27 feb 2014
CELEBRACIÓN AO GRANDE DO EQUIPO BENXAMÍN "B" DA U.D.RIBERA
Onte, mércores 26 de febreiro, o Bodegón-Tapería Os Seixiños. "O Bar do Trinta" acolleu unha celebración por todo o alto do equipo benxamín "B" da U.D. Ribera de fútbol (O Rosal).
Convidados polo seu adestrador, "Sevi", que un día antes estivera de aniversario, os futbolistas do Ribera disfrutaron ao grande dunha merenda-cea, con tapas e churrasco, cantando consignas de ánimo, xogando ao futbolín ou a playstation, mentres tamén vían...
PRIMEIRO TORNEO DE FUTBOLÍN DAS FUTURAS PROMESAS DO BAIXO MIÑO
27.2.14
Comentar

O Bodegón-Os Seixiños situado na Gándara (A Guarda), co seu xerente, o rosaleiro Sergio Rodríguez Rodríguez "Trinta" acollerá este domingo 2 de marzo a partir das 15:30 horas, o I Torneo de Futbolín Infantil-Juvenil do Baixo Miño, no que se poderán apuntar rapaces e rapazas de entre 10 e 18 anos "ambos inclusive" para disfrutar deste xogo tradicional galego.
Para inscribirse ou para máis información podedes enviar un correo a obardotrinta@gmail.com...
¿QUE É O MAIO DE NOVÁS? CASE 50 ANOS DESPOIS VERASE NO ENTROIDO
27.2.14
Comentar
Tras recibir varias preguntas dos nosos lectores, despois da publicación da nosa última entrada do blog con respecto a en que consistía a recuperación do "Maio de Novás", investigamos un pouquiño sobre esta celebración.
Quizais levántanse os maios en lembranza da diosa da mitoloxía romana "Maya", coincidindo coa inmimente chegada da primavera.
Con respecto ao Maio de Novás, e segundo afirmaba Eduardo Martínez González "O Paxoro" no...
25 feb 2014
AS FESTAS DE ENTROIDO EN NOVÁS DAN COMEZO ESTE DOMINGO 2 DE MARZO
Foto: Luisa Fernández
Este domingo 2 de marzo, a partir das 16:30 horas, dan comezo as Festas de Entroido en Novás coa SUBIDA DO MAIO (recuperación de tradición centenaria que leva 46 anos ausente nesta xuradía).
Ademais celebraranse XOGOS POPULARES, haberá chocolate quente e rosca.
O luns 3 de marzo, ás 16:30 horas, GRAN CORRIDA DO GALO.
Para finalizar, o martes 4 de marzo, a partir das 18:00 horas, tradicional...
CONCERTO DE DEIXANDAR NA III FESTA DE ENTROIDO "DA-LHE CO SACHO"

Deixandar, grupo rosaleiro de música tradicional galega, actuará este venres 28 de febreiro (22:00 horas) xunto con O Son da Triga, do Condado, na terceira edición da festa de Entroido, "Da-lhe co Sacho", organizada polo Centro Social Fuscalho (A Guarda).
Tale como reza o cartel, a partir das 19:00 horas, haberá xogos populares (zancos, lanzamento de boina...), premio ao mellor disfraz, etc.
Máis información: http://fuscalh...
CONVÓCANSE OS CURSOS CELGA 2014 NAS ESCOLAS DE IDIOMAS

Segundo comunica o Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal, "a Consellería de Educación convoca os cursos preparatorios dos CELGA dos niveis 1, 2, 3 e 4 para o ano 2014.
Os cursos impartiranse entre marzo e maio.
O prazo de presentación será ata o 7 de marzo".
Máis información: 986 62 50 0...
21 feb 2014
TAPERÍA DE A GUARDA OFRECE TRABALLO A COCIÑEIRO/A CON EXPERIENCIA

Publicamos agora, a oferta inaugural de traballo no Baixo Miño.
Tapería de A Guarda (Pontevedra) precisa de cociñeiro/a con experiencia, para incorporación inmediata.
Valoraranse de forma positiva os coñecementos do candidato/a na elaboración de menús e tapas, así como en repostería.
Envía, pois, o teu currículum a emprego@noticiasorosal.es co asunto COCIÑEIRO/A TAPERÍA e faremos chegar a túa mensaxe canto antes...
PUBLICACIÓNS GRATUÍTAS DE OFERTAS E DEMANDAS DE EMPREGO

A partir de agora -por diferentes suxestións enviadas á nosa Redacción- publicaremos en Noticias O Rosal e de forma gratuíta, ofertas e demandas de emprego para axudar aos nosos veciños/as e lectores en xeral.
Cumpriremos por suposto, a Lei Orgánica de Protección de Datos e limitarémonos unicamente a ser a canle de unión e contacto entre a empresa e/ou o solicitante do emprego. Podes enviar o teu currículum (indicando que traballo te gustaría...
20 feb 2014
O ROSALEIRO DIEGO ÁLVAREZ, A PUNTO DE XOGAR CO REAL MADRID
Segundo acabamos de comprobar no Ranking do Movistar Real Challenge*, o deportista rosaleiro Diego Álvarez Fernández, estivo a piques de conseguir o seu soño, xa que rematou finalmente na posición 22ª (de ¡3094 participantes!)
Iso si, Diego entra -polo momento- nos xogadores suplentes. En declaracións a Noticias O Rosal hai uns intres, dende Madrid confesábanos que "non contaba con quedar tan ben. Estou moi contento. Aínda que non entrei...
CHAMAMENTO Á CIDADANÍA DA SOCIEDADE ATLÉTICA DO TREGA

Velaquí vos deixamos este pequeno comunicado da Sociedade Atlética do Trega que se pode ler no seu perfil oficial de Facebook:
"Queremos facer un chamamento á cidadanía para que se acerquen o día 22, a partir das 10:45, ata o Camping Santa Tecla e presencien, realizándose por primeira vez e de forma conxunta, o Campionato Provincial Escolar e o Campionato Galego de Discapacitados, onde participarán xóvenes deportistas de toda a provincia...
IVÁN RODRÍGUEZ MACEIRAS, SUBCAMPIÓN DE ESPAÑA DE LONXITUDE

Iván R. Maceiras, no podium. (Foto: Concello do Rosal)
O rosaleiro Iván Rodríguez Maceiras (S.G. Pontevedra), proclamouse Subcampión de España de Lonxitude, por detrás do vencedor final, Vicente Guardiola Póveda (UCAM-Cartagena) no "XXVII Campeonato de España Promesa en Pista Cubierta", celebrado hai uns días en Antequera (Málaga).
¡Dende Noticias O Rosal, a nosa noraboa, Iván!...
O COLECTIVO CARBALLAS ORGANIZA O VENRES 21 UN ACTO NO ROSAL

Este venres 21 de febreiro (20:00 h.), o Colectivo Socio Cultural Carballas organiza no Centro Social Polivalente do Rosal unha charla-coloquio, con proxección de vídeo, titulada: "Outra Banca é posibl...
U.D. RIBERA vs GOIÁN F.C., ESTE DOMINGO 23 DE FEBREIRO, NO ROSAL

O equipo senior da U.D. Ribera de fútbol xoga este domingo 23 de febreiro contra o Goián F.C. (Estadio Municipal da Mata, O Rosal, 16:15 h.).
Pola súa banda, o plantel feminino desprázase ata Candeán (12:00 horas).
Os xuvenís enfróntanse o sábado 22 de febreiro (16:00 h.), na casa, ao C.D. Ribadelouro.
¡Deixámosvos o horario dos encontros para esta fin de semana, desexándolle moita sorte a todas as categorías do Ribera!
Máis i...
MÁIS DE 600 ATLETAS NO CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS
Este sábado 22 de febreiro levarase a cabo o
Campionato Galego de Campo A Través para persoas con discapacidade no Camping de Salcidos (A Guarda) a partir das 10.30h.
Participarán 130 atletas dos seguintes clubes: Aceesca
(Porriño), Aspanaex (Vigo), Asdán (Vigo), Esclavas (Mos), Juan XXIII
(Pontevedra), Racing Chapela (Redondela), Os Helenos (Monforte) e San
Xerome (A Guarda).
Como novidade, cabe destacar que se realizará de forma
conxunta...
19 feb 2014
"JOSE Y ROSY" ACTUARÁN ESTE SÁBADO 22 NO PUB KENZO (A GUARDA)
.jpg)
A coñecida parella rosaleira de bailaríns "Jose y Rosy", tras o seu recente paso polo evento mundial "Bachatea World Congress", celebrado en Madrid, actuará este sábado 22 de febreiro (0:00 horas) aquí pretiño, en concreto no Pub Kenzo (antigo Guess, A Guarda...
CURSO DE PRIMEIROS AUXILIOS E SOCORRISMO TERRESTRE DE CRUZ ROJA

Informa: Neli Rodríguez / Cruz Roja.
La acción formativa tendrá una duración
de 40 horas y se celebrará los días 8, 15, 22, 29 de marzo y 5 de abril de 2014.
Cruz Roja Española en A Guarda informa de que todavía quedan plazas para este curso, dirigido a personas mayores de 16 años,
que estén interesadas en adquirir conocimientos acerca de Primeros Auxilios.
El curso de Primeros Auxilios, baremable para el Sergas, con...
PROBAS OBTENCIÓN DO GRADUADO EN ESO PARA MAIORES DE 18 ANOS

PROBAS OBTENCIÓN GRADUADO EN ESO PARA MAIORES DE 18 ANOS
Convoca: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Contido: Probas libres para a obtención do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria para maiores de 18 anos.
Requisitos:
- As persoas deben ter cumpridos os 18 anos o día anterior á data de realización da proba.- Non estaren matriculadas na ESO, na ESA ou no 2º curso dun PCPI
Matrícula- Convocatoria...
11 feb 2014
O DEPORTISTA ROSALEIRO DIEGO ÁLVAREZ FERNÁNDEZ NECESITA O TEU VOTO

Diego en "La Ciudad del Fútbol de Las Rozas" (Madrid). Foto: Patricia F.
O rosaleiro Diego Álvarez Fernández, que lembramos está en Madrid preparándose para obter o título oficial de Técnico Deportivo, participa na actualidade no concurso Movistar Real Challenge, atopándose grazas aos votos recibidos, nun incrible ¡¡posto 32º!! de entre máis de 3000 xogadores.
Para axudalo a seguir gañando puntos e así cumprir o seu sono de adestrar...
7 feb 2014
ESTE SÁBADO 8, BINGO A BENEFICIO DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL

Este sábado 8 de febreiro, ás 22:00 horas, no Restaurante Juan da vila, volve o Bingo a beneficio da Agrupación Musical do Rosal con diferentes premios, entre os que se atopan lotes de comida, vales de combustible ou aínda un televiso...
5 feb 2014
O BAR DO TRINTA ACOLLE UN NOVO CONCERTO DE GUILLE VERDE & FRIENDS

O Bodegón-Tapería Os Seixiños, máis coñecido por "O Bar do Trinta", do rosaleiro Sergio Rodríguez Rodríguez, acollerá un novo concerto do guardés Guille Verde, que desta vez estará acompañado "oficialmente" pola cantante Eva Piñel e por outro guitarrista rosaleiro, Cristóbal Coímbra.
Velaquí vos deixamos un vídeo do primeiro concerto de Guille Verde & Friend...
O ENTROIDO DE FORNELOS 2014, DOS MÁIS ESPECTACULARES DA HISTORIA
.jpg)
Sen dúbida o Entroido de Fornelos deste 2014 será un dos máis espectaculares da Historia.
A Praza de Fornelos acollerá dende o sábado 1 ata o martes 4 de marzo o seu gran evento anual.
Grupo Adredde. (Foto: Manuel Carneiro / Facebook)
Velaquí vos deixamos o pedazo PROGRAMA que vén de elaborar a Comisión de Festas que preside Jorge Rodríguez Álvarez.
SÁBADO 1 DE MARZO
A partir das 22:30 horas, actuación do grupo ADREDDE...
O ROSAL CELEBRA NO AUDITORIO O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
5.2.14
Comentar

O Rosal celebrará o Día de Rosalía de Castro o vindeiro domingo 23 de febreiro, con lectura de poesías e actuacións musicais no Auditorio Municipal, a partir das 18:00 horas.
Así mesmo, o sábado 22 de febreiro, o Concello organiza unha excursión á Casa Museo de Rosalía en Padrón. Os interesados poden apuntarse no Servizo de Información Xuveni...
CONCERTO DA ORQUESTRA SAXOS DE REDONDELA NO AUDITORIO DO ROSAL

Este sábado 8 de febreiro, a Orquestra Saxos de Redondela ofrecerá un concerto no Auditorio Municipal do Rosal (19:00 horas).
Tal e como se pode ler na súa web, a "Orquestra de Saxos del Conservatorio de Redondela nació hace 14 años fruto de la inquietud pedagógica de su fundadora y directora, Dª Elisa Arias Trigo. Desde el principio, el grupo está integrado por alumnos/as del área de saxofón que cursan sus estudios en el Conservatorio...
1 feb 2014
UN RAPAZ DO ROSAL PARTICIPA NO CONCURSO MOVISTAR REAL CHALLENGE

O rosaleiro Diego Álvarez Fernández, que na actualidade se atopa en Madrid preparándose para obter o título oficial de Técnico Deportivo, participa no concurso "Movistar Real Challenge".
Trátase dun desafío, organizado por Telefónica Móviles, no que Diego intentará conseguir unha das 16 prazas que dará dereito a entrenar no Santiago Bernabéu e xogar posteriormente un partido no céspede do mesmo estadio. Está confirmada a participación...