FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

29 feb 2016

O Rosal acolle este 1 de marzo a inauguración da cafetería Val Rosal Trintiña

A cafetería Val Rosal Trintiña, situada no casco urbán do Calvario, abre por vez primeira as súas portas hoxe, martes 1 de marzo de 2016, a partir das 8:30 horas da mañá, "con rico café e almorzo". Este céntrico local, que estará rexentado polo rosaleiro Dani Rodríguez "Trinta" e a súa moza, Celia Carrera, obsequiará cuns pinchos a todos, das 18:00 horas en diante, celebrando desta maneira a inauguración oficial. Segundo confesan a...

23 feb 2016

O Rosal celebra o I Torneo de Fútbol Sala organizado polo Acanor Atl. Novás

O Acanor Atlético Novás que preside Andrés Senra, vén de anunciar que organizará os días 24 e 25 de marzo o seu primeiro Torneo de fútbol sala, no pavillón municipal do Rosal. Xa se poden realizar as inscricións de equipos, cun máximo de 10 xogadores e unha cuota de inscrición de 60 €. O torneo "levarase a cabo si se apuntan un mínimo de 12 equipos. O máximo será de 20". Os premios deste I Torneo "serán de 150, 100 e 50 €...

O Auditorio do Rosal acolle o día 28 o Festival de Coros Infantís e Xuvenís

A Agrupación Musical do Rosal segue organizando e realizando diferentes actos de celebración do seu 30º Aniversario.  Este domingo 28 de febreiro a partir das 18:00 horas, o Auditorio da vila acollerá o Festival de Coros Infantís e Xuvenís, coa participación do Coro Infantil da Agrupación Musical do Rosal, o Coro Infanto-Juvenil de Vila Nova de Cerveira e o Coro de Voces Brancas Medio Tempo. A entrada é libr...

22 feb 2016

Unha empresa rosaleira apoiará a Damián Alonso no Campionato do Mundo

Foto: Damián Alonso / facebook O remeiro guardés Damián Alonso vén de contactar con Noticias O Rosal para comunicarnos que a empresa da vila, Ecogalaico Innovación S.L., dos irmáns Javi e David Sousa, será un dos seus patrocinadores no Campionato do Mundo de Remoergómetro que se celebrará esta fin de semana en Boston (EEUU). Segundo afirma Damián, os empresarios rosaleiros "axudaranme nesa aventura" e por iso o actual campión de Europa...

A Feira de San Gregorio 2016 en Pías celebrarase os días 12 e 13 de marzo

A Feira de San Gregorio 2016 en Pías (O Rosal), tal e como reza o cartel, celebrarase o sábado 12 e o domingo 13 de marzo. Iso si, o X Torneo da Cachiza Pías-San Gregorio terá lugar o sábado 5 de marzo ás 15:30 horas na Alameda de Pías. Para inscribirse podedes chamar ao teléfono 606 837 304 (Sergio). A festa estará amenizada polo grupo "Coro Fuscalheiro". A inauguración oficial da Feira será o sábado 12 de marzo ás 17:00 horas, previa...

O grupo de teatro Agarimo de Vigo presentará en O Rosal "Breve-Mente"

Tal e como se informa dende o Concelllo, Agarimo Teatro de Vigo actuará de novo na nosa vila presentando a obra Breve-Mente. Será este sábado 27 de febreiro ás 19:30 horas no Auditorio Municipal do Rosal.  Breve-Mente é apta para todos os públicos, dura 90 minutos e conta con 5 esceas:  A Aposta, A Pitonisa, Honra e Vinganza, Auténticas, Fifty fifty e Xaque á Dama. ...

17 feb 2016

O extremo esquerdo Isma Rodríguez "ascende" ao primeiro plantel do Novás

Foto: Acanor Atlético Novás Segundo se pode ler no perfil oficial da rede social facebook do Acanor Atlético Novás, "Isma Rodríguez pasa a formar parte unicamente do primeiro plantel tras acadar os 10 encontros permitidos para xogadores de idade senior. O extremo, nado en 1991, anotou 12 tantos nas súas convocatorias co equipo de Primeira Nacional, e estaba a ser un dos xogadores máis destacados no filial. Agora, centrado no equipo que...

Conferencia no Rosal sobre a relación entre as emocións e as enfermidades

Segundo informa a Asociación Érguete Baixo Miño "los jueves días 18 y 25 y los viernes días 19 e 26 de febrero hablaremos de ¿Para que enferma tu cuerpo? Las relaciones entre las emociones y las enfermedades. Están dirigidas a todas las personas que quieran descubrir un enfoque integrador de la salud". A poñente será a especialista en PNL, Mª Jesús Alfonso Amoedo, psicoterapeuta, formadora e creadora dende o ano 1991. Velaquí...

16 feb 2016

O Rosal celebra o Día na honra de Rosalía de Castro na Biblioteca Municipal

O Concello do Rosal, a través concellaría de Cultura que preside Charo Tabales Perozo, convida a compartir a obra e o Día de Rosalía de Castro (24 de febreiro) na Biblioteca Municipal, a partir das 19:30 horas. Máis información do Día de Rosalía de Castro, aqu...

Roberto Rodríguez "Harris", é o novo "Pichichi" do Acanor Atlético Novás

Roberto Rodríguez Vicente "Harris" é o novo máximo goleador do Acanor Atlético Novás de balonmán con 84 tantos, tras dezanove xornadas disputadas. O lateral dereito de O Rosal sácalle unha vantaxe de 7 goles ao seu compañeiro Alex Tsybanev (2º) e 10 a Miguel Sío (3º con 74 goles) Segundo se pode ver nas redes sociais do Novás, estes son os máximos goleadores do equipo: "PICHICHI" DO ACANOR ATLÉTICO NOVÁS 1. Roberto 'Harris' -...

15 feb 2016

Dous ciclistas rosaleiros preséntanse co equipo G.D. Supermercados Froiz

Imaxe do selfie dos corredores do Froiz, captada polo obxectivo de Mónica Patxot Os ciclistas rosaleiros Álex Lomba Rodríguez e Raúl Fernández Lorenzo veñen de presentarse o pasado venres 12 de febreiro co seu equipo, o Grupo Deportivo Supermercados Froiz, nun acto celebrado na Deputación de Pontevedra. Entre os asistentes, segundo Pontevedraviva.com, estaba o "patrón" do equipo, Magín Froiz, a presidente provincial Carmela Silva, a...

10 feb 2016

A U.D. Ribera sénior vence na Mata ao líder Mos con gol de Nico Ortega

Nico Ortega. (Foto: U.D. Ribera) Os afeccionados que asistiron esta pasada fin de semana ao Estadio Municipal da Mata disfrutaron da importante vitoria da U.D. Ribera fronte ao líder da categoría, o Mos.  O veterano xogador rosaleiro Nico Ortega conseguiu perforar a meta mosense e anotou o gol do triunfo, que coloca ao club da vila en 5ª posición da táboa da Segunda Autonómica (Grupo XIII). Destacar, entre outros resultados,...

Acanor Atlético Novás e Conrazones: balonmán e solidariedade en O Rosal

O Acanor Atlético Novás xoga este sábado 13 de febreiro (18:00 horas) no pavillón municipal do Rosal, fronte ao penúltimo clasificado, o Balonmán Artabro, en partido correspondente á xornada 19. Tal e como se pode ler nas redes sociais do club da vila que preside Andrés Senra "tras dúas semanas consecutivas con desprazamentos e as súas respectivas vitorias regresa o balonmán de Primeira Nacional a O Rosal, xusto antes de meterse de cheo...

Verónica Pérez, judoka de O Rosal de 12 anos, Campiona da Copa de España

Tal e como informa a Noticias O Rosal a súa adestradora, Mónica Pacheco Lomba, a xovencísima judoka rosaleira Verónica Pérez vén de conseguir a súa segunda medalla de ouro na Copa de España "A" infantil que se celebrou este pasado sábado 6 de febreiro en Santiago de Compostela. Verónica -que gañou na final á madrileña María Moreno de la Llave- e aínda en primeiro ano infantil, lidera xa o ranking nacional na categoría de menos de 40 kg....

2 feb 2016

O Concello do Rosal contratará a 16 desempregados/as a xornada completa

Informa: Concello do Rosal PLAN PROVINCIAL DE OBRAS E SERVIZOS – LIÑA 4 (DEPUTACIÓN) O Plan Provincial de Obras e Servizos da Deputación de Pontevedra para o ano 2016, na súa liña destinada ó emprego, financiará a contratación de 16 desempregados/as para o concello do Rosal, a xornada completa, e por distintos períodos que van dende os catro ós nove meses. Mentres que a Deputación financiará os gastos salariais e de seguridade social,...

O Rosal coloca o primeiro columpio para nenos/as discapacitados do BM

Informa: Concello do Rosal O Concello do Rosal coloca o primeiro columpio para nenos e nenas discapacitados no Baixo Miño. Situado no parque de Pías, con esta medida -afírmase- "pretendemos contribuír á eliminación de barreiras que impiden disfrutar dos lugares de lecer a todos e todas. Seguiremos traballando para mellorar estes espazos...