FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

30 ene 2013

ESTE SÁBADO 2 DE FEBREIRO, BINGO SOCIAL E BAILE A BENEFICIO DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL

Este sábado 2 de febreiro a partir das 22:00 horas, celébrase de novo no Salón do Restaurante Juan, un Bingo a beneficio da Agrupación Musical do Rosal, tras a boa acollida que tivo o realizado no pasado mes de decembro....

A CARPA DE FORNELOS (O ROSAL) VOLVE NO ENTROIDO CON MÁIS FESTA QUE NUNCA DENDE O 8 AO 12 DE FEBREIRO

Un ano máis -e xa van catro consecutivos- coincidindo coas Festas de Entroido celebrarase en Fornelos (O Rosal) a "Carpa de Carnaval", todos os días, dende o venres 8 ao martes 12 de febreiro, a partir das 12 da noite, con máis de 8 horas de son. Inaugúrase a Carpa o venres 8 de febreiro, con Dj Furry, Dj Campe (residentes en Discoteca Enjoy) e Dj Last Lap (Makro Refoxos). O sábado 9 estará Dj Riky (residente en Carpa Fornelos). O...

O XOVES 31 DE XANEIRO REMATA O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NA CARREIRA "I CAMPO A TRAVÉS POLA INTEGRACIÓN"

Xosé Carlos González Blanco / C.D. San Xerome Tal e como xa tiñamos anunciado, a proba I Campo a Través pola Integración terá lugar no Camping Santa Tecla de Salcidos (A Guarda), o  día 9 de febreiro, conmemorando o 32 aniversario do Centro San Xerome. A inscrición pódese enviar por correo electrónico: correo@sanxerome.com, ou ben por teléfono: 986 613719. Ten que figurar: nome e apelidos, DNI, data de nacemento e un teléfono de...

PROBAS LIBRES PARA A OBTENCIÓN DA ESO PARA MAIORES DE 18 ANOS

PROBAS LIBRES PARA A OBTENCIÓN DA ESO PARA MAIORES DE 18 ANOS Fonte: Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal. Convoca: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria Contido: Probas libres para a obtención do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria para maiores de 18 anos. Requisitos: - As persoas deben ter cumpridos os 18 anos o día anterior á data de realización...

AÍNDA QUEDAN PRAZAS PARA INSCRIBIRSE NO OBRADOIRO DE MANUALIDADES DE CRUZ ROJA BAIXO MIÑO PARA NENOS/AS

Informa: Neli Rodríguez / Cruz Roja Baixo Miño. En el mes de octubre los voluntarios y voluntarias la Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño iniciaron el taller de Manualidades, que se desarrolla todos los sábados en la sede de Cruz Roja en A Guarda. La actividad, de carácter gratuito, se realiza los sábados, en A Guarda desde las 12:00 hasta las 13:30 y en ella todavía pueden anotarse los menores de 6 a 12 años que así lo deseen. Con...

CRUZ ROJA BAIXO MIÑO ORGANIZA EN FEBREIRO UN NOVO OBRADOIRO DE TEATRO LIDO PARA MAIORES

Cruz Roja en Baixo Miño inicia en el mes de febrero una nueva actividad de teatro leído,  para mayores de 65 años. Las plazas son límitadas. Informa: Neli Rodríguez / Cruz Roja Baixo Miño Cruz Roja Española en Baixo Miño reiniciará en el próximo mes de febrero una nueva actividad, gratuita, para mayores de 65 años denominada TALLER DE TEATRO LEÍDO, esta actividad se desarrollará los viernes en horario de 19.00 a 20.30, en la oficina...

24 ene 2013

FALECE MANUEL RODRÍGUEZ MARTÍNEZ, "O TRINTIÑA", COÑECIDO CABAQUEIRO DO ROSAL E IMPULSOR DA SÚA CULTURA

O 24 de xaneiro falecía Manuel Rodríguez Martínez, máis coñecido por "O Trintiña" (1925-2013), veterano cabaqueiro (telleiro) do Rosal. O venres 25 ás 16:00 horas, celebrouse o enterro e funeral pola súa alma na igrexa parroquial de Santa Mariña. Vaise un mestre da vida, un rulo lasqueador, un verdadeiro daorde xamaraina da jalleira. Vaise, sen dúbida, un dos máis activos defensores e promotores do seu...

18 ene 2013

OS CAMPELOS E JOSÉ PÉREZ ESTARÁN ESTE DOMINGO EN GOIÁN NO FESTIVAL-HOMENAXE Á NENA MARTA LOMBA

O Auditorio de Goián (Tomiño) acolle este domingo 20 de xaneiro ás 18:00 horas o Festival Fin de Campaña Obxectivo Conseguido na honra da nena Marta Lomba. Tal e como reza o cartel "Grazas á solidariedade de toda a comarca, Marta e seu andador son unha realidade". Actuarán neste evento, no que a homenaxeada fará entrega das esculturas premiadas nos sorteos, o grupo de música galega Zurrumalla, a cantante Eva Carreras (participante...

O EQUIPO SENIOR DA U.D. RIBERA DESPRÁZASE ATA PAZOS DE BORBÉN PARA XOGAR CONTRA O CD NESPEREIRA

O equipo senior da U.D. Ribera xoga este domingo 20 de xaneiro ás 16:00 horas en Chan de Arieiro contra o Club Deportivo Nespereira (Pazos de Borbén-Pontevedra) en partido correspondente á xornada número 17. Segundo informa o Ribera "partido incómodo que se presenta el próximo domingo, en campo de tierra. El Nespereira es el colista, pero no por eso se puede subestimar al rival. Habrá que salir a hacerlo bien y si además la suerte acompaña,...

O MELLOR BALONMÁN GALEGO, ESTA FIN DE SEMANA (19 E 20) NO ROSAL COA FASE FINAL DA V COPA DEPUTACIÓN

O pavillón municipal do Rosal acolle esta fin de semana (19  e 20 de xaneiro) a Fase Final da V Copa Deputación de Pontevedra. A primeira semifinal celebrarase o sábado ás 18:00 horas e enfrontará ao BM Cangas e ao BM Cisne. A segunda semifinal, ás 20:00 horas, disputarana o anfitrión, Mecalia Atlético Novás contra o Academia Octavio. O domingo, de mañá, as finais. A entrada será gratuíta. Velaquí vos deixamos o comentario...

O AUDITORIO DO ROSAL ACOLLE A OBRA DE TEATRO "A TÍA LAMBIDA"

O Auditorio Municipal do Rosal acolle este domingo 20 de xaneiro   ás 18:30 horas, a peza "A Tía Lambida", baseada na obra de Eduardo Blanco Amor e que será representada pola compañía de teatro A Mour...

17 ene 2013

DAVID GÓMEZ, DESPOIS DE CASE CINCO ANOS, CONVOCADO DE NOVO POLA SELECCIÓN ESPAÑOLA DE ATLETISMO

Foto: Kerim Oktem - Efe (JJOO Pekín, 2008) O atleta biolímpico rosaleiro David Gómez Martínez (R.C. Celta) ven de ser convocado -tras case cinco anos- pola Selección Española de Atletismo para participar na proba de heptathlon no "Encuentro Internacional de Pruebas Combinadas en Pista Cubierta" que enfrontará en Valencia á "Roja" con Francia, República Checa, Holanda e Gran Bretaña os vindeiros 26 e 27 de xaneiro. Na imaxe co atleta...

15 ene 2013

O CANTANTE ROSALEIRO JOSÉ PÉREZ INTERPRETARÁ "O TREN", DE ANDRÉS DO BARRO, NA TERCEIRA FASE DE RECANTOS

O cantante rosaleiro José Pérez, representante da zona do Miño (Baixo Miño, Condado e Paradanta) volverá a actuar o venres 1 de marzo no concurso Recantos do coñecido programa Luar, da Televisión de Galicia. José clasificouse para esta terceira fase despois de interpretar a canción "Xúrame" de Juan Camacho e "Libre" de Nino Bravo. Nesta ocasión o noso veciño cantará "O Tren", do cantautor de Pontedeume (A Coruña), Andrés do...

12 ene 2013

AGRADECEMENTO PÚBLICO DO SAN XEROME AOS SEUS COLABORADORES

Informa: Centro San Xerome A Xunta Directiva e a Dirección do Centro San Xerome, en representación das familias e usuarios do  mesmo, queren agradecer publicamente o esforzo realizado  polas empresas, entidades e particulares  mantendo  o seu apoio nesta difícil coxuntura económica. Grazas por seguir camiñando connosco. Esta colaboración   fixo posible a realización de novos proxectos,  transformou ...

CAMPO A TRAVÉS POLA INTEGRACIÓN ORGANIZADO POLO CLUB SAN XEROME

O Club San Xerome organiza o sábado 9 de febreiro o CAMPO A TRAVÉS POLA INTEGRACIÓN, POPULAR E FEDERADO - SAN XEROME - CAMPING SANTA TECLA. Rexerase polo libro galego de normas que edita a Federación Galega de Atletismo. As inscricións, serán ilimitadas e deberán efectuarse por correo electrónico:  correo@sanxerome.com, teléfono 986 61 37 19 Alevíns Mulleres 2002/2003 1000 10:30 h Alevíns Homes 2002/2003 1000...

O CURSO GRATUÍTO DO CELGA COMEZARÁ NO ROSAL DO 21 DE MARZO AO 23 DE MAIO

Servizo de Información e ASC do Rosal O Concello do Rosal ten solicitado o Celga 4 para realizarse de luns a xoves de 19:30 a 21:30 h., do 21 de marzo ata o 23 de maio. Se te interesa participar neste curso gratuíto, tes que anotarte o antes posible, xa que en breve imos enviar a listaxe e participantes a Política Lingüística. Independentemente do nivel de Celga no que queirades participar, tedes que inscribirvos antes do 3 de abril...

9 ene 2013

VÍCTOR ARMÁN ENTRA NA CONVOCATORIA DO PRIMEIRO PARTIDO OFICIAL DO NOVÁS EN 2013 DESPOIS DA SÚA GRAVE LESIÓN

Víctor Armán Dorado volve á convocatoria do primeiro equipo do Atlético Novás de balonmán despois da grave lesión producida o 8 de xuño do pasado 2012 durante a celebración dos XIV Xogos Populares do Rosal. Sen dúbida unha boa noticia para o club e a afección.  O Mecalia Atlético Novás disputa hoxe no Gatañal o primeiro partido oficial de 2013 correspondente á Copa Deputación fronte ao Cangas B....

O ROSALEIRO JOSÉ PÉREZ CLASIFÍCASE PARA A TERCEIRA FASE DO CONCURSO RECANTOS (LUAR-TELEVISIÓN DE GALICIA)

José na súa última actuación. (Foto: Pablo González) O cantante rosaleiro José Pérez ven de conseguir a clasificación para a terceira fase do concurso "Recantos" (Luar-TVG) onde representa á zona do Miño (Baixo Miño, Condado e Paradanta) tras interpretar o venres 4 de xaneiro a canción "Libre" de Nino Bravo. Velaquí vos deixamos o vídeo da súa actuació...

O CONCURSO-DESFILE DE ENTROIDO DO ROSAL CELÉBRASE O 10 DE FEBREIRO

O Concello do Rosal convoca o tradicional concurso de carrozas, comparsas, grupos e disfraces individuais que se celebrará con motivo do Entroido 2013 o vindeiro domingo 17 de febreiro ás 11:30 horas na Praza do Calvario. Como é costume nos últimos anos o desfile percorrerá a rúa Ramón Franco (dende o cruce coa Lomba) e a rúa Julio Sesto (ata a rotonda da Feira). Velaquí vos deixamos o enlace ás fotografías do ano pasado...

XAVI DÍAZ, RAMÓN MARTÍNEZ E DANI CERQUEIRA PARTICIPAN NA GOLEADA DE GALICIA A AUSTRALIA EN BALONMÁN

O porteiro Xavi Díaz (BM Villa de Aranda), o extremo dereito Ramón Martínez (Mecalia Atlético Novás) e o pivote Dani Cerqueira (BM Cangas Frigoríficos do Morrazo) foron os tres rosaleiros que xogaron con Galicia fronte á mundialista Australia o pasado 6 de xaneiro en Chapela. A selección galega que dirixe Fran Teixeira gañou por un contundente 33-16 e segue desta maneira invicta despois de sete partidos disputados. Velaquí vos deixamos...

4 ene 2013

OS REIS MAGOS DE ORIENTE SAEN DENDE A PRAZA DO CALVARIO ÁS 10 DA MAÑÁ PARA PERCORRER TODO O MUNICIPIO

Segundo nos informan dende a comitiva dos Reis Magos de Oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar sairán o sábado 5 de xaneiro dende a Praza do Calvario ás 10 da mañá na tradicional Cabalgata  que percorrerá todo O Rosal. Logo, de tarde, ás 17:00 horas, os Reis Magos serán recibidos na mesma Praza, onde atenderán as peticións de pequenos e maiores. Finalizará esta xornada -como ven sendo habitual os últimos anos- cunha gran chocolatad...

CURSO DE CRUZ ROJA JUVENTUD PARA CAPTAR NOVOS VOLUNTARIOS PARA UN DOS SEUS INTERESANTES PROXECTOS

Informa: Neli Rodríguez / Cruz Roja Baixo Miño Cruz Roja Juventud en Vigo, Ponteareas y Baixo Miño abre el plazo para la inscripción en el próximo curso de mediadoras/es en prevención de conductas violentas que comenzará el próximo 14 de enero y hasta el 25 de enero, con el objetivo de formar un nuevo grupo de voluntariado para participar en las actividades del programa Sen Violencia Convivencia. Los destinatarios de estas acciones...

2 ene 2013

MAXI COELLO TRIUNFA EN CONCURSOS CANINOS CON YOCO E KIRA, OS SEUS CANS DE RAZA BULLDOG FRANCÉS

O rosaleiro Maxi Coello González (ex-porteiro do Atlético Novás de balonmán), residente dende hai uns anos en Canarias, participa e triunfa cos seus cans de raza bulldog francés en diferentes exposicións caninas a nivel nacional e internacional. Guiados por Maxi, tanto Yoco (cor marrón) e Kira (cor branca) veñen de gañar sendos concursos ademais de conseguir subir ao podium en Altavista así como en Arrecife (Lanzarote). ...

RAMÓN MARTÍNEZ FERNÁNDEZ, CAPITÁN DO NOVÁS, CONVOCADO POLA SELECCIÓN GALEGA DE BALONMÁN

Segundo informa o Mecalia Atlético Novás, o seu capitán, o rosaleiro Ramón Martínez Fernández, foi convocado novamente pola Selección Galega de balonmán que dirixe Fran Teixeira para disputar un partido contra a selección de Australia o vindeiro 6 de xaneiro. ¡¡Dende Noticias O Rosal, a nosa noraboa...

XOÁN MARTÍNEZ TAMUXE, HISTORIADOR ROSALEIRO, PRESENTA EN TUI A REVISTA "CASTELLUM TYDE", XA NO SEU 3º TOMO

Juan Ramón Martínez Barbosa / I. Estudios Tudenses O pasado 28 de decembro de 2012, tal e como tiñamos anunciado, tivo lugar no Edificio da Área Panorámica de Tui a presentación do número 3 da revista-boletín-libro do Instituto de Estudios Tudenses. Deu a benvida ao acto o propio presidente do Instituto, o historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe, quen estivo acompañado na mesa principal polo alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez,...