FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

30 jun 2013

O AUDITORIO ACOLLE O "I CONCERTO ECOS DO VERÁN" ORGANIZADO POLO CORO ECOS DO FOLÓN (FORNELOS)

Hoxe, domingo 30 de xuño ás 19:30 horas, celébrase o I Concerto Ecos do Verán no Auditorio Municipal do Rosal. Este evento musical está organizado polo Coro "Ecos do Folón", de Fornelos, e participarán o Coro Polifónico de Entenza (Salceda), o Orfeón "Asomamos" de Mos e o propio "Ecos do Folón...

O ROSAL CELEBRA AS FESTAS DO PILAR E DE SANTA ANA (DO 20 AO 27 DE XULLO)

O Rosal celebra as GRANDES FESTAS DO PILAR E DE SANTA ANA 2013 dende o 20 ao 27 de xullo. O sábado 20, a partir das 21 horas terá lugar o XX Encontro dos Pobos no Auditorio Municipal, con desfile dende a Praza do Calvario. Actuarán os grupos: Reuzegam de Leuvem (Bélxica), Kud Klek Ogulin (Croacia) e Do Lusco ó Fusco (A Guarda). FESTAS DO PILAR O mércores 24, a partir das 22:30 horas, verbena amenizada polo Grupo A Oca, que interpretará...

27 jun 2013

ADRIÁN FREIRÍA, CUARTA FICHAXE DO MECALIA ATLÉTICO NOVÁS DO ROSAL

Segundo comunica o Mecalia Atlético Novás de balonmán, Adrián Freiría Lemos será a cuarta fichaxe do club rosaleiro (tras os confirmados xa dos irmáns Tsybanev e o porteiro Kevin García). Adrián, que xoga de pivote e é natural de Mos, cubrirá o oco deixado por Marcos Colorado "que era una de las mayores preocupaciones del técnico Modesto Augusto". A nova fichaxe procede do BM Porriño, sendo moi coñecido por Modesto, que lle deu os seus primeiros...

CRUZ ROJA ENTREGA OS DIPLOMAS DO OBRADOIRO DE ESTIMULACIÓN DE MEMORIA E XIMNASIA DE MANTEMENTO

Entrega de diplomas a los 65 mayores participantes en los talleres de estimulación y memoria y gimnasia de mantenimiento organizados por Cruz Roja Baixo Miño Informa: Cruz Roja Baixo Miño El próximo 28 de junio a las 17:00h en el Centro Cultural de Oia entregaremos los diplomas del taller de estimulación de memoria y gimnasia de mantenimiento a un grupo de 35 mayores de Oia y Mougás.  Así mismo, el día 2 de julio a las 17.00 en...

26 jun 2013

O MECALIA ATLÉTICO NOVÁS FICHA AO PORTEIRO KEVIN GARCÍA, DO CANGAS

(Foto: Balonmán Cangas) O Mecalia Atlético Novás vén de comunicar a fichaxe do porteiro Kevin García -ata agora porteiro do Club Balonmán Cangas Frigoríficos Morrazo, da Asobal. Segundo se afirma dende o club rosaleiro "Otro guardameta de Cangas será el que trate de hacer olvidar a Esteban (Pedrosa)". Kevin estivo as últimas cinco temporadas no equipo do Morrazo. (Foto: Mecalia Atlético Novás) O Novás, no seu comunicado resalta...

25 jun 2013

NOVOS PODIUMS PARA LUIS MÉNDEZ, YASIR MARTÍNEZ E MARIO FERNÁNDEZ

O Club Ciclista O Rosal consegue tres novos podiums no Trofeo Sponsor de Padrón, xa que en Principiantes Luis Méndez era segundo e Yasir Martínez, terceiro. En categoría alevín, Mario Fernández rematou nun meritorio segundo posto. Velaquí vos deixamos a reportaxe fotográfica deste evento deportivo. ...

21 jun 2013

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XII ANDAINA DEPORTIVO-CULTURAL DO ROSAL, 2013

Xa se pode ver na web do Concello a reportaxe fotográfica realizada polo guía da XII Andaina do Rosal, que tivo lugar o pasado 15 de xuño por San Vicente, o Campo do Couto e o Monte Torroso. Todas as fotografías da XII Andain...

O DECATLETA ROSALEIRO DAVID GÓMEZ DISPUTARÁ EN SUIZA A COPA DE EUROPA

Tal e como se anuncia na web do Real Club Celta de Atletismo, o rosaleiro David Gómez Martínez, dúas veces olímpico en decathlon (Atenas 2004 e Pekín 2008), vén de ser seleccionado por España para disputar a Copa de Europa de probas combinadas que terá lugar os vindeiros días 29 e 30 en Nottwill (Suiza). Lémbrase dende o Celta que David foi segundo recentemente en Arona (Tenerife), con 7462 puntos, mellor marca española do ano e que onte...

20 jun 2013

DAVID LECHUGA E MANU MARTÍNEZ XOGAN ESTE SÁBADO 22 COA SELECCIÓN GALEGA DE BALONMÁN PRAIA EN GOIÁN (TOMIÑO)

A praia fluvial do Espazo Fortaleza en Goián (Tomiño) acollerá este sábado 22 de xuño V Torneo Ibérico Balonmán Praia, que enfrontará en varias categorías á Selección Galega e á Selección Portuguesa da Asoc. Aveiro. Os rosaleiros David Lechuga e Manu Martínez foron convocados por Galicia, ao igual que Ramón Martínez, que será baixa finalmente, por lesió...

19 jun 2013

ESTE VENRES 21 DE XUÑO COMEZAN OS XV XOGOS POPULARES DO ROSAL 2013

Este venres 21 de xuño dá comezo no Pavillón Municipal a XV edición dos Xogos Populares do Rosal. Velaquí vos deixamos os horarios das diferentes modalidades para esta fin de semana. ...

O AUDITORIO DO ROSAL ACOLLE O I CONCURSO XÓVENES INTÉRPRETES "ANTONIO GRANJA" O SÁBADO 29

O vindeiro sábado 29 de xuño a partir das 17:00 horas, a Agrupación Musical do Rosal que preside Iván Diego Martínez celebrará no Auditorio Municipal o I Concurso Xóvenes Intérpretes "Antonio Granja". Listado de participantes: Proximamente anunciarase o xurado deste certam...

17 jun 2013

XOGADORES ROSALEIROS DE BALONMÁN, PROTAGONIZAN O MERCADO DE FICHAXES

Plantilla do Mecalia Atlético Novás 2012-13  Dende Noticias O Rosal -a risco de quedarnos curtos, pero con toda boa intención- queremos facer un pequeno resumo/estudo de como se atopa o panorama balonmanístico relacionado co Mecalia Atlético Novás e os xogadores rosaleiros que pertencen ou pertenceron ao club da vila. Para isto tomamos como referencia o activo perfil do Novás en facebook co incombustible Andrés Senra -entre outros-...

VITORIAS EN VIVEIRO (LUGO) PARA SARA ÁLVAREZ, LUIS MÉNDEZ E ZAIDA GONZÁLEZ

Luis Méndez consegue a súa segunda vitoria. (Foto: C.C. O Rosal) O Club Ciclista O Rosal vén de informar na súa web dos fantásticos resultados que os seus integrantes conseguiron esta fin de semana en Viveiro (Lugo) no 30º Gran Premio Ciclista de San Roque.  Sara Álvarez pousa co seu trofeo e ramo de flores. (Foto: C.C. O Rosal) Vitoria para Sara Álvarez en categoría feminina principiante e para Luis Méndez, na masculina.  Zaida...

14 jun 2013

O ROSAL PARTICIPA NA "23ª FESTA DO VINHO VERDE E DOS PRODUTOS REGIONAIS DE PONTE DE LIMA"

O Rosal participa na “23ª Festa do Vinho Verde e dos Produtos Regionais”, que se celebra esta fin de semana, do 14 ao 16 de xuño, no Parque de Exposiçôes da Expolima, en Ponte de Lima (Portugal). Este evento está considerado como “um marco incontestável para a economía local e regional”, coa organización conxunta do “Município, Escola Profissional de Agricultura e Desenvolvimento Rural e a Escola Superior Agrária de Ponte de Lima”. Por...

11 jun 2013

ENTREVISTA AO ROSALEIRO SERAFÍN MARTÍNEZ ACEVEDO EN HOMECLARO.COM

Velaquí vos deixamos o enlace á entrevista que a web galega sociocultural e deportiva, de recente creación, Homeclaro, vén de realizarlle ao exciclista profesional rosaleiro Serafín Martínez Acevedo. Nela faise un percorrido pola carreira deportiva e profundízase na vida e quefaceres na actualidade de Serafín.  O noso veciño, en declaracións a Homeclaro afirma que, aínda que ten morriña de "pedalear" ao máis alto nivel "agora valora...

10 jun 2013

O ROSALEIRO ÓSCAR VICENTE, VENCEDOR DA COPA DE EUROPA DE TRIATLÓN QUE SE CELEBROU EN CREMONA (ITALIA)

Segundo se pode ler na páxina web HOMECLARO, o deportista rosaleiro Óscar Vicente Rodríguez, ven de conseguir onte, 9 de xuño, facerse coa medalla de ouro na Copa de Europa de Triatlón ITU que se celebrou en Cremona (Italia).  Un novo éxito de Óscar, tras gañar a pasada fin de semana en Madrid o World Triathlon Promaster 2013. ¡¡Dende Noticias O Rosal, a nosa noraboa, Óscar...

7 jun 2013

NIKOLAI TSYBANEV, CONVOCADO POLA SELECCIÓN RUSA DE VETERÁNS (+45)

O Mecalia Atlético Novás no seu perfil oficial de facebook informa de que Nikolai Tsybanev "uno de los mejores jugadores que han pasado por O Rosal y padre de los flamantes fichajes (Alex e Sergey), vuelve a ser convocado con la selección de + 45 (anos) para el European Masters Handball Championship, que se disputará en la localidad italiana de Besanonne los próximos 14, 15 y 16 de este mes". Lembran dende o Novás que "la selección rusa...

XII ANDAINA O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLO. SAN VICENTE DE MARZÁN-CAMPO DO COUTO-MONTE TORROSO

Hoxe, sábado 15 de xuño, celebrarase a XII Andaina O Rosal. Coñece o teu concello 2013. O punto de encontro e partida da ruta será as inmediacións da capela de San Vicente en Marzán, ás 16:00 horas cun percorrido de aproximadamente 10 km. Alí se poderán admirar en primeiro lugar os dous sepulcros visigóticos antropomorfos, datados nos séculos V-VI. Marzán é unha das xuradías máis ricas en material arqueolóxico, xa prehistórico,...

6 jun 2013

NOTICIAS O ROSAL É UNHA PÁXINA WEB CULTURAL, INDEPENDENTE E APOLÍTICA

NOTICIAS O ROSAL é unha web CULTURAL, INDEPENDENTE e APOLÍTICA. Repetímolo por enésima vez, xa que, con todos os respectos, hai quen aínda non se enterou ou non quere enterarse. Non aceptamos nin aceptaremos, en 5 anos que levamos en Internet, coaccións nin presións por parte de ningún colectivo, persoa ou institución. Nós eliximos os temas da nosa web (culturais, deportivos e de lecer). Que quede moi claro que ninguén nos dicta nin...

5 jun 2013

A XXII EDICIÓN DO TROFEO PISTA AS FAIAS, ESTE SÁBADO 8 DE XUÑO EN TABAGÓN

Este sábado 8 de xuño a partir das 17:00 horas, terá lugar a XXII edición do Trofeo Pista As Faias en San Xoán de Tabagón, organizado polo Club Ciclista O Rosal. Competirán rapaces e rapazas de tres categorías: benxamíns, alevíns e infantís. Máis información na web do Club Ciclista O Rosa...

O ROSALEIRO DE MARZÁN, DIEGO BELLO DE LA SANTÍSIMA TRINIDAD, GAÑADOR DO CONCURSO DE CARTEIS DA FEIRA DO VIÑO

Segundo comunica o Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello: "O rosaleiro Diego Bello de la Santísima Trinidad, de Marzán, gañador do Concurso de Carteis da Feira do Viño 2013". A XXI edición da Feira do Viño do Rosal, tal e como reza o cartel, se celebrará os días 19, 20 e 21 de xullo.&nbs...

4 jun 2013

ESTE DOMINGO NO AUDITORIO, CONCERTO 27 ANIVERSARIO DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL-HOMENAXE A NEMESIO CASTRO

Informa: Agrupación Musical do Rosal A Agrupación Musical do Rosal celebra este domingo día 9 de xuño ás 20,00 h. no Auditorio do Rosal o seu 27 aniversario. Para a ocasión a banda de música e a coral ofreceran ó publico o seguinte programa con obras de diversos estilos e contarán coa colaboración da soprano Toñi Santos Vaquero:  ·        Rienzi, obertura...

DÍA DE CONVIVENCIA NO URGAL DA BASE DO ATLÉTICO NOVÁS DE BALONMÁN

Un momento da convivencia do pasado ano 2012 Informa: Aurora Lomba Álvarez / Atlético Novás Como anos anteriores, o vindeiro domingo 16 de xuño faremos o día de convivencia no río Urgal. Teredes que levar comida e bebida. Ademais, o que quiera comer en mesa tamén deberá levala.  Igualmente, se o tempo no lo permite, levade tamén bañador e toalla. E lembrade que podedes levar a quen queirades (pais, nais, avós e avoas,...

3 jun 2013

O DECATLETA ROSALEIRO DAVID GÓMEZ, SEGUNDO NO III MEETING INTERNACIONAL DE ARONA (SANTA CRUZ DE TENERIFE)

O rosaleiro David Gómez Martínez vén de rematar subcampión en decatlón no prestixioso III Meeting Internacional de Arona (Santa Cruz de Tenerife). Segundo se pode ler na reseña de G. Reyes (Faro de Vigo), David  (7462 puntos) rematou en segundo lugar tras o belga Niels Pittmovils (7604 puntos) e por diante de Martin Brockman (Gran Bretaña, 7331 puntos). ¡¡Dende Noticias O Rosal, noraboa David...

2 jun 2013

O ROSALEIRO ÓSCAR VICENTE, GAÑADOR DO WORLD TRIATHLON PROMASTER 2013 QUE SE CELEBROU ONTE EN MADRID

Óscar, no máis alto do podium. (Foto: Yeray Menéndez / B Dream) O rosaleiro Óscar Vicente Rodríguez foi o vencedor do World Triathlon Promaster 2013 que se celebrou onte, 2 de xuño, na Casa de Campo de Madrid.  Óscar co tamén rosaleiro Diego Álvarez, onte en Madrid. (Foto: Patricia Farias) Tal e como se pode ler na crónica realizada por Alberto Montenegro na páxina oficial da Federación Española de Triatlón, o noso veciño entrou...

PRIMEIRA VITORIA DE LUIS MÉNDEZ NO I TROFEO CONCELLO DE DUMBRÍA

Luis gañou a súa primeira proba como ciclista (Foto: C.C. O Rosal) Chegou este sábado 1 de xuño no I Trofeo Concello de Dumbría (A Coruña) a primeira vitoria do principiante rosaleiro Luis Méndez co Club Ciclista O Rosal. Igualmente Irea Villa e Zaida González facíanse co terceiro posto nas súas respectivas categorías, con boas actuacións de Mario Fernández, Manuel Dorna, Elsa e Claudia Portela. Zaida, Luis e Irea pousan con Ezequiel...