FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

30 ene 2014

O NOVÁS TRAE A ACTUACIÓN DE CARLOS BLANCO E LUIS DAVILA A O ROSAL

Segundo avanza o Mecalia Atlético Novás nas redes sociais, o vindeiro 22 de marzo haberá unha "actuación por todo o alto no auditorio de O Rosal". Organizado polo Novás "teremos de novo a Carlos Blanco no noso pobo, esta vez acompañado polo gran debuxante Luis Davila, autor da tira cómica do Faro de Vigo". O club rosaleiro afirma que poderemos ver a Luis, alias "O Bichero" debuxar as historias narradas por Carlos, nunha xira que se estrea...

27 ene 2014

BERTA CASTRO IMPARTE EN FORCADELA UN CURSIÑO DE PANDEIRETA

A mestra rosaleira Berta Castro González imparte en Forcadela un cursiño de pandeireta e canto tradicional galego (de balde) destinado a adultos e nenos (nivel iniciación). Para máis información poden chamar ao 699 999 03...

BALONMÁN PARA NENOS/AS A PARTIR DE 6 ANOS NO PAVILLÓN DO ROSAL

Imaxe do III Campus Atlético Novás 2013. (Foto: Aurora Lomba / Novás) Informa: Aurora Lomba Álvarez / Atlético Novás A Base do Atlético Novás informa que todos os mércores (18:15 a 19:30 horas) e os venres (de 17 a 18 horas) haberá balonmán para nenos e nenas a partir de 6 anos no pavillón municipal do Rosal. "Animádevos a participar nesta actividade onde practicaredes exercicio, aprenderedes a traballar en equipo e coñeceredes un...

24 ene 2014

O ROSAL DARÁ O SEU ÚLTIMO ADEUS A RUBÉN RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ

O mozo rosaleiro Rubén Rodríguez Rodríguez, coñecido popularmente por "O Trintiña" ou "O Trinta" faleceu onte, xoves 23 de xaneiro, vítima dun accidente de camión mentras traballaba, en Mondariz. Mañá, sábado 25 de xaneiro, ás 10:30 horas, celebrarase o funeral polo seu eterno descanso na igrexa parroquial de Santa Mariña. Dende Noticias O Rosal, o noso máis sentido pésame aos seus familiares e amigos. Unha forte aperta. Este é o...

23 ene 2014

PORTUGAL E BARCELONA ACOLLEN O ESPECTÁCULO DE "JOSE & ROSY"

A parella rosaleira de bailaríns, "Jose & Rosy" actuará este sábado 25 de xaneiro no Muxima Bar, en Vila Nova de Gaia, preto de Porto (Portugal). Ao día seguinte, domingo 26 de xaneiro, os nosos internacionais veciños, que son cabeza de cartel, actuarán en Barcelona, no Esencia Salsa Club. ¡Dende Noticias O Rosal, a nosa noraboa! ...

22 ene 2014

MISA DE ANIVERSARIO NO ROSAL E HOMENAXE NA GÁNDARA A TRINTIÑA

O sábado 25 de xaneiro, ás 10:30 horas, terá lugar na igrexa parroquial de Santa Mariña do Rosal a misa de aniversario na honra e lembranza do mestre cabaqueiro Manuel Rodríguez Martínez, máis coñecido por "Trintiña". Igualmente, A Gándara (A Guarda) acollerá este mesmo sábado unha homenaxe a Trintiña organizada polo seu neto, Sergio Rodríguez Rodríguez, xerente do Bodegón-Tapería Os Seixiños. O evento consistirá nunha demostración...

20 ene 2014

A CAPELA DE MEDAS (NOVÁS) ACOLLEU A FESTA DE SAN SEBASTIÁN 2014

Hoxe, luns 20 de xaneiro, celebrouse na capela de Medas (Novás) a tradicional festividade na honra de San Sebastián, soldado romano e mártir. Oficiou a misa o abade de Santa Mariña do Rosal, D. Julio Ramos Rodríguez, sendo cantada a mesma polo coro parroquial.  Dende o ano 2009 a capela conta cun interesante folleto coa súa historia, autoría do escritor da vila, Xoán Martínez Tamuxe, quen di que "as primeiras referencias...

17 ene 2014

HORARIO DO CENTRO DE INTERPRETACIÓN "OS CABAQUEIROS" (O ROSAL)

O Centro de Interpretación "Os Cabaqueiros" situado na pranta baixa do edificio da antiga Cámara Agraria, na Praza do Calvario, acolle unha exposición permanente sobre os cabaqueiros, a súa vida, costumes, anécdotas, linguaxe, etc. Todo elo, apoiado de medios audiovisuais, escenografía e paneis explicativos para mostrarlle aos visitantes parte da identidade cultural da vila do Rosal. O seu horario de apertura é os sábados...

CONCERTO DO CANTAUTOR TINO BAZ NO AUDITORIO MUNICIPAL DO ROSAL

Tino Baz actuando no As de Copas (A Guarda), en maio de 2013 O cantautor guardés Tino Baz ofrecerá un concerto no Auditorio Municipal do Rosal o vindeiro sábado 25 de xaneiro a partir das 22:00 horas. Tal e como se pode ler na súa páxina oficial, Tino Baz naceu en 1972 "no barrio da Robaleira, en pleno porto guardés", amosando dende a súa nenez "unha clara disposición para a música e unha certa facilidade auditiva para cultivala, sumadas...

ESTE SÁBADO 18 DE XANEIRO, TEATRO NO AUDITORIO MUNICIPAL DO ROSAL

Este sábado 18 de xaneiro ás 19:00 horas, no Auditorio Municipal do Rosal, a Compañía de Teatro “O mellor de cada casa” de Oia interpretará a obra "¡¡COMO ESTÁ O CEO !!"...

A UNIDADE MÓBIL DA ITV ESTARÁ NO ROSAL OS DÍAS 23 E 24 DE XANEIRO

A Unidade Móbil da ITV virá a O Rosal para a revisión de vehículos de dúas rodas (ciclomotor e motocicletas) os vindeiros días 23 e 24 de xaneiro de 2014.  O horario será de 9:00 a 13:30 e de 15:30 a 18:00 h. Cita previa no 902 30 90 00 ou na web www.sycitv.com &nbs...

A OMIX DO ROSAL ORGANIZA UNHA VIAXE Á NEVE DO 7 AO 9 DE FEBREIRO

A OMIX do Concello de O Rosal organiza conxuntamente coas OMIX da Guarda, Baiona, Gondomar, Salceda de Caselas e Tomiño unha viaxe á NEVE. Esta realizarase a fin de semana do 7 ao 9 de febreiro do 2014 á Estación de San Isidro en León e inclúe o autobús, os seguros de accidentes e RC, a estancia e numerosas actividades na neve. Este é o programa: Venres: •16:00 h. - 22:00 --> Traslado Concello do Rosal– Estación San Isidro...

EXPOSICIÓN PÚBLICA DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL (PXOM)

 O Val do Rosal dende o Campo do Couto Recórdase á veciñanza que o PXOM do concello do Rosal, logo da súa adaptación normativa, está exposto ó público para a súa consulta. O prazo para formular alegacións ó documento rematará o vindeiro día 27 de febreiro de 2014. O PXOM pode consultarse no Departamento de Urbanismo municipal tódos os días, pero ademais todos os mércores de 10:00 a 14:00 horas (29 de xaneiro e 5, 12, 19 e 26 de febreiro...

16 ene 2014

O MECALIA ATLÉTICO NOVÁS ESTIVO A PIQUES DE GAÑAR AO BM CHAPELA

Un momento do encontro dos 1/4 de Final da Copa, este martes no Rosal O Mecalia Atlético Novás a puntiño estivo de gañar ao BM Chapela no partido correspondente aos cuartos de final da Copa Deputación de Pontevedra que se celebrou no Rosal o pasado martes 14 de xaneiro. O resultado final (22-23), segundo se pode ler no facebook do Novás, deuxou "un mal sabor de boca á maioría dos presentes" pois os primeiros 45 minutos foron moi bos,...

15 ene 2014

RAÚL FERNÁNDEZ, DIRECTO AO MUNDIAL DE HOOGERHEIDE (PAÍSES BAIXOS)

Raúl, no medio, xa co maillot de Campión de España. (Foto: C.C. O Rosal) Dende NOTICIAS O ROSAL a nosa noraboa ao ciclista rosaleiro Raúl Fernández, flamante Campión de España de Ciclocross, que vén de ser chamado polo seleccionador nacional, Pascual Momparler para competir no Mundial da modalidade en Hoogerheide (Países Baixos), os días 1 e 2 de febreiro. Raúl (Club Ciclista O Rosal) forma parte da lista de nove corredores que...

13 ene 2014

O NOVÁS ENFRÓNTASE AO CHAPELA EN BUSCA DA COPA DEPUTACIÓN

O pavillón municipal do Rosal acolle este martes 14 de xaneiro (21:30 horas) o partido de cuartos de final da Copa Deputación de balonmán entre o local Mecalia Atlético Novás e o BM Chapela. A entrada, tal e como reza o cartel, é de balde. Segundo se pode ler no perfil oficial do Novás en facebook "gran partido, dos que se botan en falla este ano en Liga". Dende o club do Rosal se lembra que "recibimos ao Chapela, flamante ascendido...

12 ene 2014

O BAR DO TRINTA ACOLLE ESTE XOVES 16 UN CONCERTO DE GUILLE VERDE

Tal e como se pode ler no blog do Bodegón-Tapería Os Seixiños, inaugurado o pasado mes de decembro polo rosaleiro Sergio Rodríguez Rodríguez "Trinta", o vindeiro xoves 16 de xaneiro terá lugar un concerto a cargo de GUILLE VERDE. Dende Os Seixiños recálcase que "además de gastronomía y ofrecer ricas tapas, bocadillos, comidas o cenas, velaremos por la cultura del pueblo y también de la comarca del Baixo Miño, cediendo nuestro espacio...

CURSO DE PRIMEIROS AUXILIOS EN BEBÉS E NENOS/AS

Informa: Neli Rodríguez / Cruz Roja Baixo Miño Este vindeiro mes de febreiro terá lugar un curso de Primeiros auxilios en bebés e nenos/as, organizado por Cruz Roja Baixo Miño. A data límite de matriculación será o mércores 5 de febreiro de 2014. Para máis información poden chamar ao teléfono 986 61 46 0...

NOVOS CURSOS DE INTERESE ORGANIZADOS POR ACIGU E FEBAM

Informa: ACIGU Dos nuevas acciones formativas programadas por ACIGU y FEBAM para el mes de enero, para satisfacer la demanda generada. El 25 en FEBAM y el 28 de enero en ACIGU tendrán lugar dos nuevos cursos de Manipulador de Alimentos que ante la petición de alumnos uno de ellos se realiza en sábado para facilitar la asistencia de los mismos. Ambos se celebran en horario de mañana de 10 a 13 horas. Durante dos fines de semana de este...

O ROSALEIRO DAVID COÍMBRA CONSEGUE LEVAR A STABRI A MELILLA

O rosaleiro David Coímbra, con Stabri. (Fotos: David Coímbra / Stabri) O noso veciño David Coímbra Piñeiro, é noticia en Melilla tras conseguir levar a "Stabri", o coñecido boneco viaxeiro de trapo, que ten "recorrido medio mundo". No xornal Melilla Hoy podemos ler "Según relata David Coímbra, su primer encuentro con Stabri lo tuvo este verano cuando lo transportó desde Oviedo a Lugo". En palabras do rosaleiro ao periódico melillense...