FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

28 may 2014

IV TORNEO FÚTBOL 8 ALEVÍN-BENXAMÍN U.D. RIBERA. MEMORIAL IAGO AMEAL

Este sábado 7 de xuño celébrase no Estadio Municipal da Mata o IV Torneo Fútbol 8 Alevín e Benxamín U.D. Ribera. Memorial Iago Ameal Pereira. Segundo reza o cartel, participarán os seguintes equipos: Tomiño C.F., Alameda, A Guía Guardesa, Oiense C.F., San Cayetano F.C., Goián F.C., e o anfitrión, U.D. Ribera. Para máis información, velaquí vos deixamos o Programa de Competición. ...

27 may 2014

CONCERTO DE RUBÉN SIMEÓ E A BANDA DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL

Informa: Agrupación Musical do Rosal Este vindeiro domingo 1 de xuño, ás 18:00 horas, no Auditorio Municipal terá lugar un concerto a cargo da banda da Agrupación Musical do Rosal con motivo da celebración do seu 28º aniversario. Nesta ocasión teremos a honra de acompañar a Ruben Simeó, un dos trompetistas máis importantes a nivel internacional, considerado como un dos instrumentistas con maior proxección e así o avalan as innumerables...

O VENRES 30, CLASE DE FITNESS NO PARQUE BIOSAUDABLE DO TAMUXE

Segundo comunica o Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal, este venres 30 de maio ás 17:00 horas, realizarase no parque biosaudable do Tamuxe unha clase de ximnasia para adultos, de carácter gratuít...

23 may 2014

O GRUPO "COSA DE TRES" OFRECE O DÍA 26 UN CONCERTO NAS CARMELITAS

O grupo "COSA DE TRES" ofrecerá un concerto este luns 26 de maio no Colexio San José das HH Carmelitas de la Caridad (A Guarda) a partir das 16:00 horas. Na imaxe, de esquerda a dereita, Guille Verde (guitarra), Eva Piñel (voz) e o rosaleiro Eric Barceló (batería). Esta actuación está enmarcada dentro dos actos do 188 aniversario da fundación de Santa Joaquina de Vedruna. A entrada é libre e gratuít...

O ESCRITOR ROSALEIRO XOÁN MARTÍNEZ TAMUXE FALARÁ EN PONTEAREAS

O historiador e investigador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe foi convidado polo Concello de Ponteareas para participar no Encontro de Escritores en Lingua Galega que se celebrará o vindeiro venres 30 de maio ás 20:00 horas na Biblioteca Pública Municipal. Este encontro, que estará moderado por Andrés Sampedro Fernández -escritor e concelleiro de Cultura de Ponteareas- versará sobre "a importancia de difundir o local".  Tamuxe compartirá...

CURSO DE MANIPULADOR DE ALIMENTOS ORGANIZADO POR ACOR

José Martínez González (Pepe Berdeal) / ACOR A Asociación de Comerciantes do Rosal organiza un curso de manipulador de alimentos que terá lugar o vindeiro venres 6 de xuño, de 10:30 a 13:30 horas no Centro Social Polivalente. As persoas interesadas poden anotarse no teléfono 628 87 50 2...

21 may 2014

CONCERTO DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL EN VILADESUSO (OIA)

A Agrupación Musical do Rosal durante un concerto no Auditorio da vila. (Foto: A.M.R.) Este domingo 25 de maio a Agrupación Musical do Rosal, presidida por Iván Diego Martínez e que dirixe Marcel van Bree, ofrecerá un pasarrúas (10:30 horas) e un concerto (20:00 horas) en Viladesuso (Oia) con motivo das Festas na Honra do Santísim...

20 may 2014

OS CICLISTAS PRINCIPIANTES DO C.C. O ROSAL ARRASAN NAS FAIAS

O pasado sábado 17 de maio disputouse en San Xoán de Tabagón o XXIII Trofeo Pista de As Faias, organizado polo Club Ciclista O Rosal. Segundo se pode ler na súa web, os principiantes "facían pleno ao arrasar cos tres primeiros postos". "O primeiro era Yasir Martínez (na imaxe), que conta as súas participacións con vitorias. Segundo era o gran David Rodríguez e no terceiro posto saltaba a sorpresa, pois Pablo Rodríguez debutaba no...

OFERTA DE EMPREGO COMO GUÍA TURÍSTICO NUNHA ADEGA DO ROSAL

Segundo comunica o Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural da vila, unha adega do Rosal está buscando unha persoa que se encargue de realizar as visitas guiadas das súas instalacións, recursos do Rosal, etc., durante os meses de verán. Requírese que sexa unha persoa dinámica e valorarase que teña coñecementos de inglés. Quen estea interesado/a pode enviar o seu currículum a: informacionxuvenil@concellodorosal.es&nbs...

15 may 2014

O CLUB CICLISTA O ROSAL ORGANIZA O XXIII TROFEO PISTA AS FAIAS

Este sábado 17 de maio, a partir das 17:00 horas, celébrase na parroquia de San Xoán de Tabagón o XXIII Trofeo Pista As Faias, -organizado polo Club Ciclista O Rosal, que preside Gerardo Álvarez Martínez- para as categorías benxamíns, alevíns e infantí...

REPORTAXE DA XIV ANDAINA "VAL DO ROSAL. O PARAÍSO DENDE AS ALTURAS"

Este sábado 10 de maio celebrouse a XIV edición do programa de andainas deportivo-culturais que organiza o Concello do Rosal e que levou aos participantes a percorrer a ruta “Val do Rosal. O Paraíso dende as alturas”. Estiveron presentes nesta andaina –entre outros- o alcalde da vila, Jesús Mª Fernández Portela, a tenente de alcalde, Mª Carmen Alonso, así como os concelleiros Mauro Fernández Teixeira e Mabel Franco Pérez. Igualmente, destacar...

12 may 2014

VOTA POR JAVI DÍAZ E DANI CERQUEIRA PARA O "PARTIDO DAS ESTRELAS"

Javi e Dani en 2012 cando xogaron no Rosal militando no Academia Octavio Segundo comunica o Mecalia Atlético Novás nas redes sociais, o domingo 15 de xuño xógase en Ciudad Real o "Partido de las Estrellas" de balonmán, que enfrontará á selección española (masculina e feminina) cun combinado de estrelas da Liga Asobal. Dende o club da vila pídese o voto para os rosaleiros Javi Díaz (porteiro do Villa de Aranda) e Dani Cerqueira (pivote...

8 may 2014

CONCURSO PARA O CARTEL ANUNCIADOR DA XXII FEIRA DO VIÑO DO ROSAL

Informa: Organización da Feira do Viño do Rosal CONCURSO para a selección do CARTEL ANUNCIADOR DA  XXII FEIRA  DO VIÑO DO ROSAL O Concello do Rosal, no seu desexo de promocionar os productos típicos do municipio, convoca o Concurso para a selección do Cartel Anunciador da XXII Feira do Viño, que tamén se estende ós temas hortícolas e florícolas. BASES 1.- Poderá participar neste...

6 may 2014

O ROSAL CELEBRA AS FESTAS NA HONRA DE SAN ISIDRO (17 E 18 DE MAIO)

Os vindeiros días 17 e 18 de maio celébranse no Rosal as Festas de San Isidro, Patrón dos Agricultores, co seguinte programa: SÁBADO 17 DE MAIO 21:00 h: Verbena que se prolongará ata altas horas da madrugada con: Orquestra ALABAMA e Grupo NIEBLA DOMINGO 18 DE MAIO 10:00 h: Pasarrúas a cargo do grupo de gaitas A BOALLEIRA (A Gándara). 12:00 h: Misa Solemne con Sermón e Procesión na igrexa parroquial de Santa Mariña do Rosal. 19:00...

5 may 2014

I EDICIÓN DA CARREIRA E DA ANDAINA "10K O ROSAL. FEIRA DO VIÑO 2014"

O domingo 20 de xullo celebrarase na nosa vila a I edición da carreira e andaina "10K O Rosal. Feira do Viño", que organizará o Concello en colaboración co Banco Mediolanum e diferentes adegas e entidades da comarca do Baixo Miño. A carreira estará baixo o apadrinamento e coordinación dos deportistas rosaleiros Serafín Martínez Acevedo e Óscar Vicente Rodríguez, sendo a andaina dirixida polo emprendedor sociocultural Juan Ramón Martínez...