31 jul 2009
Inauguración capela de San Sebastián e Santa Ana
31.7.09
Comentar
30 jul 2009
Os muíños do Folón e Picón, atractivo turístico
30.7.09
Comentar
Misa solemne e procesión das Festas do Pilar
30.7.09
Comentar

28 jul 2009
Convenio de colaboración cultural entre o concello de O Rosal e Caixanova
28.7.09
Comentar
O martes 28 de xullo o Concello de O Rosal e Caixanova asinaron un convenio de colaboración para potenciar e desenvolver actividades sociais, educativas e culturais. A esta reunión asistiron por parte do Concello, o alcalde Jesús María Fernández Portela e a concelleira de Turismo, Ángeles Vicente Manzano. Pola parte de Caixanova estivo o director da Comarca, Lino Álvarez González así como Javier Rodríguez Castro, director da sucursal de O Rosal. Este convenio tivo por obxecto programar ditas actividades durante o presente ano 2009, tales como a actuación da Orquesta Clásica de Vigo que será o sábado 5 de setembro ás 20 horas no Auditorio Municipal ou a iniciativa “Cine Caixanova de Verán” que proxectará dúas películas ao aire libre: Kung Fu Panda (30 de xullo ás 23:00 h, no Parque de Pías) e Mamma Mía o 13 de agosto ás 21:30 h, na Praza do Calvario.
27 jul 2009
Presentouse no Auditorio Municipal o libro "Os muíños do Folón e do Picón na vila do Rosal"
27.7.09
Comentar
Fotografías: Ruth Martínez
O pasado luns 20 de xullo tivo lugar no Auditorio Municipal a presentación do libro "Os muíños do Folón e do Picón na vila do Rosal. Conxunto histórico-etnográfico de Galicia". Este acto contou coas intervencións do presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán Abal, do alcalde rosaleiro Jesús
María Fernández Portela e dos autores da publicación Xoán Martínez Tamuxe e Juan Ramón Martínez Barbosa. En palabras deste último "trátase dun libro de máis de duascentas páxinas con ilustracións a toda cor e en branco e negro, que conta co prólogo de Fernando Javier Costas Gober-

na do Instituto de Estudios Vigueses. É un repaso pola historia, pola evolu-
ción, polo pasado e presente destes enxeños hidráulicos... 67 en concreto, 36 muíños na parte do Folón e 31 na do Picón". Pola súa banda Tamuxe lembrou que: "Naceu a idea e proxecto da preparación deste libro por suposto non de carácter científico, senón divulgativo, a propósito da oportuna e case providencial iniciativa do Concello, de restaurar aqueles antigos e ultimamente arruinados e xa case lendarios e fantasmagóricos muíños do Folón e do Picón, cuxo deplorable estado clamaba ao ceo. Ante tal sorte e oportunidade de recuperar tan prezado e singular patrimonio, como é este conxunto industrial de carácter rural, sentiuse a conveniencia e necesidade de coñecelo na súa integridade. Pensouse por elo nesta publicación xa que así achegaría aos propios donos, aos rosaleiros e a calquera visitante o seu valor histórico, etnográfico, antropolóxico e socio-cultural, sen esquecer a súa posible repercusión no turismo galego".
Tanto o alcalde do Rosal, Sr. Portela como o presidente da Deputación, Sr. Louzán felicitaron aos autores por esta "árdua tarefa de profundizar e indagar na historia deste complexo etnográfico de Galicia". Facede click no seguinte enlace para ver a reportaxe desta presentación, que foi acompañada coa proxección nunha pantalla xigante dalgunhas fotografías que aparecen no libro:
En marcha a "campaña do condutor alternativo"
27.7.09
Comentar
A dirección xeral de Xuventude e Voluntariado, en colaboración coa dirección xeral de Mobilidade, veñen de por en marcha unha campaña para a potenciación da figura do condutor alternativo entre os grupos de mozos e
mozas que utilizan o vehículo privado como medio de despra-

zamento ás zonas de movida, completando así o círculo de posibilidades que comeza no Noitebús. O fin último é tentar que todos os condutores que saen de festa non proben nin unha soa gota de alcohol que, ao fin e ao cabo, segundo as estadísticas é o principal factor causante dos accidentes de tráfico. Máis de 40 mozos e mozas falecidos en accidente de circulación nos primeiros seis meses de 2009 é unha cifra demasiado tráxica para que as institucións quedemos cos brazos cruzados. Invitámosvos a potenciar esta figura de condutor altenativo entre tódolos mozos. (Esta é unha mensaxe do Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal).
23 jul 2009
Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia, visitou de maneira particular a Feira
23.7.09
Comentar

Reportaxe fotográfica da Feira (2ª parte)
23.7.09
Comentar
20 jul 2009
Reportaxe fotográfica da XVII Feira do Viño
20.7.09
Comentar
16 jul 2009
O noso recordo para Waldo Álvarez Álvarez
16.7.09
Comentar

15 jul 2009
O venres comeza a XVII Feira do Viño do Rosal
15.7.09
Comentar
14 jul 2009
O equipo "Sempre o Corte" disputou o sábado 11 de xullo o VI Rallye Sur do Condado GEDAS
14.7.09
Comentar
Podedes ver máis imaxes e vídeos deste Rally do Sur do Condado en: http://fotosvideosderali.blogspot.com/
Presentouse a XVII Feira do Viño do Rosal
14.7.09
Comentar
9 jul 2009
Campaña de captación de persoas voluntarias para actividades con nenos e nenas no Rosal
9.7.09
Comentar
Informa: Sandra Alonso. Este ano adiantamos as datas nas que o Concello do Rosal lanza a campaña de captación de voluntariado, habitualmente prevista no mes de setembro. É por isto que queremos difundir a mensaxe de que toda persoa que esté interesada en participar en actividades de voluntariado con nenos e nenas no Rosal, se dirixa ao Centro Social Polivalente ás oficinas de Información Xuvenil e da Educadora Familiar. Estas actividades se realizarán de luns a venres de 10.00 a 13.00 horas e consistirán en xogos e obradoiros de manualidades. Serán levadas a cabo por monitores titulados e as persoas voluntarias colaborarán con eles na realización das dinámicas. Os nenos e nenas participantes teñen entre 3 e 12 anos e estarán repartidos en grupos para facilitar a realización das actividades. A entidade comprométese a formar aos voluntarios e voluntarias e a rexistralos nun rexistro de persoas voluntarias, cumprindo todos os requisitos que a lei garantiza. O horario de oficina é de 8.00 a 14.00 horas no Centro Social Polivalente do Concello do Rosal, e o teléfono de contacto é o seguinte: 986 60 94 50. Se estás interesado en participar activamente, achégate e coñece os programas de voluntariado do teu concello. ¡¡¡¡Participa!!!!
Os lectores de Noticias O Rosal téñeno claro: o noso xentilicio é o de sempre, rosaleiro/a
9.7.09
Comentar
Hai tempo fixemos unha enquisa entre os lectores de Noticias O Rosal: "Dicionario da Real Academia Galega: rosalés-esa adx. 1. Do Rosal ou
dos seus habitantes. A costa rosalesa. O concello rosalés sitúase na comarca do Baixo Miño. // s. 2. Persoa natural ou habitante do Rosal. Unha rosalesa". A pregunta foi a seguinte: ¿Que xentilicio prefires? Rosalés/esa ou rosaleiro/a. Participaron 70 dos nosos lectores e o resultado foi claro: con case un 96% dos votos para a opción rosaleiro-a e tan só un 4% votaron a favor de denominarnos "rosaleses ou rosalesas". Por tanto, pola nosa parte e facéndovos caso por maioría absoluta, imos a seguir autoproclamándonos rosaleiros e rosaleiras.

O Auditorio acolleu a proxección do film "Cantos Rodados" e a actuación musical de Xerock
9.7.09
Comentar
O Ciclo CAPACITAD@S, incluído no "Verán cultural" organizado pola concellaría de cultura do Rosal, intenta amosar as capacidades das persoas que erroneamente veñen etiquetándose como “sen capacidades” (discapacidade, deficiencia, minusvalía, …) O domingo 5 de xullo abriuse este ciclo no Auditorio Municipal coa proxección do documental "Cantos Rodados", film dirixido polo ourensán Xoel Méndez, coa dirección de fotografía de Cuco Pino, a montaxe e posprodución de Rubén Lázaro, a prosprodución de son de Meli Souto e música de Xerock e Víctor Fuggetto. A produción executiva correu a cargo de Julio Casal e Mamen Quintas. Esta é a sinopse da cinta: "A música amansa ás feras pero... quen amansa á música? No ano 2003 impártese no centro de integración San Xerome (A Guarda) un taller de musicoterapia que ten un desenlace inesperado. Gene, malia a súa discapacidade severa, descobre unha abraiante destreza para a percusión.
Froito desta descuberta nace Xerock, unha banda de sanación e meditación composta por alumnos e traballadores de San Xerome. Este documental é un canto a prol da integración, unha homenaxe ao San Xerome e a Xerock, a estas vidas luídas polos infortunios da xenética. Cantos Rodados é unha mostra de coraxe e vitalidade, unha lección de rock. Un filme adicado a todos os que loitan por facer do noso ser, algo máis humano". Xusto ao rematar a proxección, os integrantes de Xerock ofreceron un fantástico concerto en vivo para os seus seguidores e asistentes a este acto músico-cultural. Velaquí vos deixamos algunhas fotografías, esperando en breve ofrecervos un pequeno vídeo desta actuación:
8 jul 2009
Homenaxe-Concerto a José Luis Lorenzo Rodríguez no Auditorio Municipal do Rosal
8.7.09
Comentar
O sábado 4 de xullo -e cun Auditorio Municipal cheo ata a bandeira- tivo lugar unha merecida homenaxe a José Luis Lorenzo Rodríguez, primeiro presidente da Coral Polifónica de A Guarda, fundador do Coro Arpegios e do Grupo de Acordeóns Mascarenhas.
Coro Arpegios Cantabile
O acto, que foi presentado polo abade párroco da Guarda, D. Jesús García Villadóniga, estivo cargado de emoción, lembranzas doutros tempos e sobre todo ledicia e boa música. Actuaron o grupo de guitarras Antorcha, dirixido por María José Baz, o Coro Arpegios Cantabile de voces blancas, tamén fundado por José Luis en 2008 como continuaución do Coro Arpegios e que hoxe dirixe Lucía Alonso Castro.
Grupo de Acordeóns Mascarenhas
Unha das moitas sorpresas foi a actuación a dúo de Seila Domínguez e Daniel Vilanova, xoves acordeonistas alumnos do homenaxeado, ou a inesperada do recoñecido mestre do acordeón, Jaime Vilas.
Coro Arpegios-Cantabile con Mascarenhas ao final da homenaxe
O Grupo de Acordeóns Mascarenhas tamén quixo brindarlle un tributo ao seu director e fundador, para cara ao final do acto e despois de multitude de agasallos e mensaxes de cariño, xuntarse cos antigos e novos integrantes do Coro Arpegios, interpretando o himno á Guarda, composto e finalmente dirixido -como colofón- por José Luis Lorenzo Rodríguez.
Despedida e "Carta abierta a los rosaleiros/as" de Manuel José Fernández Gómez “Machote”
8.7.09
Comentar
O venres 3 de xullo tivo lugar na Casa do Concello a despedida do funcionario municipal Manuel José Fernández Gómez “Machote”. Nun sinxelo pero emotivo acto os seus compañeiros/as de traballo tributáronlle unha pequena homenaxe, xa que despois de máis de 40 anos chegou o momento da súa xubilación. Aquí vos deixamos a "Carta abierta a los rosaleiros/as" da súa autoría:
6 jul 2009
A asociación "Senderistas de Ferrolterra" visita os muíños do Folón e unha coñecida adega
6.7.09
Comentar
2 jul 2009
Entrevistamos a D. Julio Ramos Rodríguez, abade párroco de Santa Mariña do Rosal
2.7.09
Comentar
Nesta ocasión, e tras recibir distintas peticións no noso correo electrónico, decidimos realizarlle esta entrevista ao abade párroco de Santa Mariña. Antes das correspondentes preguntas coñezámolo un pouco. D. Julio Ramos
Rodríguez naceu o 11 de setembro de 1949 na parroquia de Santa Cruz de Sendelle (Crecente). Estudou Latín e Humanidades no Seminario Menor de San Paio de Tui e rematou Filosofía e Teoloxía no Maior de San Xosé de Vigo. Foi ordenado sacerdote en Vigo o 14 de setembro de 1975. Entre outros destinos estivo de abade en Vilasobroso, San Salvador de Teis ou na parroquia do Sagrado Corazón de Xesús, en Vigo. En canto a cargos, a nivel diocesano, que alternou coa pastoral, anótanse os de: -Membro do Consello Diocesano de Economía (do ano 1981 ó 2001).-Vicerreitor, administrador e profesor do Seminario Maior (de outubro de 1985 a xuño de 1997). -Administrador da Escola de Maxisterio de Vigo (dende outubro de 1974 a setembro de 2004).-Colaborador da Administración da Diócese (dende o ano 1983 ata o 2000). Lembramos que foi nomeado abade-párroco de Santa Mariña da Vila do Rosal polo bispo Monseñor D. José Reboredo, substituíndo a D. Victorino Poutás Rodríguez e tomando posesión o 1º de novembro de 2006, Día de Todos os Santos. Aquí vos deixamos a nosa entrevista a D. Julio:
1 jul 2009
Entrega de medallas aos alumnos da Escola de Patinaxe do Rosal organizada pola Deputación
1.7.09
Comentar