FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

31 ene 2009

Presentouse en Santiago o Xacobeo Galicia, equipo do rosaleiro Serafín Martínez Acevedo

Terceiro proxecto do equipo Xacobeo Galicia (Foto: D.M.) O xoves 22 de xaneiro tivo lugar no Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela a presentación do terceiro proxecto para o ciclismo internacional do equipo profesional Xacobeo Galicia que dirixe Álvaro Pino e no que milita o rosaleiro Serafín Martínez Acevedo. O acto estivo presidido pola conse-lleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo e presentado por Terio Carrera, xefe...

O Rosal terá axudas para os danos do temporal

Segundo nos informan dende a Oficina de Emprego e Desenvolvemento Local, O Rosal xunto con Baiona ou A Guarda na provincia de Pontevedra, serán algunhas das vilas nas que se adoptarán medidas para paliar os estragos do temporal. O Diario Oficial de Galicia publicou o venres 30 de xaneiro, o Decreto 13/2009, do 29 de xaneiro, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, de medidas urxentes para a reparación dos danos causados polo temporal acaecido en Galicia a partir do 23 de xaneiro. A publicación no DOG prodúcese ao día...

28 ene 2009

Charla Informativa no Centro Social Polivalente

O martes 3 de febreiro ás 8 da tarde no Centro Social Polivalente do Rosal terá lugar unha Charla informativa sobre trastorno por déficit de atención con o sin hiperactividad. Esta actividade está dirixida a familias, profesores, educadores, coidado-res... sendo organizada polo Gabinete de Logopedia "Rosana", o Gabinete de Psicopedagoxía "Ana" e a ANPA do Colexio Manuel Suárez Marquier. Conta ademais coa colaboración do Concello do Rosal e ANHIDA...

27 ene 2009

Festas do Entroido 2009 en Fornelos

Dende a Comisión de Festas de Fornelos que preside Jorge Rodríguez Álvarez infórmannos que o seu tradicional e enxebre Entroido comezará o domingo 22 de febreiro ás 11 da mañá coa saída das carrozas ata a Praza do Calvario para participar no Gran Desfile. A partir das 5 da tarde actuará o grupo Airiños do Tamuxe ata o comezo da verbena, que será sobre as 8. A gran verbena que se prolongará ata altas horas da madrugada estará amenizada polos grupos...

O venres 30 de xaneiro, Subida do Artístico Arco

Como xa tiñamos anunciado as festas da "Virgen de la Salud y San Blas" se celebrarán como cada ano na parroquia de San Xoán de Tabagón e darán comezo o venres 30 de xaneiro á 1 do mediodía cunha gran tirada de fogos. Ás 6 da tarde terá lugar a Subida do Artístico Arco, tamén chamado "maio", quizais en lembranza da diosa "Maya" coincidindo coa chegada da primavera. Na actualidade e dende principios do século XIX levántase para conmemorar as festas...

Nova clase do Curso de Patchwork

Alumnas do Curso de Patchwork en plena tarefa (Foto: B.C.B.) Este luns 26 de xaneiro volveuse a celebrar unha clase máis do Curso de Patchwork dirixido por Mª Montserrat Fernández Otero e que se imparte no Centro Social Polivalente do Rosal por iniciativa da Concellaría de Servizos Sociais e Muller que preside Mª Carmen Alonso Alonso. Lembramos que este curso que comezou o día 19 de xaneiro ten lugar todos os luns de 16:30 a 18:30 horas. Nel participan...

26 ene 2009

Choiva... de goles: U.D. Ribera 7 - G.D. Miño 3

Segundo nos contan fontes próximas á U.D. Ribera o partido que se celebrou o domingo 25 entre o equipo rosaleiro e o G. D. Miño, foi en verdade, vibrante. Os dez tantos que se marcaron neste encontro da Terceira Autonómica dan boa proba disto. Numerosos afeccionados do Baixo Miño -aínda que o tempo non acompañaba- se achegaron ata o Campo de Fútbol Municipal de A Mata para deleitarse coa outra "choiva", a dos goles. A U.D. Ribera (con 42 puntos e...

Celebrouse a misa na honra de San Vicente

Vista parcial dos fieis devotos de San Vicente nas inmediacións da súa capela O domingo 25 de xaneiro, ás 11'30 da mañá e pese as desfavorables condicións meteorolóxicas celebrouse en Marzán a misa na honra de San Vicente. Oficiou o abade párroco D. Julio Ramos Rodríguez e actuou durante esta Eucaristía a Coral Polifónica de A Guarda, dirixida por Marisilda Sánchez Lomba. Debido ao mencionado mal tempo este ano non houbo a tradicional procesión....

24 ene 2009

Reunión para a reivindicación do Camiño Portugués de Santiago pola Costa ou Monacal

Detalle desta xuntanza galaico-portuguesa. (Foto: Concello de Oia) O martes día 20 de xaneiro tivo lugar no Concello de Oia unha reunión internacional sobre a reivindicación da existencia do Camiño Portugués pola Costa na que participaron representantes de concellos galegos e câmaras portuguesas, asociacións empresariais e veciñais así como importantes historiadores, arqueólogos e investigadores con coñecemento na materia. Tras esta reunión decidiuse...

Charla-Obradoiro no Manuel Suárez Marquier

Dende a Concellaría de Servizos Sociais e Muller do Rosal que preside Mª Carmen Alonso Alonso organizouse do 13 ao 23 de xaneiro, no CPI. “Manuel Suárez Marquier” unha Charla-Obradoiro de corresponsabilidade na vida e no fogar, destinada a nenos e nenas de 1º e 2º da ESO. As sesións, que estiveron a cargo de Banesa Cortiñas Brey, Técnica de Promoción da Muller, trataron de promover a igualdade entre os dous sexos e o coñe-cemento e necesidade do...

22 ene 2009

Novas reportaxes

Estamos traballando para en breve ofrecervos a publicación das nosas últimas reportaxes fotográficas, vídeos, etc. Se queredes facer algunha suxerencia ou "suxestión", aportar información de calquera evento ou acontece-mento relacionado co Baixo Miño e sobre todo coa Vila do Rosal, enviádenos a vosa mensaxe a: noticiasorosal@hotmail.com...

U.D. Ribera - G.D. Miño, o domingo na Mata

Actual plantilla da U.D. Ribera (temp. 08-09) Este domingo 25 de xaneiro disputarase no Rosal e máis concretamente no Campo Municipal da Mata ás 4 da tarde o partido de fútbol de máxima rivalidade comarcal entre a U.D. Ribera e o G.D. Miño correspondente á 18ª xornada da Terceira Autonómica. Agárdase sexa un partido emocionante xa que os dous equipos están en boa forma e a iso engádeselle que loitarán o primeiro e o segundo clasificado:Ribera: 39...

21 ene 2009

O Rosal. Lembranzas dun recente pasado (cap. VII)

Vista parcial do centro da Vila o domingo de Entroido de 1988 Aínda que non se vexan practicamente disfraces e se divisen ao lonxe as carrozas quixemos publicar esta fotografía para polo menos mostrar os "vehículos de motor" da época así como por onde circulaban e aparcaban... xusto polo medio da Praza do Calvario. Facede click sobre a fotografía para amplia...

Actividades de inmersión lingüística

Aberto o prazo para solicitar as axudas a Consellería de Educación que convoca 2.650 axudas para realizar actividades de inmersión lingüística no verán de 2009, desde a última semana de xuño ata o 31 de agosto. As axudas van dirixidas ao alumnado de centros de ensino sostidos con fondos públicos e que estén cursando: 6º de Primaria; 2º, 3º, 4º da Educación Secundaria Obrigatoria e 1º e 2º de Bacharelato para realizar un curso de idioma. As estadías poder ser entre dúas e tres semanas en familias, campamentos ou residencias e os destinos son: Reino...

19 ene 2009

Xa está aquí Xuventude Galiza Net 09

Dende a Oficina de Información Xuvenil do Rosal que dirixe Silvia Baquero Pereira comunícannos que se abre o prazo de preinscrición para unha nova edición de Xuventude Galiza Net. O evento informático máis grande de Galicia chega á súa décima edición con grandes novidades. Para comezar, Xuventude Galiza Net cambia de localización e pasa de celebrarse no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia ao Multiusos Fontes do Sar. Isto permite que o 2009...

A Liga en Marcha. "Camiña e coñece"

Con este eslogan a Asociación Cultural Recreativa Liga de Amigos de O Rosal convoca aos seus socios este venres ás 22 horas á presentación da actividade que se realizará o vindeiro domingo 25 de xaneiro ao aire libre. Baixo o lema "Vén a camiñar con nós e coñece o noso contorno" a Sociedade anima a realizar unha ruta que ten como percorrido: Liga de Amigos-Pozas do Río da Cal-Liga de Amigos. Así mesmo o venres pola noite na cafetería do local se...

18 ene 2009

Bases para o Concurso de Entroido no Rosal

O Concello do Rosal convoca o tradicional Concurso de carrozas, comparsas e disfraces individuais que se celebrará con motivo do Entroido 2009 o domingo, 22 de febreiro, ás 11:30, na praza do Calvario. A inscrición dos participantes farase no Rexistro do Concello, en impreso normalizado para este fin, ata as 13:00 horas do día 17 de febreiro. Xunto coas solicitudes de inscrición, deberán achegar un breve comentario dos traballos que se presentan,...

17 ene 2009

Novo curso de Cruz Roja Baixo Miño

Dende a Asamblea de Cruz Roja Baixo Miño informan que o próximo 14 de febreiro comezará o curso de "Nutrición y Psicomotricidad pasiva en la Tercera Edad". Este curso ten unha duración de 50 horas e prolongarase os días 14, 21 e 28 de febreiro e o 7, 14 e 21 de marzo. O horario de impartición será de 9'30 a 14 h. e de 16 a 20 horas. O curso está enmarcado dentro das accións formativas de interese socio-sanitario de Cruz Roja e está dirixido a persoas maiores de 16 anos que estean interesadas en coñecer os aspectos relativos a unha correcta nutrición...

14 ene 2009

Araceli del Pozo Galiñanes, nova AEDL

Achegámonos o mércores 14 de xaneiro ata o Centro Social Polivalente do Rosal para coñecer a Araceli del Pozo Galiñanes, a nova Axente de Emprego e Desenvolvemento Local. Araceli será a encargada a partir de agora de ofrecer asesoramento á xente emprendedora, así como de informar de posibles axudas ou subvencións ás que se pode acceder. Nas súas palabras traballará para "quen desexe orientación laboral ou queira despexar dúbidas sobre o emprego"....

Festas en San Xoán de Tabagón

As festas da "Virgen de la Salud y San Blas" se celebrarán como cada ano na parroquia de San Xoán de Tabagón e darán comezo o venres 30 de xaneiro á 1 do mediodía cunha gran tirada de fogo "graneado". Ás 6 da tarde terá lugar a Subida do Artístico Arco nun animado ambiente tradicional. O sábado 31, ás 11 da mañá fará entrada a Banda de Música de Goián que ofrecerá nas inmedia-cións un concerto. Xa de noite e sobre as 10, presentaranse as orquestras...

Festas na honra de San Vicente 2009

O domingo 18 de xaneiro a partir das 9 da mañá un grupo de gaitas percorrerá a Xuradía de Marzán. O xoves 22 ás 11 horas, misa na honra de San Vicente, como ofrenda dun veciño de Marzán. O venres 23, a partir das 6 da tarde "Gran zorzada e chourizada" acompañada polo Son Musical Electrosil. A gran verbena do sábado 24 será a partir das 8'30 da tarde a cargo do grupo Agarimo e a orquestra Sabrosito. Xa o domingo 25 de xaneiro e ás 8 da mañá, unha...

13 ene 2009

Últimas prazas para o Curso de Patchwork

O luns 19 de xaneiro dará comezo o Curso de Patchwork dirixido por Mª Montserrat Fernández Otero e que se impartirá no Centro Social Polivalente do Rosal. Dúas horas á semana de 16:30 a 18:30 para coñecer todos os segredos desta tela que se fai cosendo anacos de retais de distintas cores, debuxos e formas. Dende a Concellaría de Servizos Sociais e Muller que preside Mª Carmen Alonso Alonso comunícannos que aínda quedan prazas vacantes, sendo o venres...

Cultura organiza un "Obradoiro para o Entroido"

Dende a Concellaría de Cultura que dirixe Charo Tabales Perozo ofrécese a posibilidade de realizar un obradoiro consistente en aprender a manexar malabares, andar en zancos e facer cabezudos para participar nun pasarrúas que se celebrará o domingo do Desfile do Entroido. A actividade é gratuíta para os alumnos de 3º e 4º da ESO do CPI Manuel Suárez Marquier. Dito obradoiro terá unha duración de 27-30 horas. O prazo para anotarse é ata o venres 16...

12 ene 2009

Martes e 13... de xaneiro

Martes e 13... de xaneiro. Nas culturas de España, Grecia e os países de Latinoamérica, o martes 13 é considerado un día de mala sorte. Martes é unha palabra que provén do nome do planeta Marte, que na Idade Media o chamaban "o pequeno maléfico" e que significa vontade, enerxía, tensión e agresividade. Marte, segundo a mitoloxía grega é o Deus da Guerra, polo que o día martes está rexido polo planeta vermello, o da destrución, o sangue e a violencia....

9 ene 2009

David Gómez, elixido Mellor Atleta Galego 2008

David na compaña do presidente Alfonso Posada e o atleta, técnico, fisio e directivo, Jesús María Lence en Balaídos (Foto R.C. Celta) O rosaleiro David Gómez Martínez vén de ser elixido Mellor Atleta Galego do 2008 nunha Gala que se celebrou no Salón de Actos do Paraninfo da Universidade da Coruña en decembro pasado tras ser olímpico en Atenas e Pequín e campión de España de Decathlon por terceira vez. En declaracións na web do Real Club Celta de...

Belén vivente na igrexa de Santa Mariña

O martes 6 de xaneiro, Día de Reis, a parroquia organizou na igrexa de Santa Mariña -na súa misa de 12- un belén vivente no que participaron nenos e nenas do Rosal. No momento do ofertorio os Reis Magos fixeron a ofrenda do pan e do viño ademais de lambetadas que se repartirían ao final da Eucaristía. Como é tradicional, o abade párroco D. Julio Ramos Rodríguez deu a bicar o Neno Xesús aos fieis asistentes entre cantos de panxoliñas. Aquí vos deixamos...

6 ene 2009

Centos de persoas recibiron ás Súas Maxestades

Aspecto que presentaba a Praza dende a balconada do Concello Os Reis Magos de Oriente e o seu séquito chegaron a O Rosal a media tarde do luns 5 de xaneiro, onde os agardaban na Praza do Calvario centos de persoas. Antes aínda das 12 da noite comezaron a repartir agasallos entre o público asistente, na súa maioría nenos e nenas que con ilusión fixeron tres filas para falar con Melchor, Gaspar e Baltasar e transmitirlles as súas inquedan-zas e desexos....

Roi O Cagabolas actuou na Praza do Calvario

Xusto media hora antes da chegada das Súas Maxestades tivo lugar no medio da Praza do Calvario do Rosal a actuación do malabarista, humorista e mago Roi O Cagabolas, que trouxo un espectáculo dirixido ao público familiar onde demostrou o seu dominio das mazas, as bolas, o diábolo... á vez que interactuaba cos asis-tentes facendo chistes ou "explicando" certos trucos de maxia. Aquí vos deixamos algunhas imaxes do bo facer de Roi, que representa á...

5 ene 2009

Os Reis Magos repartiron agasallos no Rosal

En breve publicaremos a reportaxe da chegada e reparto de agasallos das Súas Maxestades "Os Reis Magos de Oriente". Centos de nenos e maiores déronse cita o luns día 5 de xaneiro na Praza do Calvario para recibir a Melchor, Gaspar e Baltasar nun ambiente de ilusión, ledicia e amiza...

3 ene 2009

Nace un novo blog no Baixo Miño, Deportebm

A entrada deste ano 2009 trae consigo a creación dunha nova páxina web coordinada por Sergio Rodríguez Teixeira sobre o deporte baixomiñoto (www.deportebm.blogspot.com). Nas súas propias palabras: "Desde este nuevo blog nuestro objetivo es de informaros sobre las noticias de la actualidad deportiva del Baixo Miño, para que así, este sea un punto de encuentro de todos aquellos interesados por el deporte de la zona". Quen desexe colaborar ou participar...

2 ene 2009

O Centro Teatral Faro-Miño presenta a súa obra

O domingo 4 de xaneiro ás 19:00 horas no Auditorio Municipal do Rosal -e seguindo coa programación de Nadal do Concello- o Centro Teatral Faro-Miño de Chantada (Lugo) presentará a súa obra "Protección solar" (todos os públicos)....

1 ene 2009

A Cabalgata de Reis, o luns 5 de xaneiro

A comitiva real que participou na Cabalgata de Reis do ano 2005 Como é tradicional celebrarase a Cabalgata de Reis este luns, 5 de xaneiro. A saída da "comitiva real" está prevista para as 10 da mañá dende a Praza do Calvario. O seu percorrido será o seguinte: Calvario, Caselas, Convento, Fornelos, Picón, Martín, Visodoseidos, Novás, Parada, Marzán, Fecha, Cachada, Pías, San Miguel, San Juan de Tabagón, A Portela, Eiras, O Calvario (San Miguel),...