FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

29 ene 2016

O rosaleiro Marcos Dorado afronta novos retos co Balonmano Torrelavega

Fotos: Guillermo Alonso // BM Torrelavega O pivote de O Rosal, Marcos Dorado (ex do Novás e do Teucro), afronta co seu novo equipo BM Torrelavega (Primeira Nacional) o "tramo máis duro da costa de xaneiro cunha dobre xornada a domicilio". Segundo se pode ler na web do conxunto cántabro, xogará dous partidos en dous días, este sábado 30 e o domingo 31 de xaneiro: "Además de enfrentarse al Vinosvetusta.com Villa de Aranda, la escuadra naranja...

28 ene 2016

As Festas de Tabagón inícianse este venres 29 coa Subida do Artístico Arco

Esta fin de semana (29, 30 e 31 de xaneiro) celébranse en San Xoán de Tabagón as Festas na honra da Saúde e San Brais. Venres 29 de xaneiro Ás 13:00 horas, gran tirada de fogos. A partir das 15:00 horas, o grupo Os Terribles de Tomiño percorrerá o pobo e amenizará ás 18:00 horas a Subida do Artístico Arco*. Xa ás 20:00 horas, animado ambiente coa actuación do Grupo Adredde. Pequeno vídeo extraído do programa de...

27 ene 2016

O equipo de Manolo Armán enfróntase en O Rosal ao filial da S.D. Teucro

Segundo se pode ler nas redes sociais, o equipo de Primeira Autonómica do Acanor Atlético Novás "afronta un choque importante este sábado 30 de xaneiro (O Rosal, 16:30 h), no que reciben ao líder, o filial da S.D. Teucro". O equipo que dirixe Manolo Armán (de pé, á dereita da imaxe) "atópase en plena escalada, e coa do sábado pasado son catro vitorias consecutivas en liga que o sitúan na sexta posición ao remate da primeira volta". Recalcan...

Lucía Ameal, porteira da U.D. Ribera, convocada coa Selección Galega Sub-12

Lucía Ameal. Foto: U.D. Ribera Segundo podemos ler na web da U.D. Ribera de O Rosal, a gardameta Lucía Ameal Pereira vén de ser convocada coa Selección Galega de fútbol para preparar o Campionato Nacional de Seleccións Autonómicas Sub-12, que terá lugar en Andalucía do 22 ao 24 de abril deste ano 2016. ¡Dende Noticias O Rosal, a nosa norabo...

A Jalleira Afea promove no Baixo Miño unha moción en apoio do SPDCIF

Informa: A Jalleira Afea Moción a favor do SPDCIF (Servizo Público de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais). A asociación A Jalleira promove na comarca do Baixo Miño unha moción en apoio do servizo público de incendios forestais, a raíz da iniciativa impulsada pola asociación de profesionais do SPDCIF (APROPIGA), que xa ten aprobado a moción noutros concellos de Galicia e Deputación de Pontevedra. A Jalleira presenta nos...

Alex Tsybanev, máximo goleador do Acanor Atlético Novás con 72 goles

Alex, a punto de materializar un lanzamento de "sete metros". Foto: J.R. Alex Tsybanev é o máximo goleador do Acanor Atlético Novás de balonmán con 72 goles, tras dezaseis xornadas disputadas da liga de Primeira Nacional. Velaquí deixamos a táboa de goleadores do club do Rosal: 1. Alex Tsybanev - 72g 2. Roberto 'Harris' - 66g 3. Miguel Sío - 63g 4. Iago Flores - 52g 5. Manu Martínez - 38g 6. Miguel Trigo - 37g 7. David Lechuga...

Os cadetes e xuvenís do Acanor Novás rematan a Liga Regular na 5ª praza

Información e imaxes: Acanor Atlético Novás As categorías cadete e xuvenil remataron a fin de semana pasada a liga regular. Ambos equipos, que dirixen Víctor Armán e Nikolai Tsybanev respectivamente, finalizaron a competición doméstica ocupando a quinta praza, o que os deixou fóra da loita polo ascenso. Nos próximos días sortearase o calendario da Copa Federación Galega, na que participan os 16 equipos non clasificados para o ascenso....

Incentivo económico por diminuir e previr a sinistralidade laboral no Rosal

Informa: Concello do Rosal O Concello do Rosal acaba de recibir un incentivo económico por importe de 1.612,29 €, con cargo ao Fondo de Continxencias Profesionais da Seguridade Social. Tal aportación se fai ao amparo do Real Decreto 404/2010, de 31 de marzo, polo que se regula o establecemento dun sistema de redución das cotizacións por continxencias profesionais ás empresas que teñan contribuído especialmente á diminución e prevención...

26 ene 2016

Este sábado 30, Festival de bandas infantís e xuvenís no Auditorio do Rosal

Informa: Agrupación Musical do Rosal A Agrupación Musical do Rosal comprácese en convidalos ao Festival de Bandas Infantís e Xuvenís que terá lugar no Auditorio do Rosal este sábado día 30 de xaneiro ás 19:00 h. Éste será o primeiro acto dun ano que virá cargado de actividades xa que a Agrupación celebra neste 2016 o seu 30º aniversario. Nesta ocasión ademais da "Minibanda" e da nosa Banda Infantil, que serán as anfitrionas, participarán...

A Jalleira Afea convoca Asemblea Xeral e organiza unha saída ao río da Cal

A Jalleira Afea (Asociación Forestal e de Educación Ambiental) que preside a rosaleira Nuria Castro Martínez convoca e convida a socios/as e ao público en xeral á Asemblea, que terá lugar o sábado 30 de xaneiro (17:00 horas) no Salón de Exposicións do Rosal. Igualmente, ao día seguinte, domingo 31 de xaneiro e coa colaboración da Comunidade de Montes de Santa Mariña, haberá unha plantación no río da Cal. A saída será ás 9:00 horas dende a...

A 7ª edición de "A Carpa Carnaval de Fornelos" promete festa "non stop"

O vindeiro venres 5 de febreiro, dará comezo a sétima edición de "A Carpa Carnaval de Fornelos" en O Rosal, con motivo das tradicionais Festas de Entroido. Os organizadores do evento, Pablo Pérez, Riky Vicente, Óscar Castro e compañía, supéranse ano tras ano, garantindo aos asistentes á Carpa "5 días de festa non stop, 5 días coa mellor música". O venres 5, inauguran o espectáculo Groove Amigos, We Are Partyners e André Goberna. O sábado...

Novás celebra o seu Entroido 2016 recuperando tradicións como "O Maio"

Foto: J.R. // Noticias O Rosal O domingo 7 de febreiro (16:30 horas) darán comezo as Festas de Entroido de Novás coa Subida do Maio (tradición centenaria, recuperada nesta xuradía en 2014). Celebraranse tamén Xogos Populares e haberá chocolate quente e rosca. Foto: Aurora Lomba  Xa o luns 8 de febreiro, a partir das 16:30 horas, Gran Corrida do Galo.                  ...

22 ene 2016

Marzán acolle o domingo 24 de xaneiro a Romaría na honra de San Vicente

A Romaría de San Vicente (Marzán-O Rosal) celebrarase este domingo 24 de xaneiro de 2016. Dende primeiras horas da mañá, haberá música ambiental a cargo de Electrosil de Tomiño. A partir das 10:00 h, actuación do grupo de gaitas Os Pelouros (A Guarda). Durante a Romaría, serviranse "deliciosos callos caseiros". A misa solemne con sermón e procesión, será ás 12:00 horas, acompañada pola Coral da Agrupación Musical do Rosal. Rematada...

O Novás obsequia a cada socio cunha entrada gratis para recibir ao E.D. Poio

Informa: Acanor Atlético Novás Esta fin de semana comeza a segunda volta, na que o Novás, terceiro, recibe ao colista da competición, que aínda non estreou o seu taboeiro de puntos.  Con todo o plantel ao 100%, agárdase que os pupilos de Jota e Jimy sumen dous novos puntos despois da importante e complicada vitoria da xornada pasada ante o Embutidos Lalinense (26-24).  Con toda a segunda volta por xogarse, actualmente...

Tardes de encontro no Rosal para persoas que estean ou se sintan soas

Informa: Concello do Rosal Dende o Concello do Rosal queremos que aquelas persoas, maiores e non tan tanto, que por circunstancias se atopan soas, que queren encher o seu tempo, facer novas amizades, relacionarse, saír, espallar a cabeza, falar con xente, tomar un café, en definitiva compartir una tarde con outra xente que se atopa na mesma situación teñen agora a oportunidade de facelo. Somos conscientes de que de un día para outro isto...

21 ene 2016

O grupo Adredde actuará mañá nas festas de San Sebastián (Estás-Tomiño)

O grupo Adredde (na imaxe Manu, Maite e Cris) actuará mañá, venres 22 de xaneiro, a partir das 23:00 horas na parroquia de Estás (Tomiño) con motivo das grandes festas na honra de San Sebastián 2016. Xa o sábado 23 haberá verbena a cargo da orquestra Panamá e o grupo América S.L. O domingo 24, a partir das 12:00 horas, terá lugar a misa solemne na honra de San Sebastián.  Ás 13:00 horas, darán comezo as tradicionais poxas. Ao...

20 ene 2016

Abertas as inscricións para crear un grupo para saír a camiñar polo Rosal

Informa: Concello do Rosal ¿Pensas en facer DEPORTE pero non acabas de animarte? ¿Sintes a necesidade de moverte pero sigues facendo a mesma rutina? Se tes as túas mañás libres aproveita e vén con nós, axudarémosche a manter a túa vida un pouquiño máis activa. Inscricións no Servizo de Información Xuvenil 986625000 (Ext. 4) ou no email: informacionxuvenil@concellodorosal....

19 ene 2016

As mulleres do Rosal na Historia. Exposición de fotografía o 8 de marzo

Informa: Concello do Rosal O Concello do Rosal quere organizar unha EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍAS ANTIGAS, testemuño gráfico de mulleres do noso pobo. Unha aposta pola visibilización das mulleres do Rosal. O obxectivo é visibilizar o papel das mulleres no medio rural, pondo en valor a súa contribución ó desenvolvemento económico, social e cultural da nosa historia. Buscamos fotografías de mulleres no mundo agrario, o mar, telleiras, negocios...

18 ene 2016

Nace a BTT do Atlántico cun circuito polos montes da Guarda, Oia e O Rosal

Informa: Qualité Sport A primeira edición da marcha BTT do Atlántico inicia o vindeiro mércores 20 de xaneiro o seu período de inscricións. Esta proba non competitiva de 40 quilómetros vaise celebrar dende as 9:30 da mañá do domingo 20 de marzo e transcorrerá pola ruta de BTT que percorre a Serra da Groba, atravesando os concellos do Rosal, Oia e A Guarda. Precisamente, será neste último municipio onde se sitúen as...

O Entroido de Fornelos 2016 chega con moita festa, anual corrida e frixidelas

O agardado Entroido de Fornelos (O Rosal) terá lugar os días 7, 8 e 9 de febreiro de 2016. Ademais, a Comisión de Festas que preside Jorge Rodríguez Álvarez, vén de anunciar que o recinto estará cuberto cunha gran carpa. Velaquí vos deixamos o programa deste 2016: Domingo 7 Ás 9:30 horas da mañá, pasarrúas polo pobo a cargo de grupo de gaitas Trebón dos Xidos.  A partir das 11:00 horas, na Praza do Calvario, Gran Desfile. Dende...

13 ene 2016

Duelo de altos voos entre o Acanor Atl. Novás e o Embutidos Lalinense

Volve o balonmán a O Rosal cun duelo de "altos voos" correspondente á xornada 15 e que enfrontará este sábado 16 de xaneiro (19:00 horas) ao Acanor Atlético Novás e ao "potente Embutidos Lalinense, que chega ocupando a cuarta posición, empatado a puntos" co equipo da vil...

O rosaleiro Diego Santomé, bronce no Campionato de España de Ciclocross

Segundo podemos ler na web do Club Ciclista O Rosal, "este venres, sábado e domingo celebraronse en Torrelavega (Cantabria) os Campionatos de España de Ciclocross e ata alí nos desprazamos co equipo rosaleiro que participa nesta especialidade, agás María Correa, que se atopa convalecente dun accidente. As probas comezaban o venres coas especialidades de Relevos onde o C.C. O Rosal non tiña ningún participante e onde á Selección Galega se...

O Concurso-Desfile de Entroido do Rosal será o domingo 21 de febreiro

Informa: Concello do Rosal. O Concello do Rosal convoca o tradicional concurso de carrozas, comparsas, grupos e disfraces individuais que se celebrará con motivo do Entroido 2016, o domingo  21 de febreiro, ás 11:00 horas, na vila do Rosal (tras suspenderse por mal tempo os días 7 e 14). O desfile percorrerá a rúa Julio Sesto, desde a Rotonda da Feira e a rúa de Ramón Franco,  ata o cruce coa Lomba.   A inscrición...

O Rosal premia aos mellores lectores/as da súa Biblioteca Municipal

Informa: Concello do Rosal Onte a Biblioteca Municipal do Rosal celebrou o Día do usuario/a das bibliotecas. Premiou cun diploma e un libro aos mellores lectores da nosa biblioteca no ano 2015. * Categoría infantil, o mellor lector foi MIGUEL LIMA GONZÁLEZ, de 4 anos. * Categoría xuvenil, ÁNGELA GONZÁLEZ PÉREZ, de 11 anos. * Categoría de adultos, a nosa mellor lectora foi MARÍA CONCEPCIÓN MONDRAGÓN MENDIETA. Os volumes da biblioteca...

12 ene 2016

Resultados do Sorteo de Nadal da Asociación de Comerciantes do Rosal

Informa: Manuel Santos / ACOR Este é o resultado do Sorteo de Nadal 2015/2016 de ACOR (Asociación de Comerciantes de O Rosal) realizado o pasado venres 8 de xaneiro.  As persoas que teñan algúns dos números nos seus boletos de participación deben acudir aos establecementos "Activa Dixital", "Perfumería Pili" ou Tenda Paquín. A data máxima para reclamar os premios é o domingo 14 de febreiro de 201...