FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

31 ago 2010

O I Campionato Feminino de Futbolín, no Rosal

Reportaxe fotográfica: Nuria Villa, Nina López e colaboradores. O pasado venres 20 de agosto tivo lugar no Auditorio Municipal a presentación do I Campionato de Futbolín Feminino Noticias O Rosal. Este torneo contou –entre outros- coa colaboración do Concello, a Agrupación Musical e a Asociación de Comerciantes da vila. Abriu os actos o alcalde rosaleiro, Jesús Mª Fernández Portela, quen deu a benvida ás participantes e ao público asistente, entre...

27 ago 2010

XXI Festival de Músicos Xoves, na Praza

A remates deste mes de agosto terá lugar na Praza do Calvario do Rosal o XXI Festival de Músicos Xoves, que se vén celebrando dende o ano 1989. O venres día 27, a partir das 21:00 h. participarán a Banda Infantil da Agrupación Musical do Rosal, a Banda de Música Municipal de Caldas de Reis, a Banda-Escola de Música de Beade e a Agrupación Musical do Rosal. O sábado 28, á mesma hora, estará adicado á música coral e participarán a Coral...

5 ago 2010

Festas de Santa Ana 2010

O luns 26 de xullo celebrouse na capela de San Sebastián e Santa Ana en Medas (Novás) a festividade desta última. Oficiou a misa o abade de Santa Mariña, D. Julio Ramos Rodríguez, sendo cantada polo coro parroquial. Amenizou tamén a festa o grupo de gaitas A Boalleira. Entre os asistentes a esta cerimonia relixiosa puidemos ver ao alcalde, Jesús Mª Fernández Portela e ás concelleiras de Cultura e Turismo, Charo Tabales Perozo e Ángeles...

4 ago 2010

Festas na honra da Virxe do Pilar e Santiago

O domingo 25 de xullo celebráronse na parroquia de Santa Mariña do Rosal as festas patronais na honra da Virxe do Pilar e do Apóstolo Santiago. A misa foi oficiada polo abade párroco D. Julio Ramos Rodríguez, axudado por D. Isaac Penela Carbajales, coa presenza de membros da Corporación Municipal e do alcalde rosaleiro. Actuaron neste día festivo a Coral e a Banda de Música da Agrupación Musical do Rosal, que dirixen -respectivamente- Toñi...

XVII Encontro dos Pobos 2010 no Rosal

O sábado 24 de xullo tivo lugar na Praza do Calvario o XVII ENCONTRO DOS POBOS. Actuaron o grupo anfitrión "Do Lusco ó Fusco", da Guarda; "Fethiye-Gazi School" de Turquía e "Ar-Skewell" de Bretaña (Francia). Velaquí vos deixamos a nosa reportaxe fotográfica...

Festas nas Eiras. Santa María Magdalena

Reportaxe fotográfica de B.C.B. O pasado sábado 24 de xullo celebráronse na parroquia de San Bartolomeu das Eiras as festas na honra de Santa María Magdalena (Madanela). Houbo -entre outros produtos- sardiñas, pan de millo e viño tinto do país. Amenizou esta xuntanza o grupo Airiños do Tamux...

3 ago 2010

Tabagón celebra a festa da Virxe do Carme

Reportaxe (texto e fotos) realizada por B.C.B. Seguindo a tradición, pescadores de San Xoán de Tabagón e doutras parroquias da comarca do Baixo Miño celebraron a festividade da Virxe do Carme. O venres 16 de xullo, a primeira hora da tarde, saían estes pescadores dende Tabagón río arriba ata Tui, co fin de celebrar a procesión fluvial na honra da Virxe do Carme. Ás sete da tarde celebrouse unha misa solemne na Igrexa de Santo Domingo, presidida...