26 feb 2009
III Campionato de Cachiza. San Gregorio (Pías)
26.2.09
Comentar
Fotografía do campionato do ano pasado extraída da páxina PiasangregorioO sábado 7 de marzo celebrarase o III Campionato de Cachiza con motivo das Festas de San Gregorio 2009. Este evento terá lugar na Alameda de Pías ás 15:00 horas. O prezo de inscrición é de 10 euros a parella. Haberá camisetas para todos os participantes e premios para os primeiros clasificados. No recinto instalarase unha cantina. Para máis información podedes chamar ao teléfono...
Na rúa un novo número de Pórtico Cerveirense
26.2.09
Comentar

Pórtico Cerveirense. Revista de Informaçâo e Cultura para Vila Nova de Cerveira, Vale do Minho e Galiza vén de editar un novo número que fai o 17 da súa colección. Dirixida polo infatigable escritor luso Castro Guerreiro, nas súas páxinas dedícaselle unha pequena reportaxe fotográfica a O Rosal por mor da chegada dos Reis Magos o día 5 do mes pasado así como varias reseñas da propia Vila Nova, a cabalgata de Tomiño e o seu entroido ou diversas noticias...
Premiados no Desfile de Entroido 2009
26.2.09
Comentar
Aquí vos deixamos a relación de premiados acompañados das correspondentes fotografías nesta reportaxe realizada pola Concellaría de Cultura do Rosal que dirixe Charo Tabales Perozo. Facede click no seguinte enlace:http://orosalenimaxes.blogspot.com/2009/02/premiados-no-entroido-2009-do-rosal.h...
24 feb 2009
Corrida do galo e frixidela en Fornelos
24.2.09
Comentar

Un ano máis a Praza de Fornelos foi testemuña o luns e o martes de Entroido de dous eventos enxebres como poucos, a "corrida do galo" e a "frixidela". Velaquí vos deixamos a nosa pequena reportaxe fotográfica destes dous días de festa:
http://picasaweb.google.com/Imaxesorosal/CorridaDoGaloEFrixidelaEnFornel...
23 feb 2009
Miles de persoas no Desfile de Entroido do Rosal
23.2.09
Comentar

O domingo 22 de febreiro celebrouse no Rosal o tradicional Desfile de Entroido que percorreu as rúas Ramón Franco e Julio Sesto. Cunhas beirarrúas ateigadas de público foron desfilando os participantes cos seus disfraces individuais en categoría infantil e adulto. Tamén houbo por suposto concursando grupos, comparsas e carrozas. Aquí vos deixamos a nosa reportaxe: http://picasaweb.google.com/Imaxesorosal/DesfileDeEntroido2009NoRos...
21 feb 2009
Preto de 200 nenos do CRA María Zambrano celebran o Entroido na Praza do Calvario
21.2.09
Comentar

O venres 20 de febreiro sobre as 11'30 h. da mañá tivo lugar na Praza do Calvario o desfile de Entroido do CRA María Zambrano do Rosal. Tres aulas de nenos de Pías, dúas de Couso, Fornelos, Marzán, Novás e unha da Paradela percorreron a praza da Vila amosando as súas carrozas e disfraces. Para esta ocasión os rapaces contaron coa inestimable axuda dos seus pais, que realizaron con eles un pequeno obradoiro durante preto de dúas semanas para a confección...
19 feb 2009
Remanso de paz... ao noso carón
19.2.09
Comentar
Pequeno vídeo que realizamos hai poucos días nunha Pesqueira máis salvaxe que nunca... e á vez, chea de auténtica pa...
Comunicado da Policía Local do Rosal
19.2.09
Comentar
A Policía Local informa que con motivo do tradicional desfile de Entroido 2009 no Rosal que terá lugar o domingo 22 de febreiro polas rúas Ramón Franco e Julio Sesto, quedará prohibido estacionar de 08:00 horas ata o final do desfile, así como tamén a circulación de vehículos a partir das 11:00 horas por estas rúas.
Desculpen as molestias.
A Policía Local, 19 de febreiro de 20...
18 feb 2009
As casas indianas do Rosal, nun novo libro
18.2.09
Comentar

Foinos remitido recentemente á nosa redacción un libro -máis ben tomo- que leva por título Casas de indianos. Pontevedra. A obra está coordinada por Fernando Bores Ga-mundi e está editada pola Secretaría Xeral de Emigración e a Consellería de Viven-da e Solo da Xunta de Galicia. Leva a presentación da conselleira Teresa Táboas Veleiro e o limiar de Manuel Luís Rodríguez González, Secretario xeral de Emigración. Esta publicación, de 452 páxinas ilustradas...
17 feb 2009
Eleccións ao Parlamento de Galicia 2009
17.2.09
Comentar

O vindeiro 1 de marzo os galegos están chamados ás urnas para elixir aos seus representantes parlamentar...
16 feb 2009
Brais Otero González, "O Rei" do lanzamento
16.2.09
Comentar

O rosaleiro Brais Otero González naceu un 4 de marzo de 1992. Dende pequeno, alá polos 6 anos, xa se adestraba no colexio Manuel Suárez Marquier "ás ordes" do incombustible mestre de Educación Física, Félix Piñel Alonso. A piques de cumprir a maioría de idade, Brais -que é lanzador de disco e martelo aínda que o que máis lanza habitualmente é o peso- milita no Club do Marquier e conta xa no seu currículo con varios títulos de importancia. É innegable...
O domingo 22 terá lugar o Desfile de Entroido
16.2.09
Comentar

Como xa tiñamos anunciado, o tradicional desfile de Entroido deste ano 2009 no Rosal terá lugar o domingo 22 de febreiro a partir das 11'30 da mañá. Lembramos que o último día para inscribirse e así poder participar neste concurso de carrozas, comparsas, grupos e disfraces individuais será o sábado 21 (no Rexistro do Concello) pechándose o prazo ás 13 horas. Velaquí vos deixamos o cartel do percorrido deste desfile (facede click sobre el para am...
15 feb 2009
Charla-Obradoiro no Manuel Suárez Marquier
15.2.09
Comentar

Segundo nos informan dende a concellaría de Servizos Sociais e Muller do Rosal presidida por Mª Carmen Alonso Alonso, vense de realizar unha Charla-Obradoiro de Orien-tación Vocacional non sexista cos alumnos/as de 4º de Educación Secundaria Obrigatoria do C.P.I. “Ma-nuel Suárez Marquier”. En palabras de Banesa Cortiñas Brey, Técnica de Promoción da Muller: “O obxectivo perseguido na Charla-Obradoiro foi que @s alumn@s se converte-ran nos propios...
12 feb 2009
O Rosal, Calidade do Comercio Galego
12.2.09
Comentar

Grazas á xestión da activa Asociación de Comerciantes do Rosal (A.C.O.R.) que preside José Martínez González (Pepe Berdeal), a Fundación para o Fomento da Calidade Indus-trial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia (entidade sen ánimo de lucro constituída en outubro de 1996 pola Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia e considerada de interese industrial e galego) vén de conceder a 22 establecementos comerciais da Vila o distintivo...
11 feb 2009
Tres "visitantes" na Praza do Calvario
11.2.09
Comentar
Preto das 3 da tarde a Praza do Calvario acolleu unha curiosa visita. A xente non saía do seu asombro admirando o que hai anos era unha estampa normal e habitual. Agora en pleno século XXI resulta, en verdade, "chocante"... disque estes "visitantes" escapáronse durante uns minutos a dar unha voltiña. ¿E por que non? O home e a ter...
10 feb 2009
David Gómez foi entrevistado en Punto Radio
10.2.09
Comentar

David Gómez -que a pasada fin de semana converteuse en campión galego absoluto en 50 metros vallas, segundo informa o blog da actualidade deportiva do Baixo Miño, Deportebm (www.deportebm.blogspot.com)- foi entrevistado por Agustín Castellote, xefe de deportes de Punto Radio na madrugada do mércores 11 de febreiro. No programa El Mirador o rosaleiro afirmou que está encantado coas instala-cións deportivas que dispón en Madrid e novamente foi o portavoz...
Os socios da Liga teñen unha cita o domingo
10.2.09
Comentar

Dende a Asociación Liga de Amigos do Rosal informan aos socios que o vindeiro domingo 15 de febreiro ás 11'30 h. en primeira convocatoria e ás 12 h. en segunda, celebrarase a reunión da Asemblea Xeral Ordina-ria desta entidade coa seguinte orde do día:
1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.
2.- Estado de contas. Balance-liquidación do ano 2008.
3.- Informe da Xunta Directiva.
4.- Rogos e pregunt...
9 feb 2009
Óscar Vicente marchou o luns rumbo a Sudáfrica
9.2.09
Comentar

Óscar, diante da balconada da Casa do Concello antes de partir cara Sudáfrica
O luns 9 de febreiro, Noticiasorosal estivo con Óscar Vicente Rodríguez antes de emprender unha viaxe que o levará ata terras sudafricanas, en concreto a Ciudad del Cabo. Alí estará entrenando durante un mes xunto ao coñecido e respectado triatleta Javier Gómez Noya, campión de Europa en 2007, da Copa do Mundo de 2006 e de 2007 e campión do mundo en 2008 entre outros moitos...
8 feb 2009
Vídeo da subida do arco de Tabagón en 1996
8.2.09
Comentar
Fai pouco máis dunha semana (30 de xaneiro) que se levantou en San Xoán de Tabagón o seu artístico maio. Remexendo no noso arquivo atopamos este pequeno vídeo da subida do ano 1996 con motivo da emisión do programa "Desde Galicia para el mundo" que nesa ocasión se dedicou a O Rosal:http://www.youtube.com/watch?v=aXCll5gg...
A capela de San Sebastián inaugúrase en marzo
8.2.09
Comentar

No mes de marzo -a data exacta está aínda sen confirmar- procederase á inauguración das obras de mellora efectuadas na Capela de San Sebastián e Santa Ana no barrio de Medas (xuradía de Novás). Só na restauración do seu retablo gastáronse máis de 24.500 € que foron financiados pola Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra, o Bispado Tui-Vigo (parroquia de Santa Mariña) e a súa Comunidade de Montes, contando...
Obradoiro de Risoterapia para o Baixo Miño
8.2.09
Comentar

Segundo informa Yolanda Villaverde Gondar, responsable do Centro de Información á Muller da Guarda, se vai a levar cabo un Obradoiro de Risoterapia desde o 19 de febreiro ao 2 abril (os xoves de 17:00 a 20:00 h.). Este Obradoiro está dirixido a mulleres e homes da Comarca do Baixo Miño. Para participar nesta actividade é necesario facer previa inscrición no Centro de Información á Muller da Guarda ou chamando ao teléfono 986 614 648....
5 feb 2009
Premios por comprar nos comercios do Rosal
5.2.09
Comentar
Segundo información que nos facilita a Asociación de Comerciantes do Rosal (A.C.O.R.) que preside José Martínez González (Pepe Berdeal) dende o día 1 ata o 25 de febreiro todas aquelas persoas que fagan calquera tipo de compra nos comercios asociados da Vila, poderán participar nun sorteo que ten como premios os seguintes: 1º un exquisito xamón; 2º e 3º unhas grandes cestas cheas de produtos. Dito sorteo se levará a cabo no local social da Fundación...
4 feb 2009
Espectacular "granizada" en 30 segundos
4.2.09
Comentar
A saraiba sorprendeu aos viandantes e conductores do Rosal sobre as 14:30 horas do mércores 4 de febreiro. En cuestión de pouco máis de medio minuto as rúas do concello -e en concreto a Praza do Calvario tal e como se observa neste vídeo- cubríronse cun pequeno manto bran...
Preto do centenar de persoas asistiron á Charla Informativa sobre o TDAH no Centro Polivalente
4.2.09
Comentar

Organizadores e conferenciantes desta Charla Informativa
O pasado martes 3 de febreiro celebrouse no Centro Social Polivalente do Rosal unha Charla informativa sobre trastorno por déficit de atención con hiperactividade (TDAH) que reuniu a preto dun centenar de profesores, educadores e interesados en xeral neste síndrome conductual. Esta xornada estivo organizada polo Gabinete de Logopedia Rosana, o Gabinete de Psicopedagoxía Ana e a ANPA do Colexio...
2 feb 2009
Os nosos vídeos, en You Tube
2.2.09
Comentar

Lembramos que podedes ver todos os vídeos de Noticiasorosal na canle:(http://es.youtube.com/user/noticiasorosal). Dende a actuación de "Os Campelos" no Auditorio Municipal, pasando pola Feira do Viño, Festa Luso-Galaica, Grupo Ir e Vir, a Banda de Música fai 20 anos, os concertos no Rosal de Milladoiro, Na Revolta, e...
Levantouse o Maio de Tabagón 2009
2.2.09
Comentar
O venres 30 de xaneiro, tal e como estaba programado, tivo lugar en San Xoán de Tabagón -cun tempo certamente desapacible- o tradicional levantamento do "artístico arco" con motivos que lembran que este 2009 é o "Ano da Astronomía" (celébrase o 400 aniversario do emprego do telescopio como instrumento astronómico por parte do xenio italiano Galileo Galilei, que descubriu os catro principais satélites de Xúpiter, as montañas e os cráteres da Lúa así...