FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

27 jun 2014

O Rosal acolle o domingo 29 de xuño o II Concerto Coral "Ecos do verán"

Foto: Ecos do Folón O Auditorio Municipal do Rosal acollerá este domingo 29 de xuño, ás 20:00 horas, o II Concerto Coral "Ecos do verán", coa participación da Coral Polifónica de Tomiño, a Coral "Novos Bardos" de Freixo (Valadares-Vigo) e a anfitriona e organizadora, Coral "Ecos do Folón" (Fornelos-O Rosal). Colabora co evento a Asociación Músico-Cultural Ecos do Folón e patrocina o Concello do Rosal, a Comunidade de Montes de Santa...

26 jun 2014

O rosaleiro Sergio Rodríguez "Trinta" organiza un torneo gratuíto de WRC

Segundo podemos ler no blog do Bodegón-Tapería Os Seixiños. "O Bar do Trinta", este venres 27 de xuño celebrarase no local do rosaleiro Sergio Rodríguez Rodríguez, o I Torneo WRC FIA WORLD RALLY.  A inscrición para participar neste xogo de destreza ao volante-mando é gratuíta e para todas as idades, sendo igualmente a entrada libre ao evento. O gañador terá como premio unha CEA para dúas persoas. Máis inf...

Concerto de Coros Infantil-Xuvenil no Auditorio Municipal do Rosal

Informa: Agrupación Musical do Rosal. Este sábado 28 de xuño, a partir das 20:30 horas, celebrarase no Auditorio Municipal do Rosal un concerto "cos cantores máis cativos da Agrupación, o Coro de Voces Brancas Medio Tempo e o Coro Xuvenil de Belesar...

19 jun 2014

A ANPA do CPI Manuel Suárez Marquier organiza o sábado 21 unha festaza

Este sábado 21 de xuño terá lugar no colexio da Mata a 5ª Festa Fin de Curso que organiza a ANPA CPI Manuel Suárez Marquier, cun fantástico programa que inclúe exhibicións das actividades extraescolares 2013/2014, inchables e rocódromo, así como  un concerto en directo a cargo do novo e xuvenil grupo musical "pop" do Baixo Miño "Cosa de Tres" (Guille Verde-Eva Piñel-Eric Barceló). Igualmente, Jam Session con DJ "O Rei Lagarto", música...

18 jun 2014

Programa cultural e de lecer das Festas do Pilar (24, 25 e 26 de xullo)

As Festas do Pilar 2014 celebraranse no Rosal os días 24, 25 e 26 de xullo. O xoves 24, verbena amenizada polas orquestras Amerikan Top e Xacobeo. Ao día seguinte, venres 25, misa solemne cantada pola Coral da Agrupación Musical do Rosal. E xa, a partir das 21 horas, concerto de bandas na Praza do Calvario. Ao final, actuación do grupo Armonía. O sábado 26, a partir das 21:00 horas, XXI Encontro dos Pobos organizado polo grupo...

O Ribera convoca aos seus xogadores, socios e afeccionados a Asemblea

A Xunta Directiva do club U.D. Ribera convoca a todos os seus xogadores, socios e afeccionados á Asemblexa Xeral Ordinaria, correspondente á Tempada 2013/2014, que se celebrará no Estadio Municipal de "A Mata" o vindeiro venres 20 de xuño ás 20:30 horas. Máis info en http://www.udriberaorosal.com/ ...

17 jun 2014

Este venres 20 de xuño, inauguración da Sala de Estimulación Multisensorial

A Fundación "Solidaridad Carrefour" e a Asociación San Xerome, inauguran a Sala de Estimulación Multisensorial. O acto terá lugar o próximo venres día 20 de xuño, ás 12 horas. Acudirán a presidenta da Asociación San Xerome Emiliani, Asunción Dacuña Pacheco; o responsable rexional de explotación Noroeste de Hipermercados Carrefour, Gabriel García e o responsable rexional de explotación Galicia de Carrefour Market, José Álvarez Penín. A...

13 jun 2014

O Rosal, presente na XXIV Festa do Vinho Verde de Ponte de Lima (Portugal)

Por terceiro ano consecutivo, o Concello do Rosal estará presente cun stand con material turístico (folletos, libros e fotografías de J.R.M.B.), de exposición e degustación de produtos da terra e do viño do Rosal, na "24ª Festa do Vinho Verde e dos Produtos Regionais" que se celebra dende o 13 ao 15 de xuño na Expolima (Ponte de Lima-Portugal). O evento, considerado como un marco "incontestável para a economía local e regional" está organizado...

9 jun 2014

OS PRINCIPIANTES DO CLUB CICLISTA O ROSAL A ARMAN NO CALVARIO

Segundo se pode ler na web do Club Ciclista O Rosal, con motivo da celebración do IX Trofeo Comunidade de Montes de Santa Mariña, "os Principiantes do noso Club coparon o podio da categoría e aínda máis, xa que o C.C. O Rosal conseguiu clasificar aos seus seis integrantes nos oito primeiros postos". Mención especial para Yasir Martínez, que subía ao máis alto do caixón, sendo o dominador da tempada, cun 2º posto de David Rodríguez e Sergio...

6 jun 2014

IX TROFEO COMUNIDADE DE MONTES SANTA MARIÑA DO ROSAL 2014

Este sábado 7 de xuño, a partir das 17:00 horas, o Club Ciclista O Rosal, que preside Gerardo Álvarez Martínez, organiza "o xa tradicional Trofeo Comunidade de Montes de Santa Mariña que este ano celebra a súa novena edición". Segundo se pode ler na web do CC. O Rosal, "esta tarde de ciclismo vai constar de Ximcana na Praza do Calvario para a categoría de Principiantes". As demais categorías "farán o percorrido con saída na Praza do...

ANO MÁXICO DA SECCIÓN DE ATLETISMO DO CLUB DEPORTIVO SAN XEROME

Informa: Xosé Carlos González Blanco / San Xerome Está a piques de rematar a  presente tempada do Club Deportivo San Xerome. Apenas  restan  unhas cantas probas (Carreira da Eurocidade Tui-Valença, Carreira de Amorín…), pero xa podemos calificar como brillante o balance final. Os resultados non se obteñen pola “gracia divina”, senón despois dun duro traballo durante o ano, con adestramentos moi esixentes, loitando contra...

"JOSE Y ROSY", NO VI SYMPOSIUM INTERNACIONAL OF SALSA, DE PORTUGAL

Esta fin de semana (6, 7, 8, 9 e 10 de xuño) os bailaríns rosaleiros Jose & Rosy participarán no "6º Symposium Internacional of Salsa" que se celebra en Curia, Aveiro (Portugal). ...

5 jun 2014

CONRAZONES ORGANIZA UN MERCADILLO SOLIDARIO EN PÍAS (O ROSAL)

A Asociación Conrazones organiza o vindeiro domingo 15 de xuño o seu terceiro Mercadillo Solidario.  A cita, tal e como reza o cartel, será no parque infantil de Pías (San Miguel de Tabagón), cos artistas invitados DJ Guille (Radio A Guarda), así como o dúo formado por Guille Verde (voz e guitarra) e o rosaleiro Eric Barceló á baterí...

4 jun 2014

OS MUÍÑOS DO FOLÓN E PICÓN EN "DESDE GALICIA PARA EL MUNDO" (TVE)

Os Muíños do Folón e do Picón, declarados Ben de Interese Cultural, saen no programa de televisión nº 1074 de "Desde Galicia para el Mundo" (TVE Internacional).  A gravación, que tivo lugar o 28 de marzo deste ano, conta cunha entrevista a Juan Ramón Martínez Barbosa, director de Noticias O Rosal e coautor do libro Os Muíños do Folón e do Picón na vila do Rosal. Conxunto histórico-etnográfico de Galicia. ...

OS INFANTÍS, ALEVÍNS E BENXAMÍNS DO U.D. RIBERA, ASCENDEN A PRIMEIRA

Información e imaxes: Torneos Fútbol Base / U.D. Ribera Velaquí vos deixamos íntegra, esta nota de prensa enviada á nosa Redacción: La temporada 2013/2014 fue histórica para U.D. Ribera al conseguir el ascenso de tres equipos de las categorías base.  El U.D. Ribera ya tiene a la mayoría de sus equipos de base en la primera división autonómica.  El trabajo bien hecho a lo largo de los últimos 7 años apostando por unas...

XA HAI GAÑADOR DO CONCURSO DE CARTEIS DA XXII FEIRA DO VIÑO, 2014

Segundo veñen de comunicar hai uns intres dende a Organización da Feira do Viño do Rosal, o gañador do concurso de carteis desta XXII edición é Rubén Alesandro Lucas García. Proximamente se ampliará esta notici...