29 feb 2012
TRES MEDALLAS PARA O SAN XEROME NO CAMPIONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS CELEBRADO EN VIGO
29.2.12
Comentar
Carlos González Blanco / San Xerome
Coa participación de 12 clubs deportivos de toda Galicia, tivo lugar o mércores 29 de febreiro no Parque de Castrelos de Vigo, o Campionato Galego de campo a través, organizado pola Federación Galega de Deporte para Persoas con Discapacidade Intelectual (FEGADDI).
Iniciouse o Campionato coas probas adaptadas, nas que Rosa María obtivo o cuarto posto da categoría de xogo feminina.
A representación do San Xerome...
A ROSALEIRA RUTH MARTÍNEZ ACADA O PREMIO EXTRAORDINARIO DE FIN DE CARREIRA EN PSICOLOXÍA (USC)
29.2.12
Comentar
Sara Marsillas e Ruth Martínez pousan para o obxectivo de Noticias O Rosal
O pasado venres 24 de febreiro, co gallo da festividade de San Juan Huarte de San Juan, patrón da Facultade de Psicoloxía de Santiago de Compostela, tivo lugar a entrega de insignias ás dúas alumnas galardoadas este 2012 co distintivo de Premio Extraordinario de Fin de Carreira, que concede a Facultade anualmente aos mellores expedientes durante a Licenciatura.
A homenaxe,...
27 feb 2012
ÚLTIMO ADEUS AO PINTOR E DEBUXANTE ROSALEIRO FLORINDO ÁLVAREZ MARTÍNEZ, "FLORO DE PANCENTEO"
27.2.12
2 comentarios

Unha triste e inesperada noticia foinos comunicada recentemente. Onte, domingo 26 de febreiro falecía aos 65 anos, Florindo Álvarez Martínez, "Floro de Pancenteo", escritor, pintor, debuxante, exconcelleiro e colaborador de prensa.
O funeral pola súa alma, será celebrado hoxe, luns, na igrexa parroquial de Santa Mariña do Rosal ás 16:00 horas.
Proximamente publicaremos unha crónica na súa memoria e homena...
O ATLETA ROSALEIRO DAVID GÓMEZ, SUBCAMPIÓN DE ESPAÑA EN HEPTATHLON

O atleta rosaleiro David Gómez Martínez, volve a darnos unha nova alegría, apenas un mes despois de proclamarse campión galego de salto con pértiga e 50 metros valados.
Desta vez, David conseguiu en Sabadell o título de Subcampión de España absoluto en heptathlon, facendo a mellor marca da súa vida e tamén marca persoal en pértiga.
Transcribimos literalmente parte da crónica publicada en Faro de Vigo: "El principal protagonista de la jornada...
22 feb 2012
O AUDITORIO ACOLLERÁ ESTE SÁBADO UN CONCERTO DA BANDA DE MÚSICA DE LALÍN QUE DIRIXE BRAM SNIEKERS

Montserrat Domínguez Otero / A. Musical do Rosal
Como remate dos actos programados con motivo do 25º aniversario da Agrupación Musical do Rosal, convidámosvos ao concerto que ofrecerá a Banda de Lalín baixo a batuta de Bram Sniekers, o vindeiro sábado 25 de febreiro, ás 20,30 h. no Auditorio do Rosal. Para todos os afeccionados á música de banda, adiantarvos tamén que o vindeiro mes de marzo, o domingo día 18 no Auditorio do Rosal,...
17 feb 2012
INAUGURACIÓN DA CARPA DE FORNELOS
17.2.12
Comentar

O venres 17 de febreiro, ás 23:00 horas terá lugar a inauguración da Carpa de Fornelos 2012 con motivo das Festas de Entroido.
A Organización, para celebrar o comezo desta nova edición invitará a un chupito aos asistentes, que disfrutarán das sesións de Dj Charlie (Basic Baiona, Radio Líder, Cuatro Vigo...) e de Dj Óscar (Salceda).
O sábado 18, tamén a a partir das 23:00 horas, Dj Raúl García e Alexandre...
I CAMPIONATO DE FUTBOLÍN ORGANIZADO POLO SAN XEROME COA COLABORACIÓN DA ASOCIACIÓN OS CABAQUEIROS
17.2.12
Comentar
.jpg)
Informa: Lucas de Santiago Gómez // Centro San Xerome
O mércores 15 e o xoves 16 de febreiro tivo lugar na vila da Guarda o I Campionato de Futbolín organizado polo Centro San Xerome coa colaboración da Asociación Os Cabaqueiros.O torneo, no que participaron 24 parellas, celebrouse no ximnasio do centro, previo ao inicio do Festival de Entroido do San Xerome.
En categoría adaptada os vencedores foron Rosa Mª e Senén, que se impuxeron nun emocionante...
15 feb 2012
O ENTROIDO DE NOVÁS 2012 COMEZARÁ CO PARTIDO SOLTEIRAS VS CASADAS
15.2.12
Comentar

Un ano máis, as festas de Entroido de Novás ábrense o domingo 19 de febreiro, ás 17:00 horas, co tradicional partido de fútbol sala de solteiras contra casadas.
Xa a continuación, xogos populares, con carreira de sacos, a carretilla e moitas sorpresas máis, con entrega de premios para os participantes... ¡¡e chocolate e rosca para todos os asistentes!!
O luns 20 de febreiro, a partir das 16:30 horas, Gran Corrida do Galo. E o día seguinte,...
ENTROIDO EN SAN MIGUEL DE TABAGÓN
15.2.12
Comentar

Jorge Cardoso Mariño / SRC San Miguel de Tabagón
O luns 20 de febreiro terá lugar no noso Salón Multiusos o tradicional baile infantil de Entroido 2012 para os cativos. Haberá xogos e "chuches" para que disfruten un bo día en compaña dos seus amigos e pais.
E para rematar as actividades do Entroido 2012, o sábado 3 de marzo celebrarase o “Baile de Piñata”, unha noite máxica con disfraces, sorteos e regalos, amenizada por un...
A SOCIEDADE RECREATIVA E CULTURAL DE SAN MIGUEL ORGANIZA O III RALLY DO TAMUXE EN MODALIDADE "SCALEXTRIC"
15.2.12
Comentar

Jorge Cardoso Mariño / SRC San Miguel de Tabagón
A SRC San Miguel celebrará este sábado 18 de febreiro a terceira edición do Rally do Tamuxe na modalidade “SCALEXTRIC”. Se abrirá á participación de toda a persoa que o desexe nas categorías de menores e maiores de 14 anos cunha suscrición de 3 e 5 euros respectivamente.
O evento abrirase o sábado pola mañá con adestramentos libres a partir das 10.30 h. ata as 13 h. na que nesta edición...
EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA DE PEPE BUIZA SOBRE O RURAL PORTUGUÉS
15.2.12
Comentar

Informa: A.C. A Velha na Horta
A partir do sábado 18 de febreiro ate o 2 de marzo no Centro Cultural da Guarda, exposición fotográfica sobre o rural portugués realizada polo guardés Pepe Buiza.
A exposición comezará o sábado 18 as 19 hrs coa proxección do documental "Ainda há Pastores?
O horario para visitar a exposición é de luns a venres de 17 a 20h. e os sábados de 10 a 1...
14 feb 2012
O CONCELLO DO ROSAL ACOLLERÁ O I CAMPIONATO GALEGO DE FUTBOLÍN
14.2.12
Comentar

Informa: Asociación Os Cabaqueiros
O venres 10 de febreiro tivo lugar no Centro Social Polivalente do Rosal a presentación da Liga Nacional de Futbolín no Baixo Miño que organizará a Asociación Os Cabaqueiros a partir deste ano 2012 en colaboración con Presas e Recreativos Jopeco.
Abriu este acto o alcalde do Rosal, Jesús Mª Fernández Portela, quen deu a benvida aos asistentes e foi presentando un por un aos convidados ao evento, facendo...
FESTA DE ENTRUIDO DALLE CO SACHO!

Informa: A.C. A Velha na Horta
Para este entruido traemos a I edición do "Dalle co sacho!". Queremos ofrecer unha nova alternativa entre todalas festas xa existentes, tanto no Rosal, coma no Baixo Miño.
As actividades propostas para a xornada son:
- Torneo de futbolín, na Liga, ás 11 hrs: até 16 equipas competirán por un sacho a parte doutros prémios. Como non, é obrigado ir disfrazado, se non, a equipa poderá ser descalificada por falta deseriedade....
13 feb 2012
O Club Ciclista O Rosal e os seus integrantes, premiados pola Federación Galega de Ciclismo
Na imaxe, Manuel, Raúl e Toni. (Foto CC.O Rosal)
Segundo se pode ler na web do Club Ciclista O Rosal, o sábado 11 de febreiro celebrouse no Auditorio de Cambados a Gala do Ciclismo Galego 2012 na que a Federación Galega de Ciclismo "agasalla aos ciclistas i entidades máis destacados da tempada recentemente finalizada e entre eles atopábanse como non podía ser doutra maneira tres dos nosos ciclistas.
Raúl Fernández recibiu o Premio como líder...
OBRADOIROS PARA ADOLESCENTES NO I.E.S. DE TOMIÑO A CARGO DE ÉRGUETE
13.2.12
Comentar

Asociación Érguete Baixo Miño
Este mes de febreiro a Asociación Érguete Baixo Miño comezou a impartir no IES de Tomiño, ao igual que xa fixo no IES A Sangriña durante o mes de xaneiro, diversos obradoiros dirixidos ao alumnado de 1º, 3º da ESO e PCPI, sumando un total de 237 participantes.
As temáticas a traballar cos alumnos son: Comunicación e Habilidades Sociais en 1º da ESO; Consumo e Valores en 3º da ESO; e Condutas Aditivas en PCPI.
A...
Javi Díaz e Dani Cerqueira volveron a xogar no Rosal en partido da Asobal
13.2.12
Comentar

O mércores 8 de febreiro disputouse por vez primeira no Pavillón Municipal do Rosal un enfrontamento da máxima categoría do balonmán nacional (Asobal), correspondente á 17ª xornada de liga entre o Academia Octavio de Vigo e o Caja3 Balonmano Aragón, debido á folga de empregados do IMD vigués.
Aparte da gran expectación que crea xa de por si este tipo de encontros deportivos, o aliciente foi volver a ver xogar na vila a dous rosaleiros,...
7 feb 2012
SERGIO DIEGO E CARLOS ÁLVAREZ, “OS CATAS”, CAMPIÓNS DO II OPEN DE FUTBOLÍN O ROSAL 2012. BAR FLORO
7.2.12
Comentar
.jpg)
O pasado venres 3 de febreiro tivo lugar o II Open de Futbolín O Rosal 2012 organizado pola Asociación Sociocultural Os Cabaqueiros coa colaboración do Bar Floro.
Esta nova competición -que se intenta convocar cada mes- reuniu en tres días ao máximo de xogadores establecido dende a Asociación (32 participantes, para facer 16 equipos).
A parella gañadora, “OS CATAS”, formada por Sergio Diego Fernández “Frony” e Carlos Álvarez da Concepción, venceron...
1 feb 2012
TRES REPRESENTANTES DO ROSAL DO CLUB DE JUDO DO-MAJO, MEDALLAS NO CAMPIONATO GALEGO JUNIOR
1.2.12
Comentar
Mónica Pacheco Lomba // Club de Judo Do-Majo
Este pasado domingo día 29 de enero se celebró en Narón (A Coruña) el Campeonato Gallego Junior de Judo, al cual se desplazaban tres judokas rosaleiros del CLUB DE JUDO DO-MAJO, consiguiendo muy buenos resultados.
En la categoría de -52kg:NURIA MARTÍNEZ LOMBA(Campeona gallega cadete del pasado año) – medalla de bronce
En la categoría masculina de -55kgERIC BARCELÓ RODRÍGUEZ Campeón gallego...