25 abr 2014
O 10 DE MAIO, XIV ANDAINA “VAL DO ROSAL. O PARAÍSO DENDE AS ALTURAS”
A XIV Andaina “Val do Rosal. O Paraíso dende as alturas”
do programa deportivo-cultural “O Rosal. Coñece o teu concello” que estaba
prevista para o 26 de abril, aprázase por mal tempo, en principio, ata o
vindeiro sábado 10 de maio de 2014.
Nesta ocasión percorreranse os montes do Campo do Couto,
subindo ao punto máis alto e estratéxico da vila, onde se poderá disfrutar
dunha impresionante e marabillosa paisaxe cara ao Val do Rosal e á
desembocadura...
SHOW DE BACHATA SENSUAL DE "JOSE & ROSY" NO SINGULAR (A GUARDA)
25.4.14
Comentar

Os bailaríns rosaleiros, Jose & Rosy, recoñecidos artistas internacionais, actuarán este venres 25 de abril, á noite, no Singular (A Guarda) ofrecendo un "Show de bachata sensual", a bo seguro, un espectáculo digno de presenciar.
Xa o domingo 27, Jose & Rosy desprazaranse ata Barcelona para actuar no Esencia Salsa Club.
¡Dende Noticias O Rosal, moitos éxitos e de novo a nosa norabo...
24 abr 2014
FESTAS DE "SAN JOSÉ OBREIRO" EN NOVÁS (30 DE ABRIL E 1 DE MAIO)

O mércores 30 de abril e o xoves 1 de maio terán lugar en Novás (O Rosal) as agardadas festas na honra de "San José Obreiro".
O día 30, gran verbena a cargo das orquestras ISMAEL e ALCÁZAR, que se prolongará ata altas horas da madrugada.
O día 1 de maio, ás 11:30 horas, acompañado do GRUPO DE GAITAS A BOALLEIRA, baixada do Santo en procesión ata a Praza, onde se celebrará ás 12:00 horas unha Misa de Campaña na honra de San José, cantada...
O ROSAL CELEBRA ESTE DOMINGO 27 DE ABRIL A SÚA XI FEIRA DO LIBRO

O vindeiro domingo 27 de abril celebrarase a XI Feira do Libro do Rosal, que se organiza anualmente dende a concellaría de Cultura que preside Charo Tabales Perozo.
A partir das 12 da mañá, contacontos, maxia e guiñol. Xa a partir das 17:00 horas, obradoiro de "marcapáxinas monstruosos".
Durante todo o día haberá un desconto do 20% na merca de libro...
CINE NO ROSAL. PROXECCIÓN DA PELÍCULA "MONSTRUOS UNIVERSITY"

Este sábado 26 de abril, a partir das 18:30 horas, cine no Auditorio Municipal do Rosal coa proxección da película de animación, Monstruos University.
Segundo se pode ler en Filmaffinity: "Mike Wazowski y James P. Sullivan son amigos inseparables, pero no siempre fue así. Cuando se conocieron en la Universidad, no se podían soportar, pero acabaron superando sus diferencias y se convirtieron en los mejores amigos. Precuela de la exitosa Monstruos...
23 abr 2014
CONFERENCIA PÚBLICA IMPARTIDA POR MARÍA PAREDES MARTÍNEZ
23.4.14
Comentar

Informa: Jasmin Martínez Paredes
O Centro Cultural da Guarda acolle este venres 25 de abril, ás 20:00 horas, unha conferencia sobre o tema "Afrontar el proceso de muerte desde la felicidad ¡es posible!" a cargo de María Paredes Martínez, asesora psicoespiritual voluntaria.
María orienta, asiste e acompaña a pacentes e familiares no proceso de achegamento ao umbral da morte. Ademais é autora dos libros: Mi indescriptible camino. Una...
22 abr 2014
COMIDA DE CONFRATERNIDADE PARA CELEBRAR O XV ANIVERSARIO DE ACOR

Segundo se comunica dende a Oficina Municipal de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Rosal, o vindeiro domingo 11 de maio ás 14:00 horas, terá lugar no Restaurante Juan unha comida de confraternidade para conmemorar o XV Aniversario da Asociación de Comerciantes e Industriais do Rosal (ACOR), que preside José Martínez González (Pepe Berdeal).
Igualmente, ACOR está preparando a campaña do Día da Nai, celebrando un sorteo o xoves...
16 abr 2014
O ESCRITOR ROSALEIRO JOSÉ MARTÍNEZ DE SOUSA PUBLICA NOVO LIBRO

Hai uns días foinos remitido á nosa Redacción a terceira edición do libro Ortografía y ortotipografía del español actual, da autoría de José Martínez de Sousa, recoñecido escritor, lexicógrafo e técnico editorial rosaleiro, afincado en Cataluña.
A obra, que está dedicada novamente á súa muller, Pili, consta de 560 páxinas, onde se propón introducir ao lector "en el conocimiento de la ortografía usual y al propio tiempo en el de la...
O RIBERA, CAMPIÓN INVICTO, CONSEGUE O ASCENSO Á 1ª AUTONÓMICA

Dende Noticias O Rosal a nosa noraboa ao equipo infantil da U.D. Ribera de fútbol, que como se pode ler na súa web, completou unha "magnifíca temporada" ao proclamarse campión sen perder ningún partido e logrando desta maneira o ascenso á 1ª Autonómica por primeira vez na súa historia.
Os nosos parabéns ao seu adestrador Sergio Rodríguez Teixeira e aos seus porteiros, Marcos López e David Telleira, que foron os cancerbeiros menos goleados.
Destacar...
9 abr 2014
O RIBERA INFANTIL XÓGASE O ASCENSO ESTE SÁBADO 12 DE ABRIL NA MATA

Información e fotografía: U.D. Ribera
Os infantís do U.D. Ribera xóganse o ascenso na última xornada de Liga fronte ao Erizana. A cita, este sábado 12 de abril ás 16:30 horas, no Estadio Municipal da Mata.
Despois dunha disputada temporada, a liga se decidirá na última xornada, este sábado. O Ribera encabeza a clasificación con 61 puntos (19 vitorias, 4 empates e 0 derrotas), mentras que o Gondomar ocupa a segunda praza con 60 puntos,...
8 abr 2014
O NOVÁS E CONRAZONES ÚNENSE EN O ROSAL POR UNHA BOA CAUSA

Este sábado 12 de abril (19:30 horas) o Mecalia Atlético Novás despide no pavillón municipal do Rosal a Liga, xogando contra o BM Artabro e colaborando unha vez máis coa asociación solidaria Conrazones (dedicada "á axuda a familias e persoas en situacións de extrema necesidade").
Tal e como reza o cartel, dende o club de balonmán da vila animan a levar 1kg de alimentos "leite, conservas, aceite...", recibindo a cambio unha entrada...
7 abr 2014
CAMIÑO DE SANTIAGO DENDE O ROSAL PARA MAIO E XUÑO DE 2014

O Concello do Rosal organiza unha peregrinación a Santiago de Compostela polo Camiño Portugués da Costa, que se realizará en tres fins de semana. Para máis información e inscricións poden contactar co Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal (986 62 50 00).
CAMIÑO DE SANTIAGO DENDE O ROSAL
24 e 25 de maio
Día 24 de maio: Tramo O Rosal-Ramallosa
Día 25 de maio: Tramo Ramallosa-Chapela
31 de maio...
CONSULTA DO CENSO PARA AS ELECCIÓNS AO PARLAMENTO EUROPEO
7.4.14
Comentar

Informa: Concello do Rosal
Con motivo da celebración das Eleccións ó Parlamento Europeo o vindeiro 25 de maio de 2014, o Censo Electoral poderase consultar dende o 7 ao 14 de abril, ambos inclusive, en horario de 8:00 a 15:00 horas no Concello do Rosal....
ACOR ORGANIZA UN CURSO DE MANIPULADOR DE ALIMENTOS EN O ROSAL
7.4.14
Asociación de Comerciantes do Rosal (ACOR), Centro Social Polivalente, José Martínez González (Pepe Berdeal)
Comentar

José Martínez González (Pepe Berdeal) / ACOR
A Asociación de Comerciantes do Rosal organiza un curso de manipulador de alimentos que terá lugar o vindeiro mércores 30 de abril, de 10 a 13:30 horas no Centro Social Polivalente.
As persoas interesadas poden anotarse no teléfono 628 87 50 29....
2 abr 2014
O ROSAL E O ATLÉTICO NOVÁS SOLICITAN SER SEDE DO SECTOR DE ASCENSO

Foto: Andrés Senra / Mecalia Atlético Novás
O Mecalia Atlético Novás vén de solicitar oficialmente ser sede do sector de Ascenso á "División de Honor Plata" do balonmán nacional.
Segundo se afirma dende o club rosaleiro "xunto ao formulario preceptivo que a Federación Española solicita, elaborouse un extenso dossier no que destacan as instalacións, oferta hoteleira e conexións coa nosa vila".
O Novás conta ademais, co apoio e colaboración...
O IV TORNEO DE FÚTBOL INFANTIL U.D. RIBERA CELÉBRASE O 19 DE ABRIL

O IV Torneo de Fútbol Infantil U.D. Ribera celebrarase o vindeiro sábado 19 de abril no Estadio Municipal de A Mata (O Rosal), de novo con equipos de primeiro nivel.
Tal e como reza o cartel disputarán este campionato: Coruxo F.C., Porriño Industrial F.C., C.D. Areosa, Pontevedra C.F., Sporting Guardés, R.Deportivo da Coruña, E.F. Lalín e o anfitrión, a U.D. Ribera.
...
1 abr 2014
REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIII EDICIÓN DAS ANDAINAS POR O ROSAL
Velaquí vos deixamos o enlace á reportaxe fotográfica realizada polo guía cultural Juan Ramón Martínez Barbosa, con motivo da XIII edición das Andainas "O Rosal. Coñece o teu concello", que tivo lugar o pasado 15 de marzo deste 2014.
Lembramos que esta última camiñata percorreu o tramo do Vial, levando aos participantes por Lagos, Carrascal, Pías, Morán, San Xoán de Tabagón e mesmo polo Sendeiro de Pescadores do Río Miño-Tamuxe.
A próxima...
O ROSALEIRO JAVI DÍAZ, NO TOP 5 DOS GARDAMETAS DA LIGA ASOBAL

Foto: Villa de Aranda
O porteiro de Fornelos, Javi Díaz, que milita no Club Balonmano Villa de Aranda, na máxima categoría do balonmán nacional, a Asobal, é noticia tras a súa gran actuación fronte ao Helvetia Anaitasuna.
Segundo lemos no perfil de facebook do Villa de Aranda o rosaleiro está "en la cuarta posición de la clasificación de porteros, con una media del 29'06 %", con 256 paradas....
CONVOCADA A VIII EDICIÓN DO CERTAME FOTOGRÁFICO "VIAXANDO"

Na fotografía retrospectiva, de esquerda a dereita, a responsable da OMIX do Rosal, Silvia Baquero Pereira; o da OMIX de Salceda, Humberto Rey; a gañadora de 2008, a rosaleira Mª Esther Álvarez e a concelleira de Mocidade de Salceda, Teresa Pérez.
A Oficina Municipal
de Información Xuvenil do Concello do Porriño, convoca para este ano 2014 a 8º
edición do Certame fotográfico "Viaxando".
O obxecto de dito certame é a promoción de actividades...
CURSO DE INFORMÁTICA NO CENTRO SOCIAL POLIVALENTE DO ROSAL

O vindeiro luns 7 de abril comezará no Centro Social Polivalente do Rosal un Curso de Informática dirixido a persoas que teñan coñecementos básicos na materia.
Celebrarase os luns e mércores de 10 a 11:30 horas, cun total de 9 horas. O prezo será de 12 euros.
Se estás interesado/a podes contactar co Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal, chamando ao teléfono 986 62 50 00.
...