TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

10 jul. 2013

A ROSALEIRA SARA ALONSO BARBOSA (ATL. GUARDÉS), XOGA COA SELECCIÓN GALEGA DE BALONMÁN EN ASTURIAS


Na imaxe, Marta Pombal e Sara Alonso, pousan coa bandeira galega

Informa: Manuel Ángel Pombal Diego

Dúas xogadoras do Atl. Guardés infantil feminino están participando coa selección galega no XX Torneo Nacional Infantil de Balonmán de Cangas de Narcea (Asturias).

Despois da excelente tempada do equipo infantil feminino do Atl. Guardés que acadou o Campionato Galego da División de Honra, as xogadoras Sara Alonso Barbosa (O Rosal) e Marta Pombal Martínez (Oia) foron seleccionadas para participar coa selección galega da súa categoría no XX Torneo Nacional Infantil de Seleccións Autonómicas de Balonmán (XIV Memorial Juan José Arribas), que se celebra do 10 ao 14 de xullo na localidade asturiana de Cangas del Narcea. 

Outra xogadora do Atl. Guardés, Lara Silva Pérez (A Guarda), que tamén estivo adestrando coa citada selección ata hai tres semanas, non puido finalmente participar no torneo por unha lesión de xeonllo; aínda así, tamén se desprazou a Asturias para animar as súas compañeiras.

Este ano, no torneo participan 9 seleccións infantís femininas (3 máis que o ano pasado; Asturias, Canarias, Cantabria, Castilla La Mancha, Euskadi, Extremadura, Galicia, La Rioja e Madrid) e outras tantas masculinas. Os equipos foron encadrados en dous grupos e a Galicia tocoulle estar no grupo de cinco seleccións xunto con Canarias, Castilla La Mancha, La Rioja e Madrid, polo que terán que xogar 4 partidos en tres días (Un, hoxe mércores, dous o xoves e outro o venres). O sábado xogaranse os cruces, mentres que o domingo se xogaran os partidos que darán os postos definitivos da clasificación final. 

Como este ano non se celebrou o Campionato de España, o equipo que gañe o torneo será o virtual campión nacional, polo que aínda é maior a expectación e o interese en gañar este xa de por sí prestixioso torneo.

A relación completa das 14 xogadoras seleccionadas é a seguinte:
Atl. Bueu: Ana Piñeiro Santaclara.
SD. Carballal: Paula Barciela Álvarez e Xiana Fernández.
Atl. Guardés: Sara Alonso Barbosa e Marta Pombal Martínez.
UB. Lavadores: Xulia Pereira Martínez, Uxía López González, e Ainhoa da Rocha Duarte, e Daniela Carranza Robles.
Seis do Nadal: Anabel Gil González e Carmen Prelchi Gallego.
BM. Cangas: Laura Álvarez Priego.
BM. Lalín: Elvira Fe Nercellas Rodríguez.
BM. Chapela: Carmen Pereira Millos.
O equipo técnico que acompaña á selección está formado por: Emilio Barciela Iglesias (Adestrador), Jennifer Alonso Cerqueira (Axudante), e Rubén Porto Douro (Masaxista).

Máis información na seguinte páxina web:

0 comentarios:

Publicar un comentario