FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

31 mar 2015

O rosaleiro Óscar Vicente, Subcampión de España de Duatlón por equipos

Óscar (2º pola dereita) e o seu equipo. (Foto: Diario de Mallorca) O deportista rosaleiro Óscar Vicente Rodríguez (Mallorcatraining M3T Bimont-3G) vén de proclamarse esta fin de semana en Avilés subcampión de España de Duatlón por equipos, categoría élite, modalidade contrarreloxo. Tal e como se pode ler no Diario de Mallorca, o conxunto -ademais do noso veciño- estaba formado por Miguel Miniño, Biel Oliver, Andreu Marimon e Andreas Lindén. Dende...

O Rosal acolle o sábado 4 de abril o V Torneo Fútbol Infantil U.D. Ribera

O Estadio Municipal da Mata (O Rosal) acollerá este sábado 4 de abril o V Torneo Fútbol Infantil U.D. Ribera coa participación dos seguintes equipos:  Pontevedra C.F. (gañador da última edición) Pabellón Ourense C.F. Porriño Industrial F.C.  E.D. Val Miñor Sporting Guardés Coruxo F.c. C.D. Areosa U.D. Ribera (anfitrión) Máis información aquí....

19 mar 2015

O coro Ecos do Folón de Fornelos cantará na misa de San José en Novás

Este venres 20 de marzo, a partir das 12:30 horas o coro Ecos do Folón (Fornelos-O Rosal) que dirixe Jorge Fernández González actuará en Novás con motivo das Festas na honra de San José. Máis información desta festividade, aqu...

10 mar 2015

O día 20, Concerto "Inspiracións" da banda da Agrupación Musical do Rosal

Informa: Agrupación Musical do Rosal O vindeiro día 20 de marzo ás 18:30 horas terá lugar un concerto no Auditorio a cargo da banda de música da Agrupación Musical do Rosal baixo a dirección de Carlos Ramón Pérez. O concerto leva por nome "Inspiracións" e consta dun programa variado centrado en dúas das principais fontes de inspiración para os autores de música de banda: a inspiración nos clásicos e a inspiración na música de jazz. Interpretaranse...

8 mar 2015

Festas de San José en Novás no XX aniversario da publicación do seu libro

O xoves 19 de marzo, coa apertura da cantina ás 22:00 horas, dará comezo a Festa de San José na xuradía de Novás. O venres 20 de marzo celebrarase a misa na honra do santo ás 12:30 horas, sendo cantada polo coro Ecos do Folón.  A cantina estará aberta en compaña dun "pulpeiro". Este 2015 cúmprense 20 anos da publicación do libro Ermita de San José de Ventosela. Apuntes históricos, da autoría do investigador rosaleiro Xoán...

5 mar 2015

Actuación do grupo de baile Xamaraina no Auditorio Municipal do Rosal

O grupo de baile Xamaraina, ao igual que o pasado ano 2014, volverá a actuar no Auditorio do Rosal con motivo do Día Internacional dos Dereitos da Muller. A cita, este sábado 7 de marzo ás 20:00 hora...

Os Muíños do Folón-Picón, protagonistas dun documental de Miño Films

DOCUMENTAL SOBRE OS MUÍÑOS DO FOLÓN-PICÓN   O conxunto histórico-etnográfico dos 67 Muíños do Folón-Picón (O Rosal, Pontevedra) será o protagonista dun documental que xa se atopa na fase de gravación e que conta –entre outros- coa colaboración do Concello do Rosal, da Comunidade de Montes de Santa Mariña e de O.L.V.R. Coordinado pola produtora audiovisual rosaleira Miño Films, o documental pretende “divulgar e dar a coñecer este...

4 mar 2015

"Os Broders" ofrecerán este sábado 7 un concerto no Bar A Competencia

Foto: Os Broders Este sábado 7 de marzo o Bar-Tapería A Competencia, rexentado por José Enrique Rodríguez Vicente, acollerá a partir das 21:30 horas un novo concerto do grupo musical "Os Broders", que chegarán á nosa vila dende o Barco de Valdeorras (Ourense). A entrada é libr...

O Acanor Novás encoméndase en O Rosal "á mellor afección da categoría"

A incondicional afección do Novás soña cunha nova Fase de Ascenso  POLA MÍNIMA Informa: Acanor Atlético Novás Así se levan decidido os dous compromisos que disputaron Acanor Novás e Balonmán Cisne ata o de agora. No torneo estival que organiza o equipo rosaleiro ambos conxuntos acadaron a final, que  se resolveu pola mínima (27-26), a prol dos locales. Na primeira volta da competición doméstica a palma levousa a entidade que...

3 mar 2015

Parabéns á rosaleira Argentina Álvarez Vicente, que vén de cumprir 100 anos

Segundo lemos na páxina web municipal, "a rosaleira Argentina Álvarez Vicente, foi homenaxeada e felicitada polo Concello do Rosal o venres 27 de febreiro con motivo do 100 aniversario do seu nacemento (27-2-1915). Ata a casa de Argentina en Pancenteo (Marzán) se achegaron a tenente de alcalde e concelleira de Servizos Sociais, Mª Carmen Alonso e a responsable de Cultura, Charo Tabales Perozo. A nosa veciña centenaria, nun sinxelo...

Reportaxe fotográfica da "Andaina de Santa Cruz a San Lourenzo"

Velaquí vos deixamos o enlace á reportaxe fotográfica realizada polo guía rosaleiro nesta "1ª Andaina de Santa Cruz A San Lourenzo", organizada conxuntamente polos concellos de A Guarda, O Rosal e Tomiño. REPORTAXE FOTOGRÁFICA....

Vitoria de Gabriel Marcelli en Lleida no Campionato de España de Trial

Foto: Gabriel Marcelli // J.C. Vázquez O piloto rosaleiro Gabriel Marcelli Carballido, en categoría júnior, vén de conseguir unha vitoria na proba celebrada esta fin de semana en La Clua de Basella (Lleida), valedeira para o "SPA RFME Campeonato de España de Trial Individual 2015". Foto: J.C. Vázquez Velaquí vos deixamos un enlace coa crónica deste evento, publicada na web oficial da Federación Galega de Motociclismo. ¡¡Dende Noticias...