FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

A VILA DO ROSAL DESPIDE CON EMOCIÓN A JOSÉ MARTÍNEZ GONZÁLEZ "PEPIÑO BERDEAL"

O ex-funcionario do Concello do Rosal e presidente da Asociación de Comerciantes da vila, era un dos veciños máis apreciados dos últimos tempos

VITORIA DE GABRIEL MARCELLI EN LLEIDA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro vence na categoría júnior na proba valedeira para o “Spa RFME Campeonato de España de Trial Individual 2015”

ACTO DE CLAUSURA DO CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL BASE CELEBRADO EN O ROSAL

A Casa Consistorial acolleu a entrega de diplomas e clausura do Curso coa presenza dos coordinadores José Luis Mosquera e Manuel Mosquera.

MÁXIMA EXPECTACIÓN ANTE A CHEGADA DA SEXTA EDICIÓN DA CARPA CARNAVAL DE FORNELOS

Entre outros, actuarán dende o venres 13 ata o martes 17 de febreiro, nestas Festas de Entroido: Traffic House, Dj Carlie, Diego Mei, Vallejo, Micy Dj, etc

A PRAZA DO CALVARIO ACOLLEU A VISITA E RECEPCIÓN DOS REIS MAGOS DE ORIENTE

As Súas Maxestades estiveron durante horas na vila do Rosal repartindo multitude de agasallos a pequenos e maiores, entre eles, libros e lambetadas

A ROMARÍA DE SAN MARTIÑO 2014 EN O ROSAL CELEBROUSE O DOMINGO 30 DE NOVEMBRO

A saída do Santo en procesión dende a igrexa parroquial de Santa Mariña, na Praza do Calvario, ata a súa ermida, foi ás 10:30 horas.

O PILOTO ROSALEIRO GABRIEL MARCELLI PROCLÁMASE TRICAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRIAL

Gabriel Marcelli Carballido adxudícase o título tras vencer en Cabanillas de la Sierra (Madrid). Tamén consegue ser Campión Galego por quinta vez.

PRESENTACIÓN DA SEGUNDA EDICIÓN DO EVENTO DEPORTIVO “15K DEL ATLÁNTICO”

A carreira e a andaina 15k del Atlántico celébranse este domingo 5 de outubro percorrendo os concellos de Oia, O Rosal e A Guarda

O ESPECIALISTA DEFENSIVO ARKAITZ VARGAS FICHA POLO ACANOR ATLÉTICO NOVÁS

Na imaxe da presentación, Manolo “Campelo”, Moncho Vicente, Andrés Senra, Daniel Martínez, Arkaitz Vargas, Roberto Fernández e Modesto Augusto

ÉXITO TOTAL DA I EDICIÓN DA ANDAINA E CARREIRA “10K O ROSAL. FEIRA DO VIÑO”

Na imaxe, os gañadores absolutos da carreira 10k O Rosal Feira do Viño. No máis alto do pódium, Nuno Costa e Paula Mayobre. Más info neste enlace.

OS COORDINADORES DO 10K O ROSAL, ENTREVISTADOS NA RADIO MUNICIPAL DE TUI

Os rosaleiros Juan Ramón Martínez Barbosa, Óscar Vicente Rodríguez e Serafín Martínez Acevedo falaron da andaina e da carreira nos estudos da RMT

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIV ANDAINA “VAL DO ROSAL. O PARAÍSO DENDE AS ALTURAS”

Na imaxe, os participantes desta andaina, que visitaron o punto máis alto da vila, nos montes do Campo do Couto e os petroglifos próximos á Fonte do Home.

NOVA VITORIA DE GABRIEL MARCELLI CARBALLIDO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro, imparable, é o favorito para facerse -por terceira vez- co Campionato de España de Trial. As próximas citas, Vila de Cruces e Andorra.

O ROSAL E O ATLÉTICO NOVÁS QUEREN FACER HISTORIA, por Juan Ramón Martínez Barbosa

Artigo do director de Noticias O Rosal, onde fala da Fase de Ascenso á División de Honor Prata do balonmán nacional que se celebra os días 2, 3 e 4 de maio

DEPORTISTAS E CLUBS, HOMENAXEADOS NO II RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO

O pasado sábado 12 de abril o Auditorio Municipal acolleu os premios aos mellores deportistas e clubs da vila. Na imaxe, autoridades e homenaxeados.

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIII ANDAINA O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLO

A vindeira andaina deportivo-cultural pola vila do Rosal celebrarase o vindeiro sábado 10 de maio, con saída dende o Alto da Portela (Marzán)

O 12 DE ABRIL CELÉBRASE O II ACTO DE RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO DO ROSAL

Na imaxe de 2011, na I edición, Gerardo Álvarez (ciclismo), Manolo Armán (balonmán) e Félix Piñel (atletismo) reciben os premios “Mención de Honra”.

ACTUACIÓN DO GRUPO ADREDDE NA FESTA DE ENTROIDO 2014 DE FORNELOS (O ROSAL)

O sábado 1 de marzo achegámonos ata Fornelos para ver en directo a animada actuación do Grupo Adredde e comprobar o ambientazo de Entroido

O LIBRO “MOLINOS” PRESÉNTASE EN PONTEVEDRA CON MENCIÓN ESPECIAL PARA O ROSAL

A nosa vila estivo representada polo alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, así como por Tamuxe e Juan Ramón, autores do libro da historia dos Muíños do Folón-Picón

O ENTROIDO DE FORNELOS 2014, SERÁ, SEN DÚBIDA, DOS MÁIS ESPECTACULARES DA HISTORIA

Impresionante programa de Festas, con orquestras e grupos musicais, actuacións para nenos, Corrida do Galo, Frixidelas e como non, a 5ª edición da CARPA.

O ROSAL HOMENAXEA AO CICLISTA RAÚL FERNÁNDEZ, CAMPIÓN DE GALICIA E DE ESPAÑA

Na imaxe, Raúl Fernández na compaña dos seus compañeiros e directivos do Club Ciclista O Rosal, na recepción ofrecida no Concello.

RAÚL FERNÁNDEZ PROCLÁMASE EN CASTELLÓN CAMPIÓN DE ESPAÑA DE CICLOCROSS

Na imaxe, Raúl, flanqueado á esquerda polo exciclista profesional Serafín Martínez Acevedo e á dereita polo triatleta internacional, Óscar Vicente Rodríguez.

PROXIMAMENTE ANUNCIARASE A DATA DA II RUTA GUIADA ORGANIZADA POR NOTICIAS O ROSAL

A I Ruta Guiada Noticias O Rosal levou aos participantes a coñecer todos os segredos da ruta e historia dos emblemáticos Muíños do Folón e do Picón.

OS REIS MAGOS REPARTEN AGASALLOS A CENTOS DE NENOS/AS EN O ROSAL

Reportaxe fotográfica (máis de 300 imaxes) da visita e recepción na vila do Rosal de Melchor, Gaspar e Baltasar.

NOVO CONXUNTO DE GRAVADOS CRUCIFORMES NO LUGAR DAS CORTES

O historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe fala no seu blog deste achádego, recreación da cruz cristiá (séculos IV-V d. C.)

SERGIO RODRÍGUEZ, NETO DO CABAQUEIRO MANUEL "TRINTIÑA", INAUGURA “O BAR DO TRINTA"

Na imaxe, Serafín Martínez Acevedo (exciclista profesional e emprendedor deportivo), con Sergio (xerente do Bodegón-Tapería Os Seixiños. O Bar do Trinta).

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

22 dic 2009

Entregáronse os premios aos gañadores do III Concurso de Beléns do Concello do Rosal

Yolanda González Freitas recibe o premio en nome da Agrupación Musical do Rosal
O pasado venres 18 de decembro tivo lugar no Centro Social Polivalente a entrega de premios aos gañadores do III Concurso de Beléns organizado pola concellaría de Cultura e a Oficina de Información Xuvenil do Rosal. Na categoría infantil-xuvenil o Belén gañador cun lote de libros foi “Outro xeito de mirar a televisión”, presentado polo Grupo de Iniciación Musical da Agrupación Musical do Rosal.

Arturo, en representación da súa muller, Ana Mª Salaberri Ituarte, recolle o seu vale de compra de mans de Ángeles, concelleira de Turismo

Lidia, en nome do seu marido, José Miguel Márquez Álvarez, recibe o seu correspondente premio

Na categoría adulto os Beléns gañadores -cuxo premio foi un vale de compra por valor de 50 euros para cada un no comercio do Rosal- resultaron ser os presentados pola veciña rosaleira Ana Mª Salaberri Ituarte, con “Rústico” e o guardés José Miguel Márquez Álvarez, con “Labranza Galega”. A concelleira de Turismo, Ángeles Vicente Manzano, foi a encargada de repartir entre os vencedores os premios deste III Concurso de Beléns do Rosal.

21 dic 2009

Os Campelos e compañía, inmortalizados polo atento obxectivo de Silvia Rodríguez Martínez

Velaquí vos deixamos a fantástica reportaxe fotográfica da nosa colaboradora Silvia Rodríguez Martínez con motivo da última actuación de "Os Campelos" e compañía no Auditorio Municipal do Rosal.

17 dic 2009

Máis que cheo absoluto nun novo éxito de Os Campelos no Auditorio Municipal do Rosal

O pasado domingo 13 de decembro tivo lugar no Auditorio Municipal a actuación do dúo humorístico rosaleiro "Os Campelos" (Roberto Fernández Rodríguez e Francisco Rodríguez Fernández) que se saldou cun novo éxito de público e crítica con máis de 500 espectadores... sen contar a multitude de xente que se quedou fóra debido a que xa se superara o aforo permitido. Dende Noticias O Rosal "Os Campelos" queren agradecer a presenza de todos os asistentes así como a colaboración de David Amor e José Antonio Rodríguez Portela, xunto con varios integrantes do equipo de balonmán do Atlético Novás. Tamén se está barallando a posibilidade nun futuro próximo de repetir esta función para os que non puideron gozar da súa actuación en directo. De momento velaquí vos deixamos o primeiro "baile" de David Amor...

O Concello xa conta cun servizo de transporte

O martes 15 de decembro tivo lugar diante da Casa do Concello a entrega dun minibus Citröen Jumper por parte do presidente da Deputación, Rafael Louzán ao alcalde da vila, Jesús Mª Fernández Portela. Trátase dun vehículo de 17 prazas que foi financiado conxuntamente pola Deputación de Pontevedra, Caixanova, Citröen e o Concello e que servirá para dinamizar os servizos sociais e culturais do municipio, achegar á xente das parroquias ao centro ou mesmo para desplazar a integrantes de equipos deportivos ou de carácter institucional. O seu condutor será o rosaleiro Jorge Martínez Rodríguez, de Portecelo. Máis información deste servizo en dependencias municipais.

16 dic 2009

Noticias O Rosal. Información de contacto. Na rede dende maio de 2008


Se queres contactar coa redacción de Noticias O Rosal para temas de fotografías, información, comunicados de prensa ou reportaxes en xeral, envía un correo a:

info@noticiasorosal.es

noticiasorosal@hotmail.com

Teléfono e WhatsApp: 637 311 007


Lembra que estamos presentes nas redes sociais Facebook e Twitter. Ademais contamos con canal en Youtube. 

Para calquera dúbida relativa a esta páxina cultural, contacta co noso director:



Juan Ramón Martínez Barbosa
juanramon@noticiasorosal.es
director@noticiasorosal.es

Facebook oficial: 
https://www.facebook.com/juanramonorosal?ref=hl

Twitter: 
https://twitter.com/juanorosal

15 dic 2009

O Rosal. 130 anos da "Concesión do Título de Vila"

Tal e como nos lembra Manuel José Fernández Gómez (Machote) nun escrito remitido á nosa redacción, o 16 de decembro de 2009, cumpríronse 130 anos da concesión do título de Vila para O Rosal. Seguindo documen-
tación do "Libro de Actas del Ayunta-miento del año de 1879", Manolo enviounos dous interesantes escri-tos, un o da solicitude e outro o da concesión do citado título, que damos aquí a coñecer. Lembramos dende Noticias O Rosal que xa o Concello conmemorou solemnemente no ano 1979 o I Centenario da concesión do Título de Vila con exposicións fotográficas e bibliográficas. Aquel 16 de decembro, de mañá, houbo Misa na honra dos patronos do municipio, a Virxe do Pilar e Santiago Apóstolo; celebrouse o I Concurso de Cata de Viños con loubanzas a cargo do escritor baixomiñoto Eliseo Alonso e do Dr. Barreras Lago, como coordinadores do xurado. De tarde, presentación da efeméride histórica e conferencia a cargo de Alfredo García Alén, daquela secretario do Museo de Pontevedra; baile galego a cargo dun grupo de rosaleiras; colocación do brasón municipal, obra do escultor Pepe Antúnez Pousa e descubrimento da praca conmemorativa dese I Centenario. Interviu o alcalde do momento, José Luís Rodríguez Martínez e interpretáronse os himnos do Rosal e o galego. Finalizaron os actos cun "viño español" na Liga de Amigos e cun baile popular na Praza do Calvario a cargo do lembrado conxunto musical Los Bambinos.

Celebrouse a Romaría de San Martiño, 2009

O pasado domingo 13 de decembro -e despois de varias semanas de mal tempo- a parroquia de Santa Mariña do Rosal celebrou, tal e como observamos nestas fotografías xentileza de Luís Dorado Senra, a festa-romaría de San Martiño, avogado das “espullas”. A procesión co Santo saíu do adro ás 10:30 horas acompañada polos seus devotos, previas poxas e con repique de campás e tirada de foguetes.
Aínda que con menos xente que outros anos esta celebración segue sendo unha das poucas romarías típicas que aínda perduran no Baixo Miño. San Martiño, bispo de Tours, Francia (séc. IV) cuxa festa oficial é o día 11 de novembro, conta con capela do século XVI, sita na cima dos montes do mesmo nome.
Segundo o historiador local Xoán Martínez Tamuxe “foi titular da Granxa que os frades do Mosteiro de Santa María de Oia, tiveron no lugar de Martín, xuradía de Fornelos”. Outros autores afirman que esta ermida é lembranza dun posible cenobio de “San Martín de Turonio”, fundado no século VII por San Fructuoso.
Nesta romaría, antigamente se subhastaban pezas que lograban os cazadores da zona en favor do Santo. Hoxe en día tamén hai poxas de produtos e se seguen facendo os enxebres magostos. Ademais de aceite e velas, continúa a singular promesa tradicional da ofrenda de tellas para a súa capela (e mellor se son roubadas).
A misa, que oficiou o párroco D. Julio Ramos, foi como sempre de campaña debido aos centos de romeiros asistentes, que ao rematar a eucaristía procederon a comer de campo preto das inmediacións da capela.
Antes da baixada do santo os devotos que levaban promesas pasaron pola santeira para que lles aplicase o “aceite do Santo” nas espullas ou verrugas. A procesión foi despedida como se recibiu, isto é, co repique da campá, neste caso, da capela. O Santo fixo as tradicionais paradas tanto no “Pouso” como diante da casa dos mordomos, a familia “Acevedo” ou “Os da Torre”, de Fornelos. Xa á tardiña a procesión chegou á igrexa parroquial onde foi agardada polos fieis e novamente con tirada de foguetes e o mencionado repique de campás.

Concertos da Banda da Agrupación Musical do Rosal

Velaquí vos deixamos as reportaxes fotográficas realizadas por Jesús González Álvarez (Suso) con motivo do concerto que ofreceu o pasado sábado 5 de decembro a Banda de Música da Agrupación Musical do Rosal na honra de Santa Cecilia.


Igualmente do domingo 6, coa actuación do Grupo de Clarinetes Kla-son e o Festival de Corais Voces Brancas celebrado no Auditorio Municipal.

9 dic 2009

A Agrupación Musical do Rosal recibe un novo premio

Este 9 de decembro tivo lugar na Casa do Concello a entrega do primeiro premio de 4.200 euros outorgado á Banda de Música da Agrupación Musical do Rosal correspondente á súa formidable vitoria na sección especial do IX Certame de Bandas de Música da Deputación de Pontevedra celebrado a comezos do mes de outubro. O encargado de realizar a dita entrega foi José Juan Durán, vicepresidente e deputado delegado de Cultura da entidade provincial, quen estivo acompañado neste acto polo alcalde do Rosal, Jesús Mª Fernández Portela e a concelleira de Cultura, Charo Tabales Perozo.
Representando á Agrupación Musical do Rosal atopábanse nesta xuntanza o seu presidente Jesús González Álvarez, o director da Banda Diego J. Lorente López así como Olalla Álvarez González e Iván Diego Martínez, dous dos seus activos compoñentes. O vicepresidente da Deputación lembrou a boa actuación da banda rosalesa nese IX Certame, recoñecía a súa calidade e tradición dentro do “panorama galego musical” á vez que a felicitaba e lle auguraba moitos máis éxitos para o inminente futuro.

Tamara Roig Figueroa e Xoán Manuel Pousa Lucio

O mércores 2 de decembro celebrouse no Salón de Exposicións municipal, SOStendo, un obradoiro fronte ao cambio climático a cargo de Tamara Roig Figueroa e Xoán Pousa Lucio co apoio de Ana Otero Junquera. Esta foi unha iniciativa da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, que contou coa colaboración do Concello do Rosal para divulgar e concienciar sobre o fenómeno do cambio climático. Como xa tiñamos anunciado asistiron a esta xornada inaugural os alumnos de Bioloxía e Ciencias Medioambientais de 4º da E.S.O. do CPI Manuel Suárez Marquier. Antes da visita estes rapaces puideron ver na clase unha proxección relacionada co tema para xa no Salón realizar diferentes actividades prácticas guiadas por Tamara e Xoán.

6 dic 2009

O conselleiro de Medio Rural visitou a nosa vila

O pasado mércores 2 de decembro o conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez Otero, presentou no Rosal o Plan de Mellora dos Accesos ás Explotacións Vitivinícolas en concellos da Denominación de Orixe Rías Baixas. Neste acto participaron cooperativistas, adegueiros, alcaldes e representantes dos diferentes concellos que integran esta D.O. Tamén estiveron o director xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo Iglesias e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís. O obxectivo deste plan, dotado cun orzamento total de 3 millóns de euros, é impulsar e manter o cultivo en zonas de denominacións de orixe, mellorando aquelas infraestruturas de acceso a viñedos e adegas. As actuacións se refiren á compactación da plataforma das vías, colocación ou reparación de tubos de drenaxe, muros de contención, asfaltado, bacheo, etc. O programa do conselleiro de Medio Rural na vila rosaleira completouse coa visita aos muíños do Folón e do Picón, onde foi acompañado polo alcalde Jesús Mª Fernández, Antonio Crespo e o guía municipal Juan Ramón Martínez. Velaquí vos deixamos a nosa reportaxe da súa estadía no Rosal.

3 dic 2009

Fin de semana musical no Auditorio

O sábado 5 de decembro ás 19:30 horas no Auditorio, a Banda de Música da Agrupación Musical do Rosal que dirixe Diego J. Lorente ofrecerá un concerto na honra de Santa Cecilia, patroa da música, dos poetas e dos cegos. O programa é o seguinte:
Música Mestres........................... Juan Lois Diéguez
Concerto para trompeta.............. Arutiunian
Pontus Veteris............................ Ángel A. Montes
Dolores Pedro............................. A. Sánchez Pedro
Estrasantico................................ Simón Couceiro
Muiñeira do Rosal...................... Diego J. Lorente
Xa o domingo 6, no mesmo lugar, e ás 18:00 horas, concerto do Grupo de Clarinetes Kla-son e Festival de Corais Voces Brancas.

O Rosal tamén fai a peregrinación do Camiño

O domingo 29 de novembro -e organizada pola Fundación Camiño de Santiago. Amigas e amigos do Camiño Portugués a Santiago- deu comezo a primeira etapa desta peregrinación para promocionar o "Camiño Portugués da Costa" do que forma parte O Rosal. Precisamente representantes políticos e sociais da vila achegáronse ata Viana do Castelo para realizar este percorrido que os levou á Catedral onde o párroco bendiciu aos peregrinos asistentes, camiñouse uns tramos, continuouse en autobús a Camiña e pasouse no ferry á Guarda. Para finalizar, dende A Pasaxe se iniciou parte do tramo a pé... Velaquí vos deixamos esta formidable reportaxe dos nosos amigos de Galicia Suroeste. O sábado 12 de decembro, será a segunda etapa ata o Mosteiro de Oia... con saída no Rosal.

Celebrouse no Auditorio "Encontros O Rosal"

O pasado sábado 28 de novembro tivo lugar no Auditorio Municipal un Festival de música e baile populares denominado Encontros O Rosal e no que participaron grupos de cada un dos concellos do Baixo Miño. Este evento estivo organizado polo Concello coa colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra. O acto estivo presentado pola concelleira de Cultura, Charo Tabales Perozo e pola de Turismo, Ángeles Vicente Manzano, que fixeron un percorrido histórico-social por cada un dos municipios baixomiñotos. Mentres -e simultaneamente- nunha pantalla xigante instalada para a ocasión, proxectábanse fermosas imaxes representativas de cada concello. Estes foron os conxuntos que participaron neste concorrido festival: Grupo folklórico TRA-LO MOSTEIRO de Oia, que abriu o espectáculo; Grupo de pandereteiras XAMARAINA de A Guarda; Grupo folk DEIXANDAR de O Rosal; Grupo de gaitas AIRES NOVOS de Pinzás (Tomiño) e o Grupo folklórico INQUEDANZAS de Tui, que pechou as intervencións. Despediu o acto o alcalde do Rosal, Jesús Mª Fernández Portela -previa entrega duns ramos de flores aos representantes destes grupos- agradecendo a presenza do numeroso público que se achegou ata o Auditorio da vila para contemplar en directo estas interesantes actuacións de música e danza tradicionais. Velaquí vos deixamos esta reportaxe fotográfica da nosa xornalista Ruth Martínez.

2 dic 2009

SOStendo. Obradoiro fronte ao cambio climático

O mércores 2 de decembro e de 16:30 a 18:00 horas celebrarase SOStendo, un obradoiro fronte ao cambio climático. Esta é unha iniciativa da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, que contando coa colabo-
ración do Concello do Rosal, estará no Salón de Exposicións municipal á disposición da cidadanía para divulgar e concienciar sobre o fenómeno do cambio climático. Dito obradoiro consta de diferentes fases: a) Información sobre o cambio climático e unha reflexión sobre as nosas prácticas. b) Xogo, vídeo sobre o cambio climático e manexo dos equipos interactivos. c) Proceso de propostas de iniciativas e medidas de loita fronte ao cambio climático. d) Proceso de revisión conxunta das propostas elaboradas e conclusións. Asistirán a esta primeira xornada os alumnos de Bioloxía e Ciencias Medioambientais de 4º da E.S.O. do CPI Manuel Suárez Marquier. Despois desta actividade quedará a exposición, que estará aberta ao público ata o venres 4 de decembro en horario de 10:00 a 13:00 horas.

1 dic 2009

Contacontos co mestre Elías González Araújo

O sábado 28 de novembro tivo lugar na Biblioteca Municipal un contacontos moi especial a cargo do mestre do CRA María Zambrano, Elías González Araújo. Máis de 40 nenos e nenas disfrutaron do paseo entre os libros de Oscarín (unha marioneta maxistralmente dirixida por Elías). Esta actividade estivo organizada pola concellaría de Cultura que preside Charo Tabales Perozo, sendo a seguinte cita para os máis pequenos -tamén na biblioteca- o sábado 19 de decembro. (Foto: C.R.)