FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

9 mar 2016

Novo deseño da web de Noticias O Rosal. Séguenos en noticiasorosal.es

É un pracer comunicarvos que o luns 7 de marzo de 2016, estreamos novo deseño e contidos en www.noticiasorosal.es Este mes, como é lóxico, estaremos en período de probas. Se vedes algo que non está correcto ou tedes calquera información ou suxestión, por favor contactade con nós. Que sepades que, por suposto, seguiremos na mesma liña destes case 8 anos en internet, centrándonos como sempre no ámbito cultural e deportivo da nosa querida...

2 mar 2016

Concerto do grupo "Os Broders" no Bar-Tapería A Competencia (O Rosal)

Na imaxe de arquivo, o xerente Enrique, coa cantante galega Erea Castro. (Foto: J.R.) Este sábado 5 de marzo, a partir das 20:00 horas, o Bar-Tapería A Competencia, que rexenta José Enrique Rodríguez Vicente, acollerá o xa tradicional concerto do grupo musical "Os Broders", que chegan á nosa vila dende o Barco de Valdeorras (Ourense) e Santiago de Compostela. A entrada é libr...

Javier Costas, atleta de O Rosal, dobre Subcampión Galego junior na Coruña

O atleta rosaleiro Javier Costas, segundo nos comunica o seu equipo, o Club de Atletismo Coruña Comarca, vén de proclamarse o sábado 27 de febreiro, dobre subcampión galego junior de 200 metros e salto de lonxitude. Javier Costas (1998), adestrado dende este ano polo guardés Sergio Rodríguez Teixeira, "tivo unha actuación sobresaínte no Campionato Galego Junior de Pista Cuberta celebrado no Palacio dos Deportes de Riazor, conseguindo...

Preto de 100 afeccionados do Novás apoiarán en Chapela nun choque crucial

Afeccionados do Novás, o pasado ano 2015 en Chapela. (Foto: J.R.) Tal e como se pode ler no perfil das redes sociais do Acanor Atlético Novás, "por non acadar o mínimo de persoas proposto, o desprazamento en autobús a Chapela queda suspendido. Disculpen as molestias. A pesar que se cancele a viaxe, os xogadores non estarán sós. Preto dun centenar de afeccionados rosaleiros achegaranse en coches particulares...

1 mar 2016

G. Marcelli afrontou en Mallorca unha das probas máis duras da súa vida

Gabri voando na súa "montesa". (Foto de arquivo RFME: Joan Carles Vázquez) "El CET Mallorca, uno de los triales más duros en los que llevo participado". Así se expresaba Gabriel Marcelli, o piloto rosaleiro de trial, tras finalizar a súa aventura na proba do Campionato de España de Trial que se celebrou esta fin de semana na localidade balear de Sant Joan e que contou cunha participación total de 82 pilotos. Proba disto, un extracto...

O grupo Xamaraina actuará en O Rosal polo Día Internacional da Muller

Segundo nos comunican dende o Concello do Rosal, o grupo de baile Xamaraina que dirixe Elena Baz Rodríguez, actuará este sábado 5 de marzo a partir das 20:00 horas no Auditorio Municipal do Rosal con motivo do Día Internacional da Muller (8 de marzo)....

O Acanor Atlético Novás quere tinguir de vermello o pavillón de Chapela

O club Acanor Atlético Novás de balonmán, que preside Andrés Senra e que actualmente ocupa a 3ª posición en Liga, disputará o sábado 5 de marzo en Chapela (Redondela, 18:30 h) a xornada 22 da Primeira Nacional fronte ao potente Construcciones Castro. O Novás, no caso de que se apunten un mínimo de 40 persoas, fletará dende a Praza do Calvario o "Bus da afección" por un prezo de bus+entrada: 10 € para socios e 12 € para non socios. Pódese...

29 feb 2016

O Rosal acolle este 1 de marzo a inauguración da cafetería Val Rosal Trintiña

A cafetería Val Rosal Trintiña, situada no casco urbán do Calvario, abre por vez primeira as súas portas hoxe, martes 1 de marzo de 2016, a partir das 8:30 horas da mañá, "con rico café e almorzo". Este céntrico local, que estará rexentado polo rosaleiro Dani Rodríguez "Trinta" e a súa moza, Celia Carrera, obsequiará cuns pinchos a todos, das 18:00 horas en diante, celebrando desta maneira a inauguración oficial. Segundo confesan a...

23 feb 2016

O Rosal celebra o I Torneo de Fútbol Sala organizado polo Acanor Atl. Novás

O Acanor Atlético Novás que preside Andrés Senra, vén de anunciar que organizará os días 24 e 25 de marzo o seu primeiro Torneo de fútbol sala, no pavillón municipal do Rosal. Xa se poden realizar as inscricións de equipos, cun máximo de 10 xogadores e unha cuota de inscrición de 60 €. O torneo "levarase a cabo si se apuntan un mínimo de 12 equipos. O máximo será de 20". Os premios deste I Torneo "serán de 150, 100 e 50 €...

O Auditorio do Rosal acolle o día 28 o Festival de Coros Infantís e Xuvenís

A Agrupación Musical do Rosal segue organizando e realizando diferentes actos de celebración do seu 30º Aniversario.  Este domingo 28 de febreiro a partir das 18:00 horas, o Auditorio da vila acollerá o Festival de Coros Infantís e Xuvenís, coa participación do Coro Infantil da Agrupación Musical do Rosal, o Coro Infanto-Juvenil de Vila Nova de Cerveira e o Coro de Voces Brancas Medio Tempo. A entrada é libr...

22 feb 2016

Unha empresa rosaleira apoiará a Damián Alonso no Campionato do Mundo

Foto: Damián Alonso / facebook O remeiro guardés Damián Alonso vén de contactar con Noticias O Rosal para comunicarnos que a empresa da vila, Ecogalaico Innovación S.L., dos irmáns Javi e David Sousa, será un dos seus patrocinadores no Campionato do Mundo de Remoergómetro que se celebrará esta fin de semana en Boston (EEUU). Segundo afirma Damián, os empresarios rosaleiros "axudaranme nesa aventura" e por iso o actual campión de Europa...

A Feira de San Gregorio 2016 en Pías celebrarase os días 12 e 13 de marzo

A Feira de San Gregorio 2016 en Pías (O Rosal), tal e como reza o cartel, celebrarase o sábado 12 e o domingo 13 de marzo. Iso si, o X Torneo da Cachiza Pías-San Gregorio terá lugar o sábado 5 de marzo ás 15:30 horas na Alameda de Pías. Para inscribirse podedes chamar ao teléfono 606 837 304 (Sergio). A festa estará amenizada polo grupo "Coro Fuscalheiro". A inauguración oficial da Feira será o sábado 12 de marzo ás 17:00 horas, previa...

O grupo de teatro Agarimo de Vigo presentará en O Rosal "Breve-Mente"

Tal e como se informa dende o Concelllo, Agarimo Teatro de Vigo actuará de novo na nosa vila presentando a obra Breve-Mente. Será este sábado 27 de febreiro ás 19:30 horas no Auditorio Municipal do Rosal.  Breve-Mente é apta para todos os públicos, dura 90 minutos e conta con 5 esceas:  A Aposta, A Pitonisa, Honra e Vinganza, Auténticas, Fifty fifty e Xaque á Dama. ...

17 feb 2016

O extremo esquerdo Isma Rodríguez "ascende" ao primeiro plantel do Novás

Foto: Acanor Atlético Novás Segundo se pode ler no perfil oficial da rede social facebook do Acanor Atlético Novás, "Isma Rodríguez pasa a formar parte unicamente do primeiro plantel tras acadar os 10 encontros permitidos para xogadores de idade senior. O extremo, nado en 1991, anotou 12 tantos nas súas convocatorias co equipo de Primeira Nacional, e estaba a ser un dos xogadores máis destacados no filial. Agora, centrado no equipo que...

Conferencia no Rosal sobre a relación entre as emocións e as enfermidades

Segundo informa a Asociación Érguete Baixo Miño "los jueves días 18 y 25 y los viernes días 19 e 26 de febrero hablaremos de ¿Para que enferma tu cuerpo? Las relaciones entre las emociones y las enfermedades. Están dirigidas a todas las personas que quieran descubrir un enfoque integrador de la salud". A poñente será a especialista en PNL, Mª Jesús Alfonso Amoedo, psicoterapeuta, formadora e creadora dende o ano 1991. Velaquí...

16 feb 2016

O Rosal celebra o Día na honra de Rosalía de Castro na Biblioteca Municipal

O Concello do Rosal, a través concellaría de Cultura que preside Charo Tabales Perozo, convida a compartir a obra e o Día de Rosalía de Castro (24 de febreiro) na Biblioteca Municipal, a partir das 19:30 horas. Máis información do Día de Rosalía de Castro, aqu...