TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

27 ene 2016

O equipo de Manolo Armán enfróntase en O Rosal ao filial da S.D. Teucro


Segundo se pode ler nas redes sociais, o equipo de Primeira Autonómica do Acanor Atlético Novás "afronta un choque importante este sábado 30 de xaneiro (O Rosal, 16:30 h), no que reciben ao líder, o filial da S.D. Teucro".

O equipo que dirixe Manolo Armán (de pé, á dereita da imaxe) "atópase en plena escalada, e coa do sábado pasado son catro vitorias consecutivas en liga que o sitúan na sexta posición ao remate da primeira volta".

Recalcan dende o club da vila que "a cita deste sábado servirá para comprobar o nivel do equipo e se é posible aspirar a cotas maiores, por iso dende a directiva facemos un chamamento a afección para que apoien ao noso filial".

0 comentarios:

Publicar un comentario