FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

27 may 2015

Bluscus organiza unha ruta guiada polo Folón e visita a Quinta de Couselo

Información e imaxes: Bluscus Turismo Marinero Velaquí vos deixamos -íntegra e en castelán- esta nota de prensa remitida por Bluscus, relativa á xornada mariñeira "Del Mar a la Tierra" celebrada o pasado 23 de maio en O Rosal, con ruta guiada polos muíños do Folón-Picón e maridaxe de viños na adega Quinta de Couselo. El sabor del mar se disfruta en O Rosal  Bluscus Turismo Marinero organizó el pasado 23 de mayo una nueva jornada...

O domingo, concerto polo 29 Aniversario da Agrupación Musical do Rosal

Informa: Agrupación Musical do Rosal Con motivo do seu 29º aniversario, a Agrupación Musical do Rosal ofrecerá un concerto este vindeiro domingo día 31 de maio ás 18:30 horas no Auditorio da vila, baixo a dirección de Carlos Ramón Pérez. No seu programa interpretarán o pasodobre Begoña Jiménez de Saül Gómez Soler, os catro movementos da Divina Comedia de Robert W. Smith (Inferno, Ascensión, Purgatorio, Paraíso), a Suite Galaica de Antón...

14 may 2015

Comezan as tradicionais Festas de San Isidro en O Rosal (15 e 16 de maio)

O Rosal celebra esta fin de semana (15 e 16 de maio) as tradicionais Festas de San Isidro. VENRES 15 O venres 15 de maio a partir das 21:00 horas, verbena coas orquestras Alabama e Ibiza. SÁBADO 16 O sábado 16 de maio, ás 10 da mañá, pasarrúas a cargo do grupo de gaitas A Boalleira (A Gándara-A Guarda). Ás 12 horas, misa solemne, con sermón e procesión. A partir das 19:00 horas, presentación da orquestra Anduriña. Ás 20:00...

12 may 2015

A Agrupación Musical do Rosal celebra no Calvario o Día das Letras Galegas

A Agrupación Musical do Rosal organiza este domingo 17 de maio, Día das Letras Galegas, unha serie de actividades na Praza do Calvario para conmemorar esta sinalada efeméride, dedicada este ano á figura do escritor Xosé Filgueira Valverde. Tal e como reza o cartel anunciador, haberá unha Feira de Artesanía, tapas e viños do Rosal, xogos, obradoiros e diferentes actuacións musicais. Colaboran -entre outros- o Concello, + K Arte, a Comunidade...

Atl. Novás vs Frigoríficos Cangas nas Semifinais da Copa Deputación

Hoxe, martes 12 de maio, ás 21:00 horas, o pavillón municipal do Rosal acolle o último partido de preparación de cara á Fase de Ascenso, correspondente ás semifinais da Copa Deputación. O Novás, tras doblegar a Chapela pola mínima o pasado xoves, recibe ao quinto clasificado na Liga ASOBAL, o Frigoríficos Cangas do Morrazo. A entrada é gratuít...