FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

29 dic 2015

O rosaleiro Raúl Fernández, Medalla de Bronce no Campionato de Galicia

Tal e como podemos ler na web do Club Ciclista O Rosal, o pasado domingo 27 de decembro "disputouse en Ferrol o Campionato de Galicia de Ciclocross con dous novos podiums, un deles en forma de Subcampionato de Galicia por parte de Zaida González". Dende o CC. O Rosal recálcase que "Comezaba a categoría de Promoción e como xa vén sendo habitual o infantíl Diego Santomé noutra gran carreira voltaba a quedar segundo no Pódio pero dado que como...

A Cabalgata dos Reis Magos en O Rosal sairá do Calvario o 5 de xaneiro

A Cabalgata dos Reis Magos no Rosal dará a saída o vindeiro martes 5 de xaneiro ás 10:00 horas dende a Praza do Calvario co seguinte percorrido: O Calvario (10.00h), Caselas, Convento, Fornelos, Picón, Martín (11.00h), Viso dos Eidos, Novás (11.15h), Parada, Marzán (11.40h), Sanxián e Portecelo (12.00h), Cachada, Fecha (12.50h), Pancenteo, Cunchada, Pías (13.30h). Tabagón (15.20h), A Portela, Eiras, Morán (16.20h), Valdemiñotos,...

16 dic 2015

A rosaleira Eva Baz Cerqueira presenta unha comunicación en Barcelona

A rosaleira Eva María Baz Cerqueira (á esquerda da imaxe) vén de realizar unha tesina de final de carreira sobre a arquitectura mariñeira no barrio da Marina en A Guarda, co título Barrio de A Marina. Descaracterización o evolución.  Segundo confesa a Noticias O Rosal, Eva escolleu a realización deste traballo "por sentirme identificada con este lugar, xa que parte das miñas raíces están na Marina". Eva María Baz, xunto...

14 dic 2015

O Zampalibros, musical infantil didáctico, o 26 de decembro en O Rosal

O Auditorio Municipal do Rosal acollerá o vindeiro sábado 26 de decembro (18:00 horas) a xira do espectáculo teatral didáctico e musical, O Zampalibros (para todos os públicos). Trátase do proxecto de fin de estudos do actor e produtor rosaleiro Javier Lago Martínez, quen realizou interpretación textual na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. As entradas están á venda na Xoguetería Galopín de O Rosal a un prezo único de 6...

A II Carreira Popular San Silvestre O Rosal será o 31 de decembro de 2015

A II edición da carreira popular San Silvestre O Rosal 2015 terá lugar o xoves 31 de decembro, organizada polo Concello, coa colaboración do Comercio da vila. Inscricións (2€ por persoa participante) e información detallada da San Silvestre do Rosal no Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal. 986625000, no Facebook Omix Do Rosal e en www.concellodorosal.es ...

3 dic 2015

O Club Ciclista O Rosal segue colleitando éxitos en Galicia e Portugal

Iago, Mario, Zaida, María e Diego. (Fotos: Club Ciclista O Rosal) A guardesa María Correa e o rosaleiro Mario Fernández, ambos pertencentes ao Club Ciclista O Rosal, son os actuais líderes da Copa Galicia de Ciclocross, con Zaida González moi ben situada tamén no segundo posto en categoría júnior.   Segundo se pode ler na web da Federación Galega de Ciclismo, "Paulo González, en Élite e Sub 23 masculino, e María Correa, Cadete feminino,...

2 dic 2015

Concerto da Agrupación Musical do Rosal na honra da súa patroa, Santa Icía

Informa: Agrupación Musical do Rosal. Por medio da presente informamos da programación que se vai realizar con motivo da celebración de Sta. Icía (patroa dos músicos) e das festas do Nadal. Sábado, 5 de decembro • 18,30 h. Misa na honra da nosa patroa na Igrexa Parroquial de Santa Mariña acompañada pola Coral da Agrupación Musical do Rosal. • 20,30 h. Concerto de Santa Icía a cargo da banda de música Agrupación Musical do Rosal coa...

Os deportistas do Rosal seguen colleitando éxitos en todas as disciplinas

                                                        Óscar Vicente, no máis alto do podium. (Foto: Diario de Mallorca) O Concello do Rosal dende a súa web, felicita de novo aos seus deportistas máis destacados nas últimas datas, como son Gabriel Marcelli Carballido, Verónica Pérez Pacheco, Óscar Vicente...

A Cea de Nadal do Acanor Atlético Novás será o sábado 12 de decembro

Informa: Acanor Atlético Novás de balonmán. O Acanor Atlético Novás retoma anos despois a Cea de Nadal e celebrará o fin deste 2015 no Restaurante Juan de O Rosal, un dos colaboradores principais do club, o vindeiro sábado 12 de decembro ás 22:30 horas. Con menú de 25 € para adultos e 15 para nenos e nenas de ata 15 anos, a velada estará amenizada por DJ Guille, con copas a 3 € e ademais haberá photocall, sorteo de premios...

15 jul 2015

Gabriel Marcelli remata 2º en Andorra pese aos seus problemas físicos

Gabri, en acción. Foto: Campeonato de España de Trial (RFME) O piloto rosaleiro Gabriel Marcelli Carballido (CMTeo-SenraSport) vén de rematar nunha meritoria segunda posición na sétima proba do Campionato de España de Trial que se celebrou esta fin de semana en Andorra. Tal e como lemos no perfil do Club Motociclista Teo ao que pertence o noso veciño: "Resultó una carrera muy complicada y no por la dificultad técnica, la cual era poca, sino...

9 jul 2015

Conta atrás para a II carreira e andaina 10K O Rosal Feira do Viño 2015

Informa: Qualité Sport. Velaquí vos deixamos a nota de prensa recibida na nosa Redacción.  Tras el éxito cosechado el pasado año, la carrera 10K O ROSAL-FEIRA DO VIÑO celebrará dentro de unos días su segunda edición. El domingo 19 de julio, coincidiendo con la Feira do Viño de la localidad, runners de toda Galicia tomarán la salida a las 11:00 h en la Bodega Terras Gauda para completar un recorrido de 10 000 m por...

8 jul 2015

A XXIII Feira do Viño do Rosal acolle a presentación do Acanor Atlético Novás

A XXIII Feira do Viño do Rosal (17, 18 e 19 de xullo) acollerá a presentación do primeiro equipo de balonmán do Acanor Atlético Novás, que preside Andrés Senra.  En concreto, o acto celebrarase o sábado 18 ás 20:00 horas, presentado polo rosaleiro Juan Ramón Martínez Barbosa. Iso si, segundo informa o Novás, xa "dende as 17:00 horas na Praza do Calvario haberá actividades e regalos para os máis pequenos, así como a oportunidade de...

30 jun 2015

Os rosaleiros "Jose & Rosy" triunfan no programa Aquí Galicia da TVG

Fantástica a actuación dos internacionais bailaríns rosaleiros "Jose & Rosy" no programa Aquí Galicia, da TVG, que se emitiu en directo o pasado sábado 27 de xuño dende a cidade de Ourense. Velaquí vos deixamos o vídeo cunha pequena entrevista que lles realizaron os presentadores da canle autonómica e os dous bailes -espectaculares- que ofreceron á audiencia. O primeiro, podedes disfrutalo dende o minuto 32:42 e o segundo, dende 1:51:10. ¡Unha...

29 jun 2015

O Ximnasio Excalibur ofrece atractivas actividades para nenos/as e adultos

Informa: Víctor Valderrama / Ximnasio Excalibur O Ximnasio Excalibur de O Rosal ofrece diferentes actividades a partir do mes de xullo que comeza. Por unha banda realizarase ximnasia infantil (coordinación, acondicionamento xeral, xogos didácticos, psicomotricidade, terapia grupal, etc).  Igualmente celebraranse cursos de preparación pre e postparto, dividíndose as clases en tres partes. Velaquí vos deixamos íntegra e literalmente a...

26 jun 2015

V Torneo de Fútbol 8 Alevín e Infantil U.D. Ribera, este sábado 4 en O Rosal

Informa: Torneos Fútbol Base. Este sábado 4 de julio se celebra el V Torneo de Fútbol 8 Alevín y Benjamín U.D. Ribera – Concello de O Rosal, Memorial Iago Ameal Pereira en el campo de fútbol de A Mata  (O Rosal). Este campeonato tendría que haberse disputado el pasado sábado, pero se pospuso una semana por el fallecimiento de José Carlos Santos (directivo y padre de un jugador). •Comenzará a las 9:30 y participarán más de doscientos...

O Rosal acolle o 2, 3 e 4 de xullo un curso de música de Quinteto Rubato

O Auditorio Municipal do Rosal acollerá os días 2, 3 e 4 de xullo un curso de música a cargo do Quinteto Rubato, dirixido "a todos aqueles alumnos que están cursando estudos nas diferentes escolas de música ou conservatorios, independentemente do seu nivel". Destacar entre os integrantes deste grupo, a presenza do músico rosaleiro Avelino Ferreira López, membro fundador. Máis información, aquí....

21 jun 2015

Este domingo 21, III Concerto Coral Ecos do Verán no Auditorio do Rosal

Hoxe, domingo 21 de xuño (20:00 h), celebrarase no Auditorio Municipal do Rosal o III Concerto Coral Ecos do Verán, organizado polo coro rosaleiro "Ecos do Folón". Participan a Coral Polifónica "Ventos do Val" (Petelos, Mos), a Coral Polifónica "Nautilus" (San Andrés de Comesaña, Vigo), e a anfitriona Coral Polifónica "Ecos do Folón" (Fornelos, O Rosal...

16 jun 2015

Os rosaleiros "Jose & Rosy" organizan o I Festival de Baile "O ROSALSA"

O Auditorio Municipal acollerá o vindeiro sábado 11 de xullo o 1º Festival de Baile "O ROSALSA".  Segundo nos contan Jose & Rosy -organizadores do evento co Concello do Rosal- realizaranse aparte, talleres de baile no Restaurante Juan. Máis información en jo-rosal@hotmail.com...

Nace "Ascenso", o novo programa deportivo online de Miño Films TV

Este venres 19 de xuño, ás 21:00 horas, emitirase en Youtube o primeiro programa de "Ascenso", a nova creación deportiva da produtora de O Rosal, Miño Films TV. Segundo podemos ver na recén inaugurada páxina do programa en facebook, sairá á luz -entre outras noticias- unha novidosa entrevista ao piloto da vila, Gabriel Marcelli Carballido, tricampión de España de Trial. ¡Dende Noticias O Rosal, moita sorte nesta nova andaina de...

3 jun 2015

O extremo rosaleiro Paulo Dacosta ficha polo Frigoríficos Cangas de ASOBAL

Informa: Andrés Senra // Atlético Novás Paulo Dacosta, extremo rosaleiro de 25 anos, máximo goleador do Acanor Atlético Novás durante a liga regular (125 goles) abandonará o club no que leva dende os 7 anos. A pasada semana Paulo comunicaba ao Novás a oferta dun Cangas que este ano finalizou 5º na Liga ASOBAL e que posiblemente dispute competición europea a próxima campaña. O Cangas seguiu os pasos oportunos coa nosa entidade para poder realizar...

U.D. Ribera vs Real Club Celta de Vigo na final de Copa benxamín

Informa: U.D. Ribera Este xoves 4 de xuño ás 19:00 horas no Estadio Municipal de A Mata, terá lugar a Final da Copa, categoría benxamín- entre a U.D. Ribera e o R.C. Celta de Vigo. O equipo local, os benxamíns do Ribera, veñen de facer unha magnífica campaña na máxima categoría, quedando 5º clasificado e aventaxando en máis de 10 puntos a equipos de prestixio en deporte de base, como Val Miñor, Areosa, Coruxo ou Colegio Hogar.  Conseguían...

1 jun 2015

Podiums de María Correa (3ª en Padrón) e Zaida González (2ª en Cambre)

O pasado sábado 30 de maio o Club Ciclista O Rosal estivo presente en dúas probas, unha en Padrón disputando o Trofeo Sponsor, sendo a mellor actuación o terceiro posto conseguido pola cadete María Correa (arriba, á dereita da imaxe). Xa de tarde, no XV Gran Premio Concello de Cambre, Zaida González acadaba un meritorio segundo posto na categoría júnior. Máis info na web do Club Ciclista O Rosa...

X Trofeo de ciclismo Comunidade de Montes de Santa Mariña do Rosal

Informa: Ramón Villa / Club Ciclista O Rosal O sábado 6 de xuño a partir das 17:00 horas celebrarase na Praza do Calvario a X edición do Trofeo Comunidade de Montes de Santa Mariña do Rosal, que organiza o Club Ciclista da vila, "en colaboración coa propia Comunidade de Montes, Concello do Rosal, Conservas Vexetais A Rosaleira así como outras firmas que tamén aportan o seu grao de area". Máis información na web do Club Ciclista O Rosa...

27 may 2015

Bluscus organiza unha ruta guiada polo Folón e visita a Quinta de Couselo

Información e imaxes: Bluscus Turismo Marinero Velaquí vos deixamos -íntegra e en castelán- esta nota de prensa remitida por Bluscus, relativa á xornada mariñeira "Del Mar a la Tierra" celebrada o pasado 23 de maio en O Rosal, con ruta guiada polos muíños do Folón-Picón e maridaxe de viños na adega Quinta de Couselo. El sabor del mar se disfruta en O Rosal  Bluscus Turismo Marinero organizó el pasado 23 de mayo una nueva jornada...

O domingo, concerto polo 29 Aniversario da Agrupación Musical do Rosal

Informa: Agrupación Musical do Rosal Con motivo do seu 29º aniversario, a Agrupación Musical do Rosal ofrecerá un concerto este vindeiro domingo día 31 de maio ás 18:30 horas no Auditorio da vila, baixo a dirección de Carlos Ramón Pérez. No seu programa interpretarán o pasodobre Begoña Jiménez de Saül Gómez Soler, os catro movementos da Divina Comedia de Robert W. Smith (Inferno, Ascensión, Purgatorio, Paraíso), a Suite Galaica de Antón...

14 may 2015

Comezan as tradicionais Festas de San Isidro en O Rosal (15 e 16 de maio)

O Rosal celebra esta fin de semana (15 e 16 de maio) as tradicionais Festas de San Isidro. VENRES 15 O venres 15 de maio a partir das 21:00 horas, verbena coas orquestras Alabama e Ibiza. SÁBADO 16 O sábado 16 de maio, ás 10 da mañá, pasarrúas a cargo do grupo de gaitas A Boalleira (A Gándara-A Guarda). Ás 12 horas, misa solemne, con sermón e procesión. A partir das 19:00 horas, presentación da orquestra Anduriña. Ás 20:00...

12 may 2015

A Agrupación Musical do Rosal celebra no Calvario o Día das Letras Galegas

A Agrupación Musical do Rosal organiza este domingo 17 de maio, Día das Letras Galegas, unha serie de actividades na Praza do Calvario para conmemorar esta sinalada efeméride, dedicada este ano á figura do escritor Xosé Filgueira Valverde. Tal e como reza o cartel anunciador, haberá unha Feira de Artesanía, tapas e viños do Rosal, xogos, obradoiros e diferentes actuacións musicais. Colaboran -entre outros- o Concello, + K Arte, a Comunidade...

Atl. Novás vs Frigoríficos Cangas nas Semifinais da Copa Deputación

Hoxe, martes 12 de maio, ás 21:00 horas, o pavillón municipal do Rosal acolle o último partido de preparación de cara á Fase de Ascenso, correspondente ás semifinais da Copa Deputación. O Novás, tras doblegar a Chapela pola mínima o pasado xoves, recibe ao quinto clasificado na Liga ASOBAL, o Frigoríficos Cangas do Morrazo. A entrada é gratuít...

29 abr 2015

O equipo senior da U.D. Ribera xógase o pase á final da Copa Deputación

O equipo senior da U.D. Ribera xógase este mércores 29 de abril fronte ao Gondomar C.F. o seu pase á final da Copa Deputación de Pontevedra. Na outra semifinal disputada onte no Campo Municipal da Gándara, o Choco vencía 1-2 ao equipo local Caselas F.C. Desta maneira o equipo de Redondela é o primeiro finalista.  A cita para os nosos veciños será hoxe ás 21:15 horas no Estadio Municipal da Mata (O Rosal). Entrada gratuíta. ¡Dende...

27 abr 2015

Relación de actividades gratuítas en maio para a mocidade en O Rosal

Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural  Estas son algunhas das actividades gratuítas para a mocidade, dirixidas a "mozos e mozas maiores de 12 anos". Estes obradoiros realizaranse de 17 a 19 horas no Centro Social Polivalente do Rosal. Máis información no teléfono 986 62 50 0...

Actuacións para os vindeiros meses do Coro Ecos do Folón (Fornelos)

Estas son, polo momento, as actuacións confirmadas para os vindeiros meses do Coro Ecos do Folón (Fornelos-O Rosal) que dirixe Jorge Fernández González. - 16 MAIO: Misa de San Isidro (Igrexa Parroquial de O Rosal). - 6 XUÑO: Misa do Santísimo (Acevedo, Oia). - 21 XUÑO: Misa de San Xoán (Martín, O Rosal). - 21 XUÑO: Concerto Coral "Ecos do Verán"(Auditorio Municipal de O Rosal). - 27 XUÑO: Concerto Homenaxe (Lugar: a definir). - 27 DECEMBRO:...

22 abr 2015

O Novás ofrece dúas entradas por socio para rebentar o Pavillón do Rosal

Informa: Andrés Senra // Atlético Novás El pulso que desde la jornada 22 mantenían Seis do Nadal y Acanor Novás, en el que los vigueses se situaban por encima debido al golaverage, dio un vuelco el pasado domingo. En una cancha difícil, ante el juez de la liga, el Magope sucumbía por dos tantos. Desde O Rosal muchos aficionados seguían a través de las redes sociales el resultado, celebrando la victoria del filial cangués...