FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

29 dic 2009

Clausura do Obradoiro de Emprego "Ponte do Tamuxe"

Estamos traballando para ofrecervos a reportaxe do acto de clausura e entrega de diplomas do Obradoiro de Emprego "Ponte do Tamuxe" que tivo lugar onte, martes 29 de decembro, no Auditorio Municip...

28 dic 2009

Nace o primeiro blog sobre A Cabaqueira

Vén de crearse recentemente un novidoso e interesante blog sobre A Cabaqueira, os cabaqueiros e a súa xerga: "Esjaravellando Cabaqueiro" (escribindo cabaqueiro). O seu coordinador é Antonio Cividanes Rodríguez, da Gándara -nas súas propias palabras- "un namorado do verbo do cabaqueiro". Preguntándolle o por que da creación deste blog respóndenos que "a idea xorde do meu interese por aprender o verbo xa fai uns anos. Empecei a comprar os libros que...

Celebrouse o Concerto de Nadal con motivo da presentación do Coro Ecos do Folón de Fornelos

O sábado 26 de decembro se celebrou na igrexa parroquial de Santa Mariña do Rosal un Concerto de Nadal con motivo da presentación oficial do Coro Ecos do Folón, de Fornelos, que estivo apadriñado pola Coral Polifónica de Atios e a Coral Polifónica de A Cañiza. Lembramos que "Ecos do Folón" naceu o 7 de xaneiro de 2008 como unha actividade máis da Asociación de Veciños e Socio-Cultural "Río Folón" de Fornelos. Comezou con 17 compoñentes, sendo na...

27 dic 2009

Robert Pattinson e Kristen Stewart, no Rosal

Onte, domingo 27 de decembro, recibimos ben cedo unha chamada á nosa redacción informándonos que a famosa parella de moda formada por Robert Pattinson e Kristen Stewart (actores da exitosa saga "Crepúsculo") se atopaba paseando relaxadamente e de incógnito por Galicia e máis concretamente polo Baixo Miño despois do estrés causado pola estrea da súa película "Luna Nueva". A nosa sorpresa foi que preguntando a veracidade desta noticia enterámonos que...

Toni Portela, Subcampión Galego de Ciclocross

Tal e como se reflicte na páxina web do Club Ciclista O Rosal, un dos seus integrantes, Toni Portela, en categoría cadete, vén de conseguir a segunda praza no Campionato de Galicia de Ciclocross 2009 que se celebrou o domingo 27 de decembro en Guláns (Ponteareas). Velaquí vos deixamos o enlace ás fotografías realizadas polo club rosaleiro con motivo deste even...

Uns rosaleiros de Pías, na curiosa fotografía de portada do xornal dominicano Diario Libre

Segundo nos informa M.C.R., lectora de Noticias O Rosal, o xoves 24 de decembro, día de Noiteboa, saíu na portada de Diario Libre, xornal de distribución gratuíta da República Dominicana, a fotografía dunha familia do Rosal, en concreto de Pías. Así, podemos ver a Jacinto Domínguez felicitando estas datas festivas na compaña da súa muller Sara Carrera e da filla de ambos, Belén, portando sendos exemplares do citado Diario Libre e do Faro de Vigo....

23 dic 2009

¡¡Felices Festas e Bo Nadal para todos/as!!

A Noiteboa é a celebración cristiá do nacemento de Xesús. Celébrase a noite do día 24 de decembro, a véspera do día de Nadal (o día 25 de decembro). Os costumes varían duns países a outros, pero é bastante común reunirse para cear toda a familia, e facer agasallos sobre todo, nos países protestantes. O costume en España é cantar panxoliñas acompañados dunha pandeireta e a zambomba así coma comer doces. (Galipedia). Velaquí vos deixamos este debuxo...

Benvidos/as a Noticias O Rosal

EN GALEGO Nace esta páxina web en maio de 2008 co obxectivo e a única razón de dar a coñecer un pouquiño máis o noso pobo de O Rosal, os seus costumes, as súas xentes. Para que precisamente non se esquezan certas tradicións, para que se recoñezan aos seus paisanos singulares e destacados... en definitiva, para que quede constancia para a Historia. Procuraremos reflectir aquí as novas máis interesantes que sucedan durante o ano, agardando...

Unha rosaleira e unha guardesa, gañadoras das cestas de Nadal da Asociación de Comerciantes

O venres 18 de decembro celebrouse na sede de A.C.O.R. (Asociación de Comerciantes do Rosal) o sorteo das dúas cestas de Nadal dentro da Campaña de Promoción do Comercio da Provincia de Pontevedra “Unha ilusión de Nadal 2009”. José Martínez González (Pepe Berdeal), presidente de A.C.O.R. foi o encargado de comunicarlle persoalmente a boa nova ás agraciadas con estas cestas repletas de comida, doces e bebidas propias destas datas. A primeira papeleta...

22 dic 2009

O Rosal acollerá a partir do día 28 un Encontro de músicos galegos de metal e percusión

Segundo informa a Agrupación Musical do Rosal os días 28, 29 e 30 de decembro celebrarase no Auditorio Municipal un Encontro de músicos galegos de metal e percusión. Ademais o mércores 30, ás 20:30 horas ofrecerán un concerto baixo a batuta de José Manuel González Diego, Trompa da Orquestra de Castela e Le...

Entregáronse os premios aos gañadores do III Concurso de Beléns do Concello do Rosal

Yolanda González Freitas recibe o premio en nome da Agrupación Musical do Rosal O pasado venres 18 de decembro tivo lugar no Centro Social Polivalente a entrega de premios aos gañadores do III Concurso de Beléns organizado pola concellaría de Cultura e a Oficina de Información Xuvenil do Rosal. Na categoría infantil-xuvenil o Belén gañador cun lote de libros foi “Outro xeito de mirar a televisión”, presentado polo Grupo de Iniciación Musical da...

21 dic 2009

Os Campelos e compañía, inmortalizados polo atento obxectivo de Silvia Rodríguez Martínez

Velaquí vos deixamos a fantástica reportaxe fotográfica da nosa colaboradora Silvia Rodríguez Martínez con motivo da última actuación de "Os Campelos" e compañía no Auditorio Municipal do Ros...

17 dic 2009

Máis que cheo absoluto nun novo éxito de Os Campelos no Auditorio Municipal do Rosal

O pasado domingo 13 de decembro tivo lugar no Auditorio Municipal a actuación do dúo humorístico rosaleiro "Os Campelos" (Roberto Fernández Rodríguez e Francisco Rodríguez Fernández) que se saldou cun novo éxito de público e crítica con máis de 500 espectadores... sen contar a multitude de xente que se quedou fóra debido a que xa se superara o aforo permitido. Dende Noticias O Rosal "Os Campelos" queren agradecer a presenza de todos os asistentes así como a colaboración de David Amor e José Antonio Rodríguez Portela, xunto con varios integrantes...

O Concello xa conta cun servizo de transporte

O martes 15 de decembro tivo lugar diante da Casa do Concello a entrega dun minibus Citröen Jumper por parte do presidente da Deputación, Rafael Louzán ao alcalde da vila, Jesús Mª Fernández Portela. Trátase dun vehículo de 17 prazas que foi financiado conxuntamente pola Deputación de Pontevedra, Caixanova, Citröen e o Concello e que servirá para dinamizar os servizos sociais e culturais do municipio, achegar á xente das parroquias ao centro ou mesmo...

16 dic 2009

Noticias O Rosal. Información de contacto. Na rede dende maio de 2008

Se queres contactar coa redacción de Noticias O Rosal para temas de fotografías, información, comunicados de prensa ou reportaxes en xeral, envía un correo a: info@noticiasorosal.es noticiasorosal@hotmail.com Teléfono e WhatsApp: 637 311 007 Lembra que estamos presentes nas redes sociais Facebook e Twitter. Ademais contamos con canal en Youtube.  Para calquera dúbida relativa a esta páxina cultural, contacta co noso director: Juan...

15 dic 2009

O Rosal. 130 anos da "Concesión do Título de Vila"

Tal e como nos lembra Manuel José Fernández Gómez (Machote) nun escrito remitido á nosa redacción, o 16 de decembro de 2009, cumpríronse 130 anos da concesión do título de Vila para O Rosal. Seguindo documen-tación do "Libro de Actas del Ayunta-miento del año de 1879", Manolo enviounos dous interesantes escri-tos, un o da solicitude e outro o da concesión do citado título, que damos aquí a coñecer. Lembramos dende Noticias O Rosal que xa o Concello...

Celebrouse a Romaría de San Martiño, 2009

O pasado domingo 13 de decembro -e despois de varias semanas de mal tempo- a parroquia de Santa Mariña do Rosal celebrou, tal e como observamos nestas fotografías xentileza de Luís Dorado Senra, a festa-romaría de San Martiño, avogado das “espullas”. A procesión co Santo saíu do adro ás 10:30 horas acompañada polos seus devotos, previas poxas e con repique de campás e tirada de foguetes. Aínda que con menos xente que outros anos esta celebración...

Concertos da Banda da Agrupación Musical do Rosal

Velaquí vos deixamos as reportaxes fotográficas realizadas por Jesús González Álvarez (Suso) con motivo do concerto que ofreceu o pasado sábado 5 de decembro a Banda de Música da Agrupación Musical do Rosal na honra de Santa Cecilia. Igualmente do domingo 6, coa actuación do Grupo de Clarinetes Kla-son e o Festival de Corais Voces Brancas celebrado no Auditorio Municipal....

9 dic 2009

A Agrupación Musical do Rosal recibe un novo premio

Este 9 de decembro tivo lugar na Casa do Concello a entrega do primeiro premio de 4.200 euros outorgado á Banda de Música da Agrupación Musical do Rosal correspondente á súa formidable vitoria na sección especial do IX Certame de Bandas de Música da Deputación de Pontevedra celebrado a comezos do mes de outubro. O encargado de realizar a dita entrega foi José Juan Durán, vicepresidente e deputado delegado de Cultura da entidade provincial, quen estivo...

Tamara Roig Figueroa e Xoán Manuel Pousa Lucio

O mércores 2 de decembro celebrouse no Salón de Exposicións municipal, SOStendo, un obradoiro fronte ao cambio climático a cargo de Tamara Roig Figueroa e Xoán Pousa Lucio co apoio de Ana Otero Junquera. Esta foi unha iniciativa da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, que contou coa colaboración do Concello do Rosal para divulgar e concienciar sobre o fenómeno do cambio climático. Como xa tiñamos anunciado asistiron a esta...

6 dic 2009

O conselleiro de Medio Rural visitou a nosa vila

O pasado mércores 2 de decembro o conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez Otero, presentou no Rosal o Plan de Mellora dos Accesos ás Explotacións Vitivinícolas en concellos da Denominación de Orixe Rías Baixas. Neste acto participaron cooperativistas, adegueiros, alcaldes e representantes dos diferentes concellos que integran esta D.O. Tamén estiveron o director xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo Iglesias e o delegado territorial da...

3 dic 2009

Fin de semana musical no Auditorio

O sábado 5 de decembro ás 19:30 horas no Auditorio, a Banda de Música da Agrupación Musical do Rosal que dirixe Diego J. Lorente ofrecerá un concerto na honra de Santa Cecilia, patroa da música, dos poetas e dos cegos. O programa é o seguinte: Música Mestres........................... Juan Lois Diéguez Concerto para trompeta.............. Arutiunian Pontus Veteris............................ Ángel A. Montes Dolores Pedro................................

O Rosal tamén fai a peregrinación do Camiño

O domingo 29 de novembro -e organizada pola Fundación Camiño de Santiago. Amigas e amigos do Camiño Portugués a Santiago- deu comezo a primeira etapa desta peregrinación para promocionar o "Camiño Portugués da Costa" do que forma parte O Rosal. Precisamente representantes políticos e sociais da vila achegáronse ata Viana do Castelo para realizar este percorrido que os levou á Catedral onde o párroco bendiciu aos peregrinos asistentes, camiñouse...

Celebrouse no Auditorio "Encontros O Rosal"

O pasado sábado 28 de novembro tivo lugar no Auditorio Municipal un Festival de música e baile populares denominado Encontros O Rosal e no que participaron grupos de cada un dos concellos do Baixo Miño. Este evento estivo organizado polo Concello coa colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra. O acto estivo presentado pola concelleira de Cultura, Charo Tabales Perozo e pola de Turismo, Ángeles Vicente Manzano, que fixeron un percorrido...