FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

31 jul 2011

O Rosal sairá hoxe, domingo, ás 15:45 h. no programa Vivir Aquí (TVG)

Imaxes do Rosal e algúns dos seus veciños serán emitidas hoxe, domingo 31 de xullo, ás 15:45 horas, na Televisión de Galicia, concretamente no programa Vivir Aquí. Este espazo está conducido por Isabel Durán e Xosé Luis Bernal, máis coñecido por "Farruco". Segundo eles mesmos proclaman "Gozamos descubrindo esas pequenas historias que non saen nos telexornais, buscamos as experiencias que lle poden pasar a calquera, as particularidades da...

28 jul 2011

Este sábado, Concerto do 25 Aniversario da Agrupación Musical do Rosal

O vindeiro sábado 30 de xullo, ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal do Rosal terá lugar o acto principal dos programados con motivo do 25º aniversario da Agrupación Musical do Rosal. Convidámosvos ao concerto que ofrecerá a banda de música da Agrupación Musical do Rosal e que estará baixo a batuta de varios dos directores que pasaron pola formación (Laureano Matos, Bolívar González, José Luis Represas, José Vicente Simeó,...

Pontevedra, Celta B, C.D. Cerveira e Coruxo F.C. xogarán na vila do Rosal

O sábado 30 de xullo ás 19:30 horas, disputarase no Estadio Municipal da Mata, o "Trofeo Villa de O Rosal" entre os potentes equipos do Pontevedra e o Celta B. Igualmente o seguinte sábado, 6 de agosto, á mesma hora (19:30) celebrarase un gran partido internacional entre o C.D. Cerveira (Portugal) e o Coruxo F.C., que milita na Segunda División...

19 jul 2011

Curso de cata no Rosal organizado pola "Ruta do Viño Rías Baixas"

Segundo nos informan dende a Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local, os días 26, 27 e 28 de xullo terá lugar un curso de cata organizado pola "Ruta do Viño Rías Baixas" que se vai a realizar no Concello do Rosal. Horario: 17.00 - 20.00 hLugar: Centro Social Polivalente.R/ Cabaqueiros 4O Rosal. As persoas interesadas en participar poden apuntarse chamando a:- Centro Social Polivalente. 986 60 94 50 - Ruta do Viño Rías Baixas 986 521 008 /...

Horario do Muíño das Aceñas, reconvertido en Aula da Natureza

Velaquí vos deixamos o horario do Muíño das Aceñas, na parroquia de San Miguel de Tabagón, que está aberto, gratuitamente, de martes ao domingo durante os meses de xullo e agosto. Trátase dunha Aula de Natureza, de educación ambiental onde "poderán coñecerse os recursos da zona a través de actividades lúdico-formativas, para todos os públicos". Dende o Concello lémbrase que unha monitora especializada atenderá aos visitantes que...

14 jul 2011

Hoxe, venres 15 de xullo, inaugúrase a XIX Feira do Viño do Rosal

Hoxe, venres, 15 de xullo terá lugar a inauguración da XIX Feira do Viño do Rosal a cargo do conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda Valenzuela. Ás 20.30 horas está prevista a visita aos expositores coa conseguinte degustación de viños do Rosal. Xa a partir das 22:00 horas, comezará a actuación da Charanga Os Charamuj...

6 jul 2011

Esta fin de semana, sesión de teatro no Auditorio Municipal do Rosal

O sábado 9 e o domingo 10 de xullo terá lugar no Auditorio Municipal do Rosal a representación de dúas obras, a cargo da Escola de Teatro de Xerpo e da Escola Municipal de Teatro da Guarda. Velaquí vos deixamos os seus carteis...

Os XIII Xogos Populares clausúranse o vindeiro 24 de xullo no Calvario

Velaquí vos deixamos o calendario e horarios para esta fin de semana, duns XIII Xogos Populares que se clausurarán o vindeiro domingo 24 de xullo, en plenas Festas do Pilar, coa tradicional carreira de cross ás 10 da mañá e a entrega de medallas e trofeos ás 12 do mediodía. ...

Charla informativa sobre a Lei de Augas a cargo de Manuel Docampo

Informa: Associaçom Cultural A Velha na Horta O venres 8 de xullo, as 19 horas, agardámoste no Centro Cultural da Guarda, onde contaremos coa presenza de Manuel Docampo Paradela, do Sindicato Labrego Galego, quen nos falará sobre a Lei de Augas de Galicia, recentemente aprobada polo Parlamento Galego. A lei de Augas de Galicia supón a privatización de todas as augas de Galiza, o pasar a mans privadas o ente público Augas de Galicia. Ademais,...

O Centro Social Polivalente acolle a presentación do libro de Tareixa Ledo

O salón de actos do Centro Social Polivalente do Rosal (rúa Cabaqueiros nº 4) foi o marco elixido para presentar mañá, xoves 7 de xullo, o libro de Tareixa Ledo Regal Lidia Senra Rodríguez. A historia dun liderado entrañable, publicado por Edicións Laiovento. O acto de presentación será ás 12:00 horas, e participará nel, amais da autora do libro, a secretaria de organización do SLG, Lidia Senra Rodríguez; e a secretaria xeral, Carme Freire Cr...