FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

30 abr 2013

"JOSE Y ROSY" ACTUARÁN ESTA FIN DE SEMANA NO ZARAGOZA SALSA CONGRESS

A parella de bailaríns rosaleira "Jose y Rosy" actuará esta fin de semana (3, 4 e 5 de maio) no Zaragoza Salsa Congress, un importante evento internacional que se celebra no municipio mazo de Pedrola. Velaquí vos deixamos o enlace á web deste congreso de bail...

A ABADÍA DAS EIRAS ACOLLEU UNHA XORNADA DE TURISMO BAIXO MIÑO

O luns 29 de abril tivo lugar na Casa Rural Abadía das Eiras (O Rosal) a Xornada Informativa "Nuevas oportunidades para el sector turístico de O Baixo Miño; los servicios web". Abriu o acto o presidente de Turismo Baixo Miño, David Villar Alonso, quen deu a benvida aos asistentes. De seguido tomou a palabra Nuria Patiño Vieites, técnica de Turismo da asociación, ofrecendo unha visión das oportunidades para o Baixo Miño que...

RUTA GUIADA POLOS MUÍÑOS DO FOLÓN E PICÓN, MAÑÁ VENRES ÁS 11 DA MAÑÁ

Este venres 3 de maio ás 11 horas, celébrase unha ruta polos Muíños do Folón e Picón, guiada por Juan Ramón Martínez Barbosa, emprendedor sociocultural baixomiñoto e coautor do libro "Os muíños do Folón e do Picón na vila do Rosal. Conxunto histórico-etnográfico de Galicia", publicado en 2009. O prezo da inscrición para poder participar será de tan só 3 euros, podendo pagar antes ou despois de realizar a ruta. A dificultade do percorrido...

ÉXITO DE PÚBLICO E ORGANIZACIÓN DO C.C. O ROSAL NO VIII TROFEO COMUNIDADE DE MONTES DE SANTA MARIÑA 2013

Foto: Club Ciclista O Rosal O pasado sábado 27 de abril disputouse o VIII Trofeo Comunidade de Montes de Santa Mariña organizado polo Club Ciclista O Rosal. Tal e como se lembra na súa web, houbo gran asistencia de público "a pesar do intenso frío". Destacar a vitoria de Yasir Martínez na categoría de Principiantes e a actuación da debutante Sara Álvarez. Na categoría Alevín, Mario Fernández conseguía o segundo posto e na Júnior,...

25 abr 2013

O ROSAL RENDE A SÚA ÚLTIMA HOMENAXE E ADEUS AO RVDO. D. VICTORINO POUTÁS RODRÍGUEZ, PÁRROCO DURANTE 50 ANOS

O Rosal ofreceu o xoves 25 de abril ás 16:45 h., na igrexa parroquial de Santa Mariña, o seu último adeus ao Rvdo. D. Victorino Poutás Rodríguez, que faleceu o mércores 24 de abril, aos 86 anos. A esa hora celebrouse o funeral de corpo presente e posteriormente procedeuse á súa inhumación no cemiterio. Dende Noticias O Rosal lembramos -segundo datos do recoñecido historiador local Xoán Martínez Tamuxe- que D. Victorino foi abade desta...

24 abr 2013

O CLUB CICLISTA O ROSAL CELEBRA ESTE SÁBADO 27 O VIII TROFEO COMUNIDADE DE MONTES SANTA MARIÑA DO ROSAL

Tal e como se pode ler na web do Club Ciclista da vila que preside Gerardo Álvarez Martínez "este vindeiro sábado 27 a partir das 16:30 da tarde o Club Ciclista O Rosal organiza o VIII TROFEO COMUNIDADE DE MONSTES SANTA MARIÑA para as categorías de Principiantes, Alevíns, Infantís, Cadetes e Júnior. A categoría Principantes reallizará unha Ximcana na Praza do Calvario mentras que o resto de categorías completarán un circuito con saída...

NEMESIO CASTRO SERÁ HOMENAXEADO POLA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL

O popular veciño Nemesio Castro Álvarez, de Martín, será homenaxeado pola Agrupación Musical do Rosal o vindeiro mes de xuño con motivo do XXVII Aniversario desta asociación. Nemesio é -xunto a Antonio Granja e Jesús González- un dos grandes colaboradores e unha das persoas que máis tempo teñen estado na Xunta Directiva da Agrupación Musical. Así o podemos ver reflectido no libro publicado en 2011, editado pola propia Agrupación,...

ESTE DOMINGO, TEATRO NO AUDITORIO COA OBRA "DOS EN LA CORNISA"

Este domingo 28 de abril ás 19:39 horas, terá lugar no Auditorio Municipal do Rosal a representación da obra "Dos en la cornisa", da compañía de teatro 105 BESOS. Tal e como reza o cartel: "Dos vidas paralelas destinadas a cruzarse entre sí que desembocarán en el eterno dilema: ¿qué buscan las mujeres? ¿qué quieren los hombres?". ...

22 abr 2013

FESTAS DE SAN XOSÉ OBREIRO EN NOVÁS. 30 DE ABRIL E 1 DE MAIO DE 2013

O martes 30 de abril e o mércores 1 de maio celébranse en Novás as Festas de San Xosé Obreiro. O día 30, gran verbena a cargo da orquestra Xacobeo e o grupo América, que se prolongará ata altas horas da madrugada. O día 1, ás 11:30 horas da mañá, acompañado do grupo de gaitas A Boalleira, baixada do Santo en procesión ata a Praza de Novás, onde se celebrará ás 12 h., unha misa de campaña na honra de San José, cantada pola Coral da...

19 abr 2013

A PINTORA MARY VARELA EXPÓN NA CASA DO TURISMO DE VILA NOVA DE CERVEIRA

A pintora María del Carmen Varela Velasco, "Mary Varela", natural de Sober (Lugo) e residente dende hai uns anos en Couselo (O Rosal), expón parte da súa obra na Casa do Turismo de Vila Nova de Cerveira (Portugal). Baixo o título de "Pensando en la Luz", Mary Varela mostrou na galería lusa unha decena de cadros da súa autoría, estando aberta a exposición ata o sábado 11 de maio. A concelleira de Cultura do Rosal, Charo Tabales...

18 abr 2013

A DÉCIMA EDICIÓN DA FEIRA DO LIBRO DO ROSAL CELÉBRASE ESTE DOMINGO 21 DE ABRIL NA PRAZA DO CALVARIO

Este domingo 21 de abril celebrarase na Praza do Calvario a X edición da Feira do Libro do Rosal que organiza a concellaría de Cultura que dirixe Charo Tabales Perozo. Tal e como reza o cartel, haberá un 20% de desconto na merca de libros, celebrándose a partir das 12 da mañá contacontos, maxia e guiñol. Xa ás 5 da tarde, obradoiro de papiroflexi...

O CANTANTE ROSALEIRO JOSÉ PÉREZ ACTUARÁ DE NOVO O VENRES 3 DE MAIO EN LUAR CON "ÉCHAME A MÍ LA CULPA"

Foto: Pablo González O cantante rosaleiro José Pérez, representante da zona do Miño (Baixo Miño, Condado e Paradanta) no concurso "Recantos" do coñecido programa Luar, da Televisión de Galicia, volverá a actuar  en directo o venres 3 de maio, interpretando a canción "Échame a mí la culpa". Así mesmo, hoxe sairán as imaxes da gravación previa que fai a TVG antes da súa actuación en Luar para presentalo, con -entre outras-...

15 abr 2013

O MECALIA ATLÉTICO NOVÁS XOGA ESTE SÁBADO O ÚLTIMO PARTIDO NO ROSAL COA FASE DE ASCENSO NA MENTE

Segundo se pode ler no perfil de facebook do Mecalia Atlético Novás, este sábado 20 de abril: "Último partido en casa de la temporada, y últimas oportunidades de apurar la clasificación para el sector. Volveremos a jugar a las 19:30, esta vez ante el cuarto clasificado, con un punto menos que nosotros y que también cuenta con alguna opción de alcanzar la segunda plaza. Tienen, por números, la mejor defensa de la liga, con 606 goles encajados,...

3 abr 2013

CRUZ ROJA EN BAIXO MIÑO INICIARÁ EN O ROSAL EL TALLER DE PREVENCIÓN DE ACCIDENTES DOMÉSTICOS EN EL HOGAR

Informa: Neli Rodríguez / Cruz Roja    El taller está dirigido a mayores de 65 años o personas pensionistas.    Esta nueva actividad se iniciará el próximo 7 de mayo en el Centro Polivalente de O Rosal.     La duración total de la actividad será de 15h. Cruz Roja Española en Baixo Miño iniciará un nuevo taller de PREVENCIÓN DE ACCIDENTES EN EL HOGAR Y PRIMEROS AUXILIOS, en colaboración con el...

2 abr 2013

NOITE DE HUMOR CON CARLOS BLANCO E CONCERTO DA BANDA DE MÚSICA DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL

Informa: Monserrat Domínguez Otero / A.Musical Despois das vacacións de Semana Santa e aínda co bo sabor de boca que nos deixou o concerto do grupo de percusión ODAIKO "espectaculares", informámosvos dos actos que a Agrupación Musical do Rosal ten organizados para esta fin de semana.   Sábado 6 de abril, 22 h, Auditorio do Rosal. Noite de humor con CARLOS BLANCO Actor cunha ampla traxectoria teatral,...

1 abr 2013

EL AREOSA C.F., SE PROCLAMA CAMPEÓN DEL III TORNEO DE FÚTBOL INFANTIL UD. RIBERA CONCELLO DE O ROSAL 2013

El Areosa C.F. se proclamó campeón del  III Torneo de Fútbol Infantil U.D. Ribera Concello de O Rosal al vencer por 3 – 0 al Valmiñor en la gran final. ·        El Secretario Xeral de Deportes de la Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa entregó el trofeo al campeón. ·        Más de dos mil personas pasaron a lo largo del día por el Campo de Fútbol de A Mata...

GRANDE ÉXITO DUN "HARLEM SHAKE" REALIZADO NUN LOCAL DE O ROSAL

A comezos da pasada semana saíu á luz pública un Harlem Shake gravado no Baixo Miño, en concreto no Bar Troya (Marzán-O Rosal).  O vídeo foi realizado pola web sociocultural Homeclaro.com coa participación do propietario do local e algúns dos seus clientes habituais. A gravación, que está na canle HomeclaroGalicia leva por título "Harlem Shake Bar Troya" e conta xa con máis de 2000 visitas en Youtube. ...