FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

30 jul 2010

Proxecto "Descubrindo as Nosas Fortalezas"

Descubrindo as Nosas Fortalezas. Trátase dun proxecto do Concello de Tomiño para promover o coñecemento das fortificacións do Sistema do Baixo Miño a través de roteiros a pé, en bicicleta e en canoa. O día 7 de agosto: visita a pé. O día 14 de agosto: visita en canoa. Para máis información podedes contactar coa organización en facebook, no correo descubrindofortalezas@gmail.com, no teléfono 622 051 640 ou na OMIX de Tomiño....

29 jul 2010

I Torneo de Futbolín CAFETERÍA SKAPE 34

O venres 30 de xullo é a data límite de inscrición (20 € a parella), sendo o sorteo ás 22:30 horas no propio local, que conta coa nova xerencia de Óscar Rodríguez Vicente. O comezo oficial do Torneo será o SÁBADO 31 a partir das 15:00 horas. Máis información e inscricións no teléfono: 638 530 523. Haberá trofeos e cartos para os tres primeiros clasificad...

23 jul 2010

Festas do Pilar no Rosal, 24, 25 e 26 de xullo

Velaquí vos deixamos o programa destas Festas do Pilar 2010: Día 24·Praza do Calvario, a partir das 21:00 horas, XVII ENCONTRO DOS POBOS. Organizado polo grupo de gaitas e baile DO LUSCO Ó FUSCO, da Guarda.·Tamén na Praza do Calvario, a partir das 22:30 horas, Verbena amenizada polas orquestras LADOS e FIN DE SIGLO. Día 25·Ás 11 da mañá, pasarrúas a cargo da BANDA DE MÚSICA DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL. Ás 12, misa solemne cantada pola Coral...

20 jul 2010

Exhibición de Futbolín. I Campionato Feminino

Este venres 23 de xullo, "Obradoiro-Exhibición" para o I CAMPIONATO DE FUTBOLÍN FEMININO NOTICIAS O ROSAL. Lugar: Bar Troya, a partir das 23:00 horas. Se estás dubidando en apuntarte (10 € a inscrición), este venres comezan os primeiros "adestramentos libres". Impartirán unhas pequenas clases de "cubrir co porteiro" e "facer cambios... adiante" os gañadores do I Campionato de Futbolín Os Cabaqueiros. Concello do Rosal, Sergio Casal e Luis Martínez. Igualmente...

Festival Aéreo de Vigo, por Cristóbal Coímbra

Reportaxe fotográfica realizada por Cristóbal Coímbra. O domingo 18 de xullo tivo lugar o Festival Aéreo Internacional de Vigo, 2010, e alí estivo o rosaleiro Cristóbal Coímbra inmortalizando coa súa cámara ese grandioso espéctáculo. Case medio millón de persoas (450.000) asistiron a este impresionante evento no que participaron un total de 50 aeronaves, tanto de aviación militar como civil, e preto de 180 especialistas entre técnicos e pilotos. Podedes ver máis información deste Festival no seguinte enlace e na súa propia&...

19 jul 2010

Xornadas Técnicas do Albariño. As imaxes

O pasado venres 16 de xullo, de mañá, e previa á inauguración da XVIII Feira do Viño do Rosal, celebráronse no Centro Social Polivalente unhas Xornadas Técnicas sobre o Albariño. Tal e como estaba previsto, o alcalde Jesús Mª Fernández Portela deu a benvida aos asistentes, para de seguido ceder a palabra a Jorge Cardoso Mariño, coordinador no Baixo Miño da Asociación Galega de Viticultura, quen presentou o evento. Neste interesante acto...

18 jul 2010

Emilio Flores, In Memoriam. Capítulo II

Despois da breve introdución que realizamos dende Noticias O Rosal, seguimos con esta pequena homenaxe a Emilio Flores. Comezamos o segundo capítulo da súa biografía. Emilio, cabo provisional, por X.M.T. Despois de cinco meses, como pediran voluntarios a fin de escoltar un batallón de prisioneiros de guerra, Emilio presentouse. Previas probas, foi nomeado "Cabo Provisional", para ser destinado a Cuenca. De aquí saliu para Huesca, Estación de Arañones, en Jaca, formando parte da mesma escolta, para o control dos prisioneiros que traballaban...

15 jul 2010

I CAMPIONATO DE FUTBOLÍN FEMININO NO ROSAL

O venres día 20 de agosto ás 21:00 horas terá lugar no Auditorio Municipal a presentación do  I CAMPIONATO DE FUTBOLÍN FEMININO NOTICIAS O ROSAL, instaurado como unha nova actividade cultural, turística e aínda deportiva da nosa vila. As partidas deste torneo terán lugar nos futbolíns do PUB J&J e do BAR TROYA. Por suposto dicir dende Noticias O Rosal que non excluímos a ningún local, ao contrario, animamos a todos...

14 jul 2010

Sancho Gracia será o pregoeiro da Feira

O coñecido actor, guionista, produtor e director madrileño Sancho Gracia, famoso -entre outros- polo seu papel protagonista na recordada serie "Curro Jiménez", será o encargado de ler o Pregón desta XVIII Feira do Viño do Rosal. Segundo o protocolo, será presentado polo alcalde da vila, Jesús Mª Fernández Portela, para máis tarde asistir á intervención do presidente da Cámara de Comercio de Tui, Gumersindo Alonso Gestoso...

13 jul 2010

Inauguración da XVIII Feira do Viño do Rosal

Tamén o venres 16 de xullo ás 20:00 horas terá lugar a inauguración oficial da XVIII Feira do Viño do Rosal a cargo de Agustín Hernández Fernández de Rojas, conselleiro de Medio Ambiente. Ás 20:30 horas procederase á visita ós expositores e á degustación de viños do Rosal. A partir das 22:00 horas comezará a actuación musical da Charanga Nova Cubana. Nas distintas presentacións podedes ver as nosas imaxes da pasada edición da Feira....

Xornadas Técnicas sobre o Albariño

O vindeiro venres 16 de xullo, a partir das 11 da mañá, no Centro Social Polivalente do Rosal e dentro da programación cultural da Feira do Viño, se celebrarán unhas "Xornadas Técnicas sobre o Albariño". Dende a organización lembran que a asistencia é libre e non é preciso facer preinscrición. Neste acto intervirán: Ramón Huidobro, secretario do Consello Regulador Rías Baixas · As Denominacións de orixe no mercado Xabier Zas, xerente...

12 jul 2010

D. EMILIO FLORES COSTAS. IN MEMORIAM

D. Emilio Flores Costas, por X.M.T. Co pasamento de Emilio Flores o pasado sábado 10 de xullo -e fai anos do seu irmán, José- vaise unha excepcional representación dos gaiteiros tradicionais do Rosal e aínda de Galicia. Este luns tivo lugar na igrexa parroquial de Santa Mariña as honras fúnebres polo eterno descanso deste popular e lembrado artista da vila. Cocelebraron a Eucaristía, o abade D. Julio Ramos, asistido por D. Victorino...

9 jul 2010

A FINAL DO MUNDIAL, NO AUDITORIO MUNICIPAL

O Concello do Rosal comunica que o domingo 11 de xullo ás 20:30 horas poderase ver en pantalla xigante no Auditorio a final de fútbol que disputarán España e Holanda no Mundial de Sudáfrica 2010. Dende as concellerías de Deportes e Cultura que dirixen Ángel Martínez e Charo Tabales respectivamente, animan a asistir a este evento e informan que as instalacións municipais contan –entre outros servizos- con aire acondicionado e cun aforo para 340...

Comezaron as obras da Feira do Viño 2010

O xoves 8 de xullo comezaron na Praza do Calvario as diferentes obras e preparativos para que os stands e demais servizos estean en orde para o día da inauguración da Feira do Viño, o vindeiro venres 16...

6 jul 2010

Excursión parroquial á Virxe da Franqueira

Reportaxe (texto e fotos): X.M.T. A Comisión Parroquial de Santa Mariña, coordinada por Carmen Batán, organizou o sábado 3 de xullo unha excursión ao Santuario da Franqueira.   Preto de 50 persoas visitaron Ponteareas, A Franqueira, Ribadavia e realizaron un paseo en catamarán polo río Arnoia (Ourense).   Na Franqueira oíron misa, cocelebrada polo párroco da monacal parroquia de Santa María da Fonte ou da Franqueira, D. Xavier Alonso...

5 jul 2010

Presentación da XVIII Feira do Viño do Rosal

O pasado venres 2 de xullo tivo lugar na Casa da Pintora a presentación da XVIII Feira do Viño do Rosal que se celebrará os días 16, 17 e 18 deste mes. O alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, foi o encargado de dar a benvida aos asistentes (autoridades, organizadores e adegueiros) así como de facer un resumo de todas as características da Feira e actividades que se desenrolarán durante esa fin de semana. Así mesmo tamén interviron o...

4 jul 2010

BOA ACTUACIÓN DE JOSÉ E ÓSCAR EN VILA VERDE

José Rodríguez e o seu copiloto Óscar, a bordo do Opel Corsa GSI, destacaron en Portugal Reportaxe (texto e fotos) realizada por Roberto Valladares A pasada fin de semana (26 e 27 de xuño) disputose o X Rali de Vila Verde, proba valedeira para o Campionato Nacional Portugués de 2L/2RM, e organizada polo Clube Automóvel do Minho, disputándose paralelamente unha proba extra na que participaban vehículos sen homologación. No...

Acto DA ASAMBLEA COMARCAL DE CRUZ ROJA

O vindeiro martes 6 de xullo ás 16:30 horas no Centro Cultural de A Guarda @s 44 asistentes ao "Taller de Estimulación de memoria" e familiares, asistirán á entrega de diplomas con motivo da finalización do curso 2009-2010. Informa Neli Rodríguez "Desde el año 2003, voluntarios y voluntarias de la Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño desarrollan un taller de estimulación de memoria para personas mayores de 65 años. Desde entonces, son muchas las personas que han participado en estos talleres con un alto nivel de satisfacción, tanto...