FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

28 feb 2013

ESTE SÁBADO 2 DE MARZO CELÉBRASE O VII TORNEO CACHIZA PÍAS. SAN GREGORIO

Este sábado 2 de marzo na Alameda de Pías, a partir das 15:30 horas, celébrase o VII Torneo Cachiza Pías, San Gregorio 2013. Tal e como reza o cartel, a festa estará amenizada polo grupo "Os de Sempre". E ao rematar a Cachiza entregaranse os premios e actuará o grupo "Os Indomables". Ás 12 horas, haberá sesión vermouth e adestramentos libres. Á 1 da tarde terá lugar un almorzo na propia Alameda. O recinto estará cuberto por unha carpa. O...

19 feb 2013

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL ORDINARIA PARA OS SOCIOS/AS DA ASOCIACIÓN ÉRGUETE BAIXO MIÑO

   Informa: Asociación Érguete Baixo Miño. Convocamos a todos/as os/as socios/as da Asociación Érguete Baixo Miño, á Asemblea Xeral Ordinaria que terá lugar o martes día 26 de febreiro de 2013 ás 20:00 horas en primeira convocatoria e ás 20:30 horas en segunda convocatoria, no local social situado na rúa Colón, 20 (Edif. O Pescador 1º piso) de A Guarda e que contará co seguinte ORDE DO DÍA: 1º Lectura e aprobación...

15 feb 2013

HORARIOS DOS PARTIDOS DO ATL. NOVÁS

Tal e como informa o Balonmán Atlético Novás no seu perfil oficial na rede social facebook, estes son os horarios dos partidos para esta fin de semana do 16-17 de febreiro: "Horarios fin de semana del 16 al 17 de Febrero:Primera Nacional: BM CANGAS -MECALIA AT. NOVÁS 17/02/13 O Gatañal 12:30Primera Autonómica: BM ARTABRO LEGEA SPORT - 4MIÑO AT. NOVÁS 17/02/13 Pab. Novo Meseiro 12:30Autonómica Cadete: AT. NOVÁS - BM LAVADORES "B" 16/02/13...

SUSPÉNDESE DEFINITIVAMENTE O DESFILE DE ENTROIDO 2013 DO ROSAL

Segundo se vén de confirmar na web do Concello do Rosal, suspéndese definitivamente por causa da choiva o Desfile-Concurso de Entroido que en principio se ía celebrar o día 10 e que foi posposto para este domingo 17 de febreiro. Haberá, pois, debido ao mal tempo, que agardar ao vindeiro ano 201...

14 feb 2013

CONCERTO DA BANDA DE MÚSICA DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL

Este sábado 16 de febreiro ás 20:30 horas terá lugar no Auditorio Municipal un concerto a cargo da Banda de Música da Agrupación Musical do Rosal que dirixe Marcel Van Bree. O programa será o seguinte: ...

13 feb 2013

A PARELLA ROSALEIRA DE BAILARÍNS "JOSE Y ROSY" ACTUARÁN EN MADRID

A parella rosaleira de bailaríns "Jose y Rosy" actuará en Madrid o xoves 14 e o venres 15 de febreiro. A sala de baile Cha 3 disfrutará do seu show, xunto aos obradoiros de bachata rueda con Jorge Elizondo dende os EEUU, así como de bachata fusión con Pablo Vilches e Julia. Pablo e Laura, compartirán cartel na festa oficial Pre-Bachatea Congress. Xa o venres 15 nas Rozas, en "El Almazén de los Sentidos" "Jose y Rosy" ofrecerán en exclusiva...

VAMOLANDANDO TEATRO PRESENTA NO ROSAL A OBRA "ROSIÑA SOLTEIRA"

Informa: Anselmo Martínez Pena Este domingo 17 de febreiro, a partir das 18:30 horas, o Auditorio Municipal do Rosal acollerá a obra "Rosiña Solteira", de Federico García Lorca, posta en escea polo grupo Vamolandando Teatro da Guard...

CRUZ ROJA BAIXO MIÑO CONTINÚA CO SERVIZO DE ASESORAMENTO E PRÉSTAMO DE PRODUTOS DE APOIO

Informa: Neli Rodríguez. El pasado mes de diciembre del 2011, Cruz Roja ha iniciado un Servicio de Asesoramiento y Préstamo de Productos de Apoyo con la financiación del Ministerio de Sanidad y Política Social. Este nuevo servicio está dirigido a  personas que presentan limitaciones físicas, psíquicas y/o sensoriales con dificultades para desenvolverse de forma autónoma en las actividades básicas e instrumentales de la vida diaria como...

O CAMPIONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS CELÉBRASE ESTE SÁBADO

Informa: Xosé Carlos González Blanco / San Xerome O Cámping Santa Tecla de A Guarda acollerá o vindeiro sábado 16 de febreiro a partir das 11 da mañá o Campionato Galego de Campo a través. Velaquí vos deixamos o cartel, cuxo debuxo é obra da deportista do Club Deportivo San Xerome, Amparo Ferreira Álvare...

O ROSAL ORGANIZA UNHA VISITA Á CASA-MUSEO DE ROSALÍA DE CASTRO

Segundo comunica o Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal, o vindeiro 24 de marzo terá lugar unha visita á Casa-Museo de Rosalía de Castro, en Padrón. A saída do Rosal será as 8:30 h. da mañá. Xantarase en Santiago de Compostela e haberá tempo libre pola tarde para dar unha volta pola cidade. O prezo é de 25 euros. Tal e como reza o cartel, as persoas interesadas deben anotarse no Centro Social...

5 feb 2013

PRETO DE 100 ATLETAS PARTICIPARÁN NO "I CAMPO A TRAVÉS POLA INTEGRACIÓN" DO VINDEIRO SÁBADO 9 DE FEBREIRO

Informa: Xosé Carlos González Blanco / San Xerome A actividade deportiva terá lugar no Cámping Santa Tecla de Salcidos (A Guarda), nas categorías de alevíns, infantís e cadetes (masculino e feminino). Os deportistas con discapacidade participarán na categoría de cadetes. A saída da primeira categoría será aproximadamente ás 10:30 h. (alevíns) e a última ás 12 h. (cadetes). Participarán atletas dos clubes: Racing Chapela, Juan XXIII...

FESTAS DE ENTROIDO 2013 EN FORNELOS

As tradicionais Festas de Entroido de Fornelos comezan o domingo 10 de febreiro a partir das 9:30 horas, cando o grupo de gaitas A Boalleira realizará un pasarrúas. Xa ás 11:00 h., sairán de Fornelos as carrozas para asistir ás 12:00 h., ao Gran Desfile-Concurso que se celebra anualmente na Praza do Calvario. De tarde, alá polas 17:00 horas, terá lugar en Fornelos a actuación do grupo As Bolinhas do Jorge (Portugal) ata o comezo da verbena,...

1 feb 2013

CURSO DE CRUZ ROJA SOBRE "CUIDADOS PSICOSOCIALES BÁSICOS PARA LA ENFERMEDAD DE ALZHEIMER"

La acción formativa contará con 30 horas de duración en las que se trabajarán conceptos sobre esta enfermedad y formas de atender de forma óptima a los pacientes. Informa: Neli Rodríguez / Cruz Roja Baixo Miño Desde la Asamblea de Cruz Roja Baixo Miño informamos de la convocatoria del curso “CUIDADOS PSICOSOCIALES BÁSICOS PARA  LA ENFERMEDAD DE ALZHEIMER”.  Este curso está enmarcado dentro de las acciones formativas...