FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

30 may 2010

Estamos traballando no novo deseño... ¡Saúdos!

Estamos traballando e dándolle duro para publicar as reportaxes atrasadas e de actualidade, así como vendo a maneira de incorporar as distintas funcións que temos en mente no novo deseño. Desculpade as molestias, pero non vos preocupedes que nuns días Noticias O Rosal volverá coa súa acostumada actividade. ¡Saúd...

28 may 2010

Convenio Deputación-Concello para A Mata

O martes 4 de maio tivo lugar no Rosal a sinatura de convenio da Deputación de Pontevedra e o Concello para a construción dun campo de fútbol de herba sintética en A Mata. Rafael Louzán Abal, presidente da Deputación de Pontevedra e Jesús Mª Fernández Portela, alcalde do Rosal, asinaron en dependencias municipais o convenio, na presenza, entre outros, do vicepresidente provincial, José Manuel Figueroa e as concelleiras Charo Tabales Perozo e...

Rueda, conselleiro de Presidencia, no Rosal

O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, visitou o xoves 13 de maio o Concello do Rosal e o Xulgado de Paz da localidade, onde aproveitou para destacar a importante labor que desenvolven estes órganos, que contribúen de xeito decisivo a aliviar a conxestión dos xulgados galegos e a achegar a administración de xustiza aos cidadáns. En declaracións aos medios de comunicación ao termo da visita, Rueda recordou...

26 may 2010

Escolares do Suárez Marquier visitan o Concello

O xoves 13 de maio alumnos de 1º ciclo de Primaria do CPI Manuel Suárez Marquier, acompañados das súas respectivas profesoras, realizaron unha visita guiada polas dependencias municipais a cargo da concelleira de Cultura, Charo Tabales Perozo. Os rapaces puideron tamén efectuarlle preguntas ao alcalde Jesús Mª Fernández Portela, coñecer as distintas oficinas, o Xulgado ou mesmo ter unha “sesión extraordinaria” no Salón de Plenos. Podedes ver...

XXIV Aniversario da Agrupación Musical do Rosal

Tamén o sábado, ás 21:00 horas celebrarase un CONCERTO no Auditorio Municipal con motivo do XXIV ANIVERSARIO DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL coas actuacións da súa Banda e Co...

Exhibición Deportiva no Pavillón Municipal

Este sábado 29 de maio ás 18:00 horas terá lugar no Pavillón Municipal unha EXHIBICIÓN DEPORTIVA promovida polo ximnasio EXCALIBUR coa colaboración do Concello do Rosal e a ANPA do Manuel Suárez Marqui...

24 may 2010

O atleta David Gómez pasará polo quirófano

Segundo conta na súa propia web persoal, o decathleta olímpico rosaleiro David Gómez Martínez, terá que pasar finalmente polo quirófano para operarse do seu maltreito tendón. Será o día 4 de xuño na clínica Cemtro de Madrid, a cargo dos prestixiosos doutores Orava e Capapé. Dende Noticias O Rosal desexámoslle moita sorte e sobre todo unha rápida recuperación. Máis información en http://davidgomez.interatletismo.es/...

Reportaxe 2ª etapa do Camiño Portugués da Costa

O sábado 15 de maio preto de cincuenta peregrinos realizaron a segunda etapa do Camiño Portugués da Costa organizada polo Concello do Rosal. Esta vez a saída foi dende Baiona e a meta final, Chapela (Redondela). Nesta ocasión e dada a dificultade de orientación nalgúns tramos contouse coa colaboración da viguesa Asociación de Veciños O Freixo para guiar aos camiñantes e realizar -a bo seguro- a etapa máis dura desta...

20 may 2010

Dous equipos rosaleiros no Rali de Cerveira

Reportaxe (texto e fotos) realizada por Roberto Valladares.   A pasada fin de semana, 15 e 16 de maio, disputouse en Vila Nova de Cerveira a quinta proba do campionato puntuable para o Open de Ralis de Portugal coa presenza de dous equipos rosaleiros. Alí estiveron Javier Riveiro e Abel Martínez cun Peugeot 205 GTI, que despois de marcar unha crono interesante na Súper Especial do sábado víronse obrigados ao abandono no primeiro tramo...

18 may 2010

Primeira etapa polo Camiño Portugués da Costa

O sábado 8 de maio comezou a peregrinación por etapas do Camiño Portugués da Costa que organiza o Concello do Rosal. Xa moi cedo, antes da saída oficial os participantes da andaina recibiron a bendición do abade párroco D. Julio Ramos Rodríguez na igrexa de Santa Mariña. Nada máis finalizar este acto relixioso os peregrinos subiron a un autobús que os levaría ata o comezo do tramo do Rosal, en Portecelo e Sanxián. Nun ambiente de...