19 oct 2008

A Liga homenaxea aos socios máis antigos

Homenaxeados e presidente da Liga pousan para a foto Como tíñamos anunciado celebrouse o sábado 18 na planta baixa da Liga de Amigos unha serie de actos con motivo do seu XC Aniversario (1918-2008). Tal e como estaba programado homenaxeouse aos cinco socios máis antigos: José Manuel Otero (Laxeiro), os irmáns Ismael e Juan Otero Vidal, Manuel González (Pataqueiro) e José Álvarez (Buraco). Esta é a reportaxe fotográfica do cordial e ameno banquete...

Os cabaqueiros do Rosal, protagonistas en Cesantes (Redondela)

Detalle dende o interior dun forno cos cabaqueiros en plena demostraciónCo fin de dar a coñecer e difundir os novos achádegos que se produciron no lugar da "Telleira" na parroquia de San Pedro de Cesantes (Redondela) organizáronse unha serie de actos culturais. Os protagonistas destas xornadas foron os cabaqueiros do Rosal (Manuel Rodríguez "Trintiña" e Manuel Enríquez "Piedra"), que foron invitados polo Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy...

16 oct 2008

Actos do XC Aniversario da Asociación Cultural Recreativa "Liga de Amigos" de O Rosal

Con motivo do seu nonaséximo aniversario (1918-2008) a Liga de Amigos celebrará no seu Salón unha serie de actos músico-culturais. Será o sábado 18 de outubro e o programa inclúe unha cea con suculento menú (petiscos variados, polbo á feira, cordeiro e carne asada, como postre rosca de xema e rosquillas, non faltando por suposto viños, refrescos e café). Se realizará unha homenaxe e a entrega de recordos conmemo-rativos aos cinco socios máis antigos,...

O Instituto de Pastoriza (A Coruña) volveu a facer unha ruta guiada polos Muíños do Folón

Alumnos e profesoras no Alto da Cereixeira (Martín-O Rosal) Case un ano despois da súa primeira visita (22 de outubro de 2007) alumnos do coruñés Instituto de Pastoriza volveron a requerir os servizos do guía turístico municipal o 15 de outubro deste ano para realizar a Ruta de Sendeirismo dos Muíños do Folón e Picón. Esta visita que foi organizada polo Departamento de Educación Física dese instituto contou coa presenza no Rosal de 52 alumnos e...

Actividades da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Rosal

Segundo información que nos remite Silvia Baquero Pereira, dende a Oficina de Información Xuvenil do Concello do Rosal tense previsto realizar as seguintes actividades: -Nenos de 3/5 anos: manualidades e xogos. -Nenos de primaria: manualidades e baile moderno. -Arte floral de Nadal: cursiño breve de 6 horas aproximadamente. -Automaquillaxe: cursiño breve tamén de 6 horas aproximadamente. -Ximnasia mantemento polas mañás. -Ximnasia funcional e obradoiro...

Rutas de sendeirismo polo Rosal para a familia e os amigos

Baixo o eslogan "TODO ISTO E MÁIS... NO ROSAL. Coa familia, c@s amig@s... Queres coñecelo?" ofértanse diferentes rutas de sendeirismo pola nosa Vila. Un paseo pola arquitectura civil e relixiosa do Concello, por lugares emblemáticos rosalei-ros, polas igrexas, cruceiros, adegas ou miradoiros naturais. Sen dúbida unha boa oportunidade para coñecer mellor as nosas costumes, a nosa cultura, a nosa historia. Para máis información, dirixirse a Banesa...

15 oct 2008

A revista Cultura Baixomiñota dedícalle unha reportaxe á Festa do Cabaqueiro

A revista Cultura Baixomiñota. Toda a axenda do Baixo Miño: Cultura, Ocio, Turismo, dirixida por Enrique Álvarez e contando na redacción con Beti Rey e Juan Ramón Martínez Barbo-sa, dedícalle no seu número 4, correspon-dente ao mes de outubro unha ampla reportaxe a esta veterana Festa do Cabaqueiro, hoxe na súa XXI edición. Realiza un repaso dende os seus inicios coa erección do monumento en 1987, obra do escultor tomiñés Xosé Antúnez Pousa, analizando...

13 oct 2008

Cultura e Turismo déronse cita o domingo día 12 de outubro na Praza do Calvario

Despois da Misa solemne cantada pola Coral da Agrupación Musical do Rosal, tivo lugar a tradicional procesión, acompañada polas autoridades locais, a banda de música da Vila e os fieis á Virxe do Pilar, facendo o itinerario de costume dando a volta á Praza do Calvario:http://picasaweb.google.com/Imaxesorosal/ProcesiNDaVirxeDoPilar# Como novidade, este ano tamén houbo mostras en directo doutros oficios artesa-nais. O ferreiro santia-gués Berto Leis...

A XXI Festa do Cabaqueiro 2008 volve a reunir a centos de persoas na Praza do Calvario

Celebrouse o domingo 12 de outubro na Praza do Calvario (O Rosal) a tradicional Festa do Cabaqueiro, na actualidade na súa XXI edición. Os vellos telleiros voltaron a realizar a súa anual demostración de facer tellas e ladrillos a man (no seu verbo: "taxicar cabacas e toupos a ghoucha"). O pregoeiro da Festa foi o cóengo D. Avelino Bouzón Gallego, director dos Arquivos da Catedral e do Histórico Diocesano de Tui. Aquí vos deixamos pois, a reportaxe...

Obradoiros para nenos/as da Festa do Cabaqueiro 2008

Aquí vos deixamos a reportaxe fotográfica dos Obradoiros para nenos/as de facer e decorar as tellas, cadros de area e coiro que se celebraron o venres 10 e o sábado 11 de outubro. Facede click en: http://picasaweb.google.com/Imaxesorosal/ObradoiroParaNenosDeTellasCadrosDeAreaECoiroFestaDoCabaqueiroORosal20...

7 oct 2008

Noticiasorosal entrevista ao decathleta olímpico David Gómez Martínez

David, na Praza do Calvario Seguindo coa nosa sección de Entrevistas, decidímonos esta vez por coñecer un pouquiño máis ao rosaleiro David Gómez Martínez, que é o dominador nacional absoluto no Decathlon (2004, 2007, 2008) e entre outros títulos foi Subcampión do Mundo Junior no ano 2000. Pero unha das súas maiores proezas sobre todo nos últimos anos foi o conseguir a tan ansiada "mínima" que lle permitiu o que a moi poucos: ir a uns Xogos Olímpicos....

Exposicións da Festa do Cabaqueiro

Durante esta Festa do Cabaqueiro 2008, hoxe na súa XXI edición, terán lugar diferentes exposicións. No local da Sociedade Liga de Amigos do Rosal haberá unha mostra de Manualidades a cargo de Mª Luísa Martínez Baz. Na Cámara Agraria amosará as súas Casas de Bonecas Mª Cornelia Langeveld e tamén Lorenzo Rodríguez Rodríguez a súa colección de Radios Antigas. Na Sala de Exposicións do Concello poderemos ver, a parte das tradicionais pezas e ferramentas...

Xavi Díaz, un rosaleiro na mellor Liga do Mundo de Balonmán, a ASOBAL

Segundo información remitida a Noticiasorosal, o sensacional momento de forma de Xavi Díaz convírteno no porteiro nacional coas mellores estatísticas da Asobal. O rosaleiro é un dos responsables do gran inicio do Octavio Pilotes Posada e está chamado a ser un dos aspirantes á praza vacante que deixou David Barrufet. Homes como Iñaki Malumbres (Arrate), José Manuel Sierra (Valladolid) e o serbio, recentemente nacionalizado español, Sterbik (Ciudad...

6 oct 2008

Festa de San Francisco de Asís en Marzán

Lectura da Epístola durante a misa O domingo 5 de outubro celebrouse en Marzán a festividade na honra de San Francisco. A misa, que foi ao aire libre, tivo lugar diante da capela de San Vicente. Oficiou o somasco Pai Vidal, sendo armonizada a cerimonia pola Coral da 3ª Idade do Clube de Xubilados de A Guarda. Rematada a misa levouse a cabo a tradicional procesión, facendo o itinerario de costume. Xa ao final dos actos relixiosos da mañá houbo a...

Celebrouse no Rosal o Encontro de Mulleres Xordas organizado pola ASV

Organizada pola "Comisión de Mujer de la Asociación de Personas Sordas de Vigo" tivo lugar o sábado 4 un Encontro de Mulleres Xordas na Vila do Rosal. Neste evento tamén se permitiu a participación dos homes xordos, realizando unha visita aos Muíños do Folón e Picón. Acompañados de dúas intérpretes e do guía turístico municipal percorreron os 67 enxeños hidráulicos desta ruta de sendeirismo rosaleira. Aquí vos deixamos unha pequena reportaxe da...

5 oct 2008

A Escola Comarcal de Teatro Baixomiñota iniciou o curso 2008-2009

Segundo nos informan dende a Asociación Cultural "Terras do Baixo Miño" -que preside Enrique Álvarez- xa comezou o curso 2008-2009 de teatro coa inscrición de máis de 60 alumnos, estando representados tódolos concellos da Comarca. Durante o mes de outubro permitiranse máis incorporacións nos grupos que aínda queda algunha vacante. Nesta aposta pola cultura matriculáronse 31 nenos nos grupos infantís, 14 no xuvenil e 24 persoas no de adultos, destacando...

3 oct 2008

A IX Concentración Turística de Clásicos Populares Baixo Miño visitará O Rosal

A Asociación Cultural Clásicos Populares "Baixo Miño" organiza o domingo 5 de outubro a IX Concentración Turística, este ano en memoria de Pepe Silva Lima. Ás 9:30 horas terá lugar a apertura de inscricións e recepción de vehículos na Guarda, na explanada do Porto. Ás 11 visitarán xa en grupo o Monte de Santa Trega. Ás 13 horas sairán en caravana en circuito pola vila guardesa, pararán nunha adega e aparcarán na Praza do Calvario antes da comida...

1 oct 2008

Óscar Vicente logra a medalla de bronce e a de ouro por equipos no Campionato do Mundo de Duatlón celebrado en Rimini (Italia)

O rosaleiro, da xuradía de Marzán, Óscar Vicente Rodríguez, quedou nun meritísimo terceiro lugar na proba junior do Campionato do Mundo de Duatlón celebrado o sábado 27 de setembro en Rimini (Italia). Óscar, que é tamén o actual Campión de Europa, invertiu un tempo de 56'23 minutos, sendo tan só superado polo surafricano Richard Murray, que revalidou o seu título do ano pasado e o italiano Alex Ascenzi, prata. Ademais o equipo español formado por...