TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

3 oct. 2012

O ROSAL CELEBRA OS DÍAS 6, 11, 12, 13 E 14 DE OUTUBRO A XXV EDICIÓN DA FESTA EN HOMENAXE AO CABAQUEIRO




Segundo podemos ler na web da Asociación Os Cabaqueiros "Este 2012 conmemoramos o 25 Aniversario da Festa do Cabaqueiro, en lembranza e homenaxe aos vellos mestres telleiros do Baixo Miño.

O luns 1 de outubro celebrouse no Concello do Rosal a reunión cos cabaqueiros e a presentación da Festa (na imaxe). Presentou e dirixiu o acto a concelleira de Cultura, Charo Tabales Perozo, asistindo igualmente o alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, a tenente de alcalde, Mª Carmen Alonso e o concelleiro de Deportes, Pablo Flores Díaz.

Interviron tamén por suposto, nesta xuntanza previa, os cabaqueiros Piedra, Benito, Campelo, Dino, Trintiña, Juanciño, Luis, Juan Vicente, Telis e Alfredo. Ademais o acto contou coa presenza do coordinador e cofundador da Festa do Cabaqueiro, Xoán Martínez Tamuxe, así como do presidente da Asociación Os Cabaqueiros, Juan Ramón Martínez Barbosa e do seu vicepresidente, Sergio Casal Fernández.

Anunciouse alí que os días 6, 11, 12, 13 e 14 de outubro terá lugar a "XXV Romancha do Cabaqueiro. Festas da Pilarica na Daordaria do Rosal". Este é o programa completo dos festexos.


PROGRAMA

DÍA 6

A partir das 15:00 horas, IV CAMPIONATO DE FUTBOLÍN “OS CABAQUEIROS”. 

DÍA 11

Ás 17:00 horas, OBRADOIROS DE TELLAS para NENOS/AS.

VERBENA a partir das 22:00 horas, coas ORQUESTRAS ILUSIÓN E ATENAS

DÍA 12

Ás 12:00 horas, MISA SOLEMNE, cantada polo CORO ECOS DO FOLÓN.

Ás 16:30 horas, entregaranse os trofeos do IV Campionato de Futbolín Os Cabaqueiros.

A partir das 17:00 horas: XXV FESTA DE LEMBRANZA “OS CABAQUEIROS”  co pregoeiro D. ERMELINDO PORTELA SILVA, escritor e profesor guardés.

Tamén pola tarde, obradoiros para nenos/as:  teares de Claudia Méndez  e de cerámica de Leandro

A partir das 19:30 horas, actuarán as Pandeireteiras IR E VIR e a continuación aBANDA DE MÚSICA DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL.

EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍAS, PEZAS E FERRAMENTA DO CABAQUEIRO

DÍA 13

Pola tarde, obradoiro de teares para nenos/as.

A partir das 22:00 horas, SERÁN DE MÚSICA TRADICIONAL, organizado pola Agrupación Musical do Rosal

DÍA 14

Pola tarde, obradoiro de teares para nenos/as.

Ás 19:00 horas, no AUDITORIO MUNICIPAL, concerto de ACORDEÓNS MASCARENHAS, coa actuación de TOÑI SANTOS.

DURANTE OS DÍAS 12, 13 e 14 CELEBRARASE A I FEIRA DE ARTESANÍANA PRAZA DO CALVARIO.

0 comentarios:

Publicar un comentario