TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

5 feb. 2013

FESTAS DE ENTROIDO 2013 EN FORNELOS



As tradicionais Festas de Entroido de Fornelos comezan o domingo 10 de febreiro a partir das 9:30 horas, cando o grupo de gaitas A Boalleira realizará un pasarrúas.

Xa ás 11:00 h., sairán de Fornelos as carrozas para asistir ás 12:00 h., ao Gran Desfile-Concurso que se celebra anualmente na Praza do Calvario.

De tarde, alá polas 17:00 horas, terá lugar en Fornelos a actuación do grupo As Bolinhas do Jorge (Portugal) ata o comezo da verbena, que contará cos grupos Ritmo Joven e Quinta Avenida.


O luns 11 de febreiro, a partir das 16:00 horas, celebrarase a tradicional Corrida do Galo. Para os máis pequenos, dende as 18:00 horas, actuación de Os 7 Magníficos máis 1.

Sobre as 22:00 horas comezará unha gran verbena amenizada polos grupos D'Moda e Saudade 73.

Para rematar estes festexos, o martes 12 de febreiro, celebraranse na Praza de Fornelos as típicas Frixidelas. A gran verbena comezará ás 21:00 horas, cos grupos Costa Blanca e Alcotán.


Hai que lembrar que xa dende o venres 8 ata o martes 12 de febreiro, Fornelos acollerá por cuarto ano consecutivo a "Carpa de Carnaval", con sesión de Dj's a partir das 12 da noite.

0 comentarios:

Publicar un comentario