FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

29 sept 2010

Curso de pandeireta impartido por Berta

A Agrupación Cultural Guardesa organiza un curso de iniciación á pandeireta e outro de perfeccionamento que será impartido pola rosaleira Berta Castro. Dito curso comezará en outubro cos seguintes horarios:Iniciación: martes de 20 a 21 horas Perfeccionamento: luns de 21:30 a 22:30 horasLugar: antigo Colexio do Sinde (A Guarda) Máis información no teléfono 639 585 ...

OUTUBRO. Últimas prazas en cursos do Concello

PILATESAínda quedan dúas prazas libres para o curso de Pilates organizado pola OMIX do Rosal. Dito curso dará comezo o luns 4 de outubro. Horario: luns e mércores de 20-21 horas.Lugar: Centro Social Polivalente.Prezo: 24 euros mensuais (de outubro a xuño). XIMNASIA DE MANTEMENTOTamén quedan prazas para o curso de Ximnasia de Mantemento, que se realiza no Pavillón da Mata os martes e xoves de 20:30 a 21:30 horas. O seu prezo: 17 euros mensuais...

28 sept 2010

Teatro sorpresa da ECTB nas rúas de Tui

A pasada fin de semana os tudenses puideron disfrutar do teatro na rúa cos alumnos da Escola Comarcal de Teatro Baixomiñota. Un dos grupos da escola na que participan alumnos de Tui, Tomiño e O Rosal representou algúns actos da obra "Cementerio de automóviles" de Fernando Arrabal, como anticipo do estreo que terá lugar proximamente no Auditorio Municipal do Rosal. Estas actuacións se están facendo tamén para achegar a escola ao gran público antes...

III edición do Festival Rosal Rock no Calvario

A XXIII FESTA DO CABAQUEIRO vén este ano con ¡¡CINCO DÍAS DE FESTA!! (do 8 ao 12 de outubro). Precisamente o venres 8 ás 22 horas, na Praza do Calvario, ábrense os festexos coa celebración da III edición do ROSAL ROCK. Os grupos que actuarán son os seguintes: Tres Trebóns e os Homes Sen MedoThe InspectorsSantos MorcegosThe Winning Numb...

27 sept 2010

Exposición de Natalia Uris e Milagros Castro

Pouquiño a pouco seguimos publicando as múltiples reportaxes que aínda temos pendentes. Nesta ocasión, lembramos a exposición de pintura de Natalia Uris (na imaxe de arriba) e Milagros Castro (sobre estas liñas), que se celebrou os días 7 e 8  de agosto no salón da sociedade Liga de Amigos...

24 sept 2010

Cancelada a actuación dos Campelos na TVG

Segundo recentes declaracións dos propios "CAMPELOS" a Noticias O Rosal, debido ao falecemento da popular cantante galega ANA KIRO, CANCÉLASE ata novo aviso a súa ACTUACIÓN humorística prevista para hoxe no programa LUAR da T...

Concentración de coches antigos no Rosal

O sábado 25 de setembro, CONCENTRACIÓN DE COCHES ANTIGOS. Lugar: Praza do Calvario, a partir das 11 da mañá. Visitarán adegas do Rosal e regresarán de novo á Praza onde descansarán os automóbiles de 14 a 16:30 h. Pola tarde está prevista unha visita aos Muíños do Folón e Picón. Organiza: "Club Gallego de Automóviles antiguos". Patrocina: Concello do Rosal e Asociación de Comerciantes, coa colaboración de diferentes casas comerciais.  ...

22 sept 2010

Gustavo Martínez, do Rosal, na Subida a Vigo

Reportaxe (texto e fotografías) realizada por Roberto Valladares. Os días 11 e 12 de setembro disputouse nos montes de Beade a IV Subida Internacional Cidade de Vigo, proba puntuable para o Campionato Galego de Montaña, que estivo organizada pola Escudería Racing Sport Competición. A representación rosaleira correu a cargo de Gustavo Martínez Vázquez, cun Renault Clio 16v, dando moito espectáculo e -aínda que rematou a proba na trixésimo sétima...

Novo curso da Escola Comarcal de Teatro

A Escola Comarcal de Teatro Baixomiñota comeza o novo curso 2010-2011. Por terceiro ano consecutivo a Asociación Cultural Terras do Baixo Miño abre o prazo de matrícula para o presente curso. Como en anos anteriores poden iscribirse alumnos dos cinco concellos da Comarca. Establécense grupos infantís, xuvenís e adultos. Para máis información podedes chamar ao teléfono 649 480 2...

A parroquia de Santa Mariña, a Santiago

A comisión parroquial de Santa Mariña organiza  o sábado 25 de setembro unha peregrinación a Santiago de Compostela. Segundo nos informan, aínda quedan prazas vacantes, rematando o prazo de inscrición o venres 24. A saída está prevista para as 7:30 da mañá dende a Praza do Calvario. Un autobús levará aos participantes ata Teo, onde se comezará a camiñata -duns 10 km- ata a Catedral de Santiago. Aquí ás 10...

20 sept 2010

Novo curso de patinaxe e fútbol para nenos/as

A Escola Deportiva de Patinaxe comezará o novo curso a partir de outubro. A actividade está dirixida a nenos e nenas de entre 5 e 14 anos. O vindeiro día 29 de setembro ás 20:30 horas terá lugar a reunión informativa do profesor cos pais no Centro Social Polivalente. As persoas que aínda non fixeran a inscrición poden facelo ata esa data. Velaquí vos deixamos as fotos da entrega de medallas do ano pasado. Igualmente a Escola Deportiva de Fútbol...

IMPRESIONANTE "VUELTA A ESPAÑA" DE SERAFÍN

Serafín subiu ao podium da Vuelta ata en seis ocasións O ciclista profesional rosaleiro, Serafín Martínez Acevedo, pertencente ao equipo Xacobeo Galicia que dirixe Álvaro Pino, vén de realizar unha sensacional Vuelta a España 2010. Serafín, que estivo durante 6 etapas como líder da Xeral da Montaña, rematou finalmente en segundo lugar tras unha dura loita co especialista francés do Cofidis, David Moncoutie, que se fixo coa súa terceira vitoria...

19 sept 2010

Conferencia sobre "As fosas de San Xián"

Este venres, 24 de setembro ás 20:00 horas, terá lugar na Escola de San Xián unha charla-conferencia impartida por Carlos Méixome Quinteiro, director do Instituto de Estudos Miñoranos (IEM) que levará por título: "As Fosas de San Xián". Organizan este acto o propio IEM e a Comisión de Festas de San Xi...

17 sept 2010

OS CAMPELOS ACTUARÁN O VENRES NO LUAR (TVG)

O dúo humorístico rosaleiro "Os Campelos" (Francisco Rodríguez Fernández e Roberto Fernández Rodríguez) actuarán o venres 24 de setembro no Luar, veterano programa da Televisión de Galicia que presenta Xosé Ramón Gayoso e que comezou a emitirse en setembro de 1992. Polo tanto, os nosos coñecidos rosaleiros terán unha breve intervención nesta 18ª temporada, aínda que desta vez non actuarán como parella, pero...

16 sept 2010

Entrega de medallas e trofeos dos Xogos 2010

O domingo 1 de agosto procedeuse na Praza do Calvario á entrega de medallas e trofeos aos participantes e gañadores das diferentes modalidades deportivas dos XII Xogos Populares do Rosal, 2010. O acto estivo presentado polo mestre Rafael Martínez e contou -entre outros- coa presenza do alcalde rosaleiro, Jesús Mª Fernández Portela, o responsable local de Deportes, Ángel Martínez Villa e o concelleiro Eladio Fernández Port...

15 sept 2010

Curso de atención a maiores no domicilio

Cruz Roja Española dende a súa "Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño", convoca dentro das súas accións formativas de interese socio-sanitario, un curso de ATENCIÓN A MAIORES NO DOMICILIO dirixido a persoas de máis de 16 anos que estean interesadas en adquirir habilidades e coñecementos relacionados coa asistencia domiciliaria. Velaquí vos deixamos íntegro o seu comunicado:"El objetivo es dar a conocer de manera sencilla habilidades y herramientas...

Obradoiro de emprego do móbil para maiores

A "Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño" retoma os obradoiros para aprender o correcto emprego do teléfono móbil dirixido a maiores de 65 anos. Transcribimos literalmente o comunicado que recibimos na nosa Redacción: "Muchas personas mayores tienen un móvil o les gustaría tenerlo, pero no saben utilizarlo o tienen dudas en el momento de realizar alguna función (escribir mensajes, guardar números de teléfono en la agenda...)...

Carreira de cross. Clausura dos Xogos

Coas imaxes da carreira de cross do día 1 de agosto, que serviu de clausura dos Xogos Populares deste ano 2010, comezamos a publicación de todas as nosas reportaxes pendentes. En breve tamén daremos a coñecer as fotografías da entrega de medallas e trofeos de todas as modalidades deportivas, inmediata á finalización da dita carrei...

9 sept 2010

RUMBA DE TOMIÑO, DA AUTORÍA DE BERTA CASTRO

Estamos en tempos das Festas do Alivio (as festas grandes de Tomiño), e eu aínda que son rosaleira de nacemento, levo 8 anos sendo tomiñesa de adopción. Gustaríame adicar a esta terra unhas letras que escribín formando un canto de desafío para as que tomei como base as notas musicais da tan coñecida "rumba de Tomiño". É Tomiño unha terra musicalmente coñecida polas súas treboadas, quizais por atoparse preto do Norte de Portugal ou por motivos diversos...

8 sept 2010

Óscar Vicente triunfa en Edimburgo (Escocia)

Óscar, coa súa medalla, flanqueado polas concelleiras de Cultura e de Servizos Sociais O rosaleiro Óscar Vicente Rodríguez, que foi recibido onte no Concello, vén de conseguir no seu primeiro ano na categoría sub 23 unha sensacional medalla de bronce no Campionato do Mundo de Duatlón celebrado en Edimburgo (Escocia) o domingo 5 de setembro. Óscar, que dende esta temporada conta con novo adestrador (Luis Piña, seleccionador galego de Triatlón) formou...

1 sept 2010

Carta aberta a todos os nosos lectores/as

O Rosal, 1 de setembro de 2010. Estimados lectores e lectoras: Debido ás nosas últimas e distintas ocupacións, non nos é posible actualizar Noticias O Rosal coa asiduidade á que vos tíñamos acostumados. Sentímolo moito, pero estamos desbordados de traballo, así que intentaremos ir publicando pouco a pouco, en canto poidamos, as múltiples reportaxes que aínda hai pendentes...  Iso si, non vos preocupedes que non nos esquecemos, e sexa cando sexa, saírán á luz.  Dende que comezamos con esta "historia" de Noticias...