26 jul 2013
O BAR TROYA ACOLLE A III OLIMPIADA DO ROSAL DE FUTBOLÍN, KARAOKE E FIFA
26.7.13
Comentar
Os gañadores da II Olimpiada de Futbolín O Rosal 2013 pousan con Lelo, o propietario do Bar Troya
Hoxe, sábado 27 de xullo, ás 21:00 horas celebrarase no Bar Troya (Marzán) a III Olimpiada do Rosal de Futbolín, Karaoke e Fifa 2013.
Este torneo conta coa colaboración en premios do propio Bar Troya, Confitería Rogelio (O Rosal), Bar-Tapería A Competencia, Peluquería Ignacio, Pastelería Do Conde e Estanco O Rosal.
A inscrición (10€) permite...
25 jul 2013
DENDE NOTICIAS O ROSAL, MOITO ÁNIMO
25.7.13
Comentar

Dende a Redacción de Noticias O Rosal, o noso máis sentido pésame aos familiares e amigos das vítimas da traxedia do tren de Santiago de Compostela.
Moito ánimo e a mellor das recuperacións aos feridos. Galicia e todo o mundo está con vós.
Unha forte apert...
23 jul 2013
NOTICIAS O ROSAL ORGANIZA UNHA RUTA GUIADA POLOS MUÍÑOS DO FOLÓN-PICÓN

O vindeiro sábado 27 de xullo a web cultural Noticias O Rosal organizará unha RUTA GUIADA POLOS 67 MUÍÑOS DO FOLÓN E DO PICÓN, con motivo da conmemoración do seu V Aniversario en Internet.
O punto de encontro e saída está prevista ás 16:00 horas dende as inmediacións do Muíño das Laxes (nº 1 do Folón, en Martín, actual Oficina de Información).
Intervirán e guiarán esta ruta:
XOÁN
MARTÍNEZ TAMUXE, historiador, arqueólogo, escritor...
17 jul 2013
TOÑI PORTELA, SUBCAMPIÓN DE GALICIA DE BTT E O SEU COMPAÑEIRO, RAÚL FERNÁNDEZ, MEDALLA DE BRONCE
17.7.13
Antonio Portela (ciclista), Club Ciclista O Rosal, Luis Méndez (ciclista), Raúl Fernández (ciclista), Yasir Martínez (ciclista), Zaida González (ciclista)
Comentar
O Club Ciclista O Rosal está novamente de noraboa. Segundo podemos ler na súa web, a xornada do domingo 15 de xullo foi "grande" en Gondomar e en Cangas.
"En Gondomar celebrábase o Campionato de Galicia de BTT-XC no que os júnior rosaleiros colleitaban as Medallas de Prata e de Bronce, para Toñi Portela e Raúl Fernández, respectivamente".
"Ao mesmo tempo, na comarca do Morrazo, o resto das categorías tomaban parte no IX Trofeo C.C....
EXPOSICIÓN DO GRUPO IMPÁS NO ROSAL DENDE O 19 AO 28 DE XULLO DE 2013

Informa: Charo Trigo / Grupo Impás.
O Grupo Impás participará na Feira do Viño do Rosal 2013 cunha mostra de pintura e máis escultura na Sala de Exposicións do Concello, que estará aberta dende o 19 ao 28 de xullo.
O Grupo Impás nace no ano 1990 baixo a dirección da pintora guardesa Alicia Alonso. Está formado por homes e mulleres do Baixo Miño.
Nesta ocasión, con temática sobre cine, flores e froitas, exporán no Rosal once persoas:...
13 jul 2013
A GUARDA, O ROSAL E TOMIÑO ACOLLEN O XX ENCONTRO DOS POBOS ORGANIZADO POLO GRUPO "DO LUSCO Ó FUSCO"
13.7.13
A Guarda, Baixo Miño, Do Lusco ó Fusco, Encontro dos Pobos, Tomiño, Vento Mareiro (A Guarda), Xamaraina (A Guarda)
Comentar

Os vindeiros días 19, 20 e 21 de xullo celébrase o XX Encontro dos Pobos, recoñecido festival folclórico internacional no Baixo Miño, organizado polo grupo Do Lusco ó Fusco.
Este evento conta coa colaboración dos concellos de A Guarda, O Rosal e Tomiño.
A GUARDA
O venres 19 de xullo ás 21 horas, no Auditorio de San Bieito actuarán Xamaraina (A Guarda), Vento Mareiro (A Guarda), Do Lusco ó Fusco (A Guarda), Reuzegom (Bélxica) e KUD Klek...
10 jul 2013
FIN DE SEMANA INTENSA DE RAÚL FERNÁNDEZ, YASIR MARTÍNEZ, ANTONIO PORTELA E O CLUB CICLISTA DO ROSAL
10.7.13
Antonio Portela (ciclista), Club Ciclista O Rosal, Raúl Fernández (ciclista), Yasir Martínez (ciclista), Zaida González (ciclista)
Comentar
Raúl Fernández, subcampión en Marín. (Foto: C.C. O Rosal).
Tal e como se pode ler na web do Club Ciclista O Rosal, esta foi unha intensa fin de semana de ciclismo.
Antonio Portela, en categoría júnior, despois de catro días de competición, rematou nun brillante 10º posto na Volta a Vizcaya, integrado na Selección Galega.
María Correa e Zaida González "tamén coa Selección Galega participaban no Campionato de España en León". María quedou...
A ROSALEIRA SARA ALONSO BARBOSA (ATL. GUARDÉS), XOGA COA SELECCIÓN GALEGA DE BALONMÁN EN ASTURIAS
Na imaxe, Marta Pombal e Sara Alonso, pousan coa bandeira galega
Informa: Manuel Ángel Pombal Diego
Dúas
xogadoras do Atl. Guardés infantil feminino están participando coa selección
galega no XX Torneo Nacional Infantil de Balonmán de Cangas de Narcea (Asturias).
Despois da excelente tempada do equipo infantil feminino
do Atl. Guardés que acadou o Campionato Galego da División de Honra, as
xogadoras Sara Alonso Barbosa (O Rosal) e Marta...
8 jul 2013
EXPOSICIÓN DE PINTURA DE PILAR ÁLVAREZ E CHARO TRIGO EN CAMINHA

O martes 9 de xullo ás 20:30 horas (españolas) terá lugar a inauguración da exposición de pintura "Dúas Olladas" de Pilar Álvarez e Charo Trigo na Galería de Arte Caminhense, en Camiña (Portugal).
A mostra estará aberta dende o 9 ata o 22 de xullo.
...
6 jul 2013
ÓSCAR VICENTE, ESPECTACULAR NAS SERIES MUNDIAIS DE TRIATLÓN QUE SE CELEBRARON EN KITZBÜHEL (AUSTRIA)

Na imaxe, Óscar tras gañar o World Triathlon Promaster 2013 en Madrid
O rosaleiro Óscar Vicente Rodríguez conseguiu hoxe, 6 de xullo, un importante 16º posto na súa primeira participación nunhas Series Mundiais. A competición celebrouse en Kitzbühel (Austria), nun percorrido de 750 metros a nado, 11'5 km en bici e 2'5 km a pé.
A vitoria foi para o británico Alistair Brownlee, co maiorquín Mario Mola no segundo posto e o suizo Sven Riederer,...
4 jul 2013
HORARIO DO MUÍÑO DAS ACEÑAS

O Muíño das Aceñas, acondicionado como Aula da Natureza dende a súa presentación o 26 de marzo de 2011, abrirá as súas portas ao público do 15 de xullo ao 31 de agosto deste ano 2013.
Os martes e xoves, de 11:30 ás 13:30 horas (excepto festivos). Para máis información, pódese chamar ao teléfono do Concello: 986 62 50 00 ou ben escribir ao correo orosal@concellodorosal....
HORARIOS DOS XOGOS POPULARES PARA ESTA FIN DE SEMANA (5, 6 E 7 DE XULLO)

Velaquí vos deixamos os horarios da XV edición dos Xogos Populares do Rosal para esta fin de semana (5, 6 e 7 de xullo).
Lembrade que dende este ano 2013 os Xogos Populares están presentes na rede social Twitter:
https://twitter.com/XogosPopular...
3 jul 2013
O XOGADOR ROSALEIRO MANU MARTÍNEZ, PRESENTADO POLO ACADEMIA OCTAVIO

Quique Domínguez, Casares, Carro, Manu Martínez e Javier Rodríguez.
Foto: J.Santomé (FDV)
Segundo se pode ler no xornal Faro de Vigo e no perfil de facebook do Mecalia Atlético Novás, o xogador rosaleiro de balonmán, Manu Martínez, foi presentado onte, 2 de xullo, polo Academia Octavio, xunto a Gonzalo Carró e Alberto Casares.
Manu Martínez, formado no Atlético Novás, xunto coas novas fichaxes, é unha das esperanzas do adestrador...
ACTIVIDADES DE VERÁN PARA NENOS DE ENTRE 4 E 12 ANOS ORGANIZADAS POLA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL

A Agrupación Musical do Rosal organizará diferentes actividades de verán na vila (do 9 de xullo ao 2 de agosto e do 5 ao 30 de agosto), tales como manualidades, obradoiros, xogos populares, cociña, etc.
Para máis información ou para inscribirse poden facelo nas oficinas do Auditorio Municipal do Rosal e mediante os teléfonos 986 62 63 11 e 609 866 79...
PROXECTO SOCHEO PUBLICA UN VÍDEO EN YOUTUBE TITULADO "O CALVARIO, O ROSAL (1968)" CON MOI BOA ACOLLIDA
3.7.13
Comentar

Proxecto Socheo incorporou hai uns días un vídeo
en Youtube da Praza do Calvario, en concreto "un fragmento do filme
Más allá del río Miño, dirixido por Ramón Torrado no ano 1968".
Segundo informa Xurxo González, un dos
responsables do Proxecto Socheo, plataforma de recuperación de vídeos da Guarda
e da bisbarra, estas imaxes están tendo unha gran acollida, polo que
"estamos agradecidos e sorprendidos".
Máis información sobre...
O ROSALEIRO ROBERTO GONZÁLEZ BREY PROCLÁMASE CAMPIÓN DE ESPAÑA DE TIRO OLÍMPICO F-CLASS 900 YARDAS
.jpg)
Fotografías cortesía de R.G.B.
O rosaleiro Roberto González Brey, de San Xoán de Tabagón, vén de proclamarse recentemente en Parga (Lugo), Campión de España de Tiro Olímpico F-Class Open 900 Yardas (distancia ao obxectivo dende uns 800 metros).
O noso veciño, que pertence á "Sociedad Viguesa de Tiro Olímpico" (SOVITO), e que xa era Campión Galego, resultou ser o mellor de España a nivel individual e tamén por equipos, xunto aos seus...