26 ene 2016
A Jalleira Afea convoca Asemblea Xeral e organiza unha saída ao río da Cal
26.1.16
A Jalleira Afea, Comunidade de Montes de Santa Mariña do Rosal, Muíños do Folón e Picón, Nuria Castro Martínez
Comentar
A Jalleira Afea (Asociación Forestal e de Educación Ambiental) que preside a rosaleira Nuria Castro Martínez convoca e convida a socios/as e ao público en xeral á Asemblea, que terá lugar o sábado 30 de xaneiro (17:00 horas) no Salón de Exposicións do Rosal.
Igualmente, ao día seguinte, domingo 31 de xaneiro e coa colaboración da Comunidade de Montes de Santa Mariña, haberá unha plantación no río da Cal. A saída será ás 9:00 horas dende a explanada do Folón, en Martín.
Máis información en ajalleira@gmail.com
A 7ª edición de "A Carpa Carnaval de Fornelos" promete festa "non stop"
O vindeiro venres 5 de febreiro, dará comezo a sétima edición de "A Carpa Carnaval de Fornelos" en O Rosal, con motivo das tradicionais Festas de Entroido.
Os organizadores do evento, Pablo Pérez, Riky Vicente, Óscar Castro e compañía, supéranse ano tras ano, garantindo aos asistentes á Carpa "5 días de festa non stop, 5 días coa mellor música".
O venres 5, inauguran o espectáculo Groove Amigos, We Are Partyners e André Goberna.
O sábado 6, quenda para David Correa.
O domingo 7: Traffic House, Dümore e Diego Wass.
O luns 8: volve David Correa acompañado por Dj Charlie.
O martes 9: Fin de Festa.
Segundo se pode ler no facebook de "A Carpa Carnaval Fornelos", as "sessions" comezarán todos os días a partir das 0:00 horas.
Novás celebra o seu Entroido 2016 recuperando tradicións como "O Maio"
Foto: J.R. // Noticias O Rosal
O domingo 7 de febreiro (16:30 horas) darán comezo as Festas de Entroido de Novás coa Subida do Maio (tradición centenaria, recuperada nesta xuradía en 2014). Celebraranse tamén Xogos Populares e haberá chocolate quente e rosca.
Foto: Aurora Lomba
Xa o luns 8 de febreiro, a partir das 16:30 horas, Gran Corrida do Galo.
A organización do Entroido/Carnaval de Novás anuncia que o recinto estará cuberto cunha carpa.
22 ene 2016
Marzán acolle o domingo 24 de xaneiro a Romaría na honra de San Vicente
22.1.16
A Guarda, Coral da Agrupación Musical do Rosal, Marzán, Os Pelouros, Romaría de San Vicente, Tomiño
Comentar
A Romaría de San Vicente (Marzán-O Rosal) celebrarase este domingo 24 de xaneiro de 2016.
Dende primeiras horas da mañá, haberá música ambiental a cargo de Electrosil de Tomiño. A partir das 10:00 h, actuación do grupo de gaitas Os Pelouros (A Guarda). Durante a Romaría, serviranse "deliciosos callos caseiros".
A misa solemne con sermón e procesión, será ás 12:00 horas, acompañada pola Coral da Agrupación Musical do Rosal.
Rematada a misa, tradicional subasta de produtos típicos do Rosal, con salva de bombas que porá punto e final á Romaría.
O Novás obsequia a cada socio cunha entrada gratis para recibir ao E.D. Poio
22.1.16
Acanor, Andrés Senra (Novás), Atlético Novás de Balonmán, Deportes, Guardés, Manolo Armán
Comentar
Informa: Acanor Atlético Novás
Esta fin de semana comeza a segunda volta, na que o Novás, terceiro, recibe ao colista da competición, que aínda non estreou o seu taboeiro de puntos.
Con todo o plantel ao 100%, agárdase que os pupilos de Jota e Jimy sumen dous novos puntos despois da importante e complicada vitoria da xornada pasada ante o Embutidos Lalinense (26-24).
Con toda a segunda volta por xogarse, actualmente o Acanor Atlético Novás que preside Andrés Senra, atópase a 2 puntos de Construcciones Castro Chapela, que é segundo, e a 4 do sólido líder Calvo Xiria.
Para esta cita, a directiva obsequiará a cada socio cunha entrada gratis, que se canxeará o mesmo día na entrada. Cabe lembrar que a hora de inicio será ás 18:00 horas, posto que o Mecalia Guardés xogará o seu compromiso ás 20:00 horas.
Antes do encontro de Primeira Nacional, xogarán os filiais de Acanor Novás e Construcciones Castro (16:00 horas). Os de Manolo Armán, que acumulan case dous meses sen coñecer a derrota, non contarán con Adrián Dorna, que o sábado en Coia disputou o seu último partido e abandonará o club por motivos laborales. O seu lugar o ocupará Jorge Teixeira, que podería debutar o sábado se os papeles se preparan a tempo.
Tardes de encontro no Rosal para persoas que estean ou se sintan soas
22.1.16
Comentar
Informa: Concello do Rosal
Dende o Concello do Rosal queremos que aquelas persoas, maiores e non tan tanto, que por circunstancias se atopan soas, que queren encher o seu tempo, facer novas amizades, relacionarse, saír, espallar a cabeza, falar con xente, tomar un café, en definitiva compartir una tarde con outra xente que se atopa na mesma situación teñen agora a oportunidade de facelo.
Somos conscientes de que de un día para outro isto non se consegue, pero tendo contacto uns cos outros de xeito regular queremos chegar a esa xente que precisa relacionarse e non atoparse soa, organizando diferentes actividades unha tarde a semana como saír a tomar un café, ir a camiñar, ter unha sesión de perruquería, etc.
A medida que vaian tendo lugar as tardes e a xente se vaia coñecendo, iremos programando as actividades en función dos intereses dos participantes con varios obxectivos: fomentar a interrelación entre as persoas que se senten soas, mellorar a súa saúde mental e en definitiva mellorar a súa calidade de vida.
21 ene 2016
O grupo Adredde actuará mañá nas festas de San Sebastián (Estás-Tomiño)
O grupo Adredde (na imaxe Manu, Maite e Cris) actuará mañá, venres 22 de xaneiro, a partir das 23:00 horas na parroquia de Estás (Tomiño) con motivo das grandes festas na honra de San Sebastián 2016.
Xa o sábado 23 haberá verbena a cargo da orquestra Panamá e o grupo América S.L.
O domingo 24, a partir das 12:00 horas, terá lugar a misa solemne na honra de San Sebastián.
Ás 13:00 horas, darán comezo as tradicionais poxas. Ao remate un grupo de gaitas dará un concerto. A partir das 20:00 horas, actuación de Lógika Acústica.
Organiza: Comisión de Festas de San Sebastián. Colaboran: Centro Social e Cultural de Estás, a Asociación Cultural Mulleres do Maraghozo e o Concello de Tomiño.
20 ene 2016
Abertas as inscricións para crear un grupo para saír a camiñar polo Rosal
20.1.16
Comentar
Informa: Concello do Rosal
¿Pensas en facer DEPORTE pero non acabas de animarte? ¿Sintes a necesidade de moverte pero sigues facendo a mesma rutina? Se tes as túas mañás libres aproveita e vén con nós, axudarémosche a manter a túa vida un pouquiño máis activa.
Inscricións no Servizo de Información Xuvenil 986625000 (Ext. 4) ou no email: informacionxuvenil@concellodorosal.es
19 ene 2016
As mulleres do Rosal na Historia. Exposición de fotografía o 8 de marzo
Informa: Concello do Rosal
O Concello do Rosal quere organizar unha EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍAS ANTIGAS, testemuño gráfico de mulleres do noso pobo. Unha aposta pola visibilización das mulleres do Rosal.
O obxectivo é visibilizar o papel das mulleres no medio rural, pondo en valor a súa contribución ó desenvolvemento económico, social e cultural da nosa historia.
Buscamos fotografías de mulleres no mundo agrario, o mar, telleiras, negocios ou calquera outra profesión, entre os anos 40 e 80.
Queremos pedir a todos e todas as persoas do Rosal, que nos acheguedes fotografías antigas que fagan alusión ó traballo da muller, tanto no ámbito doméstico como fóra do fogar, nos diferentes sectores nos que estea presente.
Con estas fotografías organizaremos unha exposición con motivo do Día Internacional da Muller o 8 de marzo. A exposición será inaugurada uns días antes e estará aberta ó público durante todo o mes.
Queremos facer un chamamento a toda a poboación para que participe nesta actividade. Estamos seguros de que en cada casa consérvanse eses tesouros que son os nosos recordos, que reflexan fielmente a vida das nosas nais, avoas e en definitiva o noso pasado.
As fotografías poderán entregarse no mostrador do concello en horario de mañá, na biblioteca municipal en horario de tarde ou poderán ser enviadas ó correo electrónico educacionfamiliar@concellodorosal.es
Nos puntos de recollida encherase unha ficha na que figurará: data de entrega das fotografías, datos persoais de quen as entrega (nome, enderezo e teléfono de contacto), a relación detallada das fotografías cun pequeno texto que permita a localización, datas aproximadas e comprensión da mesma.
Esta actividade non é un concurso, polo que as fotos non compiten, e todas serán benvidas. No caso de que o número de fotografías exceda a capacidade do recinto de exposicións farase unha selección en base á antigüidade das mesmas. O prazo de presentación termina o 22 de febreiro de 2016.
As persoas que participan nesta actividade, coa súa achega están a autorizar a publicación das fotografías nos medios empregados para esta exposición. Cada fotografía será reproducida, quedando o concello cunha copia e devolverase a orixinal á persoa propietaria nun prazo máximo de dúas semanas.
Esperamos que coa exposición fagamos unha homenaxe a todas as persoas que aparecen nas fotografías, xa que co seu traballo e empeño colaboraron na historia recente do Rosal.
18 ene 2016
Nace a BTT do Atlántico cun circuito polos montes da Guarda, Oia e O Rosal
18.1.16
10 K O Rosal. Feira do Viño, 15k do Atlántico, A Guarda, BTT do Atlántico, O Rosal, Oia, Serafín Martínez Acevedo (ciclista), Ximnasio Excalibur
Comentar
Informa: Qualité Sport
A primeira edición da marcha BTT do Atlántico inicia o vindeiro mércores 20 de xaneiro o seu período de inscricións.
Esta proba non competitiva de 40 quilómetros vaise celebrar dende as 9:30 da mañá do domingo 20 de marzo e transcorrerá pola ruta de BTT que percorre a Serra da Groba, atravesando os concellos do Rosal, Oia e A Guarda. Precisamente, será neste último municipio onde se sitúen as liñas de saída e meta, nas inmediacións do CEIP A Sangriña.
As inscricións para esta proba poderanse realizar desde o 20 de xaneiro ata o 16 de marzo na web www.championchipnorte.com, de forma presencial no ximnasio Excálibur do Rosal ou mediante transferencia bancaria. Esta marcha ciclista estará limitada a un máximo de 400 participantes e será preciso ter cumpridos os 16 anos, no día da súa celebración, para poder participar.
A I BTT do Atlántico está organizada por Qualité Sport Events, a mesma entidade que puxo en marcha con éxito as carreiras 10K O Rosal-Feira do Viño e 15K do Atlántico. O seu responsable, o rosaleiro Serafín Martínez, declarou que “con esta ruta en BTT, ao igual que coas probas de running que celebramos nesta bisbarra, buscamos dinamizar e dar a coñecer a través da práctica deportiva os fermosos paraxes naturais do Baixo Miño. É por iso que tamén nesta ocasión contaremos coa colaboración dos concellos da Guarda, Oia e o Rosal”.
A organización contará cunha páxina web www.bttdoatlantico.com na que darán conta polo miúdo de tódalas novidades que vaian xurdindo ao redor da proba.
O Entroido de Fornelos 2016 chega con moita festa, anual corrida e frixidelas
O agardado Entroido de Fornelos (O Rosal) terá lugar os días 7, 8 e 9 de febreiro de 2016. Ademais, a Comisión de Festas que preside Jorge Rodríguez Álvarez, vén de anunciar que o recinto estará cuberto cunha gran carpa.
Velaquí vos deixamos o programa deste 2016:
Domingo 7
Ás 9:30 horas da mañá, pasarrúas polo pobo a cargo de grupo de gaitas Trebón dos Xidos.
A partir das 11:00 horas, na Praza do Calvario, Gran Desfile.
Dende as 17:00 horas, actuacións para os máis pequenos ata o comezo da verbena.
Para rematar o día, dende as 22:00 horas, gran verbena amenizada polo grupo América e a orquestra Quinta Avenida.
Luns 8
A partir das 16:00 horas, na Praza de Fornelos celebrarase a tradicional Corrida do Galo.
Dende as 22:00 horas, gran verbena amenizada polas orquestras Aramio e Ciudad Cristal.
Martes 8
A partir das 16:00 horas, na Praza de Fornelos celebraranse as tradicionais Frixidelas. Haberá degustación para todos, con premio para a mellor frixidela.
Gran verbena a partir das 20:00 horas, amenizada polos grupos Terranova e Anduriña.
13 ene 2016
Duelo de altos voos entre o Acanor Atl. Novás e o Embutidos Lalinense
Volve o balonmán a O Rosal cun duelo de "altos voos" correspondente á xornada 15 e que enfrontará este sábado 16 de xaneiro (19:00 horas) ao Acanor Atlético Novás e ao "potente Embutidos Lalinense, que chega ocupando a cuarta posición, empatado a puntos" co equipo da vila.
O rosaleiro Diego Santomé, bronce no Campionato de España de Ciclocross
13.1.16
Adrián Santomé (ciclista), Club Ciclista O Rosal, Diego Santomé (ciclista), Ero Sobrino (ciclista), Iago Álvarez (ciclista), Mario Fernández (ciclista), Xoel Villa (ciclista), Zaida González (ciclista)
Comentar
Segundo podemos ler na web do Club Ciclista O Rosal, "este venres, sábado e domingo celebraronse en Torrelavega (Cantabria) os Campionatos de España de Ciclocross e ata alí nos desprazamos co equipo rosaleiro que participa nesta especialidade, agás María Correa, que se atopa convalecente dun accidente.
As probas comezaban o venres coas especialidades de Relevos onde o C.C. O Rosal non tiña ningún participante e onde á Selección Galega se lle escapaba a Medalla de Bronce ao estilo "Carlos Sainz", pois o derradeiro relevista galego (Mauro González) sofría unha avaría a escasos metros da liña de meta que lle facía perder o pódio e rematar na 4ª posición.
Xa no sábado ás 12 da mañá era a nosa Zaida González a que entraba en competición defendendo as cores da Selección Galega realizando unha gran carreira ao entrar na liña de meta no noveno posto o que dice moito da súa valía.
Xa logo, ás 5 da tarde chegaba a hora da categoría de Promoción (Infantís) e aquí saltaban a pista Iago Álvarez e Diego Santomé. Comezaba a carreira cos "nosos" saíndo dende as derradeiras posicións na liña de saída, polo que Diego no primeiro tramo do circuito pasa decimoprimeiro para logo, nunha memorable remontada ir ascendendo posicións para mediado o circuito pasar sexto.
Pero Diego aínda non tiraba a toalla e ao final remataba nese impresionante terceiro posto que aínda que oficialmente non conta para os Campionatos de España, aí queda ese Trofeo que o acredita como o Campión que é. Pola súa banda Iago tamén loitaba o indecible para rematar nun honroso 7º posto.
No domingo pola mañá disputábanse as derradeiras probas e o primeiro en saltar ao "ruedo" era Mario Fernández que, como Zaida, tamén defendía o "maillot" da Selección Galega e nun circuito totalmente enlamado por mor da choiva caída durante a noite anterior e que non parou ata disputada xa a primeira volta, Mario fiel ao seu pundonor loitaba contra os elementos e remataba nunha estupenda 16ª posición.
A volta da media mañán eran os Júnior os que que se enfrontaban ao duro circuito e aquí os nosos representantes voltaban a poñer todo da súa parte para que Adrián Santomé rematase como mellor "rosaleiro" no 54º posto na súa primeira experiencia nun Campionato de España. Xoel Villa era o seguinte na clasificación o rematar 57º i Ero Sobrino 61º".
Dende Noticias O Rosal noraboa ao Club Ciclista da vila.
O Concurso-Desfile de Entroido do Rosal será o domingo 21 de febreiro
Informa: Concello do Rosal.
O Concello do Rosal convoca o tradicional concurso de carrozas, comparsas, grupos e disfraces individuais que se celebrará con motivo do Entroido 2016, o domingo 21 de febreiro, ás 11:00 horas, na vila do Rosal (tras suspenderse por mal tempo os días 7 e 14).
O desfile percorrerá a rúa Julio Sesto, desde a Rotonda da Feira e a rúa de Ramón Franco, ata o cruce coa Lomba.
A inscrición dos participantes farase no Rexistro do Concello, en impreso normalizado para este fin, ata as 14:00 horas do mércores 3 de febreiro de 2015.
Xunto coas solicitudes de inscrición, deberán achegar:
•Breve descrición dos disfrace que se presenta a concurso.
•Maiores de idade: fotocopia do DNI.
•Menores de idade: fotocopia do DNI do representante e autorización única da persoa que represente á totalidade dos menores que participen (detallando o nome e apelidos de todos eles).
•Asociacións: fotocopia do CIF e fotocopia do DNI do representante.
O Rosal premia aos mellores lectores/as da súa Biblioteca Municipal
Informa: Concello do Rosal
Onte a Biblioteca Municipal do Rosal celebrou o Día do usuario/a das bibliotecas. Premiou cun diploma e un libro aos mellores lectores da nosa biblioteca no ano 2015.
* Categoría infantil, o mellor lector foi MIGUEL LIMA GONZÁLEZ, de 4 anos.
* Categoría xuvenil, ÁNGELA GONZÁLEZ PÉREZ, de 11 anos.
* Categoría de adultos, a nosa mellor lectora foi MARÍA CONCEPCIÓN MONDRAGÓN MENDIETA.
Os volumes da biblioteca lidos foron 36, 11 e 28 respectivamente. Miguel y Ángela achegáronse ata a biblioteca para recibir o premio. María Concepción, por razóns familiares, non puido asistir, polo que lle entregaremos o premio máis adiante.
¡FELICIDADES AOS NOSOS MELLORES LECTORES 2015!
12 ene 2016
Resultados do Sorteo de Nadal da Asociación de Comerciantes do Rosal
Informa: Manuel Santos / ACOR
Este é o resultado do Sorteo de Nadal 2015/2016 de ACOR (Asociación de Comerciantes de O Rosal) realizado o pasado venres 8 de xaneiro.
As persoas que teñan algúns dos números nos seus boletos de participación deben acudir aos establecementos "Activa Dixital", "Perfumería Pili" ou Tenda Paquín.
A data máxima para reclamar os premios é o domingo 14 de febreiro de 2016.

































